MÓLLATE COA LINGUA


Cantas cousas podes facer coa túa lingua? Seguro que máis das que pensas.
Móllate coa lingua é o blog do Equipo de Normalización e Dinamización Lingüísticas do CPI Terras de Maside (Maside, Ourense).

Quen somos?
mollatecoalingua@gmail.com
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

A ROMARÍA DE SANTA ISABEL

7 de xullo de 1967. Romaría de Santa Isabel en Liñares, que pertence ao concello de Beariz.

Así festexaban os mozos que viñan de vacacións nos veráns e esta é parte da familia do meu avó.

Do lado esquerdo está a irmá máis nova do meu avó. Chámase coma miña nai, María Teresa, e hoxe en día eu e os meus irmáns chamámoslle avoa Chimuela.

Detrás dela, unha prima que se chama Julita e o terceiro é o meu avó, Avelino Santiago Ogando Valdés.

O que está coa camiseta branca chámase Francisco. É o irmao menor do avó. Hoxe en día eu e os meus irmáns chamámoslle avó Paco.

O que toca a gaita é sete meses máis pequeño que o meu avó. Por un peliño nacen xuntos. Chámase Eliseo.

Conta meu avó que en México formaron o grupo de gaiteiros no centro Galego de México. Meu tío avó que toca a gaita, daquela érache o gaiteiro nas festas de México. O da camiseta branca tocaba o bombo. Os demais irmáns que non están na fotografía tocaban a pandeireta e o tamboril.
É que cando aquí se celebran as festas, alá en México tamén se fai.

O meu avó non tocaba ningún instrumento. El dedicouse ao baile galego. De feito ten o seu traxe tradicional galego co que bailaba nas festas. El quixera que algúns dos seus netos ou bisnetos bailasen coma el e que puideran herdar o seu traxe. Aquí na foto non ten o traxe posto, pois como viña de vacacións non lle cabía na maleta.

Os outros do lado dereito son tamén primos do meu avó. O que apenas levanta as mans, hoxe en día é médico de cabeceira e ten por alcume o Madrid e a prima chámase Angelita.

Gustoume compartir esta foto con todos vostedes e que viran como se divertían os emigrantes que daquelas viñan de vacacións de verán a Galicia, pois esta é parte da miña familia por parte de miña nai.

Lucía Rodríguez Ogando
Comentarios (0) - Categoría: A Nosa Historia Facémola Nós - Publicado o 03-03-2011 23:31
# Ligazón permanente a este artigo
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal












O contido desta páxina precisa unha versión máis recente de Adobe Flash Player.


Obter Adobe Flash Player






Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0