MÓLLATE COA LINGUA


Cantas cousas podes facer coa túa lingua? Seguro que máis das que pensas.
Móllate coa lingua é o blog do Equipo de Normalización e Dinamización Lingüísticas do CPI Terras de Maside (Maside, Ourense).

Quen somos?
mollatecoalingua@gmail.com
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

Nomes
Soamente é unha pequeniña parte de min. Unha pequeniña parte da miña andaina polo ?CPI Terras de Maside?. Unha pequeniña parte dos nomes das moitas nenas e nenos que pasastes polas miñas mans. Unha pequeniña parte das persoas que pasan a diario e das que pasarán. Agardo poder botar aquí moito tempo, acubillada no voso agarimo e no voso respecto. E no agarimo e respecto das vosas nais e pais.
Tal vez esta foto é a que lle deu máis significación ao meu labor. Non quero que quede ninguén no tinteiro, pero quedará moita xente. Unha grande ofensa pola miña parte. Perdón. Conchita, Diego, Montse, María, ?Brechas?, Tara, Johni, Roi, Rodrigo, Eva, Rita, Jessica, Lorena, Úrsula, Iñaqui, Carmen, Rubén, Nerea, Xeila, Richard, Santi, Noelia, ? Pérdeseme a memoria entre tantos nomes.
Tamén se me perde entre os momes do profesorado? Solita, Constantino, Verdeal, Quiroga, Santi, Teresa, Ana, Pilar Bermejo (dóeme a súa memoria), Conchita Rubal? Meu querido Cándido, canto te boto de menos!
Hai tantos nomes e persoas e imaxes que temo non poder cumprir con todas elas. Como tamén temo non poder cumprir coas do presente e coas do futuro.
Vai por todas a para todas vós. E por min.
Neste momento de maletas e ilusións, de nomes imprimidos nas costas, de agarimos, axudas, soños non rematados e chaves que pechan portas, quizais sexa o mellor que podo darvos. A lembranza da vida que foi e a espernaza na vida que flúe.
Levo moito aquí adentro. Por vós e para vós . Por min. Fostes, sodes e seredes sempre unha moi importante parte da miña vida, quen estades nas costas desta foto e quen, sen estar, co voso nome no algodón na miña memoria, facedes parte da miña historia.
Concha L.F.
Comentarios (3) - Categoría: A Nosa Historia Facémola Nós - Publicado o 15-02-2012 20:32
# Ligazón permanente a este artigo
Festa do Polbo







Esta foto pertence á 2ª edición da Festa do Polbo do Carballiño. Os que aparecen na foto son os meus avós paternos: Celia e Camilo.

Candela (3º EP)

Comentarios (0) - Categoría: A Nosa Historia Facémola Nós - Publicado o 15-02-2012 20:17
# Ligazón permanente a este artigo
A NOSA HISTORIA FACÉMOLA NÓS III
Está aberto o prazo para entregar as fotos e textos do noso concurso de fotografía antiga. Recordade que se valorarán aquelas fotos antigas que teñan que ver coa nosa propia maneira de vivir. Como novidade desta convocatoria, poden tamén participar os antigos/as alumnos/as, na categoría de adultos/as. Tamén poderán facelo os antigos/as profes.
Tedes de prazo ata o día 12 de febreiro para entregalas, ben por correo electrónico, ben no centro.
Aproveitade entón o Nadal para remexer e preguntar nas vosas casas, porque o máis interesante deste traballo é investigar e coñecer dos máis vellos/as historias e vidas que se cadra nin imaxinabamos.
Comentarios (0) - Categoría: A Nosa Historia Facémola Nós - Publicado o 06-12-2011 21:49
# Ligazón permanente a este artigo
Fotos Certame 2010-2011
Aquí tedes a montaxe que pasamos no festival.
Se queredes descargala, aconsellámosvos instalar o complemento de Firefox Downloadhelper. É moi fácil.
Para coñecer as fotos premiadas, haberá que esperar a que saia a revista. Falta pouco.
Comentarios (0) - Categoría: A Nosa Historia Facémola Nós - Publicado o 10-06-2011 19:48
# Ligazón permanente a este artigo
NO BALCÓN

Nada me gustaba máis que comtemplar as vistas dende o balcón e eu correspondía ás vistas e tamén podía ser contemplado.

Javier
Comentarios (0) - Categoría: A Nosa Historia Facémola Nós - Publicado o 28-03-2011 18:01
# Ligazón permanente a este artigo
FESTAS EN MASIDE

Foto á carón do anuncio de festas de Maside. Indagando que días hai festas en Maside para ir botar un baile.


Javier
Comentarios (0) - Categoría: A Nosa Historia Facémola Nós - Publicado o 28-03-2011 17:56
# Ligazón permanente a este artigo
INVESTIGANDO

A miña curiosidade non ten límites...xa de pequeno me gustaba indagar.


Javier
Comentarios (1) - Categoría: A Nosa Historia Facémola Nós - Publicado o 28-03-2011 17:54
# Ligazón permanente a este artigo
EN SUÍZA

Celebrando o meu primeiro Nadal nun país estranxeiro.
Estou coas miñas irmás, meus pais e uns tíos.


Javier
Comentarios (0) - Categoría: A Nosa Historia Facémola Nós - Publicado o 28-03-2011 17:52
# Ligazón permanente a este artigo
AMIGOS

Naquela época estes eran os meus mellores amigos, naquel lugar onde estivemos vivindo un ano.
Un era de Córdoba, outro de Huesca, outro era vasco, tamén había un de Zaragoza o último era de Madrid, e eu de Ourense, subido enriba do ?coche? que me prestaban para andar polos montes xogando ás guerras.

Todos estabamos alí á forza. Comiamos do mesmo, vestiamos igual, deitabámonos e levantabámonos á mesma hora? etcétera. Pero quen pillara os vinte aniños que tiña daquela!! Iso e máis os meus amigos, son o que boto de menos!!

Coches. Hoxe hainos que corren máis, e aquel andaba pouco, é malo de aparcar no centro de Carballiño e consumía moito, e ó prezo que está o Gasoil!! Aínda que tería unha vantaxe, e é que a grúa municipal non mo levaría!


Cándido Rodríguez (pai dunha alumna)
Comentarios (0) - Categoría: A Nosa Historia Facémola Nós - Publicado o 14-03-2011 23:07
# Ligazón permanente a este artigo
No Ecuador

Nesta foto está a miña familia: miña nai, as miñas tías e as primas das miñas tías. Foi tomada en 1986.
Están en Guayaquil, nunha aldea que se chama o Cerrito, no Ecuador.

Por detrás vese un ?rancho" (alí chámase así a un cortello de porcos)
Ningún dos que está na foto vivían nese momento alí, xa que foran vivir á cidade. Estaban alí de visita.

Agora todas esas persoas da foto viven en Guayaquil, excepto a miña nai, que veu para Galiza fai 12 anos..

Eu pasei sete anos da miña vida vivindo en Ecuador, ata que cheguei a Ourense, onde vivín 4 anos.
Agora levo vivindo 5 anos no Lago.

Cando cheguei aquí adapteime moi ben. Eu irei ao Ecuador de visita, pero sempre vivirei en Galiza.


Andrés 3º PDC
Comentarios (0) - Categoría: A Nosa Historia Facémola Nós - Publicado o 13-03-2011 20:07
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal












O contido desta páxina precisa unha versión máis recente de Adobe Flash Player.


Obter Adobe Flash Player






Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0