MÓLLATE COA LINGUA


Cantas cousas podes facer coa túa lingua? Seguro que máis das que pensas.
Móllate coa lingua é o blog do Equipo de Normalización e Dinamización Lingüísticas do CPI Terras de Maside (Maside, Ourense).

Quen somos?
mollatecoalingua@gmail.com
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

CONSTANTINO NOGUEIRA FERRADAS

Nesta imaxe está o meu tío bisavó Constantino Nogueira Ferradas. Era o segundo fillo de oito e o primeiro varón.

Cando el tiña dezaoito anos estalou a Guerra Civil Española. Coma moitos mozos galegos daquela época, fíxose falanxista e quería ir á guerra de voluntario. A súa familia disuadiuno pero finalmente foi xa que o chamaron pola quinta do 38 con vinte anos.

Estando na guerra mandoulle esta foto á súa familia, no reverso podemos ler: ?A mis queridos padres y hermanitos les dedico esta foto en lo mucho que los quiere este su hijo Constantino N?

O 27 de Janeiro de 1939 tivo lugar unha batalla na provincia de Badaxoz na que Constantino faleceu aos 21 anos de idade. Como única comunicación recibiron unha carta informando da baixa. Á dor da perda foi maior polo feito de non saber nada do corpo ata moito máis tarde, cando uns compañeiros de batalla lle contaron á familia que os enterraran a todos nunha gabia no cemiterio de Valtequilla, provincia de Badaxoz.

Lemos no recorte de periódico: Constantino ?entregó su vida por Dios y por la Patria?, pero aínda hoxe os irmáns que quedan vivos non atopan consolo nestas palabras, porque as guerras nunca teñen razón.


Rubén G. Roo (4º Primaria)
Comentarios (0) - Categoría: A Nosa Historia Facémola Nós - Publicado o 02-03-2010 12:07
# Ligazón permanente a este artigo
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal












O contido desta páxina precisa unha versión máis recente de Adobe Flash Player.


Obter Adobe Flash Player






Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0