Morgadáns


Unha ollada informal o balcón do Val Miñor-Morgadáns
Dende este blogue pretendemos dar unha visión dos aconteceres en Morgadáns,eso si co vergallo na mán para quen o merecer,pero deixando claro que hai outro xeito de face-las cousas;en termos mariñeiros,¡Un aviso para os navegantes!


Inicio do reloxio



Visitante


contador visitas



A subela do Xabarda
morgadans@gmail.com
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 PESQUISADOR
 PROCURAR BLOGUES GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

ONDE VAI FERRO VAI FERRUXE.
Cimpor_fornoOnde vai o ferro vai ferruxe

Temos en Gondomar,unha recollida de lixo, a traveso de unha empresa privada cuio contrato e público e notorio que caducou.

Embora iso fora así a continuidade na recollida do lixo pola mesma empresa seguese a facer, iso si con sustanciosas faturas mensuais, que sobrepasan con moito o contido económico que existía cando o contrato estaba vixente.

Reparense que polo anterior governo do PP, tentouse embarcar ao concello, nunha suposta recollida provincial do lixo a traveso de unha empresa fantasma montada polo anterior procer principal da Diputación.

O contido de tal contrato que comentei aquí no seu momento non tiña desperdicio,e formaba parte simplesmente do contido privatizador como for, dos servizos públicos,leonino,abusivo,e contra os intereses dos cidadáns.

Neste senso sería desexável a posta en práctica de un estudo que permitirá presentar a cidadanía ,o proxecto de futuro, da recollida do lixo,respectabel co meio ambiente, respectabel co equilibrio económico, e por que non xerador de emprego.

De momento temos que aguantar as routadas do alcalde coa empresa subministradora deste servizo, que en vez de eisixir, un maiximo control e ollar polo interese público tendo a derradeira palabra, adicase ao contrario, extender cheques en branco, baseandose en que o servizo foi feito?.! Como??

Chegados a este ponto, e tendo como referencia aquí ao lado na extrema en Portugal, que son en moitisimos casos un exemplo a seguir-neste polo menos-o nivel de privatización deste servizo, atinxe de momento cotas razoaveis.

Pois ben no informe deste derradeiro ano 2014,publicado agora no 2015,finais,e segundo o Tribunal de Contas portugués,a resultas da fiscalización a Axencia Portuguesa do Ambiente, amosa un dato clarificador, moi simples, que as receitas das taxas pola recollida do lixo en Portugal,son superiores a os gastos da súa xestión.

Dito doutro xeito calquer que for a xestión no país, os ingresos-.globais-polo lixo, son superiores a os gastos do mesmo.

Igualiño que en Gondomar.-Tal Tribunal de Contas critica tamén unha parte da xestión de residuos, os enterramenos e a queima- como menos eficientes e respectuosos.

Ainda que e criticado por forzas políticas da esquerda-BE-,sinalo que en concreto pedense maiores estudos sobre a queima de residuos, con rendimento térmico utilizabel, en concreto estamos a falar en industrias fagocitadoras de calorías, como e a industria do cimento, sabido e que se non se alimenta con estes residuos, haberá que recurrir, ao gasóleo,como combustivel alternativo???

Para cando ese estudo e posta en práctica dun novo modelo de recollida e valorización dos residuos en Gondomar,terá pensado o alcalde do actual goberno, mais do mesmo?..?
Comentarios (0) - Categoría: Xaneiro_2016 - Publicado o 31-01-2016 22:56
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0