Chegame polo guasap,unha de tantas mensaxes, que amigos e coñecidos nos enviamos de cando en vez;nesta altura de unha exconcelleira de Gondomar por vontade propia.
Refirese a
Irena Sendler,
unha muller das que non hai,con feitos e vontades quen cando un coñece a súa traxectoria ainda que for moi pouco,segue a creer no xenero humám e nas utopías. (Ollar Wikipedia https://gl.wikipedia.org/wiki/Irena_Sendler ).
Anecdotas da súa vida foron recolidas parciariamente e reflectidas no cinema en películas relativas a o nazismo como ideoloxía.
Reparei de inmediato nunha situación semellante en Morgadans,salvando a xeografía e historia,os suxeitos neste caso serían os meniños refuxiados principalmente musulmanos,a xeografía tamén mudou naquela altura eran os guetos de Varsovia-Polonia-,hoxe os paises do suleste da Europa ,e porque non facer unha mención clara a propia Polonia,-O governo de plano manifestouse en NON acoller a un só refuxiado no territorio ?. ¡!!- .
Neste ponto quero reflectir por escrito e neste foro ,que nos meuus amigos,coñecidos, colegas e demais,atopo sobre os refuxiados ?meninos,mulleres,adultos-toda a caste de opinionse ,mas en todo caso claramente influenciadas a mais ,por opinions e informes da prensa interesada,que todas eles teñen como factor común un humanismo ?condicionado?,e virado hacia posicions non racistas pero que en todo caso condicionan a solidariedade hacia estes grupos do xénero humán.
Son indiciariamente deste xeito:
?Que non son refuxiados,que son emigrantes económicos??.
?Que veñen ao deles..?
?Que queren escoller atallos..?
?Que so queren ir a Alemaña ou Suecia, que son o pariso para eles..?.
?Que pasa cos nosos..?
?Os galegos non fixemos iso??
?Que vaian para os Estados Unidos,que son os que fixeron a desfeita en Siria??
En fin desta ou doutra maneira as expresions son un reflectir de algo que hai interiorizado, que se pode manipular,e que está a flor de pel.
En todo caso como eu digo sempre,de cada unha desas frases podese facer unha tese de doutoramento.
Face a isto a miña postura,e a de buscar hoxe en Morgadans a correspondente Irena ou Ireno,porlle cara e en sentido positivo como botar unha man para recompor esta desfeita e evitar o sofrimento dos mais débiles crianzas,putos e meninos.
Foto:Tirada de Wikipedia do funeral de Irena Sendler no ano 2008.