MÓLLATE COA LINGUA


Cantas cousas podes facer coa túa lingua? Seguro que máis das que pensas.
Móllate coa lingua é o blog do Equipo de Normalización e Dinamización Lingüísticas do CPI Terras de Maside (Maside, Ourense).

Quen somos?
mollatecoalingua@gmail.com
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

OS "GUATEQUES"



Calquera motivo era bo para xuntarse: unha festa, unha merenda, un baile e como non un ?guateque?. Que non era máis ca unha reunión dunha panda de amigos nunha casa, baixo, garaxe... calquera lugar que un deles puidera facilitar para xuntarse a bailar, comer e sobre todo divertirse e pasalo ben.

Ás veces a música era coma neste caso un concerto ?caseiro?, xa que os compoñentes eran afeccionados.

Nesta foto podemos ver o meu avó Alfredo, o cantante do grupo, que polas caras de ledicia das mozas non o debía facer moi mal.


MAURO ALVAREZ VAZQUEZ ? 4º ESO


Comentarios (0) - Categoría: A Nosa Historia Facémola Nós - Publicado o 13-02-2011 20:32
# Ligazón permanente a este artigo
VODA EN VENEZUELA

Nesta foto aparecen o meu avó e a miña avoa na voda dunhas amizades. A foto data do ano 1945 e está tomada en Venezuela, país a onde emigraran.
A voda era dunha amiga canaria da miña avoa, que casou cun italiano que coñecera alá, en Venezuela.

O meu avó e a miña avoa apadriñáronos, pois a que ía ser a madriña non puido selo porque levaba un vestido con moito escote, segundo dixo o cura.

As vodas alá non tiñan nada que ver coas de aquí, pois eran máis sinxelas e adoitaban celebrarse ao aire libre.

Marcos García Otero
6º Educación Primaria
Comentarios (0) - Categoría: A Nosa Historia Facémola Nós - Publicado o 13-02-2011 20:22
# Ligazón permanente a este artigo
O BAUTIZO DA MIÑA TÍA LUPE

Esta foto foi quitada no bautizo da miña tía Lupe, que é esa pequeniña que está no colo da rapaza máis nova da foto, a miña tía avoa Tery. Ao lado delas está o meu bisavó Tomás, que ten no colo ao primo de miña nai Jose. Ao lado está a miña bisavoa Gloria que ten nos brazos a prima de miña nai, que se chama coma min Eva (eu chámome así por ella). Para rematar está a miña avoa Rosa, que ten no colo a miña nai Mari.

EVA RIVERA RODRÍGUEZ
INFANTIL 5 ANOS
Comentarios (0) - Categoría: A Nosa Historia Facémola Nós - Publicado o 13-02-2011 20:10
# Ligazón permanente a este artigo
O SERVIZO MILITAR

Esta foto é de cando meu avó foi facer o servizo militar. Naqueles tempos tiñan que marchar moi lonxe e a el tocoulle facelo en Melilla, moi lonxe da súa familia, que non lle podía axudar, xa que era o máis pequeño de oito irmáns.

Daquela tivo que apañarse e por iso, cando ingresou, pediu unha praza de condutor de camións, para poder levar unha vida máis sosegada e así gañar algo de cartos para divertirse nas horas libres e comer un pouco mellor. Seica a comida que lles daban no comedor era mala e os produtos que usaban para facela estaban caducados, como a carne que mandaban da Arxentina e outros alimentos inservibles para cociñar.

Os condutores dos camións, xunto co seu xefe superior, adicábanse a trapichear co gasóleo que usaban nos camións e así gañaban cartos, xa que iso non o controlaban moito naqueles tempos.

Nas horas libres divertíanse por aquelas terras, xa que por o lonxe que estaba da casa, non podía vir visitar a súa familia. Pasaban o tempo como podían: xogaban ás cartas, ían aos bailes, aos cafés, saían con algunha rapaza daquela vila, etc. O caso era pasar o tempo libre que tiñan dalgunha maneira.

Ás veces, cando estamos os dous xuntos, cóntame estes contos dicíndome que os tempos de antes non son como os de agora, que eles pasaron moitas miserias e que agora temos máis cousas das que necesitamos, e así non non esforzamos moito para conseguir nada nesta vida e non facemos máis que queixarnos por todo. E aínda por encima non queremos axudar na casa e queremos que todo nos veña feito.

ISMAEL RÚAS RODRÍGUEZ, 1º ESO
Comentarios (1) - Categoría: A Nosa Historia Facémola Nós - Publicado o 13-02-2011 19:59
# Ligazón permanente a este artigo
O BAILE DOS DOMINGOS






O Principal punto de encontro da xuventude alá polos primeiro anos dos ?60? era ir ao baile, que viña sendo o mesmo que a discoteca, pero no que a música era en directo, tocada por unha orquestra. Cada domingo os mozos acudían ansiosos desexando que aquela moza fermosa que lles apresara o corazón estivera alí.
Nesta foto meu avó Alfredo (o da esquerda) estaba no baile en Leiro, e ao fondo vese á orquestra ?Nuevos Ritmos? tocando, unha orquestra moi famosa naquel momento nas festas e bailes galegos.

 
 
MARÍA ÁLVAREZ VÁZQUEZ ? 1º ESO
Comentarios (2) - Categoría: A Nosa Historia Facémola Nós - Publicado o 09-02-2011 21:49
# Ligazón permanente a este artigo
A morea de leña

Hai cousas difíciles de describir. Unha delas é o sorriso que nos produce a felicidade. Outra é a ledicia da complicidade?
Rescatei isto dunha caixa de madeira que miña nai garda con moito agarimo, pois nela está gardada unha parte da súa historia e outra parte da miña. Aínda que, cando se fixo esta foto, eu tan sequera estaba en proxecto, pois o neno da foto é o meu irmán máis vello. O mozo é meu pai.
Daquela, fronte á casa do avó Antonio e a avoa Benita sempre había unha morea de leña para o forno. Xusto ao lado había unha cerdeira que daba unhas cereixas moi saborosas e grandes. Lembro que de ben pequena, no inicio do verán, gabeaba pola morea da leña para sentarme no máis alto e comer cereixas collidas directamente da árbore. E un día, esvarou un casqueiro e alá marchei ao chan, xunto coa leña! Pero volvín gabear ao día seguinte. E á semana seguinte. E ao ano seguinte? E mentres estivo alí aquela morea de leña?
Agora xa non hai nin leña, nin cerdeira? Nin pai, nin irmán. Fóronse. Pero alguén deixou testemuño daqueles momentos de ledicia que se podían vivir ao subir ao máis alto daquela morea de casqueiros.

CONCHA L. F.
Comentarios (2) - Categoría: A Nosa Historia Facémola Nós - Publicado o 07-02-2011 12:24
# Ligazón permanente a este artigo
NA ROMARÍA DE LEIRO

Esta foto é de hai uns 45 anos, na romaría de Leiro.

Antes as festas eran de día e nelas xuntábase toda a mocidade. Ían e volvían andando xuntos, contando chistes e cousas que lles sucederan na festa. Daquela comíase nas romarías; logo bailaban e divertíanse todas e todos xuntos.

Na mesa dos mozos está o meu padriño cun grupo de amigos.

Antes había máis unión entre a xente, xuntábanse para celebrar festas, as matanzas, as vendimas e a sega. Facían que o traballo fose máis divertido e levadeiro.


ANXO GONZÁLEZ VEIGA
6º Ed. PRIMARIA
Comentarios (0) - Categoría: A Nosa Historia Facémola Nós - Publicado o 29-01-2011 20:33
# Ligazón permanente a este artigo
A Exposición do curso pasado
Aquí podedes ver a exposición que se elaborou coas fotos e textos que recibimos o curso pasado.
Comentarios (1) - Categoría: A Nosa Historia Facémola Nós - Publicado o 18-01-2011 11:56
# Ligazón permanente a este artigo
A NOSA HISTORIA ...




Cando o outro día, despois de moito tempo, tiven esta foto nas mans, saíron á luz algúns recordos que tiña medio perdidos entre as brumas da memoria. Vinme outra vez aos meus oito anos, a principios dos sesenta, cando, de forma inesperada, uns amigos de miña nai nos visitaron na aldea. Emigrantes de vacacións, traían coche e tamén un máxico trebello que inmortalizaría nun papel aquel momento de encontro.

Mais non é tan só unha foto de amigos que se xuntan nunha tarde de verán, senón tamén o retrato dun tempo e dun país con permanente olor a pechado. Un país de cuartel e sancristía, de miseria e de silencio; ao que, en certa forma, a emigración aportaba un leve sopro de aire fresco. Un tempo e un país que se reflicte nas miradas: a dos meus avós, resignada e triste, aférrase ao chan de ásperas restrebas que abeira o camiño, porque cando o presente apreta o futuro non existe; a da miña nai, desesperadamente esperanzada, como non querendo darse por vencida, aínda que por veces se sentise case derrotada; e, por fin a nosa, a dos cativos, alegre, inocente e confiada, na procura dun ilusionante futuro perfecto, futuro que, pouco a pouco, se foi perdendo? no pasado.



M. V. Villanueva
Comentarios (0) - Categoría: A Nosa Historia Facémola Nós - Publicado o 12-01-2011 11:10
# Ligazón permanente a este artigo
PRESENTACIÓN DE A NOSA HISTORIA FACÉMOLA NÓS
Xa sabedes que convocamos de novo este concurso fotográfico.
Se cadra o Nadal é un bo momento para recompilar esas fotos, falar das historias que agochan...
Aquí vos deixamos unha preciosa presentación que elaborou o Cándido, tan traballador coma sempre, coas fotos do ano pasado.
Se premedes na ligazón que hai abaixo á dereita, accederedes ao documento.
É un executable que podedes gardar no voso computador para velo cando queirades.
Primeiro dádeslle a OPEN, logo a DOWLOAD ANYWAY. Logo podedes gardalo ou executalo directamente, como queirades.
Para velo, basta premer no título.
LIGAZÓN Á PRESENTACIÓN
Comentarios (2) - Categoría: A Nosa Historia Facémola Nós - Publicado o 13-12-2010 22:35
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal












O contido desta páxina precisa unha versión máis recente de Adobe Flash Player.


Obter Adobe Flash Player






Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0