MÓLLATE COA LINGUA


Cantas cousas podes facer coa túa lingua? Seguro que máis das que pensas.
Móllate coa lingua é o blog do Equipo de Normalización e Dinamización Lingüísticas do CPI Terras de Maside (Maside, Ourense).

Quen somos?
mollatecoalingua@gmail.com
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

TRABALLANDO NO CAMPO









ESTA É A MIÑA AVOA E UNHA AMIGA. ERA A PRIMEIRA FOTO QUE SACABA. TIÑA 18 ANOS. ESTABA NO CAMPO RECOLLENDO MILLO.

POUCO DESPOIS MARCHOU PARA ARXENTINA.

HUGO 3 ANOS E.E.I. DE DACÓN
Comentarios (0) - Categoría: A Nosa Historia Facémola Nós - Publicado o 15-02-2012 21:51
# Ligazón permanente a este artigo
A VODA DOS AVÓS











OS MEUS AVÓS TERESA E SINDO CASÁRONSE HAI MOITOS ANOS. A MIÑA AVOA TIÑA 17 ANOS E O MEU AVÓ TIÑA 18. AGORA SON OS QUE NOS CUIDAN.

BRAIS, 5 ANOS E.E.I. DE DACÓN.
Comentarios (0) - Categoría: A Nosa Historia Facémola Nós - Publicado o 15-02-2012 21:40
# Ligazón permanente a este artigo
O MEU TÍO










ESTE É O MEU TIO JULIO CANDO ERA PEQUENO. ESTABA SUBIDO NUN CABALIÑO DE MADEIRA PERO DEBÍA ESTAR UN POUCO ENFADADO.

BRAIS , 5 ANOS E.E.I. DE DACÓN
Comentarios (0) - Categoría: A Nosa Historia Facémola Nós - Publicado o 15-02-2012 21:37
# Ligazón permanente a este artigo
A AVOA E O CAN
ESTA É A MIÑA AVOA E GUSTÁBANLLE MOITO OS CANS.
CANDO ÍA A ALGÚN SITIO SEMPRE A ACOMPAÑABA.

SHEILA 4 ANOS. E.E.I. DE DACÓN.
Comentarios (0) - Categoría: A Nosa Historia Facémola Nós - Publicado o 15-02-2012 21:32
# Ligazón permanente a este artigo
O Papá

AQUÍ ESTÁ MEU PAI CANDO ERA PEQUENO; AÍNDA NON ANDABA BEN PERO NON LLE GUSTABA QUE O COLLERAN.

SHEILA , 4 ANOS. E.E.I. DE DACÓN
Comentarios (0) - Categoría: A Nosa Historia Facémola Nós - Publicado o 15-02-2012 21:28
# Ligazón permanente a este artigo
A miña tataravoa

Esta é a miña tataravoa, chamábase María Isaura. A súa vida foi moi dura, xa que viviu a Guerra Civil e tivo que sacar a dúas fillas adiante.
Eu aínda teño recordos dela porque morreu con cen anos, cando eu tiña nove.
Era unha muller que, a pesar da súa vida dura, sempre tiña un sorriso na cara.
Gustáballe contarme historias da súa infancia, pero como eu era pequena non lle prestaba moita atención. Prefería xogar.

Amanda Rodríguez Peña, 3º ESO
Comentarios (0) - Categoría: A Nosa Historia Facémola Nós - Publicado o 15-02-2012 21:23
# Ligazón permanente a este artigo
Miña nai nunha festa de Entroido




A rapaza que aparece na foto é a miña nai en Castro Dozón, na aldae da miña bisavoa.
Estaban a celebrar os Carnavais. Era o ano 1977.

Amanda Rodríguez Peña, 3º ESO
Comentarios (0) - Categoría: A Nosa Historia Facémola Nós - Publicado o 15-02-2012 21:17
# Ligazón permanente a este artigo
Escola en Partovia

ANTES OS NENOS E AS NENAS NON ESTABAN XUNTOS NAS ESCOLAS E ÉSTA ERA UNHA ESCOLA DE NENAS. HABÍA DE MOITAS IDADES.
AS NENAS GRANDES AXUDABAN ÁS PEQUENAS.

ANTÍA 3 ANOS E.E.I. DE DACÓN
Comentarios (6) - Categoría: A Nosa Historia Facémola Nós - Publicado o 15-02-2012 20:57
# Ligazón permanente a este artigo
Para non perder a memoria

Era moi alto. Ou a min parecíamo. Non era precisamente guapo. Nin fraco. Tiña o pelo escuro, crecho e espeso e un bigote moi negro. A súa fronte era ampla e despexada e por enriba das orellas asomaban timidamente os sinais brancos que vai deixando a madurez. Os seus ollos eran pequenos, escuros e profundos, uns ollos deses que semellan mirar sempre máis alá do que a realidade amosa. Tiña as mans gordechas, con dedos curtos e algo torpes.
Cada día chegaba ao meu refuxio, montado nunha flamante Vespa que deixaba arrimada á parede da casa do avó Antonio e, logo de xirar unha enorme chave na pechadura daquela pesada porta de madeira, dispoñía todo o necesario para que as imaxes roubadas á vida quedasen para sempre impresas no papel da memoria.
Aquel cuarto de revelado era un sitio tosco, cos muros de pedra, sen adornos, sito no baixo da casa da señora Vicenta, xusto debaixo da cociña. Era un lugar frío e escuro, cheo de cousas que non lembro para que servían. Ao pé da casa había un rego polo que corría a auga da poza do Freixo. El colocara nel unha tella redonda e moitas veces lavaba alí cousas e poñía unhas cuncas nas que recollía auga que logo levaba para aquel estraño cuarto.
Di a mamá que eu sempre fun unha nena moi curiosa e amigable, así que o señor Ramón tíñame por alí fedellando a diario e, como me deixaba, facíame fotos, supoño que para practicar. Conservo algunhas daqueles primeiros anos 60, dos que non lembro se sabía falar ou non. Nunca ninguén me dixo que eu fose de moitas palabras. Pero tanto ten.
O señor Ramón deixoume unha boa herdanza: imaxes da miña nenez impresas en papel. Para non perder a memoria?
Concha L.F.
Comentarios (2) - Categoría: A Nosa Historia Facémola Nós - Publicado o 15-02-2012 20:53
# Ligazón permanente a este artigo
TRES XERACIÓNS

NESTA FOTO HAI 3 XERACIÓNS: O MEU TATARAVÓ, BISAVOA E AVOA.
DEBÍAN DE ESTAR NALGUNHA FESTA PORQUE ESTÁN MOI ELEGANTES E COMO NON HABÍA RESTAURANTES LEVABAN A COMIDA E COMÍAN NO CAMPO.

ADRIÁN. 4 ANOS E.E.I. DE DACÓN
Comentarios (0) - Categoría: A Nosa Historia Facémola Nós - Publicado o 15-02-2012 20:45
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal












O contido desta páxina precisa unha versión máis recente de Adobe Flash Player.


Obter Adobe Flash Player






Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0