MÓLLATE COA LINGUA


Cantas cousas podes facer coa túa lingua? Seguro que máis das que pensas.
Móllate coa lingua é o blog do Equipo de Normalización e Dinamización Lingüísticas do CPI Terras de Maside (Maside, Ourense).

Quen somos?
mollatecoalingua@gmail.com
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

AS ROSQUILLAS
Nesta foto salen o meu avó, a miña avoa, os meus tíos e a miña tía.O primeiro que sae de
esquerda a dereita e o meu tio Paco, a muller que colle a nena no colo e a miña avoa Celia,
a nena que esta no colo e a miña tía Celia, o neno que esta agachado e o meu pai, o neno que
esta o seu carón e o meu tío Ricardo, o home que esta ó carón de miña tía e o meu avo
Julio e o último neno e o meu tío Jose Manuel. Esta foto coma moitas cousas ten a súa
historia, foi haberá uns 35 anos, máis ou menos, na romería de San Lazaro en Ourense.
Nas romerías sempre hai postos onde venden churros, rosquillas, xoguetes..., meu
tío Ricardo era moi pequeño, tería uns dous anos, e sen que o vira ninguén colleu nun
posto de rosquillas un par de bolsas. Meus avos decataronse ó sacala foto, e estiveron
buscando o posto de onde saíran as rosquillas.



Noemí García Iglesias 3ª ESO
Comentarios (0) - Categoría: A Nosa Historia Facémola Nós - Publicado o 22-02-2010 10:09
# Ligazón permanente a este artigo
O MEU PAI NO BURRO


O meu pai está subido nun burro, é o que vai diante e está chorando. Iba co meu padriño e co avó a buscar patacas porque antes non había tractores e traían a carga en burro.


Marta Rodríguez Pérez. 5 anos

Escola de Dacón.
Comentarios (0) - Categoría: A Nosa Historia Facémola Nós - Publicado o 08-02-2010 20:27
# Ligazón permanente a este artigo
O MEU PAI


ESTE É O MEU PAI. TIÑA 4 ANOS.E ESTÁ RECOLLENDO UVAS.

MARTA RODRÍGUEZ PÉREZ 5 ANOS

ESCOLA DE DACÓN
Comentarios (0) - Categoría: A Nosa Historia Facémola Nós - Publicado o 08-02-2010 20:20
# Ligazón permanente a este artigo
MANOLO O MEU TATARAVÓ



ESTE É O MEU TATARAVÓ FAI MOITOS ANOS. PARECE QUE ESTÁ NUN PALACIO PERO ESTÁ NO ESTUDIO DO FOTÓGRAFO.


DANI COCA GONZÁLEZ 5 ANOS

ESCOLA DE DACÓN
Comentarios (0) - Categoría: A Nosa Historia Facémola Nós - Publicado o 08-02-2010 20:10
# Ligazón permanente a este artigo
A MIÑA BISAVOA

ESTA ERA A MIÑA BISAVOA QUE ESTABA NA COCIÑA COA MIÑA PRIMA. AS COCIÑAS DE ANTES NON ERAN TAN MODERNAS COMO AS DE AGORA, ERAN DE LEÑA E NON TIÑAN MOBLES.


DANI COCA GONZÁLEZ 5 ANOS

ESCOLA DE DACÓN.
Comentarios (0) - Categoría: A Nosa Historia Facémola Nós - Publicado o 08-02-2010 20:05
# Ligazón permanente a este artigo
A MIÑA AVOA NON CHEGOU A COÑECER ALEMAÑA
Corría o ano 1963. A miña avoa fixo esta foto para o pasaporte con vistas a irse a Alemaña. Animárona moito e ademais xa tiña alá todo arranxado, pero... tiña unha nena recén nacida ( a miña nai) a quen non tiña con quen deixar, xa que a miña bisavoa tiña que traballar (era leiteira) e a súa sogra, a outra miña bisavoa, non podía coidala tampouco. Todo isto fíxolle recuar na súa idea e, como xa se sabe, os fillos son os fillos. Ella non o dubidou e quedou sen coñecer Alemaña, pero tivo a sorte de poder coidar ela mesma da súa filla. Esta foto só é un recordo.


Carlos Cabanelas Riveiro 2º ESO A
Comentarios (0) - Categoría: A Nosa Historia Facémola Nós - Publicado o 05-02-2010 19:25
# Ligazón permanente a este artigo
OS TATARAVÓS DE GODÁS





Vivían en Godás do Río, unha aldea moi preto do Carballiño. Era un matrimonio feliz, moi traballadores e relixiosos (eran moi devotos de San Damián).
A todos os mendigos que lle chegaban á porta sempre lle daban comida da que había ou facían unha bica. Tiñan unha cabra, o home viña con ela ata O Lago. Era o ano 1959 e como vedes preparáronse moi ben para a foto.



Carlos Cabanelas Riveiro 2º ESO A
Comentarios (0) - Categoría: A Nosa Historia Facémola Nós - Publicado o 05-02-2010 19:21
# Ligazón permanente a este artigo
CON FLORES A MARÍA

Era costume daquela, cando a relixión era unha parte moi importante do acontecer diario das persoas, que as nenas, chegado o mes de maio, adicasen todos os seus esforzos a aprender o catecismo, para facer a primeira comunión, e a recitar de memoria versos e poemas de loubanza á Virxe, para logo, ao final do mes, vestir de branco inmaculado, con fita tamén branca, diadema ou coroa recollendo o cabelo (e mesmo con postizas ás de anxa) e subir a unha tarima ou escenario ao aire libre para declamar.
Conta a miña nai que desde ben pequena, cando a penas sabía falar, soñaba con tal evento e, tal era a miña teima, que mesmo aprendín aquilo de ?A tus pantas decosito un lamo de magalitas?. Supoño que se teño que facelo agora... en fin.
O caso é que o labor de ensaio era tarefa da mestra da miña aldea, dona Consuelo, de quen gardo a máis agarimosa das lembranzas, de quen acabei copiando a maneira de ensinar algunhas cousas e quen me ensinou a terlle cariño ao meu traballo. Sexa este un agradecemento pola súa contribución na miña formación como persoa e como docente, bastante lonxe hoxe en día, daqueles versos inmaculados.



Concha L. F. (1968)
Comentarios (1) - Categoría: A Nosa Historia Facémola Nós - Publicado o 05-02-2010 19:18
# Ligazón permanente a este artigo
PRIMEIRA COMUNIÓN
Quizais un dos feitos máis ledizosos nunha famila fose a primeira comunión dunha crianza, sobre todo se era a primoxénita. E se a madriña da crianza era a súa tía ? avoa, pois como que á tal madriña se lle enchía o peito de orgullo porque, ademais da crianza, da nai e do pai, ela era a protagonista.
Miña tía ? avoa Luscinda para min era un mito e sígueo sendo: alta e forte, boa moza, sempre disposta a axudar á veciñanza, facía unhas filloas de sangue pola matanza que rezumaban xarope. Era unha mestra regando o millo, vixiando os regos da auga e as ?atolas?, nas que a auga tiña que parar, para que o pé da pranta quedase saciado naquelas tardes agostadas... E carreando os feixes de herba sobre a cabeza, sen que nin unha muxica se movese máis ca outra!
Xosé Luis, o meu irmán máis vello, miúdo e tímido, cun xenio vivo e un inxenio sen límites, retranqueiro e simpático, desconfiado pero xeneroso, era daquela o segundo home da casa. Ou o terceiro, pois o avó Antonio era a primeira institución. Nesta foto, vestido de mariñeiro, sentíase seguro a carón da tía Luscinda... Coma min. E contento por ser o centro de todas miradas.
Nin ela nin el están xa aquí, pero hai moitas cousas que hoxe sei porque el e ela mas ensinaron. Quizais a mellor herdanza que se nos pode deixar sexa a disposición a axudar a quen nos rodea. A min deixáronma. Mágoa que ás veces non lle faga moito caso!


Concha L. F.
Foto de 1961
Comentarios (0) - Categoría: A Nosa Historia Facémola Nós - Publicado o 05-02-2010 19:14
# Ligazón permanente a este artigo
EMIGRACIÓN A VENEZUELA


Esta foto foi sacada no ano 1965, os meus avós tiveron que emigrar a Venezuela porque aquí había pouco traballo. Nesta foto vense aos meus avós xunto a un grupo de amigos, celebrando unha comida o día da festa do seu pobo, aínda que todos tiñan morriña da súa terra non se esquecían de celebrar os días máis sinalados para eles. Todas as persoas que aparecen na foto son galegos, persoas que naqueles anos tiveron que abandonar Galicia en busca dun traballo e novas oportunidades.
Case todas as persoas retornaron á súa Galicia querida, logo de traballar moitos anos lonxe da súa terra.


Marcos García Otero 5º EP
Comentarios (0) - Categoría: A Nosa Historia Facémola Nós - Publicado o 02-02-2010 16:01
# Ligazón permanente a este artigo
[1] 2
© by Abertal












O contido desta páxina precisa unha versión máis recente de Adobe Flash Player.


Obter Adobe Flash Player






Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0