Morgadáns


Unha ollada informal o balcón do Val Miñor-Morgadáns
Dende este blogue pretendemos dar unha visión dos aconteceres en Morgadáns,eso si co vergallo na mán para quen o merecer,pero deixando claro que hai outro xeito de face-las cousas;en termos mariñeiros,¡Un aviso para os navegantes!


Inicio do reloxio



Visitante


contador visitas



A subela do Xabarda
morgadans@gmail.com
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 PESQUISADOR
 PROCURAR BLOGUES GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

O GATO FEDORENTO
O GATO FEDORENTO.
Lembrarei o ano 2016,se a cousa non muda,entre outras cousas pola morte do meu gato,unha grande pérda para Morgadans,chamábase ?Jordi? (igual que Jordi Puyol pero sen Puyol),o meu gato morreu a idade de 22 camiño de 23 anos,-si certamente podo probalo-,por motivos obvios nada puido facer San Roque seu valedor e pola súa delegación a veterinaria.

Lembrome que foi recollido sendo un puto nunha rúa da Baixada ao Rio,en Teis-Vigo.Estaba cheio de pulgas até as orellas,e cheiraba a peixe podre que abafaba,mas tiña aquel ollar de gato de rúa vivo que me engaiolou,tamén era un bocado briguento,en definitiva un auténtico gato fedorento.

Vamos que se fora un neno e estiveramos nos tempos de Franco, diriase que era un expósito,fillo de nai prostituta e pai bébedo,como se etiquetaba naquela altura a determinados putos,para tapar outras cousas.
Despois desta breve descrición,necesaria por demais teño que decir que foi famoso por deixar unha ampla prole na veciñanza,para elo non e preciso coñecer as reglas de Mendel sobre a descendencia,basta ollar a aparición e continuidade de ?gatos roxos?,fronte a os pretos e grises maioritarios naquela altura.Tiven que capalo para evitar un conflicto cos donos das gatas da contorna.

Alen diso este gato tiña outras cualidades,honrado onde os haxa,e decir comía o primeiro,e deixaba para algo os cans,con un aire de superioridade,pero faciaio a vista,pensemos nos gatos corruptos de hoxe que levan todo e non queda nada !.

Solidario onde os houver,rato ou lagarto que apañaba,poñíao a os teus pés.
Embora isto fora así este gato-como todos-falaba-dislocabase por todas as casas da contorna,e pola Entidade Local Menor,ilustrándome de todo o que alí acontecía.

Ante Siria ou o drama do Sahara non chegaba,quedaballe un pouco a desmán.

De ter vivido uns días mais me tería contado as ?interioridades? da entrega de 43.000 euros, do Concello de Gondomar a Entidade Local Menor de Morgadans,ELMM,o motivo foi a dación do 25% dos impostos recadados na parroquia, no ano 2015,como se recolle no acordo Concello ?Entidade.Neste ponto e dos aspectos externos,fotos e demais, a prensa me remito.

Neste ponto lembrar que nen o Alcalde do propio partido do anterior presidente da entidade daballe un can,o certo e que o Presidente da ELMM,presentaba as contas do Gran Capitán e decir : ren.

Achega que se fai nun momento importante,tal cal e a elaboración dos orzamentos para o ano 2017 da ELMM;imos ver onde van eses cartos,falta por ver o resultado.....! o tempo no lo dirá.

Lembremos que de momento o orzamento de Gondomar está prorrogado,e o do 2017,non ten perspectivas de seguir un camiño diferente,polo que os recursos están limitados para todos.

Mágoa da morte de Jordi,xa que neste intre me contaría as interioridades do próuximo Magosto en Morgadans,ou do motoclube Dagan,ou os comentarios e resultado da masiva presentación do borrador do PXOM,feita por Antonio Arauxo autor material e con Paco Ferreira que ten o titulo de Alcalde,ou da contumacia,rebeldía, a usar a ELMM do seu nome Morgadáns,e non a variante deturpada.
Foto-Faro Vigo
Comentarios (0) - Categoría: Outubro 2016 - Publicado o 14-10-2016 15:58
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0