MÓLLATE COA LINGUA


Cantas cousas podes facer coa túa lingua? Seguro que máis das que pensas.
Móllate coa lingua é o blog do Equipo de Normalización e Dinamización Lingüísticas do CPI Terras de Maside (Maside, Ourense).

Quen somos?
mollatecoalingua@gmail.com
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

MULLERES MODERNAS
Esta fotografía en branco e negro, feita hai uns cincuenta anos, móstranos a dúas mozas daquel tempo que, loitando contra os estereotipos sexistas do momento, no que as mulleres non debían fumar nin manexar coches ou motos, se deixaban ver pola aldea increpando a xente de crenzas máis tradicionais.

Diante da Casa da Escola dunha aldea de Coles, dispúxose a moza en cabeceira a conducir unha ?Lambreta?, mentres a outra amiga ou paquete a acompañaba e, subida na moto, compartía con ela un cigarro dos de entón chamados de ?picadura? ou ?cuarterón? e que se facían á man cun papel chamado ?librito?.

Tamén se podían comprar os cigarros xa elaborados (?Celtas Cortos?, ?Ideales?, ?Peninsulares? e ?Chester?, entre outros) que se vendían na tenda do pai da moza condutora.


Grazas a esta
tenda, única abastecedora de alimentos e produtos en 10 quilómetros á redonda, a riqueza económica do propietario e da filla ascendía e permitía a esta última disfrutar dunha vida diferente á das demais mulleres da súa época.

María Cruz Pereira Iglesias (mestra)
Comentarios (1) - Categoría: A Nosa Historia Facémola Nós - Publicado o 24-02-2010 17:56
# Ligazón permanente a este artigo
1 Comentario(s)
1 O tabaco non é bo amigo. Seino por experiencia. Pero aplaudo que estas mozas desafiasen aos tempos nos que viviron, con axu#blgtk08#da ou non da súa posición social. Supoño que era todo un desafío para unha muller, amosarse así en sociedade da posguerra.
Comentario por A nena do paraugas (25-02-2010 21:23)
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal












O contido desta páxina precisa unha versión máis recente de Adobe Flash Player.


Obter Adobe Flash Player






Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0