MÓLLATE COA LINGUA


Cantas cousas podes facer coa túa lingua? Seguro que máis das que pensas.
Móllate coa lingua é o blog do Equipo de Normalización e Dinamización Lingüísticas do CPI Terras de Maside (Maside, Ourense).

Quen somos?
mollatecoalingua@gmail.com
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

AQUELES MARABILLOSOS ANOS

Parece que foi onte, pero xa pasaron algúns anos.

Por aquelas datas, a educación non era mixta; había centros masculinos e femininos.
Ás que eramos de lugares un pouco afastados non nos quedaba outra alternativa que estar internas. Iamos á casa nas vacacións e os domingos pola tarde sacábannos de paseo, sempre e cando ó longo da semana non houbera ningún castigo; ademais de ir á misa todos os días e rezar o rosario.
Aproveitabamos calquera cousa para romper a rutina: meternos nalgún coro (aínda que a voz non fora prodixiosa) e se tiñamos a sorte de facer algunha viaxe xa era algo máxico.

No ano 1973 as Franciscanas de Ourense e o colexio Menor, despois de moitos ensaios, fomos participar nun festival a Soria. Lembro que os mozos (entre eles Veloso, que aparece na foto) tiñan máis liberdade para saír que as mozas, aínda así paseino moi ben e voltei con moita tristura por atoparme de novo coa realidade.


Loli Casares Prieto.
Comentarios (0) - Categoría: A Nosa Historia Facémola Nós - Publicado o 02-03-2010 19:09
# Ligazón permanente a este artigo
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal












O contido desta páxina precisa unha versión máis recente de Adobe Flash Player.


Obter Adobe Flash Player






Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0