MÓLLATE COA LINGUA


Cantas cousas podes facer coa túa lingua? Seguro que máis das que pensas.
Móllate coa lingua é o blog do Equipo de Normalización e Dinamización Lingüísticas do CPI Terras de Maside (Maside, Ourense).

Quen somos?
mollatecoalingua@gmail.com
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

Da túa lingua, palabras luminosas, verbas do amor.

Comentarios (0) - Categoría: Haikus - Publicado o 21-05-2013 23:27
# Ligazón permanente a este artigo
Deixa que falen as nosas linguas libres cos nosos beixos.

Comentarios (0) - Categoría: Haikus - Publicado o 21-05-2013 23:25
# Ligazón permanente a este artigo
O arco

Vía estas pedras cada día. Para min non eran máis ca iso: pedras, ruínas. Non sabía que eran nin canto tempo levaban alí.
Un día veu un home á escola que se chamaba Sobrado, do centro de estudos Chamoso Lamas, para darnos unha charla sobre a historia da nosa zona.
Puxo unha presentación de diapositivas chea de fotos de restos de todas as épocas. E tamén estaban esas pedras que eu vira tantas veces.
Explicou que estaban alí dese a Idade Media...
Eu alucinei e ao día seguinte levei unha fotos do arco á clase...
Pasamos diante de cousas importantes e nin nos damos conta.

Na páxina do concello de Maside podedes atopar a información dese arco, en Santa Comba de Trevoedo.
Se premedes aquí, accededes ao arquivo.

J.Benito Otero Por
tabales (adultos)


Comentarios (0) - Categoría: Os nosos lugares - Publicado o 20-05-2013 00:41
# Ligazón permanente a este artigo
Parque

Igrexa do centro de Maside.


Gústame coñecer lugares novos.
As paisaxes verdes transmítenme
Ledicia, tranquilidade e
Incluso podo divertirme coa natureza
Cos amigos e a familia. Momentos
Incribles paso en Galicia,
A nosa terra.

Amanda Martínez Peña 4º E.S.O
Comentarios (0) - Categoría: Os nosos lugares - Publicado o 20-05-2013 00:38
# Ligazón permanente a este artigo
Vidal Bolaño
O vídeo da actividade que preparou un grupo de 2º da ESO para o Día das Letras Galegas, dedicado a Roberto Vidal Bolaño.
Fixeron unha adaptación das variacións 1 e 2 de Animaliños, de Vidal Bolaño.

Se queredes saber algo máis sobre Vidal Bolaño, recomendámosvos que visitedes a páxina que a Coordinadora Galega de ENDL elaborou. Alí recóllense actividades de todos os centros educativos galegos.

Para entrar no monográfico sobre Vidal Bolaño, preme aquí.

Comentarios (0) - Categoría: Alumnos/as - Publicado o 20-05-2013 00:27
# Ligazón permanente a este artigo
Paseo con Rayco

Paseo co meu can Rayco moitas veces por aquí. A el gústalle moito meterse na charca e eu vou para velo disfrutar na auga.
Desde a miña casa tardo uns cinco minutos en chegar a este lugar. O paseo é moi agradable, pero ao final sempre acabo coa roupa toda chea de lama, xa que Rayco non para. Pero paga a pena. Pasámolo ben os meus cans e eu.

Patricia (4º ESO)
Comentarios (0) - Categoría: Os nosos lugares - Publicado o 19-05-2013 22:38
# Ligazón permanente a este artigo
Fala de todo, sinte todo cos beizos. Ti es galeg@!

Comentarios (0) - Categoría: Haikus - Publicado o 19-05-2013 22:33
# Ligazón permanente a este artigo
A Primavera

Esta imaxe divísoa dende o meu lugar de estudo. Transmíteme tranquilidade e moita paz.
No outono vou coa miña familia recoller castañas porque hai moitos castiñeiros. Alí pasamos moito tempo porque ese lugar é moi especial .
Está situada en Garabás, en Suirexe,a todos os que lles guste estar a gusto recoméndolles ir a ese lugar.

Nayara (1º ESO)
Comentarios (0) - Categoría: Os nosos lugares - Publicado o 19-05-2013 22:25
# Ligazón permanente a este artigo
Maside

Nesta paisaxe apreciamos a fermosura das zonas verdes de Maside. Vemos un lugar tranquilo e perfecto para pasear. Trátase dun bosque que hai preto da piscina municipal. O regato que vemos vai camiño dela.

No verán encántame pasear por aquí. Primeiro paseo ou ando en bici e despois báñome na piscina.

A verdade é que Maside é un lugar pequeño e silenciosos, do que a xente das cidades non ten idea, pero fotos coma esta demostran que é un lugar ideal.

María Álvarez, 3º ESO
Comentarios (0) - Categoría: Os nosos lugares - Publicado o 19-05-2013 22:16
# Ligazón permanente a este artigo
Alfonso Graña

Alfonso Graña, recoñecido no 1933 polo goberno peruano como Alfonso I Rei da Amazonia, naceu en Amiudal, (Avión) no 1870.
Na foto, seu curmán Marcial amósanos os restos da casa natal.
Emigrante a Iquitos, traballou como cauchero ata 1920. Entón, Graña adentrouse río arriba?

Da familia ?Os Chulos?, alto, delgado, elegante, gafas redondas, aire intelectual.
Esa imaxe puido salvalo de morrer a mans dos xíbaros, chegando a suceder ó seu sogro, xefe da tribo.

Segundo Víctor de la Serna, ?sóubose por indios xíbaros huambisas, que aló pola xigantesca greta que o Amazonas abre no Ande, vivía e mandaba un home branco?.

Cando no 1926 a Standard Oil quixo explotar os puzos do Alto Amazonas, tivo que pactar con Graña, quen evitou os ataques dos indios e lles suministrou víveres.

No 1933 un avión de combate peruano cae na selva. Morre o piloto, o mecánico resulta malferido. Graña e os indios levan ó ferido e o cadáver embalsamado polo temible río Pongo de Manseriche. Nunha semana chegan a Iquitos, onde o recibe unha multitude.

Aquel piloto era Alfredo Rodríguez Ballón, e o aeroporto de Arequipa leva o seu nome.

Alfonso Graña morreu na selva no 1934. Nunca se localizou o cadáver.


Celia Rodríguez Alonso (adultas)
Comentarios (0) - Categoría: Os nosos lugares - Publicado o 19-05-2013 21:52
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal












O contido desta páxina precisa unha versión máis recente de Adobe Flash Player.


Obter Adobe Flash Player






Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0