Este precioso mural sobre a figura do apalpador e o consumo responsável foi feito na escola pública San Xoán de Filgueiras (Ferrol) com a participaçom do todo o alunado.
Está aberto o prazo para entregar as fotos e textos do noso concurso de fotografía antiga. Recordade que se valorarán aquelas fotos antigas que teñan que ver coa nosa propia maneira de vivir. Como novidade desta convocatoria, poden tamén participar os antigos/as alumnos/as, na categoría de adultos/as. Tamén poderán facelo os antigos/as profes.
Tedes de prazo ata o día 12 de febreiro para entregalas, ben por correo electrónico, ben no centro.
Aproveitade entón o Nadal para remexer e preguntar nas vosas casas, porque o máis interesante deste traballo é investigar e coñecer dos máis vellos/as historias e vidas que se cadra nin imaxinabamos.
Contesta correctamente a seguinte cuestión: cal é o xogador con máis goles da liga española?
a) Cristiano Ronaldo.
b) Lionell Messi.
c) Unha muller.
Para todos/as aqueles/as aos/ás que a opción C vos pareceu de despiste... mala sorte: pois si, é unha muller, e é galega. Naceu en Compostela o 9 de abril do 1987. Falamos de Verónica Boquete, unha xogadora que, coma todas/os, comezou a marcar os seus primeiros goles nun patio de escola. Hoxe, no 2011, foi nomeada mellor xogadora do mundo e vai visitar o CPI Terras de Maside. Pero se este recoñecemento xa de por si soa difícil de acadar, máis o é para unha muller.
Pódovos contar que a coñecín no colexio. Eramos poucas as que queriamos xogar ao fútbol, as que tiñamos cromos nas nosas carpetas do cole, e ir mercalos a un quiosco xa era toda unha aventura. ?Son para teu irmán?? ?Non, son para min, señor!?.
As nosas actividades extraescolares eran o baile, só para nenas, e para os nenos o fútbol. Custa entender por que non podes xogar ao que che gusta e máis cando o argumento de ?gran peso? é: ?É que es muller. As nenas non xogan ao fútbol: é cousa de homes. Ou es un marimacho??
Verónica, e moitas outras que hoxe non teñen o recoñecemento que merecen, seguiron dándolle patadas ao balón, chegando cos vestidos emporcados (menudos desgustos levaba mamá) e soñando que mañá non terían que suplicar poder participar nun partidiño de patio; ou, no caso de poder facelo, soñando que non parecerían tolas correndo sen rumbo, xa que eran poucas as veces que recibías un balón.
Soñando, soñando, os soños cúmprense. Comezamos con liguiñas femininas de fútbol sala, Verónica debutou no ?Funeraria Apóstol? e anos máis tarde xurdiron os equipos femininos de fútbol. Durante cinco tempadas, Vero xogou no Xuventude Aguiño de Ribeira (A Coruña), pero o seu gran debut foi no 2008 co Real Club Deportivo Español, na primeira división, conseguindo na tempada 2010/11 39 goles en 26 encontros. Poi si, a opción C cobra sentido.
Pero non todo o conto é perfecto e a emigración aparece. Que por que? Pois porque en España as xogadoras non teñen a categoría de profesionais e moitas, a pesar de xogar en primeira división, non cobran ou acadan un soldo mileurista. Que canto son mil euros? Pois o que gaña un xogador varón nun segundo, se xogas ou estás no banquiño de primeira, ou ao mes se xogas nunha categoría de terceira. Homes e mulleres en igualdade?
Vero continúa co seu soño tras moitos esforzos e horas de entrenamento, vivindo ao día e enfrontándose diariamente coa lacra sexista. Finalmente, co seu xogo, goles e asistencias consegue recalar na mellor liga do mundo, nos EE.UU, onde consegue o máximo recoñecemento como mellor xogadora do mundo e que a identifiquen como ?O Efecto Boquete?, pola súa rapidez e gran resolución na área rival. Por algo a definen como perigosa. ?Cun balón nos pés, sempre vai pasar algo máxico?, din os seus adestradores.
Actualmente é a capitá da selección española, que, por certo, tamén é campioa de Europa.
As cousas mudan, pode que lentamente. Queda moito por facer e moitas bocas que calar pero se o teu soño, como o de Verónica Boquete, é xogar, ségueo con forza, porque a túa actitude contribúe a cambiar as cousas. A xogar! O deporte non pode ter sexo. Así que non descartemos as opcións C.
Por certo, alguén sabe como celebra os goles a nosa xogadora? Teredes que preguntarllo ou buscalo pola rede.