Morgadáns


Unha ollada informal o balcón do Val Miñor-Morgadáns
Dende este blogue pretendemos dar unha visión dos aconteceres en Morgadáns,eso si co vergallo na mán para quen o merecer,pero deixando claro que hai outro xeito de face-las cousas;en termos mariñeiros,¡Un aviso para os navegantes!


Inicio do reloxio



Visitante


contador visitas



A subela do Xabarda
morgadans@gmail.com
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 PESQUISADOR
 PROCURAR BLOGUES GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Canto cobran os politicos?
O SOLDO DOS POLÍTICOS.

Posiblemente o primeiro que debería clarexar e a acepción de ?políticos?,porque da lugar a equivocos ou leituras diversas.Politicos somos todos, tanto os que renegan delo,intencionadamente ou non, ou os que desde unha pretendida neutralidade,fan manifestacions e conductas políticas,e incluso os que o son e que non o saben,polo tanto esta acepción vai legada,vencellada,unida, a aqueles que certamente ocupan cargos públicos-e a os que aspiran a cubrilos-

Este e un tema no que difícilmente conseguiranse acordos de calquer tipo, e máxime na situación presente no momento de escribir este comentario,donde a corrupción campea neste eido da actuación pública.

Hai claramente as dúas versions polarizadas,maniqueas, desde os que pensan que non deben recibir absolutamente nada retribuído,ata o lado contrario dos que pensan que calquer retribución e ?pouca?.A miña opinión e que os cárregos deben estar remunerados,discrepo moitísimo no ?quantum? desa retribución e a maneira dela.

A percepción de retribucions atinxe non só a os cárregos públicos, senón tamén a aqueles que teñen na política o seu modo e maneira de vida,recibindo polo tanto calquer tipo de aportación das súas organizacions,estos por tanto quedarían hoxe ceibos de este comentario,constrenxiondose soio a quen andou de político, recibindo percepcions públicas-cárregos electos ou asimilados-.

No caso de Gondomar,que nos ocupa, as retribucions son fixadas por acordo municipal,en Pleno, e decir e cada corporación a que se fixa o seus propios emolumentos, en concepto,contía e período,polo tanto non veñen marcadas desde o exterior.En particular en Gondomar,o concepto andou dentro dos parámetros de ?dúas exclusivas? e dúas medias exclusivas, para entendermonos.
Nas derradeiras eleccións este parámetro rachou, e aplicando novos criterios o resultado foi ?duas exclusivas e ?catro medias exclusivas?.Todo esto obviamente para a equipa do governo ,o resto ?nen auga?, e decir reciben a indemnización tamén estipulada polo Pleno, por asistencias a Plenos ou Comisións, pero que non ten a natureza de salarios.

O paso seguinte aparece cando de determinar se trata se os beneficiarios directos dos salarios realmente os merecían.

Xa no momento inicial da súa fixación e despois no momento da súa revisión seguindo a ?doctrina Rajoi?,foi manifestado pola oposición o excesivo da súa contía atendendo a moitos criterios, e sobre todoa situación pola que está pasando moitos veciños de Morgadans e de Gondomar por extensión,beirando a situación de indixencia.
A estas oposición debidamente documentadas e xustificadas, houbo unha contestación da equipa de governo e de algún supostamente independente,rexeitandoas,sen mais considerandos e polo tanto votando en contra.Ahí o pobo de Gondomar e por extensión a equipa de Arauxo quedaron orfos de apoio.

O tempo da a razón a quen a ten e pode probala,co disloque de Eladio,primeiro fora da tenencia de alcaldía, e despois do PP,produxose temporariamente,insisto temporariamente,a correlación de forzas , e tate, que o pasado xoves día 12 de setmbro no pleno correspondente, a este Eladio ocorriuselle presentar unha Moción de Urxencia,sobre a rebaixa do soldo do Alcalde e concelleiros da equipa de goberno co tíduo de ?Rebaixa do 50% do salario bruto anual do Goberno Municipal (PP-CDL), correspondente o exercicio 2013?.

Si hai algo que podemos decir da moción e que foi moi motivada, polo seu autor,e fácilmente contrastable coa realidade por calquera.
Despois de votadas ambalas cuestions, a necesidade da urxencia e o contido da mesma , e despois de unha transacción, foi votada favorablemente tal moción, ca engadega de que tal redución debe ser aplicada a persoas en ?emerxencia social do concello? por suposto de Morgadans.

Vamos dito claramente foi un GOL,señores a ponerse as pillas como se dí normalmente.
As cifras non son nada baixas xa que o alcalde percibía 46686 euros do Concello-Da Diputación de Pontevedra por presidir e levar determinadas comisións e por votar en contra dos acordos do seu propio Concello tamén recibe o seu- ,do resto a os medios de comunicación me remito.
O resultado e un aporte extraordinario, non previsto da orden de 80.000 euros estimados, que irán para as situación individuais e colectivas de emerxencia social.

Para min o caso non acabou ainda, veremos cando comezan a autoretirarllelas,ou as voltas que lle han de dar para non facelo,o computo do retirado a final de ano, vai ser outra batalla.


Comentarios (0) - Categoría: Augas van polo rego - Publicado o 30-09-2013 13:54
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0