Morgadáns


Unha ollada informal o balcón do Val Miñor-Morgadáns
Dende este blogue pretendemos dar unha visión dos aconteceres en Morgadáns,eso si co vergallo na mán para quen o merecer,pero deixando claro que hai outro xeito de face-las cousas;en termos mariñeiros,¡Un aviso para os navegantes!


Inicio do reloxio



Visitante


contador visitas



A subela do Xabarda
morgadans@gmail.com
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 PESQUISADOR
 PROCURAR BLOGUES GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

O GOVERNO PORTUGUES VIROU EN TOLO
O GOVERNO PORTUGUES VIROU EN TOLO.

Deberon ficar loucos,coas medidas aprovadas,no recente Conselho de Ministros,do pasado 21 de marzo do ano 2017,imos aló.

Aprobaron,no tal consello presidido por socialista Antonio Costa,dar un papel maior no ordenamento da floresta as Cámaras (Concellos),e tamén dar potencia para producir electricidade polos Concellos a partir da biomasa forestal.

Claramente segundo o sistema organizativo portugués tratase de transferir, mais competencias,de ordenamento forestal hacia os Concellos,en definitiva dar a os alcaldes poder sobre a xestión forestal.

Paralelamente,recibirán cupo de potencia para xerar electricidade,creando centrais eléctricas a partir da biomasa forestal residual, e como complemento con ?preços apoiados? e decir subvencionados.

Desprendese con claridade de tales medidas político-económicas,de que a xestión forestal, vai en principio para quen se supón que a coñece,Cámaras,pero e que non se trata de dar competencias a mais,senón que van acompañadas do correspondente aporte económico,tal cal é a posibilidade de construcción de pequenas centrais eléctricas,para consumo de biomasa forestal, e a subvención a os precios,podrán vender a electricidade.

Lembremos que en Galicia a situación e a contraria,mire por onde se mire,foi desincentivada polo governo español, a producción de enerxía eléctrica de orixe natural, mediante dous mecanismos hostís, de bloqueio : a non subvención a producción de enerxía eléctrica renovabel,como foi no seu momento,e ao pago de peaxe polo uso das liñas eléctricas coa enerxía producida polas renovabeis.

Estes dous aspectos,non só afectaron a os productores das renovabeis,pequenos todos eles en xeral,senón que evitaron a creación de postos de traballo permanentes.Deixo para outro artigo a deriva do aforro nas pequenas familias que esto ocasionou.Todo eso por plegarse as directrices das grandes eléctricas.

Pois ben en Morgadans,ese tipo de medidas,podía ter sido unha aposta de futuro,para xeneración de postos de traballo a traveso de recursos propios,co que nos sobra,eucaliptos,pinos e toxo.

Ai que toliños están os portugueses ¡!!!!


(Fonte dos datos,comunicado oficial do Conselho de Ministros de Portugal de 21/03/2017)








Comentarios (0) - Categoría: Marzo 2017 - Publicado o 30-03-2017 14:37
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0