MÓLLATE COA LINGUA


Cantas cousas podes facer coa túa lingua? Seguro que máis das que pensas.
Móllate coa lingua é o blog do Equipo de Normalización e Dinamización Lingüísticas do CPI Terras de Maside (Maside, Ourense).

Quen somos?
mollatecoalingua@gmail.com
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

Miña nai en Vigo

Nesta foto están meu tío e miña nai.
Está sacada nos anos 60, nun parque de Vigo, onde vivían e naceron.

Miña nai veuse para Barbantes despois de casar.
Eu non me acordo de nada de Barbantes porque pasei 14 anos en Cenlle e despois fun vivir para Punxín.

Miña nai contoume que as mulleres ían lavar a roupa a un taque. Ía ela soa.

Parece que as mulleres de antes traballaron moito para que as de agora poidamos vivir mellor.


Sara Fernández Pagán, 3ºPDC
Comentarios (0) - Categoría: A Nosa Historia Facémola Nós - Publicado o 13-03-2011 20:03
# Ligazón permanente a este artigo
A FAMILIA DA MIÑA AVOA


Aquí está a familia da miña avoa materna Aurora.
É a máis cativa de todos (abaixo a esquerda).

Vivían en Dacón. Aquí, reuníronse no estudio do fotógrafo vestidos de domingo para mandarlle unha foto ao irmán da miña bisavoa Xoana que se atopaba na Arxentina.

A señora máis maior é a miña tataravoa Aurora. Eu só coñezo a miña avoa Aurora e os meus tíos avós, Alfonso e Carmiña que aínda viven.

Penso que a foto data do 1950-1951.

Elsa Corral Hidalgo 2º de Primaria
Comentarios (0) - Categoría: A Nosa Historia Facémola Nós - Publicado o 04-03-2011 00:15
# Ligazón permanente a este artigo
EN MELILLA



Nesta foto está o meo avó Lauréano (o mozo marcado con unha cruz verde).

Atópase en Melilla no xardín do hospital militar, estaba facendo a mili, tiña 23 anos. Está con outros compañeiros militares mentres visitaba ao seu amigo Antonio.

Eran tempos moi duros, en España acabara a guerra civil e xa estaba Franco no poder. Pero no mundo, aínda se vivía a Segunda Guerra Mundial.

Esta foto data do 16 de abril de 1944.



David Corral Hidalgo 4º de Primaria
Comentarios (0) - Categoría: A Nosa Historia Facémola Nós - Publicado o 04-03-2011 00:11
# Ligazón permanente a este artigo
MEUS BISAVÓS

Estes son algúns dos membros da miña familia.

Meus bisavós paternos, Antonio e María cos seus fillos, Aida, Odulia, Carlos, Xoán, Manolo e Ramón, o pequeno, que é o meu avó, o pai do meu pai.

Antía Abeijón Rodríguez, 3º Primaria
Comentarios (0) - Categoría: A Nosa Historia Facémola Nós - Publicado o 03-03-2011 23:52
# Ligazón permanente a este artigo
FOTO DE ESTUDIO







A señora da fotografía é Dosinda Mosquera, a miña avoa, que ten en brazos á súa filla Mª Carmen Vázquez, a miña nai.

É unha fotografía de estudio de fai uns 41 anos.


Lucía González Vázquez
Educación Infantil 5 anos
Comentarios (0) - Categoría: A Nosa Historia Facémola Nós - Publicado o 03-03-2011 23:46
# Ligazón permanente a este artigo
A ROMARÍA DE SANTA ISABEL

7 de xullo de 1967. Romaría de Santa Isabel en Liñares, que pertence ao concello de Beariz.

Así festexaban os mozos que viñan de vacacións nos veráns e esta é parte da familia do meu avó.

Do lado esquerdo está a irmá máis nova do meu avó. Chámase coma miña nai, María Teresa, e hoxe en día eu e os meus irmáns chamámoslle avoa Chimuela.

Detrás dela, unha prima que se chama Julita e o terceiro é o meu avó, Avelino Santiago Ogando Valdés.

O que está coa camiseta branca chámase Francisco. É o irmao menor do avó. Hoxe en día eu e os meus irmáns chamámoslle avó Paco.

O que toca a gaita é sete meses máis pequeño que o meu avó. Por un peliño nacen xuntos. Chámase Eliseo.

Conta meu avó que en México formaron o grupo de gaiteiros no centro Galego de México. Meu tío avó que toca a gaita, daquela érache o gaiteiro nas festas de México. O da camiseta branca tocaba o bombo. Os demais irmáns que non están na fotografía tocaban a pandeireta e o tamboril.
É que cando aquí se celebran as festas, alá en México tamén se fai.

O meu avó non tocaba ningún instrumento. El dedicouse ao baile galego. De feito ten o seu traxe tradicional galego co que bailaba nas festas. El quixera que algúns dos seus netos ou bisnetos bailasen coma el e que puideran herdar o seu traxe. Aquí na foto non ten o traxe posto, pois como viña de vacacións non lle cabía na maleta.

Os outros do lado dereito son tamén primos do meu avó. O que apenas levanta as mans, hoxe en día é médico de cabeceira e ten por alcume o Madrid e a prima chámase Angelita.

Gustoume compartir esta foto con todos vostedes e que viran como se divertían os emigrantes que daquelas viñan de vacacións de verán a Galicia, pois esta é parte da miña familia por parte de miña nai.

Lucía Rodríguez Ogando
Comentarios (0) - Categoría: A Nosa Historia Facémola Nós - Publicado o 03-03-2011 23:31
# Ligazón permanente a este artigo
FAMILIA OU CLAN?
José Luís e Eligio eran dúas persoas doces e agarimosas, cun corazón grandísimo e a quen a vida acabou por darlles máis desgustos ca ledicias, o que tal vez os levou a unha morte prematura.

Ana María tiña determinación e, moi nova, marchou estudar a Ourense, sen máis compaña ca a súa maleta, os seus lentes e un fondo sentimento de medo a perderse entre a xente da capital, pero soubo sacarlle á vida a forza necesaria para sobrevivir sen perder o sorriso.

Concha era unha nena tímida, mimosa e conquistadora pero que, pola calada facía as trasnadas máis inverosímiles, coma botarlle deterxente ás plantas para que medrasen ou sentar no peitoril dunha fiestra da planta alta da casa, cos pés colgando para fóra.

Cándido era o cómplice perfecto para as trasnadas de Concha, aínda que as máis das veces andasen a cotenadas. Hoxe en día conservan aquel toque de complicidade para ir levando o día a día.

Ricardo era un neno inconformista e rebelde, pero cunha dozura e unha retranca desas que dan que pensar e fan rir a gargalladas.

Antonio buscou o camiño da entrega desinteresada cara as minorías máis desfavorecidas de África e hoxe vaga por Zambia, aprendendo a vivir e vivindo dunha maneira sinxela, pero moi enriquecedora.

Lourdes pérdese polos recantos da nosa nenez, co seu longo pelo louro enchendo co seu recendo a airexa das mañás e das tardiñas dos sábados e dos domingos.

Eramos felices. Máis ca familia, formabamos un clan, no que as crianzas máis vellas coidaban das máis novas, aínda que as máis das veces andásemos a liortas. Seguimos sendo felices. Supoño.


CONCHA L.F
.
Comentarios (0) - Categoría: A Nosa Historia Facémola Nós - Publicado o 02-03-2011 21:50
# Ligazón permanente a este artigo
A MATANZA DO PORCO

Cando meus avós enchían os chourizos na mata do porco aló polo ano 1976
(Na casa dos Bisavós en Allariz)
 
           
Meritxell Rodríguez Cid
         3º E. Primaria
Comentarios (0) - Categoría: A Nosa Historia Facémola Nós - Publicado o 02-03-2011 01:20
# Ligazón permanente a este artigo
VODAS NA CASA

Naqueles tempos, podíanse facer importantes relacións sociais nas grandes vodas con moitos convidados onde o viño non podía faltar (igual que agora, só que agora xa non é con viño da casa).

Antes celebrábanse moitas cerimonias en casas particulares con amplos corredores que se adornaban para a ocasión (normalmente na casa das noivas das que tamén aos seus pais lles tocaba pagar o convite e demais ?menesteres?).

As dúas mulleres maiores da foto visten de negro, cor de moda para as ocasións e tamén para algunha noiva que xa traía ?un pan debaixo do brazo?. Casarse de curto, con traxe de chaqueta ou de cores escuras era a solución para un peto que non podía pagar ?noivas de branco? nunha modista.



María Cruz Pereira Iglesias
(mestra)

Comentarios (0) - Categoría: A Nosa Historia Facémola Nós - Publicado o 28-02-2011 16:49
# Ligazón permanente a este artigo
A FESTA DE SANTA ÁGUEDA

Esta foto representa unha verdadeira reunión familiar ao completo no campo da festa denominado ?Santa Águeda? (aínda que nomeado por todos como ?Santádega?) sito no lugar de Reádegos, concello de Vilamarín, cerca dunha aldea chamada A Pena da que precisamente eu nunca entendín como se lle podía chamar así, que nome tan triste!

Esta festa celebrábase a primeira fin de semana do mes de febreiro. Nestas datas, tódolos veciños de Gustei, Cambeo, Bouzas e demais lugares limítrofes, acercábanse ao campo levando un becerro vivo para matar alí ou un xa morto e listo para cocer e disfrutar entre todos coméndoo.

Nesta foto vese en primeiro plano a miña propia familia hai máis de trinta anos. Os avós Eliseo e María Luz (sentados os dous ben xuntiños no centro da foto, el con boina e manducando) levaban ben contentos as súas dúas fillas casadas (unha a cada lado) cos seus maridos e fillos (eu son o bebé de branco que está no colo da nai tamén vestida de branco) e no chan botaban unha manta ou cobertor para comer ata fartar sen medo a que algún insecto ?aterrara de súpeto nos menús?. E ao final, todos a bailar coa orquestra.


María Cruz Pereira Iglesias
(mestra)
Comentarios (0) - Categoría: A Nosa Historia Facémola Nós - Publicado o 28-02-2011 16:46
# Ligazón permanente a este artigo
[1] ... [3] [4] [5] 6 [7] [8] [9] ... [16]
© by Abertal












O contido desta páxina precisa unha versión máis recente de Adobe Flash Player.


Obter Adobe Flash Player






Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0