Morgadáns


Unha ollada informal o balcón do Val Miñor-Morgadáns
Dende este blogue pretendemos dar unha visión dos aconteceres en Morgadáns,eso si co vergallo na mán para quen o merecer,pero deixando claro que hai outro xeito de face-las cousas;en termos mariñeiros,¡Un aviso para os navegantes!


Inicio do reloxio



Visitante


contador visitas



A subela do Xabarda
morgadans@gmail.com
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 PESQUISADOR
 PROCURAR BLOGUES GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

POLÍTICA ECONÓMICA E DÉFICIT DEMOCRÁTICO
Disolver MorgadansO pasado 13 de xullo do ano 2012,aprobouse polo consello de Ministros de Rajoy,un informe sobre , sobre o? Anteproyecto de Ley de racionalización y sostenibilidad de la Administración local?.

Este informe di literalmente e sen vir a conto ou xustificación algunha que ?asemade disolvense as 3725 entidades locais menores existentes ,entre as que se atopan as pedanías ou parroquias, que pasan a ser absorbidas polos Concellos dos que dependan.?.



No resultado de este informe está servido o conflito,entre todas as opiniós a favor e en contra desta medida.

Obviamente a miña e contraria a morte das EELLMM en todolos ordes;a primeira motivación e que non teño claro que sea certo o criterio economicista, e decir que resulte mais económico mais barato para o Concello de Gondomar o recibir petates e bagaxes da ELM de Morgadans.

E certo que resulta unha mordida moi boa o recibir de súpeto o perto de 500.000 euros de orzamento anual da ELM Morgadans-estimados-.

O que si e certo e o contrario,que de entrada non hai a mais mínima garantía que Morgadans reciba prestacions equivalentes de ese importe do Concello de Gondomar, se isto se materializa.

O longo da historia (económica) Morgadans-Gondomar,as relacions non foron pacíficas,pois a Gondomar sempre lle doeu o soltar o 25 % do valor dos impostos que se recadaban no propio Morgadans, e a mais diso na hora de reparto de bens e servizos, sempre estivo enriba da mesa aquello de que ?vos xa tedes o voso como parroquia?.

En termos de xestión,cabe sinalar, que tampouco hai garantía de que vaia a ser mellor a xestión dos asuntos de Morgadans en Gondomar, que no propio Morgadans.

Si e certo que até agora o grave problema de Morgadans, sempre foi a falla total de claridade e transparencia nas contas,ausencia de orzamentos, de todo tipo, dación de contas tipo ?contas do Gran Capitán?,amiguismo,trato de favor,falla total de criterio político nas actuacions da Entidade,pero a miña pregunta é, se cadra mellorará iso coa actuación municipal desde o concello de Gondomar?.Basta asistir a calquer pleno para saír absolutamente,desiluído, da catadura moral e falla de absoluta xestión dos gobernantes locais,e decir son as políticas que se aplican,ou a ausencia delas, as que determinan a bondade ou maldade das autarquías..Non son todas políticas iguais nen son todos os políticos iguais.

Hai outros aspectos que deben primar mais que que o economicista que está por ver.As Entidades Locais Menores-9 en Galiza-teñen una base en sí democrática,os electores directamente elixen directamente ó Pedáneo (outra cousa que a elección seña a correcta),cousa que non pasa noutros ordes.

O potencial chegamento de estas entidades a traveso dos seus vogais a os cidadáns directamente,non ten comparación noutros ordes,pero claro esto molesta.

En termos de números, a ELMMorgadans, ten mais territorio,habitantes, e orzamento que moitos municipios de Galiza (e de España).

Hai outro parámetro, incuestionable no caso que nos ocupa, tal cal é a VONTADE de ser ELM,persoalidade,modo e maneira de ser,se ollamos o longo da historia de Morgadans-Gondomar,o trillo recorrido está cheio, de marcas sinalados en cada caso, que amosan a vontade de SER e de EXISTIR da propia ELMMorgadans,isto chámase historia.

En termos de defensa dos veciños de Morgadans, a situación e verdadeiramente problemática,temos antecedentes de expolio de Gondomar sobre Morgadans,chega con lembrar que todo Gondomar bebe a auga de Morgadans,con un sistema de captación de augas imposto, non negociado, sen contrapartida algunha para Morgadans,os ?impositores?,por certo viven en Morgadans, aplicaron políticas de expolio,con actuacions e efectos que ainda hoxe non están rematados e que poden reactivarse en calquer momento,en perxuizo da ELMMorgadans.

Asemade agora que estamos en ?crise do sistema capitalista?, podemos preguntarnos, en termos de desenrolo rural ou forestal, vai ser mellor a xestión desde o Concello-en xeral os concelleiros son ?urbanitas? que non saben a cor dunha bosta de vaca-,isto lémbrame una anécdota persoal de hai anos;viu un colega e disme?oes? sabes que nomearon Conselleiro de Agricultura na Xunta a fulano?,Eu que coñecía a fulano resposteille ao momento o que me saiu da alma ..Foderonse os repolos?.! E así foi.

Non e este un artigo,localista,ou contrario a Gondomar, e menos nunha persoa como eu que soio creio nos territorios de 20.000.000 millons de millas cuadradas,pero non atopo a mais mínima xustificación para disolver a ELM de Morgadans,goberne quen goberne,a verdade que considero moi interesante para o mundo a existencia do triangulo Morgadans-Lisboa-Madrid,nese orde.

Falarei noutro artigo, o tema de patrimonio e recursos, que non ten perda.

Non podo pechar isto sen traer a conto a posición dos políticos locais destas dúas institucions;polo Alcalde de Gondomar, o oportunismo mais descarado, na Mancomunidade do Val Miñor,perante a moción do Grupo Nacionalista contra a eliminación da ELM de Morgadans ,o Alcalde de de Gondomar,púxose abertamente en contra da existencia da ELM de Morgadans como tal,supeditándose o seu mestre o alcalde de Baiona, que vai ao seu e aspira a un posto maior.

Como queira que isto supuxo un cabreo por estes lares de Morgadans, e perante a posible escisión de membros do seu Partido,no Pleno do Concello de Gondomar, e perante a moción do Grupo Nacionalista (Anova)no concello, recuou na súa posición, e levantou a man a prol da existencia da ELM Menor de Morgadans.
Mais a cousa non acabou ahí,no Pleno da Deputación Provincial,o Alcalde de Gondomar,-PP-voltou a súa posición inicial negatoria da entidade local.

Por estes lares o pobre Urbano,non da pe con bola,se ben non lle gustou a medida, ainda hoxe, faltalle un bo zapatazo ou zocazo??,- non o sei- ,enriba da mesa, e xuntarse co resto das entidades locais menores para artellar medidas conxuntas contra este despropósito,négome a botarlle a culpa a os veciños de Morgadans,pero creio que a xente tamén se lles educa nos seus dereitos Non sí?.

Eu neste ponto pareceríame mais a o Ghordillo de Marinaleda.

Setembro-2012-Morgadans-Xabarda-



Prensa local infovalminorANOVA-Nacionalista en GondomarPOLÍTICA ECONÓMICA E DÉFICIT DEMOCRÁTICOEste nega mais que Xudas
Wikipedia ELM Morgadans
Comentarios (0) - Categoría: Disolución da Entidade Local Menor - Publicado o 30-09-2012 23:18
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0