 Esta foto represénta unha xuntanza da familia que celebrábase o día de San Pedro, festa patronal do pobo, na cal reuníanse a comer os familiares.
Nesta foto o meu familiar é a moza que está sentada diante de todo, ela era a miña bisavoa Benita a cal eu coñecín. Os outros membros da foto tamén me son familiares, xa que son os seus tíos e os seus pais, e dicir, os meu tataravós.
A miña bisavoa Benita tivo varios negocios: primeiro tivo un forno xunto co meu bisavó Alfredo e un café. Despois venderon o forno e puxo unha tenda, a típica tenda de pobo na cal había un pouco de todo, e seguiron tamén co café.
Anos, pero moitos anos máis tarde cando xa nacera a miña nai o café vendérono, pero ela ainda seguiu mantendo a tenda ata que se xubilou.
Esta foto data de 1933-1934.
María Álvarez 6º EP
|