MÓLLATE COA LINGUA


Cantas cousas podes facer coa túa lingua? Seguro que máis das que pensas.
Móllate coa lingua é o blog do Equipo de Normalización e Dinamización Lingüísticas do CPI Terras de Maside (Maside, Ourense).

Quen somos?
mollatecoalingua@gmail.com
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

FELICITACIÓN

Esta foto representa a forma de felicitar a entrada do ano novo no país dos meus pais, que proceden de Marrocos. Nesta imaxe en concreto aparece a miña nai cando tiña 20 anos aproximadamente. Para felicitar as festas acudían a un estudio de fotografía ou pagaban a un fotógrafo particular nas súas casas para confeccionar a tarxeta.
A miña nai chámase Arabia e actualmente vive conmigo e co meu irmán Naufal e a miña irmá Dunia en Maside nunha casa pequena.
En Marrocos viviamos nunha cidade nunha casa moi grande onde habitaba tamén a miña avoa.
As palabras de felicitación do aninovo están en francés, que é unha das línguas empregadas neste país.


Nabila Samir Ouad. 5º EP
Comentarios (0) - Categoría: A Nosa Historia Facémola Nós - Publicado o 12-01-2010 21:51
# Ligazón permanente a este artigo
OS REGALOS DA ARXENTINA
Os dous maiores son o meu bisavó Antonio e a miña visavoa Carmen. Carmen naceu en 1915 e Antonio en 1904. Carmen morreu no ano 2005 e Antonio en 1959.
As dúas de abaixo son a miña avoa, que é a máis pequena e a miña tía avoa. A miña avoa chámase Visitación e a miña tía avoa Odonina.
O motivo desta foto foi que unha tía da miña avoa, que era a súa madriña, mandoulles uns regalos, e nesta foto saen os regalos, os bolsos e a tela dos vestidos, e mandárona á Arxentina.



Angel Novoa Bugueiro. 5º EP
Comentarios (0) - Categoría: A Nosa Historia Facémola Nós - Publicado o 12-01-2010 21:44
# Ligazón permanente a este artigo
DON RAMIRO
Partovia, 1933
De rapaz tiña oído falar do mestre don Ramiro. Parece ser que era moi querido, que facía boas migas cos rapaces e tamén coas mozas e mozos
que xa non ían a escola, cos que cantaba e preparaba pequenas obras de teatro. O que non entendía era que a pesar destes comentarios alguén nunha ocasión o denunciara e que estivera na cadea un tempo. A parte que máis me gustaba da historia é que os veciños da parroquia, grandes e pequenos, foran correndo recibilo cando por fin o soltaron, xa que en realidade non había motivo para acusalo de nada. Só a envexa dalgún cacique ao que non lle gustaba que a xente pensase por si mesma. A pesar da súa inocencia foi represaliado e desterrado a unha escola de Burgos. Corrían malos tempos a mediados dos anos 30 do século pasado.


Don Ramiro é o segundo de pé pola dereita, na fila de mozos. O resto son mozas e mozos de Partovia vestidos para representar unha obra de teatro en 1933.


C. Fernández
Comentarios (0) - Categoría: A Nosa Historia Facémola Nós - Publicado o 12-01-2010 20:08
# Ligazón permanente a este artigo
VIAXES
Luís, Concha e Jaime (1952)
Luís era electricista. De novo, gabeaba coma ninguén polos postes de madeira dos tendidos eléctricos da Serra do Suído, con aqueles ferros dentados atados aos nocellos, que máis ben semellaban a boca dun cocodilo, e coa única seguranza dun cinto de coiro que o suxeitaba ao pau. Un día coñeceu a Concha, quen desde moi nena traballou arreo para axudar na casa, pois era a máis vella de tres irmáns e irmás e, tal vez, a súa única diversión era ?escapar? os domingos para pasear co seu noivo.
Concha e Luis casaron en abril do 1952 e a súa lúa de mel foi ben curta: unha viaxe a Ribadavia. Logo, no verán dese mesmo ano, Jaime, un amigo, invitounos á súa casa, na Hedreira (concello de Avión) e alá marcharon.
Pode que hoxendía nos pareza unha viaxe sinxela de realizar, pero daquela, cando aínda as estradas eran camiños de carro, non existían teléfonos móbiles e quen tiña unha pequena moto, tiña un grande tesouro, ir desde Partovia (O Carballiño) ata o alto da Serra do Suído, tiña que ser unha viaxe ben dura. Non obstante, a satisfacción que proporciona compatir amor e amizade, compensa sempre calquera esforzo. Os rostros de Luís, Concha e Jaime así o amosan.



Concha L. F.
Comentarios (0) - Categoría: A Nosa Historia Facémola Nós - Publicado o 12-01-2010 19:59
# Ligazón permanente a este artigo
A BISAVOA JOSEFA




A muller da foto é a bisavoa Josefa, que naceu no ano 1908 e finou no 1992.
Casou de moi nova e tivo tres fillos e fillas, entre quen está a miña avoa Modesta. O meu bisavó Emilio non tardou en morrer e a miña bisavoa quedou viúva. A pobreza que había daquela fixo que o irmán do meu bisavó, Julio, se xuntase con ela para axudarlle a coidar aos fillos e fillas. Desta unión naceu meu padriño Pepe. Julio non tivo unha vida moi longa, polo que Josefa tivo que sacar adiante aos seus catro fillos e fillas como puido. Gañaba o pan para a súa casa adicándose toda a súa vida á agricultura. Na casa tiña porcos, unha vaca e galiñas, coma todas as familias daquel entón.




Anxo González Veiga ? 5º E. Primaria
Comentarios (0) - Categoría: A Nosa Historia Facémola Nós - Publicado o 12-01-2010 19:53
# Ligazón permanente a este artigo
DÚAS IRMÁS



Estas son a miña avoa Visitación, que é a máis pequena, e a miña tía avoa Odonina, que é a máis alta. A miña avoa tiña 8 anos e a miá tía tiña 10 anos. Esta foto fíxose para mandarlla ás súa tía e á súa madriña a Bos Aires, Arxentina.
A miña avoa, cando era pequena, ía á escola e despois de vir da escola, tiña que ir coas vacas e logo, á noite, tiña que facer os deberes.



Laura Bugueiro Rodríguez ? 5º E. Primaria
Comentarios (0) - Categoría: A Nosa Historia Facémola Nós - Publicado o 12-01-2010 18:25
# Ligazón permanente a este artigo
CO FEIXE AO LOMBO



A miña tía observa ao lado da casa da súa avoa como un veciño carrexa herba nun feixe, para lle dar ao gando. En esa época, non se dispuña doutros métodos para facer este traballo.

Gulfar, ano1975

Noemí Prado Freijenedo, 5º EP
Comentarios (0) - Categoría: A Nosa Historia Facémola Nós - Publicado o 11-01-2010 20:26
# Ligazón permanente a este artigo
ROMARÍA NO CAMPO DE SAN ANTONIO






Como todos os anos, o 13 de xuño celebrábase en Dacón a Romaría de San Antonio.
Ese día as familias reuníanse e bailaban no Campo de San Antonio, situado na Aldea Arriba de Dacón. A miña nai e máis a miña tía disfrutaban do día en compañía dos seus primos Manolo, Andrés e Tati.

Romaría no Campo de San Antonio, ano1977

Noemí Prado Freijenedo, 5º EP
Comentarios (0) - Categoría: A Nosa Historia Facémola Nós - Publicado o 11-01-2010 20:17
# Ligazón permanente a este artigo
FOTO PARA ALEMAÑA





Esta foto foi sacada hai 44 anos aproximadamente.
O motivo foi que meu bisavó era emigrante, estaba en Alemaña.
Esta foto quitárona o resto da familia para enviarlla.
Na foto están:
A miña avoa (de branco)
A miña bisavoa (blusa de lunares)
O irmán da miña avoa
A irmá da miña avoa (subida a unha cadeira)


Rubén Rivera Rodríguez, 5º EP
Comentarios (0) - Categoría: A Nosa Historia Facémola Nós - Publicado o 11-01-2010 19:56
# Ligazón permanente a este artigo
A BISAVOA ROSA


Esta muller da foto é a miña bisavoa Rosa, cos seus netos e a súa neta, no Entroido. Os netos son miña curmá segunda, Mari, meu curmán segundo, Isaac, e meu tío carnal, Fernando. Mari leva na cabeza un lazo feito con papel hixiénico. A bisvoa Rosa puxo a meu tío e meu curmán uns gorros feitos de cartón e uns bigotes e colocoulles unhas bandas feitas de papel hixiénico.


Esta foto terá sobre 50 anos.


Carmen Caride Alonso ? 5º E. Primaria
Comentarios (0) - Categoría: A Nosa Historia Facémola Nós - Publicado o 22-12-2009 21:19
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal












O contido desta páxina precisa unha versión máis recente de Adobe Flash Player.


Obter Adobe Flash Player






Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0