Cantas cousas podes facer coa túa lingua? Seguro que máis das que pensas. |
|
Móllate coa lingua é o blog do Equipo de Normalización e Dinamización Lingüísticas do CPI Terras de Maside (Maside, Ourense). |
|

|
Quen somos? |
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
A FESTA DO SAN BENITO |
|
 Esta foto representa a xuntanza de toda a familia o día da festa do pobo ?San Benito?. Aquí o meu familiar, bueno ainda que familiares sonme todos, xa que os catro mozos son irmáns que están coas súas mulleres e os fillos o carón do seu pai, (o señor máis maior que está sentado, que sería o meu tataravo).
Pero a que eu coñecín foi a miña bisavoa Teresa, ela é a segunda muller empezando pola dereita dos que están de pe, que ten no colo a miña avoa Carmen, e detrás dela está o meu bisavo Avelino, pero este xa non o coñecín.
Esta muller procedente de Cuñas. Ela dedicouse toda a súa vida á agricultura e ao coidado da súas viñas (cousa que lle servía para: alimetarse, para obter cartos,?) Despois cando chegaba a súa casa dedicábase a coidar da súa pequena chamada Carmen (a miña avoa).
Esta foto data de 1949.
María Álvarez 6º EP
|
|
|
|
CONSTANTINO NOGUEIRA FERRADAS |
|

Nesta imaxe está o meu tío bisavó Constantino Nogueira Ferradas. Era o segundo fillo de oito e o primeiro varón.
Cando el tiña dezaoito anos estalou a Guerra Civil Española. Coma moitos mozos galegos daquela época, fíxose falanxista e quería ir á guerra de voluntario. A súa familia disuadiuno pero finalmente foi xa que o chamaron pola quinta do 38 con vinte anos.
Estando na guerra mandoulle esta foto á súa familia, no reverso podemos ler: ?A mis queridos padres y hermanitos les dedico esta foto en lo mucho que los quiere este su hijo Constantino N?
O 27 de Janeiro de 1939 tivo lugar unha batalla na provincia de Badaxoz na que Constantino faleceu aos 21 anos de idade. Como única comunicación recibiron unha carta informando da baixa. Á dor da perda foi maior polo feito de non saber nada do corpo ata moito máis tarde, cando uns compañeiros de batalla lle contaron á familia que os enterraran a todos nunha gabia no cemiterio de Valtequilla, provincia de Badaxoz.
Lemos no recorte de periódico: Constantino ?entregó su vida por Dios y por la Patria?, pero aínda hoxe os irmáns que quedan vivos non atopan consolo nestas palabras, porque as guerras nunca teñen razón.
Rubén G. Roo (4º Primaria) |
|
|
|
JESÚS E MODESTA |
|
 Jesús e Modesta Pérez Parente, meus avós. Unha parella que se coñeceu nunca festa. Meu avó é de Maceda e miña avoa é do Irixo. Casaron moi novos e tiñeron catro fillos, un home e tres mulleres.
Jesús era carpinteiro, traballaba na súa casa no Irixo; Modesta traballaba na casa, coidando os animais, cultivando e coidando os fillos.
Meu avó morreu moi novo de cancro. Meu pai tamén foi carpinteiro e tamén morreu da mesma enfermidade.
Miña avoa tivo catro fillos (José Antonio, María Luísa, Isabel e Raquel. O máis vello é meu pai José Antonio, que é o mesmo desta foto. A nena é miña madriña María Luísa. Ao ter quince anos marchou para Francia para traballar e aínda está aí.
Miña avoa ten dous netos: eu e meu primo Adrián, fillo da segunda filla máis vella Isabel.
Esta foto está feita por un irmán da miña avoa na casa da miña bisavoa despois dunha xuntanza familiar.
Jennifer (2º ESO) |
|
|
|
A COMUÑÓN DE MIÑA NAI |
|
 Esta foto é do día da comuñón de miña nai (Clara). Sácarona para os meus bisavós que non puideron asistir. Eles estaban vivindo en Holanda, xa que tiveron que marchar cara alí porque as condicións de vida eran mellor que aquí.
A foto é na igrexa de Dacón. Nela saen: o meu tío Manuel, o meu curmán Manuel, a miña nai Clara, as miñas curmás (Mª Xesús, Mª Xosé e Verónica) e por último a miña tía Ana.
Ao cabo de 2 anos de que miña nai fixese a comuñón, a miña curmá Mª Xesús perdeu a vida nun accidente de trafico xunto co seu pai cando ían de camiño a escola. Morreron os dous. Ese foi un acontecemento moi triste para toda a familia.
Despois os meus tíos e a miña nai foron vivir todos cos meus avós a Barcelona .
Alí miña nai e miña tía atoparon o amor das súas vidas e o traballo que buscaban .
De alá a uns anos nacemos eu (Amanda), a miña curmá (Nerea), o meu curmán (Manel) e a miña irmá (Sheila).
Amanda (1º ESO) |
|
|
|
GÚSTANNOS OS ANIMAIS |
|
 Estas fotos magulladas polo tempo representan o que foi unha antiga xeración labrega e gandeira.
O meu pai é o que está montado na cabra branca da señora Elvira do Ebre no ano 1964. No ano 1965 xa crecera máis e se atrevía a montar nun rucho (burro pequeno). Ao ano seguinte vese a meu pai e miña tía coidando as grandes vacas do meu bisavó Antonio, Marela e Rubia. Tamén se ve á miña tía Mari dándolle de comer á súa apreciada porca Catalina.
Eu agora xa descubrín por qué á miña familia lle gustan tanto os animais domésticos.
Pedro (1º ESO) |
|
|
|
GUMERSINDO E ERUNDINA |
|
 Gumersindo e Erundina son pais adoptivos de miña nai. Acollérona porque miña avoa tiña moitos problemas económicos e alimenticios, xa que tiña nove fillos ao seu cargo.
Eran familiares de meu avó e vivían no Cruceiro. Aínda que Gumersindo era de Leiro, cando casou foi vivir coa muller ao Cruceiro.
Tiñan unha mula, con ela araban o campo e sementaban. Vivían diso, cultivando para outros.
Gumersindo morreu aos cincuenta anos e Erundina e miña nai quedaron soas. Erundina enfermou e miña nai, aos catorce anos, tivo que facer todo ela: coidala, limpar a casa, cultivar e darlles de comer aos animais.
Esta foto fixérona para enviar a uns sobriños que tiñan en Alemaña, hai máis de trinta anos.
Jennifer (2º ESO) |
|
|
|
MULLERES VALENTES |
|
Esta foto representa a difícil e valorosa situación dunha muller de vinte e tres anos que hai corenta se enfrontou a unha sociedade que sinalaba as solteiras que tiñan fillos e as marcaba con discriminación chamándolles ás nais ?desgraciadas?, ?deshonradas?, e aos seus fillos ?ilexítimos? ou da ?Inclusa?, xa que moitas veces eran abandonados en casas para orfos.
Aínda así, esta nai coraxe decidiu levar adiante o seu embarazo e facerse cargo da criatura ao tempo que algúns meses despois esperaba outro fillo dun home que a aceptou coas súas circunstancias e casou con ela.
A sorte doutras mulleres que se vían no mesmo caso foi emigrar a países de América ou Europa e alí afastarse dos rumores que as convertían nunhas indesexadas na súa propia terra, traballando arreo para voltar cuns cartiños e, ás veces cun marido, despois de facer as ?Américas?.
Así transcorría a vida e o sentir das persoas nunha etapa da historia na que estar fóra das normas pode custarche moi caro.
María Cruz Pereira Iglesias (mestra)
|
|
|
|
MULLERES MODERNAS |
|
Esta fotografía en branco e negro, feita hai uns cincuenta anos, móstranos a dúas mozas daquel tempo que, loitando contra os estereotipos sexistas do momento, no que as mulleres non debían fumar nin manexar coches ou motos, se deixaban ver pola aldea increpando a xente de crenzas máis tradicionais.
Diante da Casa da Escola dunha aldea de Coles, dispúxose a moza en cabeceira a conducir unha ? Lambreta?, mentres a outra amiga ou paquete a acompañaba e, subida na moto, compartía con ela un cigarro dos de entón chamados de ? picadura? ou ? cuarterón? e que se facían á man cun papel chamado ? librito?.
Tamén se podían comprar os cigarros xa elaborados (? Celtas Cortos?, ?Ideales?, ?Peninsulares? e ? Chester?, entre outros) que se vendían na tenda do pai da moza condutora.
Grazas a esta
tenda, única abastecedora de alimentos e produtos en 10 quilómetros á redonda, a riqueza económica do propietario e da filla ascendía e permitía a esta última disfrutar dunha vida diferente á das demais mulleres da súa época.
María Cruz Pereira Iglesias (mestra) |
|
|
|
O MEU TATARAVÓ ANTONIO |
|
 Neste pequeno relato vou falar do meu tataravó Antonio González Zomoza que era panadeiro de profesión. Este home era do Varón pero estaba domiciliado en Partovia ( o Carballiño ). O meu tataravó como xa dixen era panadeiro e para repartir o pan tiña catro ou cinco cabalos e ía polos pobos repartindo o pan nos cabalos. A miña avoa contoume que o meu tataravó era un gran cazador e que lle gustaba moito este deporte. El na súa casa tiña unha máquina coa que facía os seus propios cartuchos para unha escopeta á cal lle tiña moito cariño e que con ela cazou todo tipo da animais. A miña avoa tamén conta que unha vez uns mozos foran onde as fillas do meu tataravó para namoralas e facerlle as beiras. Un día cando o avó da miña avoa descubriu a estes rapaces onde as súas fillas sacou a súa escopeta de cazador e foi detràs deles tirándolle tiros coa escopeta, e dende aquel día non volveron xunto a elas aqueles mozos que non tiñan malas intencións.
JOSÉ SANTIAGO PÉREZ PRECIADO 3º ESO |
|
|
|
A BISAVOA BENITA |
|

Nesta foto represéntase unha comida familiar que se celebraba o día de San Pedro, festa patronal do lugar, na cal se reunían a comer as familias nun paraxe chamado ?O Salgueiral? en Leiro.
Nesta festa, cada membro da familia facía un prato de comida diferente e xuntábanse todos disfrutando dun día de verán á beira do río Avia.
A miña familiar é a moza máis alta, pouco común nesa época cando as mulleres non tiñan tanta altura. Leva un traxe de lunares seguindo a moda desa época. Era a miña bisavoa e chamábase Benita.
Esta foto data de 1934.
Mauro Álvarez Vázquez 3º ESO
|
|
|
|
|
|
|
|
|