Morgadáns


Unha ollada informal o balcón do Val Miñor-Morgadáns
Dende este blogue pretendemos dar unha visión dos aconteceres en Morgadáns,eso si co vergallo na mán para quen o merecer,pero deixando claro que hai outro xeito de face-las cousas;en termos mariñeiros,¡Un aviso para os navegantes!


Inicio do reloxio



Visitante


contador visitas



A subela do Xabarda
morgadans@gmail.com
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 PESQUISADOR
 PROCURAR BLOGUES GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Entre lindanos e glifosatos
Alén dos sucesos de outubro,no orden físico e social,temos agora una reflexión latente sobre o futuro,que nos afecta a todos.

Polos órganos de goberno a Comisión, da Unión Europeia,e co voto favorabel de 18 membros acabase de prorrogar por cinco anos mais o uso do GLIFOSATO, en toda a unión europeia,elo quer dicir que ningún dos países membros pode elaborar lexislación ou medidas que o contradigan.

Esta prórroga refirese a fabricación, importación e uso en todos os ordes do dichoso producto.

Pero para os non inciados, ¿Qué é o glifosato?,básicamente e un producto quimico cuio uso primario e fundamental e o de herbicida.Cando ollamos polas estradas de Morgadans,a aquela carriña,contratada pola Diputación, que non ten sinalización alguna,nen por diante nen por tras sobre o que está a facer -ao menos así o mostran os videos e as fotos tiradas- e que vai botando pola beira das estrada aquel vapor que semella auga,aquilo e un herbicida.

Ao pouco vemos que as herbas e non herbas morren,até a próxima tempada,porque quen manda son as herbas.

Termos criticado este método fronte a os métodos mais conformes coa natureza-mecánicos- de erradicación das herbas e do mato.Mas a pregunta e o glifosato espallado ,¿desapreceu?,quiá,nada diso, o glifosato non desapareceu está na terra, e nas plantas, e coas chuvas, pasa a incorporarse a os mananciais de auga,e as correntes superficiais ou de fondo, e segue a súa laboura de efectos menos coñecidos.

Os favorabeis a o seu uso alegan que e de toxicidade baixa,inocouo,por iso se usa,vamos dito de outro xeito que case se pode beber,como se fora viño tinto.

Embora isto fora así,a outra cara da moeda, aportan estudos e denuncian que e canceríxeno, en animais, e posiblemente en persoas-ollo a este dato-.

En todo caso sempre se pon unha prevención, que non debe usarse en caso de chuvas, ou altas humidades?pero claro como en Galicia e en Morgadans en particular non chove non hai perigo.

O tema de fondo e que a multinacional MONSANTO,que e a que ten a patente de fabricación,e comercialización de este producto, conseguiu levar o gato a auga,e co seu lobby,convencer/corruptear,sobornar,-non teño o verbo exacto para definir a conducta dos lobbies-engrasar a os apoiantes de este producto.

O lado contrario e a grande cantidade de apoiantes contra o seu uso,terán a curto prazo a pasar a os cuarteis de inverno e preparar novas estratexias.A cidadanía nin se entera.
No próximo xeografico temos as consecuencias de esto.No Porriño en Torneiros nos anos 50 do século pasado,instalouse una empresa, co nome de Zeltia,esta empresa básicamente tiña un producto estrela que todos usamos, o LINDANO,que e vendido como distintas marcas comerciales ,ZZ,Zotal, etc.

O lindano usase como insecticida,para matar o escarabello da pataca,para desinfección de cortellos, e estabulacions,para imprimar os postes da luz e de teléfono, e madeiras para resistir ao becho.

A cuestión leva xa moito tempo a vista,en particular en Torneiros, e a súa contorna,pois no proceso de fabricación deste producto,había subproductos de fabricación con altos contidos de lindano.

Estes productos pura e simplesmente deitabanse no chan naquela área,porque era o mais barato,non se trataban,o resultado está a vista, onde se fixeron as vivendas os estudos e analises diarios demostran contaminación do chan e das augas por elevados índices de lindano.

Nestes momentos as vivendas da zona que non teñen traída de augas, están a ser subministradas con tanques plásticos de auga,polo concello de O Porriño, xa que os pozos están contaminados e non se pode tirar deles para consumo,xa que o lindano contaminou os mananciais,embora o tempo pasado.

Obviamente o lindano para os mais escépticos, tamén se pode beber con viño tinto e gaseosa, que non pasa nada???
Comentarios (0) - Categoría: Novembro 2017 - Publicado o 30-11-2017 23:19
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0