MÓLLATE COA LINGUA


Cantas cousas podes facer coa túa lingua? Seguro que máis das que pensas.
Móllate coa lingua é o blog do Equipo de Normalización e Dinamización Lingüísticas do CPI Terras de Maside (Maside, Ourense).

Quen somos?
mollatecoalingua@gmail.com
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

CONCURSO ?A NOSA HISTORIA FACÉMOLA NÓS?
A idea é rescatar dos caixóns e dos vellos álbums familiares fotos que teñan unha historia detrás, que moitas veces non é coñecida pola xente máis nova da familia. Desta maneira trátase de que os alumnos teñan un achegamento a xentes e a sucesos que ocorreron hai tempo e que no seu momento foron importantes. Tamén se busca que se produza un acercamento entre as vellas e novas xeracións a través de imaxes de persoas que foron mozos e mozas, que traballaron, que se namoraron, que choraron, que riron e fixeron festas, que emigraron, que casaron e tiveron fillos, repartiron herdanzas, fixeron unha casa...

Exactamente igual ca hoxe pero hai uns anos.


BASES


1.- Poderá participar calquera membro da comunidade escolar: alumnado, familias, profesorado e persoal non docente.
2.- Haberá dúas categorías: adultos e alumnado. Dentro da categoría do alumnado establécense as seguintes subcategorías: infantil, 1º, 2º e 3º ciclo de primaria, 1º e 2º ciclo de secundaria.
3.- Os traballos, en soporte informático (*), consistirán nunha fotografía acompañada dun texto en galego (que non exceda de 200 palabras) explicando a historia da foto ou das persoas que aparecen nela, agás en Infantil, onde o profesorado deste nivel decidirá como se presentan. Valoraranse especialmente aquelas fotografías nas que as mulleres sexan as protagonistas.
4.- Cada concursante poderá presentar varios traballos.
5.-Os traballos iranse publicando no blogue do Departamento de Normalización www.blogoteca.com/mollatecoalingua e os mellores na revista do Centro. Farase tamén unha exposición no Colexio.
6.- O prazo iniciase o 1 de decembro de 2009 e remata o 1 de marzo de 2010.
7.- Os traballos gañadores coñeceranse o 26 de marzo de 2010.
8.- A participación no concurso implica a aceptación destas bases.



(*) O Departamento de Normalización comprométese a escanear as fotos a aqueles concursantes que non poidan facelo na casa, devolvendo a fotografía no mínimo prazo posible. Tamén se compromete á corrección ortográfica dos textos.
Comentarios (1) - Categoría: A Nosa Historia Facémola Nós - Publicado o 14-11-2009 19:26
# Ligazón permanente a este artigo
1 Comentario(s)
1 Animádevos! Merece a penar furgar na nosa historia. Atópanse cousas moi interesantes e resulta divertido poñerlle cara ás persoas das que as avoas e avós nos falan a diario, aínda que#blgtk08# moitas veces pensemos son son "contos de vellas". Ademais, para poder entender o presente e construír o futuro, é necesario ter moi a man o pasado. En serio.

Saudiños.
Comentario por A nena do paraugas (30-12-2009 06:59)
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal












O contido desta páxina precisa unha versión máis recente de Adobe Flash Player.


Obter Adobe Flash Player






Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0