Morgadáns


Unha ollada informal o balcón do Val Miñor-Morgadáns
Dende este blogue pretendemos dar unha visión dos aconteceres en Morgadáns,eso si co vergallo na mán para quen o merecer,pero deixando claro que hai outro xeito de face-las cousas;en termos mariñeiros,¡Un aviso para os navegantes!


Inicio do reloxio



Visitante


contador visitas



A subela do Xabarda
morgadans@gmail.com
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 PESQUISADOR
 PROCURAR BLOGUES GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

A Lingua dos mortos de Morgadans
No pasado mes de setembro no día 23, celebrouse a Reunión ordinaria da Xunta Veciñal da Entidade Local Menor de Morgadans,que mentras a Señora Merkel e o FMI non digan outra cousa seguirá funcionando por obra e graza da inercia.


Pois o caso foi que saiu a tema o a deturpación do nome de Morgadans,sabían que no carimbo do rexistro de entrada está Morgadanes ¿??, como non podía ser menos!!!.

Pois ben parece ser que un carimbo novo vai costar 8 euros, e o asunto quedará solucionado formalmente.

Pero a cousa non vai por ahí, o tema foi que ocurreuseme dar unha boleia polo cemiterio de Morgadans,vamos o de Gonda, Santiago, o de toda a vida, o veciñal, o público, o civil, o que está fora do recinto da iglesia,e facer una visita a os mortos, como fago caseque todos os domingos que podo,para ver se me falaban, e vaia se o fixeron!!!, ainda que ao final penso que era cousa de vivos o asunto.


Por se alguén non se molestou en facelo antes, percorrín detidamente as dúas partes do cimiterio,que para os que non o saiban, ainda sendo civil está dividido en DUAS partes, unha para católicos,apostólicos e romanos, e acolá outra para os ?outros?, vamos os protestantes , os de sempre, os díscolos, os non católicos, os de toda a vida, que non van ao ceo, os que levan a contra.

Pois sí e certo segue ainda dividido!!!,sempre me fago a mesma promesa, en canto saia de aquí teño que falar con Pepe de Sara, para ver de arranxar o asunto, alguna vez o teño feito, mais a pelota está no seu tellado,mais penso de que desta vai.


Pero o tema non era ese,o asunto e que de todos os nichos,tumbas e enterramentos,NON ATOPEI NIN UNHA SOA LAPIDE en lingua galega.!!!!e mira ti que levan tempo enterrando os mortos alí...,pois nada de nada.


A cousa en sí merecería que eu fixera outra tese de doutoramento,pero imos deixar iso para outro.

Curiosamente que tamén e discutible, non atopei a ninguén que tivera tamén o apodo, alcume, seudo nome ou como se quixera,isto e xa para nota,e moito menos un chamado epitafio,feito ou desexado polo difunto, ou posto polos sobrevivintes.

Do contido das lápides desboto o mais común ?Recuerdo de tus hijos y esposa?.?,en fin que desgraza.

Pobre Arsenio ou Elvira, que naceron galegos,viviron en Morgadans,falaron galego,casaron en galego, tiveron fillos en galego, e estes fixeronlle a pedra lápide nunha lingua que non van a entender-por acaso puxeronlles una foto,por se non se recoñecían-

A min isto da lingua sempre me chamou a atención,-maldicions aparte-pola cousa divina,sempre me preguntei que lingua falaría Deus, e claro que si o Xesucristo era o seu fillo como se dí por ahí,este só falaba Arameu-e dicir galego daquél entón-polo tanto e ben pensar que Deus falaría tamén arameu.

Chegados a este ponto so nos queda pensar se Xesucristo falaba arameu,que seica sí, ou falaba latin, por iso que era a lingua ?culta?,polo tanto Deus tamén falaría latin digo eu,mais o que parece claro e que o Xesus predicaba en arameu,non en latín.

Pero o asunto foi que morreu primeiro o fillo que o pai,pero si sabemos que o pai non puxo lápide alguna na tumba do fillo,só una pedra redonda,encarregoulla ao lapideiro un tal Xosé de Arimatea...

Os que si eran afeccioados a poñer epitafios eran os romans, por aquello de INRI, o digo.

Pois ben despois de todos estes circunloquios e medios rodeios,chego a trisitisima evidente conclusión, de que os galegos de Morgadans,non seguimos neste ponto ao pé da letra a descripción bíblica, ??.E Deus creou ao home a súa imaxe e semellanza??,porque ou ben falariamos arameu, ou si con iso da evolución teríamos que ensinarlles galego os nosos fillos, como fixo Deus co seu.


Neste ponto fago miñas as verbas de determinado e ilustre lingüista extranxeiro,notable,e listo donde os haxa, que decía que defender hoxe o galego, e un exercicio de pura ecoloxía lingüística,por certo que fala e escribe galego, mellor que moitos habitantes deste couto.

Agora ben facendo tamén miña una expresión do meu amigo Antonio Esteves, cando dí ?Oh Xaime isso não me da jeito nenhum pá..?,quere decir que vai tomar una decisión que hai que aceptarlle senón isto non vai polo carreiro,pois a miña decisión vai ser intervencionista e cun resultado mais que dubidoso, vou a propor unha moción na próxima Xunta Veciñal, de que todas as lápides que vaian en galego, señan subvencioadas directamente ,con digamos 50 euros,para incentivar o seu uso,e previamente se faga a campaña de mentalización sobre o uso funerario do galego.

A miña pregunta é ..Que lingua e precisamente a que está en vías de extinción,polo suicidio lingüístico inducido??.

Que lingua e a marxinada..?

Até a prouxima.
Xabarda
06 outubro 2011

(1-) Maldición de un tal Nemrod,polo cal hai tantas linguas ^
Comentarios (0) - Categoría: A lingua dos mortos - Publicado o 06-10-2011 23:26
# Ligazón permanente a este artigo
[1] 2
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0