Unha vez mais chegamos a esta importantísima data para todos nós,tal cal foi o 25 de abril en Portugal,mais aló dos resultados concretos que cada quen tiramos daquel proceso,concorde cas nosas ideias.
Os militares que comandaron o proceso,que alguns deles ainda pasados,ficarán na nosa memoria,e o povo portugués xa farto daquela situación ,social e colonial decidiron dar novo rumo ao país sen navegar a ré.
Fraco favor faríamos a esta lembranza,senón tentaramos aplicar este espíritu os momentos actuáis e a nosa situación, a vontade de cambio e que o povo e quen mais ordena non pode ser esquecida nen deturpada.Neste ponto sinalar que salvando as diferencias Morgadans e como Grándola pero claro non ten
"Azinheira".
Gondomar e todo Morgadans,e as persoas que o representan teñen una débeda histórica co Barrio da Pedra ,tal cal é a construcción do saneamento.As bases estaban postas desde o goberno bipartito en Gondomar,ao que una infausta e corrupta moción de censura chumbou.
A oportunidade presentouse der un xeito definitivo con Plano Concellos 2018 da Diputación de Pontevedra,alí o Concelleiro de Urbanismo,sendo consciente desta situación, e renunciando a muitos outros proxectos,meteu por fin o proxecto de saneamento do barrio da Pedra, con todos os pronunciamentos favorabeis.
Embora isto fora así,o actual Alcalde-do que a estas alturas este cárrego quedalle comprido-non só non presentou este proxecto,senón que de un xeito agochado-torticero dise en español-presentou os seus proxectos persoais,alguns deles mais que de dubidosa necesidade.
Non contento con elo a traveso da prensa mentiu descarada e públicamengte a cidadanía de Gondomar e de Morgadans,indicando que o plano indicado estaba co ive do 16%,e non co IVE actual ¿?????.Pero claro onde rezan papeis o resto sobra,como quedou de manifesto coa proba e lectura do plano.
¿Que se pretendía con esto?,pois pura e simplesmente non meter tal proxecto e de camiño,culpabilizar ao Concelleiro de Urbanismo.
Hai outras cuestión mais de fondo en todo esto, onde queda patente que o que menos lle importa a este prócer,e o interese popular,que seña o povo o que mais ordene,para qué para iso está él,para ordenar.
Me remito ao enlace de
Manifesto Miñor-entre outros-onde se pode percibir,o resto das razons que hai sobre este e outros asuntos,para o meu leal saber e entender chegame o dito.
A todo isto hai que decir que o actual goberno e vogais da Entidade Local Menor de Morgadans, ten un comportamento eufemístico de ?mutis por el forro,quentar a cadeira e nada mais.
Até a prouxima e vivamos os espíritu e data do 25 de abril.
(Vou a permitirme por neste blogue a foto que estes últimos tiraron da casa da ELMM )
http://minhor.gal/aclaracions-sobre-o-proxecto-de-saneamento-do-barrio-da-pedra-e-a-impugnacion-da-lina-1-do-plan-concello-2018/