MÓLLATE COA LINGUA


Cantas cousas podes facer coa túa lingua? Seguro que máis das que pensas.
Móllate coa lingua é o blog do Equipo de Normalización e Dinamización Lingüísticas do CPI Terras de Maside (Maside, Ourense).

Quen somos?
mollatecoalingua@gmail.com
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

Pequenas certezas
A vida non se detén. Cando cremos alcanzala, convértese en pasado e escorrega
xogando entre as nosas mans coma un vento fresco que nos é imposible asir, atrapar,
deter. Pensamos que podemos convertela en recordos, eses que din, acompañarannos
sempre. Pero a memoria é tan fráxil. Así que inventamos máquinas sofisticadas para
poder alomenos, conxelala un instante: fotografámola.

E é que, necesitamos evidencias físicas que nos mostren que algunha vez fomos felices,
que algunha vez andamos en bicicleta sen mans, que algunha vez fomos bicados baixo
a chuvia. Unha proba que nos axude a nos recoñecer en todas esas persoas que fomos.
Que non nos permitan esquecer todos aqueles que amamos. E odiamos. Que nos
dean esa pequena certeza de que non todo foi un soño.

Pequenas certezas é unha viaxe, unha escala necesaria para seguir andando, un esforzo para moverse e non quedar varado ante o baleiro, ante non atoparnos a nós mesmos. Olga dío ben: ?O corpo humano ten a capacidade -por natureza- de cubrir as súas funcións vitais aínda cando algúns dos seus órganos foran extirpados. Comprendes? Dalgún xeito o organismo enténdese, comunícase ou eu que sei, e se a vesícula, ou un ril, ou un ovario, ou as anxinas que é o máis común, fan falta, o impresionante deseño do noso sistema reaxústase e fai que os demais órganos asuman as súas funcións.
O que fai que por fóra un poida seguir camiñando por aí sen que ninguén note o
deterioro. Que marabilla, non? Aínda que claro, se che rompen o corazón, non hai quen
o substitúa e ademais nótaseche moito?.

Hai dez anos, Pequenas certezas foi ganadora do Premio Internacional María Teresa León 2004 para Autoras Dramáticas outorgado pola SGAE en España. Desde entón esta obra fixo as súas propias maletas e viaxou por moitos países, pero non é ata hoxe que pisa os palcos galegos grazas á mirada de Ánxeles Cuña Bóveda e ao empeño e entusiasmo de Sarabela Teatro.

A esta obra dirixida por Ánxeles Cuña Bóveda, Pequenas certezas, de Bárbara Colio asistiremos o día 2 de decembro.

Aquí tedes dous vídeos e se premedes aquí, poderedes acceder ao seu dossier.




PEQUENAS CERTEZAS from fina calleja on Vimeo.

Comentarios (0) - Categoría: Eventos - Publicado o 25-11-2014 16:06
# Ligazón permanente a este artigo
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal












O contido desta páxina precisa unha versión máis recente de Adobe Flash Player.


Obter Adobe Flash Player






Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0