MÓLLATE COA LINGUA


Cantas cousas podes facer coa túa lingua? Seguro que máis das que pensas.
Móllate coa lingua é o blog do Equipo de Normalización e Dinamización Lingüísticas do CPI Terras de Maside (Maside, Ourense).

Quen somos?
mollatecoalingua@gmail.com
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

REUNIÓN FAMILIAR

Estes son os meus bisavós e a miña avoa. Están reunidos nunha comida familiar.


Andrea Campo González (1º de Primaria)
Comentarios (0) - Categoría: A Nosa Historia Facémola Nós - Publicado o 28-02-2011 16:41
# Ligazón permanente a este artigo
NAS FESTAS DO LAGO





O meu avó Benito e miña avoa Maruja nas festas do lago coa miña tía no colo.






Brais Pérez González (1º de Primaria)
Comentarios (0) - Categoría: A Nosa Historia Facémola Nós - Publicado o 28-02-2011 16:39
# Ligazón permanente a este artigo
FOTOS INSTANTÁNEAS COA POLAROID
Aquí estamos miña nai (esquerda), miña irmá (no medio) e eu (á dereita.

Ese día miña irmá e eu xogabamos mentres miña nai estaba vendo a tele. Recordo que levei un golpe no queixo por culpa da miña irmá e miña nai enfadouse moito con ela.

Tamén recordo que outro día, xogando, volvín levar un golpe e miña nai volveuse enfadar coa miña irmá.

A foto está sacada cunha Polaroid. Unha máquina da que, despois de esperar un pouco, saían as fotos xa feitas. Non había que levalas a revelar.


Fátima Rodríguez Ogando, 1º ESO
Comentarios (0) - Categoría: A Nosa Historia Facémola Nós - Publicado o 28-02-2011 16:22
# Ligazón permanente a este artigo
A VODA DA MIÑA TÍA

Aquí estou eu no colo da miña tía Ana o día da súa voda. Á dereita están o meu tío e miña nai e á esquerda, meu pai.

Non me acordo de nada porque era moi pequena, pero miña nai contoume algo:

Eu sempre fun moi tímida e nunca me gustaron as celebracións con xente que non coñezo. Ese día andaba só coa miña nai e coas miñas tres tías (a que casaba e outras dúas) paseando por alí.
Pero, con quen máis andaba era coa miña avoa, pois cando era pequena non me separaba dela nin un minuto (e sígoo facendo agora).

Vouvos contar algo do me acordei agora mesmo: eses día bailei cos meus avós, a miña nai, meu pai, miñas tías,...
con todos bailei nunha pista negra e brillante, era precioso...


Fátima Rodríguez Ogando (1º ESO)

Comentarios (0) - Categoría: A Nosa Historia Facémola Nós - Publicado o 28-02-2011 16:20
# Ligazón permanente a este artigo
A PLANTA

Esta é a irmá do meu avó.
Está en Cenlle, ao lado do Concello no ano 1963 e
o que ten nas mans é unha planta.

Nese día houbera un rastro no que a xente se reunía para vender cousas.
A irmá do meu avó ía vender a planta e outras cousas que non se ven na imaxe.

Ao acabar o rastro, vendera moitas cousas, pero a planta non a vendeu. Outro día será!


NEREA GARCÍA VELOSO, 1º ESO
Comentarios (0) - Categoría: A Nosa Historia Facémola Nós - Publicado o 24-02-2011 20:39
# Ligazón permanente a este artigo
BANQUETE DE VODA



Esta foto foi feita despois do banquete da voda do meu avó e a miña avoa materna.

Está feita diante da casa na que se criaron meu avó e miña avoa. Na foto saen case todas as persoas que foron á voda: Manolo, Otilia, Maruja, Concha, Pepe, Raúl, José, Manolo Calexo?




Alexia Martínez García
6º E. Primaria

Comentarios (0) - Categoría: A Nosa Historia Facémola Nós - Publicado o 24-02-2011 20:32
# Ligazón permanente a este artigo
A COMUÑÓN DO TÍO XULIO



Esta foto foi sacada hai 43 anos.
Nela pódese ver a miña bisavoa Ramona, coa miña nai no colo; a miña avoa Paca e o meu tío Xulio, o día da súa comuñón.

Cando acababa a misa sacábanlle unha foto.
Viña un señor de fóra, xa que non había cámaras de fotos nas casas.

Logo ían para as casas e non había celebracións como as de hoxe en día.



MARTÍN VÁZQUEZ, 3º DE PRIMARIA
Comentarios (0) - Categoría: A Nosa Historia Facémola Nós - Publicado o 17-02-2011 21:39
# Ligazón permanente a este artigo
AS MERENDAS DOS MEUS AVÓS NOS PARQUES DA RAÑOA


Na foto están os meus avós, Toto e Lucha; o meu tío Marcos e a miña nai no colo do avó; as tías Marina e Olga e o tío Serafín coas primas.

Os veciños xuntábanse para merendar, contar historias, recordar contos e pasar a tarde xuntos.

Sería o ano 1972



BLANCA MONTES BOTANA
Comentarios (0) - Categoría: A Nosa Historia Facémola Nós - Publicado o 17-02-2011 21:35
# Ligazón permanente a este artigo
ANIVERSARIO NA MILI




Esta foto ten preto de 50 anos, é unha foto do meu avó durante o servizo militar.
O meu avó é o do centro, que está cortando o bolo. Ese día celebraba o seu aniversario.

O meu avó fixo o servizo militar na Coruña, daquela era obrigatorio facelo e duraba 16 meses.

O meu avó conta moitas historias de cando fixo a ?mili?, di que foi difícil, pero tamén di que aprendeu moitas cousas e que aínda ten bos amigos daquela época.


LAURA IGLESIAS RODRÍGUEZ, 2º PRIMARIA
Comentarios (0) - Categoría: A Nosa Historia Facémola Nós - Publicado o 17-02-2011 21:31
# Ligazón permanente a este artigo
A FESTA DE SANTA RITA

Nesta fotografía está a miña avoa Rocío bailando cunhas amigas na festa de Santa Rita da Touza, no ano 1957, cando ela tiña 16 anos (é a que ten a falda branca e a chaqueta escura).

Parece ser que na miña casa había tradición de ir comer ao campo da Santa Rita porque o meu bisavó Valentín era oriúndo da Touza.

 
Anxo Pérez Crispín  2º de Primaria
Comentarios (2) - Categoría: A Nosa Historia Facémola Nós - Publicado o 15-02-2011 20:37
# Ligazón permanente a este artigo
[1] ... [4] [5] [6] 7 [8] [9] [10] ... [16]
© by Abertal












O contido desta páxina precisa unha versión máis recente de Adobe Flash Player.


Obter Adobe Flash Player






Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0