AS TAXAS MODERADORAS o COPAGO que ven!!!!
Sr.Xabarda o vexo a vostede extremadamente cabreado,nunca o vin tal!!!
Non equivocaste de cheio,so e que despois de barbearme puxen unha masaxe de acool e quedaronme moi soltos os músculos da face,e non me dan outro xeito.
Por certo Adrián ti non tes mellor cara.
Poisque veño do médico daí en Gondomar,e disque alguns van ter que pagar por receber as consultas e outras cousas.
Adrian, moi descamiñados non van,por exemplo ti sabes que en Portugal que está aquí a 11 Kms, xa pagan por toda a sanidade?....,grazas a un goberno socialista portugués dun tal Sócrates?,pois sí en canto a "Troika" dixolle que tiña que aforrar, ese "socialista" o primeiro que fixo foi tirar cartos da sanidade portuguesa.
Eles chamanlles TAXAS MODERADORAS,sabes por qué ? por se alguén que estea enfermo abusa do médico?????.
Que me dí Sr.Xabarda.
O que eescoitas Adrian.E mais voute decir canto teñen que pagar ata 31 de decembro do ano 2011.
Unha consulta nun hospital central custa 4,60 euros, cada vez que vas.
Unha consulta nun hospital distrital 3,10 euros,cada vez que vas aló.
Unha consulta nun centro de saúde custa 2,25 euros.
Unha urxencia hospitalar entre 9,60 euros .
Unha urxencia básica 8,60 euros.
Unha urxencia nun centro de saúde 3,80 euros.
Todo iso tendo seguro,agora ben se non o tiveres, ou estiver caducado, custa a consulta 30 euros, as mediciñas aparte pagalas tí.
E sabes mais, alén diso hai un sistema de penalizacions e multas,por si "abusas" da sanidade pública, e podente excluir de "beneficiarte" destas taxas por dous anos-(Como se pagar isto fora un beneficio).
Adrian pola cara que pós vexote peor que eu,e vexo tamén que ti de Portugal só coñeces a feira de Valença, e o frango grellado, non si?.
Pois meu amigo vou a informarte un pouco mais, ao tal Sócrates que era "socialista",chumbarono os portugueses, e sabes que fixeron poisque votaron "masivamente", por un governo "de dereitas", de un tal Passos Coello.
O Passos,que tamén dixo que tiña solucions máxicas para o país, ven de anunciar que seguindo a liña do seu antecesor, vai aumentar as TAXAS MODERADORAS, un 50% a partires do primeiro de xaneiro de 2012, e decir
Unha consulta nun hospital central custará 6,90, cada vez que vas.
Unha consulta nun hospital distrital custará 4,65, cada vez que vas. que vas aló.
Unha consulta nun centro de saúde custa 3,37 euros.
Unha urxencia hospitalar entre 14,40 euros .
Unha urxencia básica 12,90 euros.
Unha urxencia nuncentro de saúde 5,70 euros. e dos 30 euros pasará a 45 euros.
Como tí Adrian eres un rapaz moi intelixente,daraste conta, cantos dos habitantes de Morgadans poderían pagar iso se as taxas se puxeran acó e foran as mesmas???,tes dedos na man, e nos pés.
Tamén te darás conta que cando vais o médico co neno e con 43º de febre, o primeiro que te imos a ver e se levas os cartos no peto, e xa te vexo facento a cola para clarexar a túa situación persoal.
Imos ver cantos pensionistas de Morgadans deixarán de ir ao médico por non poder pagar estas taxas.
Mais o simpático do caso, e que a imposición destas taxas en Galicia, non comezou co goberno socialista,senón co actual do PP e sen tanto barullo.
Ti crees que o próuximo goberno que se vai a constituir para Galicia no próuximo mes de decembro do ano 2011,de un tal Rajoy vai a falar tamén do pago sanitario. BINGO!!!!!, e chamaranlle tamén CO-PAGO, xa se lles foi pola boca o nome, agora buscarase un pretexto, cousa que e moi fácil
e a funcionar e todos contentos.
E botar no lixo, anos e anos de loita polos dereitos mais elementais das persoas, como son o dereito a saúde, e todo porque o manda a "troika".
(Até agora eu sempre pensei que iso da Troika eran os tres cabalos que tiraban polos carros dos señores feudais rusos, pois vexo que nón.)
Amigo Adrian,a door de moa non e nada comparado co que nos ven enriba.E o pior do caso que haberá habitantes destes lares que "aplaudirán "tal medida,sabes porqué?,porque non loitaron por ela,porque atoparon todo feito.
Por certo ti que eres bo calculista, canto coidas que me costará a consulta da moa,se vou ao centro de Gondomar, Ramallosa ou Povisa, por isto???.
Morgadans
Novembro 2011AS TAXAS MODERADORAS |