MÓLLATE COA LINGUA


Cantas cousas podes facer coa túa lingua? Seguro que máis das que pensas.
Móllate coa lingua é o blog do Equipo de Normalización e Dinamización Lingüísticas do CPI Terras de Maside (Maside, Ourense).

Quen somos?
mollatecoalingua@gmail.com
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

DAMA






NON SE SABE MOI BEN QUE PARENTESCO TIÑA COA FAMILIA, PERO POLA

VESTIMENTA ERA UNHA SEÑORA IMPORTANTE E TAMÉN ELEGANTE

E XA NON DIGAMOS O FOTÓGRAFO.

ADRIÁN, 4 ANOS. E.E.I. DE DACÓN
Comentarios (0) - Categoría: A Nosa Historia Facémola Nós - Publicado o 02-03-2012 00:41
# Ligazón permanente a este artigo
PICNIC


ESTA XENTE PARECE QUE ESTÁ NUNHA FESTA NO MONTE E COMÍAN ALÍ,

AÍNDA QUE O SITIO NON PARECÍA MOI ADECUADO.

BRAIS, 5 ANOS. E.E.I. DE DACÓN.
Comentarios (0) - Categoría: A Nosa Historia Facémola Nós - Publicado o 02-03-2012 00:36
# Ligazón permanente a este artigo
Na feira en Ourense

Nesta foto aparece meu pai cos seus amigos.
un día decidiron ir comer o polbo á feira de Ourense, xa que era a primeira vez que ían xuntos. Foi un día moi especial porque cada un contaba as súas anécdotas e falaban das mozas. Presumían de quen levaba máis mozas conquistadas. Pasaron un día moi divertido.

Jéssica, 4º ESO
Comentarios (0) - Categoría: A Nosa Historia Facémola Nós - Publicado o 01-03-2012 23:38
# Ligazón permanente a este artigo
Recordos da infancia

Esta foto está sacada sobre os anos 60 en Cea.
Nela aparecen meu pai de sete anos, chamado Celso, e a súa irmá de cinco, a miña tía Pili, nun monte da
zona.
Andaban xogando e nun momento de repouso sacáronlle a foto.

Nuria Figueiredo 4º ESO
Comentarios (0) - Categoría: A Nosa Historia Facémola Nós - Publicado o 01-03-2012 23:33
# Ligazón permanente a este artigo
A pita da tía Socorro




A tía Socorro veu vivir con nós cando enfermou, xa bastante vella. Tiña na casa un gato do que se fixo cargo a veciña e tres galiñas que decidiu matar ?para facer caldos?, pero unha delas estaba enferma e tivo que indultala (ou tirala, pero esa posibilidade nin lle pasou pola cabeza).

Sen querelo, aquela pita foi o vínculo que a mantivo unida á súa casa. A galiña sandou e a tía preguntaba a diario por ela: se poñía, se comía, se tería auga, se estaría ben arranxado o poñedeiro...
Por tempadas deixou de poñer, pero nós asegurábamoslle que estaba gorda e lustrosa e que non había día que non atopáramos un ovo. Ela marabillábase co boa que saíra.

Foi perdendo a cabeza, pero da pita non se esqueceu; ata deu en pensar que seguían vivas e poñendo as tres ?se xuntades algúns ovos mandádellos á Elvira?, unha prima.

Cando morreu a tía acordamos manter viva aquela galiña que fora tema de conversación e ansia durante todos os días daqueles dous anos e medio (e porque aínda poñía). Sobreviviuna sete meses.

A tardiña que a atopamos morta no poñedeiro disgustámonos e esa noite pechouse definitivamente a casa.

Cándido Fernández Domínguez
Comentarios (3) - Categoría: A Nosa Historia Facémola Nós - Publicado o 22-02-2012 18:08
# Ligazón permanente a este artigo
A MIÑA NAI

ESTA PEQUENA NO COLO DA SÚA MADRIÑA É A MIÑA NAI, A FOTO É DO ANO 1975, A MIÑA NAI ESTABA EN BRASIL E ESA ERA A SÚA CASA, ELIXÍN ESTA FOTO PORQUE VESE ATRÁS O 1º COCHE DO MEU AVÓ E GÚSTAME MOITO TODAS AS HISTORIAS TAN CURIOSAS QUE CONTA SOBRE AVENTURAS NESE COCHE E TAMÉN O MOITO QUE TIVO QUE TRABALLAR E AFORRAR PARA PODER CÓMPRALO PORQUE COMO DI SEN ESFORZO NON HAI NADA NESTA VIDA.


LAURA IGLESIAS RODRÍGUEZ. 3ºE.P
Comentarios (0) - Categoría: A Nosa Historia Facémola Nós - Publicado o 15-02-2012 22:17
# Ligazón permanente a este artigo
FÚTBOL

ESTE É O EQUIPO DE FUTBOL DO MEU AVÓ, ALÁ EN BRASIL POLOS ANOS 72.

EN BRASIL O FUTBOL É O DEPORTE REI COMO AQUÍ AGORA E EU ELEXÍN ESTA FOTO PORQUE ME ENCANTA O FUTBOL.

A NENIÑA QUE SE VE NA FOTO, A MÁIS PEQUENIÑA É A MIÑA NAI E A ELA TAMÉN LLE GUSTA O FUTBOL ASI QUE SEMPRE VOU CON ELA ÓS PARTIDOS E ESO GÚSTAME MOITO.


FERNANDO IGLESIAS RODRIGUEZ. 1º E.P.
Comentarios (0) - Categoría: A Nosa Historia Facémola Nós - Publicado o 15-02-2012 22:11
# Ligazón permanente a este artigo
FEIRA

A MIÑA MAMÁ ERA PEQUENA E ESTABA EN BRAZOS DA MIÑA AVOA.

ESTABAN NUNHA FEIRA. VENDÍAN MOITAS COUSAS E TAMÉN XOGUETES

PARA OS NENOS E NENAS.

SANTIAGO 5 ANOS E.E.I. DE DACÓN
Comentarios (0) - Categoría: A Nosa Historia Facémola Nós - Publicado o 15-02-2012 21:58
# Ligazón permanente a este artigo
BISAVÓ








ESTE É O MEU BISAVÓ COS SEUS FILLOS. IBAN MOI BEN VESTIDOS. O MEU BISAVÓ CON SOMBREIRO. DEBÍAN IR A UNHA FESTA.

MANUEL 4 ANOS. E.E.I. DE DACÓN
Comentarios (0) - Categoría: A Nosa Historia Facémola Nós - Publicado o 15-02-2012 21:56
# Ligazón permanente a este artigo
PAPÁ





PARECE UNHA NENA, VERDÁ?

POIS NON, É O MEU PAPÁ CANDO ERA PEQUENO. TODOS PENSABAN QUE ERA UNHA NENA. ESTABA MOI CONTENTO PORQUE LLE COMPRARAN UN GLOBO E IBA SUBIRSE AOS COLUMPIOS.

JOEL, 4 ANOS E.E.I. DE DACÓN
Comentarios (0) - Categoría: A Nosa Historia Facémola Nós - Publicado o 15-02-2012 21:54
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal












O contido desta páxina precisa unha versión máis recente de Adobe Flash Player.


Obter Adobe Flash Player






Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0