OUTONO TEMPO DE COLLEITAS.
Depois de madurar todo o ano os froitos están prestes.En Morgadans, e unha cousa curiosa,se te deras un paseio por moitos dos camiños,por exemplo polo camiño vello da A Avelosa a Couso,pola estrada estreita,más hoxe asfaltada, podemonos atopar inxente cantidade de castañas polo chan,non recollidas,as maceiras ateigadas de froito embora este ano non fora moi bon,tamén sen recolle, algunhas viñas descoidadas que tamén deron o seu froito de uva preta,en todo caso algunhas cabras ?poucas-se dan conta delas.
Calquer estrano pensaría de súpeto que esa xente xa non vive do agro....
Agora quero sinalar outro tipo de froitos para Morgadans, que si ten trascendencia de futuro.
No pasado pleno de anteonte,aprobouse a exposición pública, do
Regulamento de Participación Cidadán para Gondomar/Morgadans,un modelo onde os haxa elaborado baixo a batuta do concelleiro Xosé Antón Arauxo,presidnete da Comunidade de Montes de Couso,home coherente onde houver.
Tamén está a cair de maduro,moi elaborado, o novo sistema de
Administración electrónica e páxina web do Concello de Gondomar,que achegará sen dúbida a administración a todolos cidadans de Morgadans,que obviamente non foran analfabetos funcionais en informática-e o futuro-.
Mas a estrela que hoxe alumea e por moito tempo e o
PLANO XERAL DE ORDENACION URBANA de Gondomar,que está sendo exposto públicamente en calidade de borrador en todas as parroquias de este concello,polo concelleiro Antonio Arauxo,con quen tirios e troianos teñen unha débeda inmensa,polo seu traballo desinteresado, e intenso.
Hoxe en Morgadans a veciñanza,a Entidade Local Menor,co seu presidente Xabier ,farán presentación deste borrador, para conquerir achegas dos veciños.
O acto como non podía ser menos está presentado polo Alcalde Paco Ferreira,que desta si gañou o lugar na foto.
Alén diso, quedanos embora o recoller o froito mais importante,viuse xestando durante moito tempo,achegando esforzos de todo tipo,e pensamentos variados como unha grande
Maré,que baixo o lema de ?un pais xusto?,pretende mudar o noso pais.
Ese froito "e contra os agoreiros", mudará o pais o domingo día 25 de outubro,e non será froito de un só día como alguns pretenden.
Luis Villares e un home con ideias claras,e con vontade de país e cuio talante democrático ninguén dubida,os demais axudaremos a que ese ar fresco da
Maré chegue con el a toda Galiza.