MÓLLATE COA LINGUA


Cantas cousas podes facer coa túa lingua? Seguro que máis das que pensas.
Móllate coa lingua é o blog do Equipo de Normalización e Dinamización Lingüísticas do CPI Terras de Maside (Maside, Ourense).

Quen somos?
mollatecoalingua@gmail.com
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

OS TATARAVÓS DE GODÁS





Vivían en Godás do Río, unha aldea moi preto do Carballiño. Era un matrimonio feliz, moi traballadores e relixiosos (eran moi devotos de San Damián).
A todos os mendigos que lle chegaban á porta sempre lle daban comida da que había ou facían unha bica. Tiñan unha cabra, o home viña con ela ata O Lago. Era o ano 1959 e como vedes preparáronse moi ben para a foto.



Carlos Cabanelas Riveiro 2º ESO A
Comentarios (0) - Categoría: A Nosa Historia Facémola Nós - Publicado o 05-02-2010 19:21
# Ligazón permanente a este artigo
CON FLORES A MARÍA

Era costume daquela, cando a relixión era unha parte moi importante do acontecer diario das persoas, que as nenas, chegado o mes de maio, adicasen todos os seus esforzos a aprender o catecismo, para facer a primeira comunión, e a recitar de memoria versos e poemas de loubanza á Virxe, para logo, ao final do mes, vestir de branco inmaculado, con fita tamén branca, diadema ou coroa recollendo o cabelo (e mesmo con postizas ás de anxa) e subir a unha tarima ou escenario ao aire libre para declamar.
Conta a miña nai que desde ben pequena, cando a penas sabía falar, soñaba con tal evento e, tal era a miña teima, que mesmo aprendín aquilo de ?A tus pantas decosito un lamo de magalitas?. Supoño que se teño que facelo agora... en fin.
O caso é que o labor de ensaio era tarefa da mestra da miña aldea, dona Consuelo, de quen gardo a máis agarimosa das lembranzas, de quen acabei copiando a maneira de ensinar algunhas cousas e quen me ensinou a terlle cariño ao meu traballo. Sexa este un agradecemento pola súa contribución na miña formación como persoa e como docente, bastante lonxe hoxe en día, daqueles versos inmaculados.



Concha L. F. (1968)
Comentarios (1) - Categoría: A Nosa Historia Facémola Nós - Publicado o 05-02-2010 19:18
# Ligazón permanente a este artigo
PRIMEIRA COMUNIÓN
Quizais un dos feitos máis ledizosos nunha famila fose a primeira comunión dunha crianza, sobre todo se era a primoxénita. E se a madriña da crianza era a súa tía ? avoa, pois como que á tal madriña se lle enchía o peito de orgullo porque, ademais da crianza, da nai e do pai, ela era a protagonista.
Miña tía ? avoa Luscinda para min era un mito e sígueo sendo: alta e forte, boa moza, sempre disposta a axudar á veciñanza, facía unhas filloas de sangue pola matanza que rezumaban xarope. Era unha mestra regando o millo, vixiando os regos da auga e as ?atolas?, nas que a auga tiña que parar, para que o pé da pranta quedase saciado naquelas tardes agostadas... E carreando os feixes de herba sobre a cabeza, sen que nin unha muxica se movese máis ca outra!
Xosé Luis, o meu irmán máis vello, miúdo e tímido, cun xenio vivo e un inxenio sen límites, retranqueiro e simpático, desconfiado pero xeneroso, era daquela o segundo home da casa. Ou o terceiro, pois o avó Antonio era a primeira institución. Nesta foto, vestido de mariñeiro, sentíase seguro a carón da tía Luscinda... Coma min. E contento por ser o centro de todas miradas.
Nin ela nin el están xa aquí, pero hai moitas cousas que hoxe sei porque el e ela mas ensinaron. Quizais a mellor herdanza que se nos pode deixar sexa a disposición a axudar a quen nos rodea. A min deixáronma. Mágoa que ás veces non lle faga moito caso!


Concha L. F.
Foto de 1961
Comentarios (0) - Categoría: A Nosa Historia Facémola Nós - Publicado o 05-02-2010 19:14
# Ligazón permanente a este artigo
EMIGRACIÓN A VENEZUELA


Esta foto foi sacada no ano 1965, os meus avós tiveron que emigrar a Venezuela porque aquí había pouco traballo. Nesta foto vense aos meus avós xunto a un grupo de amigos, celebrando unha comida o día da festa do seu pobo, aínda que todos tiñan morriña da súa terra non se esquecían de celebrar os días máis sinalados para eles. Todas as persoas que aparecen na foto son galegos, persoas que naqueles anos tiveron que abandonar Galicia en busca dun traballo e novas oportunidades.
Case todas as persoas retornaron á súa Galicia querida, logo de traballar moitos anos lonxe da súa terra.


Marcos García Otero 5º EP
Comentarios (0) - Categoría: A Nosa Historia Facémola Nós - Publicado o 02-02-2010 16:01
# Ligazón permanente a este artigo
AS TRES CURMÁS

Nesta foto aparecen a miña nai e as suas curmás Mari Carmen e Marisol .
O día da festa da parroquia, cando chegaron da misa, fixeron uns ramos con buxos e rosquillas. Aproveitando que puxeran as mellores galas, o tío Manolo decidiu facerlles a foto.
Casar de María, 1969.
Vanesa I.C.
Comentarios (0) - Categoría: A Nosa Historia Facémola Nós - Publicado o 30-01-2010 22:30
# Ligazón permanente a este artigo
CINCO XERACIÓNS DE MULLERES

Xa dende pequena recordo o orgullosas que se poñían tanto a miña nai como a miña avoa, cando ensinaban esta foto a outros familiares ou amigos/as. Sempre dicían a mesmo: cinco xeracións de mulleres xuntas....e colocadas en orde.
Empezando pola esquerda: a miña tataravoa, a miña bisavoa, a miña avoa, a miña nai e eu.
Da bisavoa Isaura gardo algúns recordos, pero da tataravoa Hermesinda non, aínda que me teñen contado moitas cousas dela...non tivo unha vida moi doada pero, pese a todo...viviu 107 anos.
Agrosantiño, 1982.
Vanesa I.C.
Comentarios (1) - Categoría: A Nosa Historia Facémola Nós - Publicado o 30-01-2010 22:20
# Ligazón permanente a este artigo
OS AVÓS DE FIÓS


Estes eran os meus avós: José e Jesusa. Vivían nunha pequena aldea de Parada de Sil chamada Fiós.
Traballaban no campo e saían en raras ocasións, só cando ían comprar ou cobrar.
Era moi normal que as mulleres andiveran de negro porque cando morría un familiar, pais, marido, tios?vestíanse de negro durante varios anos.



Loli Casares Prieto
Comentarios (0) - Categoría: A Nosa Historia Facémola Nós - Publicado o 26-01-2010 22:57
# Ligazón permanente a este artigo
A EMIGRACIÓN

Corrían tempos difíciles. No meu pobo había moita xente na emigración. Uns levaban ós outros. Era típico que marchara o home e a muller quedara a cargo dos fillos. O meu pai (dereita) marchou a Francia no ano 1965. Eu lembro cando viña nos veráns e nos traía cousas que había alí: quesitos da ?Vaca que ri?, chocolate, roupa?ademáis de falarnos da forma de vida, costumes etc.



Loli Casares Prieto

A foto foi sacada o 26 de marzo de 1965
Comentarios (0) - Categoría: A Nosa Historia Facémola Nós - Publicado o 26-01-2010 22:51
# Ligazón permanente a este artigo
A MIÑA NAI


ESTA FOTO É DA MIÑA NAI QUE SE CHAMA ROSA. ERA MOI PEQUENIÑA, TIÑA MENOS DE 1 ANO. COMIA MOITO PORQUE ESTABA GORDIÑA.


DANI COCA GONZÁLEZ TEÑO 5 ANOS

ESCOLA DE DACÓN
Comentarios (0) - Categoría: A Nosa Historia Facémola Nós - Publicado o 26-01-2010 22:46
# Ligazón permanente a este artigo
A AVOA SIRA


ESTA É A MIÑA AVOA SIRA. TIÑA 6 ANOS, ESTABA XOGANDO CUNHA BONECA QUE LLE REGALARON EN REIS.
AROA LOSADA RODRIGUEZ. 5 ANOS

ESCOLA DE DACÓN
Comentarios (0) - Categoría: A Nosa Historia Facémola Nós - Publicado o 26-01-2010 22:42
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal












O contido desta páxina precisa unha versión máis recente de Adobe Flash Player.


Obter Adobe Flash Player






Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0