MÓLLATE COA LINGUA


Cantas cousas podes facer coa túa lingua? Seguro que máis das que pensas.
Móllate coa lingua é o blog do Equipo de Normalización e Dinamización Lingüísticas do CPI Terras de Maside (Maside, Ourense).

Quen somos?
mollatecoalingua@gmail.com
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

A pita da tía Socorro




A tía Socorro veu vivir con nós cando enfermou, xa bastante vella. Tiña na casa un gato do que se fixo cargo a veciña e tres galiñas que decidiu matar ?para facer caldos?, pero unha delas estaba enferma e tivo que indultala (ou tirala, pero esa posibilidade nin lle pasou pola cabeza).

Sen querelo, aquela pita foi o vínculo que a mantivo unida á súa casa. A galiña sandou e a tía preguntaba a diario por ela: se poñía, se comía, se tería auga, se estaría ben arranxado o poñedeiro...
Por tempadas deixou de poñer, pero nós asegurábamoslle que estaba gorda e lustrosa e que non había día que non atopáramos un ovo. Ela marabillábase co boa que saíra.

Foi perdendo a cabeza, pero da pita non se esqueceu; ata deu en pensar que seguían vivas e poñendo as tres ?se xuntades algúns ovos mandádellos á Elvira?, unha prima.

Cando morreu a tía acordamos manter viva aquela galiña que fora tema de conversación e ansia durante todos os días daqueles dous anos e medio (e porque aínda poñía). Sobreviviuna sete meses.

A tardiña que a atopamos morta no poñedeiro disgustámonos e esa noite pechouse definitivamente a casa.

Cándido Fernández Domínguez
Comentarios (3) - Categoría: A Nosa Historia Facémola Nós - Publicado o 22-02-2012 18:08
# Ligazón permanente a este artigo
3 Comentario(s)
1 Fermosa historia e fermoso blog. Traballo a diario con persoas maiores e#blgtk08# paréceme que tedes unha sensibilidade especial para con elas. Parabéns!
Comentario por Ara (22-02-2012 22:10)
2 Canto pode dar de si unha pita nas túas mans, meu curmán!
E por que non teño eu moi clara a lembranza da tía Socorro? Véxoa así, medio#blgtk08# difuminada...

En fin, que che quedou redondiño. Parabéns!

E grazas a ti, Bea. Manter isto dá moito traballo...
Comentario por A nena do paraugas (27-02-2012 06:53)
3 se a pita é boa dá para moito... moitos caldos, moita conversa, moita liter#blgtk08#atura. Xa se sabe, se a materia prima é boa o resultado vai ser sempre bo.
Comentario por Cándido (27-02-2012 18:10)
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal












O contido desta páxina precisa unha versión máis recente de Adobe Flash Player.


Obter Adobe Flash Player






Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0