MÓLLATE COA LINGUA


Cantas cousas podes facer coa túa lingua? Seguro que máis das que pensas.
Móllate coa lingua é o blog do Equipo de Normalización e Dinamización Lingüísticas do CPI Terras de Maside (Maside, Ourense).

Quen somos?
mollatecoalingua@gmail.com
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

MULLERES VALENTES
Esta foto representa a difícil e valorosa situación dunha muller de vinte e tres anos que hai corenta se enfrontou a unha sociedade que sinalaba as solteiras que tiñan fillos e as marcaba con discriminación chamándolles ás nais ?desgraciadas?, ?deshonradas?, e aos seus fillos ?ilexítimos? ou da ?Inclusa?, xa que moitas veces eran abandonados en casas para orfos.

Aínda así, esta nai coraxe decidiu levar adiante o seu embarazo e facerse cargo da criatura ao tempo que algúns meses despois esperaba outro fillo dun home que a aceptou coas súas circunstancias e casou con ela.

A sorte doutras mulleres que se vían no mesmo caso foi emigrar a países de América ou Europa e alí afastarse dos rumores que as convertían nunhas indesexadas na súa propia terra, traballando arreo para voltar cuns cartiños e, ás veces cun marido, despois de facer as ?Américas?.

Así transcorría a vida e o sentir das persoas nunha etapa da historia na que estar fóra das normas pode custarche moi caro.


María Cruz Pereira Iglesias (mestra)

Comentarios (2) - Categoría: A Nosa Historia Facémola Nós - Publicado o 25-02-2010 12:03
# Ligazón permanente a este artigo
2 Comentario(s)
1 Sinceramente, cada vez gústame máis esta iniciativa pois descubro nela mil historias que me sorprenden. Parabéns para este#blgtk08# grupo de persoas que a botaron a andar e que ás que colaboran para mantela viva.
Bicos varios. A quen corresponda.
Comentario por A nena do paraugas (25-02-2010 21:19)
2 Efectivamente, hai aquí algun#blgtk08#has historias ben fermosas.
Comentario por Zulú (26-02-2010 11:49)
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal












O contido desta páxina precisa unha versión máis recente de Adobe Flash Player.


Obter Adobe Flash Player






Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0