|
|
|
O BISAVÓ ALFREDO |
|

Na seguinte foto o meu familiar está cun grupo de amigos festexando a festa da vendima; moi típica en Leiro, a súa localidade, e celébrase a finais do verán cando chega a época da vendima, da cal case todo o pobo vivía do viño que facían e logo vendían.
O meu familiar está situado xusto detrás da xerra branca chea do preciado ?caldo?. Era o meu bisavó e chamábase Alfredo.
Esta foto data de 1932
Mauro Álvarez Vázquez 3º ESO
|
|
|
|
EN BICICLETA |
|
Este é o meu avó en Alemaña nos anos 60 ou 70.
Alí un medio habitual de transporte era a bicleta, como a que aparece na foto.
Álex (2º ESO) |
|
|
|
PRIMEIRA COMUÑÓN |
|
Nesta foto esta a miña tía Clarita que agora vive en Australia. Esta foto está feita o día da súa primeira comuñón. A foto ten case cincuenta anos e foi feita na que agora é a miña casa. A foto fíxose arredor do ano 1964. Na foto leva posto un vestido branco, un diadema e un rosario. Leva un velo e un moño por riba do diadema. Na foto ten un rosario unha cadea e un colar como símbolo da cristiandade e de que vai facer a primeira comuñón.
MARCOS 2º ESO |
|
|
|
A VIÑA DA CASA VELLA |
|

A foto é na viña da Casa Vella, onde viviros os meus bisavós por parte da miña avoa. As que levan vestido son as fillas do irmán da miña avoa, as outras son a miña tía e a miña nai. A cadela chamábase Laica. Era moi cariñosa. Fíxose a foto porque era o aniversario da miña nai, a máis grande das dúas irmás. Agora desapareceu bastante da paisaxe que se ve por detrás polas casas da aldea e a fábrica que se fixo, xa case non hai comparación con antes.
Alexia Martínez García 5º EP |
|
|
|
AS ROSQUILLAS |
|
 Nesta foto salen o meu avó, a miña avoa, os meus tíos e a miña tía.O primeiro que sae de
esquerda a dereita e o meu tio Paco, a muller que colle a nena no colo e a miña avoa Celia,
a nena que esta no colo e a miña tía Celia, o neno que esta agachado e o meu pai, o neno que
esta o seu carón e o meu tío Ricardo, o home que esta ó carón de miña tía e o meu avo
Julio e o último neno e o meu tío Jose Manuel. Esta foto coma moitas cousas ten a súa
historia, foi haberá uns 35 anos, máis ou menos, na romería de San Lazaro en Ourense.
Nas romerías sempre hai postos onde venden churros, rosquillas, xoguetes..., meu
tío Ricardo era moi pequeño, tería uns dous anos, e sen que o vira ninguén colleu nun
posto de rosquillas un par de bolsas. Meus avos decataronse ó sacala foto, e estiveron
buscando o posto de onde saíran as rosquillas.
Noemí García Iglesias 3ª ESO |
|
|
|
O MEU PAI NO BURRO |
|

O meu pai está subido nun burro, é o que vai diante e está chorando. Iba co meu padriño e co avó a buscar patacas porque antes non había tractores e traían a carga en burro.
Marta Rodríguez Pérez. 5 anos
Escola de Dacón. |
|
|
|
O MEU PAI |
|

ESTE É O MEU PAI. TIÑA 4 ANOS.E ESTÁ RECOLLENDO UVAS.
MARTA RODRÍGUEZ PÉREZ 5 ANOS
ESCOLA DE DACÓN |
|
|
|
MANOLO O MEU TATARAVÓ |
|

ESTE É O MEU TATARAVÓ FAI MOITOS ANOS. PARECE QUE ESTÁ NUN PALACIO PERO ESTÁ NO ESTUDIO DO FOTÓGRAFO.
DANI COCA GONZÁLEZ 5 ANOS
ESCOLA DE DACÓN
|
|
|
|
A MIÑA BISAVOA |
|

ESTA ERA A MIÑA BISAVOA QUE ESTABA NA COCIÑA COA MIÑA PRIMA. AS COCIÑAS DE ANTES NON ERAN TAN MODERNAS COMO AS DE AGORA, ERAN DE LEÑA E NON TIÑAN MOBLES.
DANI COCA GONZÁLEZ 5 ANOS
ESCOLA DE DACÓN. |
|
|
|
A MIÑA AVOA NON CHEGOU A COÑECER ALEMAÑA |
|
 Corría o ano 1963. A miña avoa fixo esta foto para o pasaporte con vistas a irse a Alemaña. Animárona moito e ademais xa tiña alá todo arranxado, pero... tiña unha nena recén nacida ( a miña nai) a quen non tiña con quen deixar, xa que a miña bisavoa tiña que traballar (era leiteira) e a súa sogra, a outra miña bisavoa, non podía coidala tampouco. Todo isto fíxolle recuar na súa idea e, como xa se sabe, os fillos son os fillos. Ella non o dubidou e quedou sen coñecer Alemaña, pero tivo a sorte de poder coidar ela mesma da súa filla. Esta foto só é un recordo.
Carlos Cabanelas Riveiro 2º ESO A |
|
|
|
|
|
|