MÓLLATE COA LINGUA


Cantas cousas podes facer coa túa lingua? Seguro que máis das que pensas.
Móllate coa lingua é o blog do Equipo de Normalización e Dinamización Lingüísticas do CPI Terras de Maside (Maside, Ourense).

Quen somos?
mollatecoalingua@gmail.com
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

O TÍO ISAAC





Nesta fotografía está o meu tio-bisavó Isaac cun grupo de amigos (il é o que aparece sen sombreiro). O tío Isaac era ferreiro en Maside, tivo a mala sorte de ter que ir á guerra, onde morreu.

Agora xa sabedes de onde vén o meu nome, a miña bisavóa, que era a súa irmá, sempre lle gustou ise nome e cando nacín eu, propúxollo aos meus pais, e eles  aceptaron. Por eso eu me chamo Isaac.


 
Isaac Pérez Crispín, 2º de Infantil
Comentarios (1) - Categoría: A Nosa Historia Facémola Nós - Publicado o 15-02-2011 20:26
# Ligazón permanente a este artigo
AS FESTAS DE PANXÓN



Miña nai e o seu amigo Marcos nunha festa en Panxón nos anos 70. Estaban nunha churrería duns amigos seus lavando os vasos. Tiñan máis ou menos 6 ou 7 anos.

As festas eran no verán , os nenos pasábano ben xogando ao escondite e a outras cousas. Montaban nos tiovivos e noutros aparellos. Os maiores só traballaban, aínda que outros escoitaban as orquestras mentres os seus fillos montaban nas atraccións.


Weena
Comentarios (0) - Categoría: A Nosa Historia Facémola Nós - Publicado o 14-02-2011 23:10
# Ligazón permanente a este artigo
XOGANDO COAS POMBAS


Miña nai e o meu tío Manolito na casa dun amigo do meu avó, en Gondomar. Foran pasar o día alá para xantar cuns amigos. Tiñan unhas pombas brancas na man. As pombas eran da casa e foron o mellor dos xoguetes.

Weena
Comentarios (0) - Categoría: A Nosa Historia Facémola Nós - Publicado o 14-02-2011 23:08
# Ligazón permanente a este artigo
AS MERENDOLAS

Contoume miña avoa que antes unha das maneiras de xuntarse os mozos era facendo merendas. Cada un levaba unha cousa (empanada, xamón, chourizo, larpeiradas, bebidas...) e pasaban a tarde falando e rindo á vez que merendaban.

Nesta foto atópanse meus avós, que aínda estaban de noivos, (a segunda e terceiro pola dereita) cun grupo de amigos nunha calorosa tarde do mes de xullo no ?Salgueiral?, unha zona moi bonita de Leiro.




PAULA ÁLVAREZ VÁZQUEZ ? 3º PRIMARIA

Comentarios (0) - Categoría: A Nosa Historia Facémola Nós - Publicado o 14-02-2011 22:28
# Ligazón permanente a este artigo
O ENTROIDO


Unha das miñas festas preferidas é o ?Entroido?, afección que herdei do meu avó Alfredo ao que vemos nesta foto alá polos primeiros anos dos ?60?.

É o primeiro pola dereita, disfrutando cos amigos dun entroido que era moito máis improvisado có de agora, xa que se collía do que había pola casa para disfrazarse. Aínda así, estou segura, que a emoción e a ilusión eran as mesmas que teño eu agora.



MARÍA ÁLVAREZ VÁZQUEZ ? 1º ESO

Comentarios (0) - Categoría: A Nosa Historia Facémola Nós - Publicado o 14-02-2011 22:23
# Ligazón permanente a este artigo
O TEMPO NON PASA EN BALDE

É ben certo que o tempo non pasa en balde. Cando me miro ao espello lembro as longas coletas desa nena máis pequena e regordecha da dereita (a que ten un cacho de pan nunha man e mira a cámara cunha curiosidade sen fin), ata me parece que non podo ser eu. Sigo sendo gordecha, pero teño que andar buscando a miña melena por aí adiante,pois está medio desaparecida e cando atopo algo dela? Vexo que se vai volvendo branca e sen forza!

Esta imaxe é dunha festa en Anllo, polo día de Santiago. Xente nova e crianzas, da mesma familia e da veciñanza, arredor duns bos pratos de polbo, gozando do momento e compartindo risas, bailes e viandas no campo da festa! Agora as festas xa non son así?

Hai varias persoas que aparecen aí que xa non poden comer o suculento polbo: o tío Cándido e a tía Sara. Meu pai. A Rosario e o Emilio? Pero hai outra xente que aínda seguimos a mollar o pan no aceite que vai quedando no prato.


(Hoxe saltarei a dieta).

Vaia por todas e todos! Ata polas canas, se cómpre! E pola historia que cadaquén de nós levamos nelas!

Concha L. F.
Comentarios (2) - Categoría: A Nosa Historia Facémola Nós - Publicado o 13-02-2011 21:20
# Ligazón permanente a este artigo
O BAUTIZO DE MIÑA NAI
Esta foto ten máis de trinta anos, é o bautismo da miña nai, que é o bebé que está no centro nos brazos da súa madriña.

A foto está feita en Brasil e alí estaba toda a familia do meu avó, que emigraron para ese país na época da posguerra en España.

O sacerdote da foto tamén era español e os meus bisavós, que tamén aparecen na foto, fixeron por primeira vez unha viaxe en avión para coñecer a súa neta.



FERNANDO IGLESIAS RODRÍGUEZ,
Educación Infantil (5 anos)
Comentarios (0) - Categoría: A Nosa Historia Facémola Nós - Publicado o 13-02-2011 21:09
# Ligazón permanente a este artigo
A VODA DOS MEUS AVÓS
Esta foto é do día da voda dos meus avós. É unha foto moi especial para a miña avoa, xa que nela sae o meu bisavó Manuel, que morreu dous anos despois da voda.

A miña avoa casou con quince anos na igrexa de dacón. A rapaza que leva os aneis é a miña prima terceira e chámse Teresa.

Cando a miña avoa tiña dezaseis anos naceu a miña tía Ana e aos dezaoito naceu a miña nai Clara.

As cousas non saíron ben e os meus avós divorciáronse cando a miña nai tiña dezasete anos.

Eu escollín esta foto porque me pareceu sorprendente cando a vin, porque a miña avoa casou coa miña idade. Era moi nova.

Tamén a escollín porque aparece o meu bisavó e eu non o coñecín.


AMANDA MARTÍNEZ PEÑA, 2º ESO
Comentarios (0) - Categoría: A Nosa Historia Facémola Nós - Publicado o 13-02-2011 20:58
# Ligazón permanente a este artigo
DE ENTROIDO

Nesta foto aparecen o meu tío avó Manolo, miña tía avoa Pepita, o meu avó (o do sombreiro) Fernando, a miña avoa Rosa e unhas amizades.

Estaban a celebrar o Entroido nunha sala de festas do Carballiño hoxe desaparecida, pero daquela moi famosa, ?O Reque?.

Daquela o Entroido celebrábase por todo o alto, xa que se reunían sempre para bailar e brindar con cava.



Rubén Rivera Rodríguez
6º Educación Primaria
Comentarios (0) - Categoría: A Nosa Historia Facémola Nós - Publicado o 13-02-2011 20:48
# Ligazón permanente a este artigo
AS FESTAS DO VERÁN


Unha das xuntanzas máis habituais eran as festas ou romarías que se celebraban o longo do verán onde os mozos e mozas gozaban da música, atraccións, postos de comidas, xelados, agasallos para mercar...

Nesta foto podemos ver o meu avó Alfredo (o da esquerda dos que están agachados) que tiña a mesma idade ca min e o meu tío Eduardo (o segundo pola esquerda dos que están de pé) que en compañía doutros mozos se dispoñían a disfrutar da verbena da festa do ?Carme?.

Ao fondo pódese ver a iluminación da festa, os carriños dos xelados....



MAURO ÁLVAREZ VÁZQUEZ ? 4º ESO

Comentarios (0) - Categoría: A Nosa Historia Facémola Nós - Publicado o 13-02-2011 20:40
# Ligazón permanente a este artigo
[1] ... [5] [6] [7] 8 [9] [10] [11] ... [16]
© by Abertal












O contido desta páxina precisa unha versión máis recente de Adobe Flash Player.


Obter Adobe Flash Player






Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0