Morgadáns


Unha ollada informal o balcón do Val Miñor-Morgadáns
Dende este blogue pretendemos dar unha visión dos aconteceres en Morgadáns,eso si co vergallo na mán para quen o merecer,pero deixando claro que hai outro xeito de face-las cousas;en termos mariñeiros,¡Un aviso para os navegantes!


Inicio do reloxio



Visitante


contador visitas



A subela do Xabarda
morgadans@gmail.com
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 PESQUISADOR
 PROCURAR BLOGUES GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

IN MEMORIAM-Alexandra Koss


Olá boa noite!

Boa noite Sr. Xabarda,así me contestaban,Xeraldo,Feliciano,Xosé León, e María,todos eles membros da xunta directiva da Asociación Cultural de Morgadans-que conste que o nomeamento e meramente locativo, xa que describo a os membros pola súa situación con respecto a mín e comezando pola esquerda, como levo facendo toda a vida,polo que calqueira connotación sexista estaría proscrita-.

Xosé León, foi mais explícito e co sorriso nos beizos meio incrédulo,e suspectivo, dixo ??.quedaches de vir as nove e viñeches as nove e media??..?.Certo contesteilles,pero veño sensiblemente afectado,pola morte dunha amiga.

E sen que ninguén mo preguntara,excepto cas súas olladas, fitabanme,falei.

Pois sí finou Alexandra Koss,ilustre profesora da Universidade de San Petersburgo,entre outras cousas,e grande traductora literaria entre o ruso e diversos idiomas,e vivo exemplo de como as linguas son ligazóns e non rupturas.

Mais non e eso exactamente o que quero suliñar hoxe aquí convosco ,senón que Alexandra,falaba galego como calquera dos que estamos acó neste momento,era nela asemade un siño de identidade en Galicia.

Alexandra,respirou os aires da Serra do Galiñeiro-Caldeirón,da miña mán,e bebeu a auga curativa destas montañas de Morgadans,e quedou extasiada coas paisañes do solpor no Val Miñor, e tamén por que non quedou sorprendida coas xentes destes lares que ataban coas súas mans os bravos garañons,deu tamén a coñecer Morgadans na súa terra San Petersburgo,puxo a Morgadans no mapa por decilo dun xeito explícito e claro.

Creeu no idioma galego,aprendeuno con 60 anos,e falabao de cotío,cos seus alunos na Universidade de Vigo.namentras estivo connosco ensinandolles o idioma ruso.

Fixo distintas traduccions ruso galego e galego ruso,magnificando a nosa lingua-vamos igualiño que Feijoo,cortoume Maria-.

Cando a visitei na súa casa, o pasado vran,nun fermosísimo bairro Petrogradski en San Petersburgo,estaba amordazada por un derrame cerebral ,e en troco das froles que lle levamos, non me permitiu falar ruso e obsequioume con una breve conversa neste idioma galego que outros desprezan.

Era Alexandra Markovna Koss,(1933-2010)una persoa físicamente miúda,-o cal una vez mais demostra que a proxección persoal nada ten que vez co físico- e lembrome a primeira vez que nos coñecemos,hai xa dezasete anos ,expresábase nun perfecto portugués ,tal cal unha muller de Póvoa de Varzim, -como boa pribáltica-e que sintonizou perfectamente co portugués de Monçao,como o que escreve.

Salve Alexandra, e as miñas lembranzas de vida para ti e o noso amigo Andrei Rodowski,que de
seguro sentirá tamén a túa perda inmediata,é moita a débeda que temos contigo os galegos e ben pouco o que te recoñecemos.

Sr.Xabarda,cree vostede que en Morgadans entenderán do que está falando.?

Tranquilo Xeraldo,depende donde caia a semente,pero de corrupción,xa falaremos outro día a partires do 31 de maio ¡¡¡¡.

Pois efectivamente Xabarda ,o adiamento estaba mais que xustificado!!!

Morgadans-24-05-2010




(1) Петроградский район ^
Comentarios (0) - Categoría: IN MEMORIAM -Alexandra Markovna Koss - Publicado o 30-05-2010 19:02
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0