MÓLLATE COA LINGUA


Cantas cousas podes facer coa túa lingua? Seguro que máis das que pensas.
Móllate coa lingua é o blog do Equipo de Normalización e Dinamización Lingüísticas do CPI Terras de Maside (Maside, Ourense).

Quen somos?
mollatecoalingua@gmail.com
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

Para non perder a memoria

Era moi alto. Ou a min parecíamo. Non era precisamente guapo. Nin fraco. Tiña o pelo escuro, crecho e espeso e un bigote moi negro. A súa fronte era ampla e despexada e por enriba das orellas asomaban timidamente os sinais brancos que vai deixando a madurez. Os seus ollos eran pequenos, escuros e profundos, uns ollos deses que semellan mirar sempre máis alá do que a realidade amosa. Tiña as mans gordechas, con dedos curtos e algo torpes.
Cada día chegaba ao meu refuxio, montado nunha flamante Vespa que deixaba arrimada á parede da casa do avó Antonio e, logo de xirar unha enorme chave na pechadura daquela pesada porta de madeira, dispoñía todo o necesario para que as imaxes roubadas á vida quedasen para sempre impresas no papel da memoria.
Aquel cuarto de revelado era un sitio tosco, cos muros de pedra, sen adornos, sito no baixo da casa da señora Vicenta, xusto debaixo da cociña. Era un lugar frío e escuro, cheo de cousas que non lembro para que servían. Ao pé da casa había un rego polo que corría a auga da poza do Freixo. El colocara nel unha tella redonda e moitas veces lavaba alí cousas e poñía unhas cuncas nas que recollía auga que logo levaba para aquel estraño cuarto.
Di a mamá que eu sempre fun unha nena moi curiosa e amigable, así que o señor Ramón tíñame por alí fedellando a diario e, como me deixaba, facíame fotos, supoño que para practicar. Conservo algunhas daqueles primeiros anos 60, dos que non lembro se sabía falar ou non. Nunca ninguén me dixo que eu fose de moitas palabras. Pero tanto ten.
O señor Ramón deixoume unha boa herdanza: imaxes da miña nenez impresas en papel. Para non perder a memoria?
Concha L.F.
Comentarios (2) - Categoría: A Nosa Historia Facémola Nós - Publicado o 15-02-2012 20:53
# Ligazón permanente a este artigo
2 Comentario(s)
1 xa me esquecera#blgtk08# desta imaxe!!
Comentario por Cándido (17-02-2012 12:57)
2 Pois por iso a mandei, para mirar a ver se te lembrabas e porque é unha desas que manguei na caixa #blgtk08#de madeira na que a mamá ten as fotos... Se sabe que ando remexendo nelas e que as teño eu, mátame!
Comentario por A nena do paraugas (27-02-2012 07:00)
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal












O contido desta páxina precisa unha versión máis recente de Adobe Flash Player.


Obter Adobe Flash Player






Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0