MÓLLATE COA LINGUA


Cantas cousas podes facer coa túa lingua? Seguro que máis das que pensas.
Móllate coa lingua é o blog do Equipo de Normalización e Dinamización Lingüísticas do CPI Terras de Maside (Maside, Ourense).

Quen somos?
mollatecoalingua@gmail.com
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

A FESTA DO SAN PEDRO



Corría o ano 1964 e este día celebrábase a festa do San Pedro, o primeiro de agosto. As mozas aproveitaban a estrea da roupa para facer fotos, mesmo no cementerio como neste caso, pois ese día ía sempre un fotógrafo, roupa que a miña nai xa mercara cos seus cartos pois perdera ó seu pai con 10 anos e ós 11 xa empezou a traballar. Eran anos difíciles aqueles para as mulleres viuvas como a miña avoa , con tres nenos de 12, 10 e 1 anos. Por isto a miña nai tivo que acelerar a súa infancia e creo que nunca tivo vacacions como as entendemos hoxe. Eu celebro o día da nai o 8 de marzo.


Teresa PL
Comentarios (0) - Categoría: A Nosa Historia Facémola Nós - Publicado o 07-03-2010 20:05
# Ligazón permanente a este artigo
NEVE
Nesta foto podemos captar a imaxe de dous homes que levan posto un uniforme militar o que supón que están facendo a mili. Detrás do primeiros, hai un terceiro home que está a facer una bola de neve para tirárllela aos seus compañeiros.

Debido a antigüidade da imaxe non podemos observar a paisaxe que esta gravada neste anaco de papel, só contemplamos pequenos sinais que nos dan pistas de aparición de neve naquel lugar xa pasado. Un destes trazos é, sen dúbida, os esquís que calzan os militares e o fondo branco no que só destacan os uniformes de cor dos homes.

Ana Rodríguez Glez
Comentarios (1) - Categoría: A Nosa Historia Facémola Nós - Publicado o 02-03-2010 19:31
# Ligazón permanente a este artigo
A MIÑA AVOA
Esta é amiña avoa, chámase Ángela Docampo González, naceu o 2 de abril no 1932, fai xa 79 anos, nunha aldea fermosa chamada Neves de Grixoa. Polo tanto, aí foi onde se criou e pasou a súa xuventude, e agora goza desta preciosa aldea.

Con 18 anos casou cun veciño do Lago (Maside), chamado Tomás Portabales Álvarez, co cal tivo 8 fillos , 6 mulleres e 2 homes. Esa foi a súa maior delicia, ainda que a súa maior pena foi cando por mala sorte no 2000 o seu marido faleceu, facendo que os seus corazóns se separaran para sempre. Pero en cambio eu, a súa neta, estou completamente segura de que xamais o olvidará e de que sempre terá todos eses longos anos de felicidade no seu corazón.
A partir daquel triste dia ela intentaba seguir adiante educando aos seus preciosos fillos.
 
                Esta é a historia da miña avoa, a quen  quero moitísimo.
 
 
                                                                                                                         
Alba Fernández Portabales
Comentarios (0) - Categoría: A Nosa Historia Facémola Nós - Publicado o 02-03-2010 19:20
# Ligazón permanente a este artigo
A VODA DOS AVÓS
ESTA É A VODA DOS MEUS AVÓS. A AVOA LEVA UN VESTIDO DE

FLORES E O AVÓ TRAXE CON GARAVATA. IAN MOI ELEGANTES.

PABLO LORENZO FERNÁNDEZ 5 ANOS

ESCOLA DE DACÓN

Comentarios (0) - Categoría: A Nosa Historia Facémola Nós - Publicado o 02-03-2010 19:14
# Ligazón permanente a este artigo
AQUELES MARABILLOSOS ANOS

Parece que foi onte, pero xa pasaron algúns anos.

Por aquelas datas, a educación non era mixta; había centros masculinos e femininos.
Ás que eramos de lugares un pouco afastados non nos quedaba outra alternativa que estar internas. Iamos á casa nas vacacións e os domingos pola tarde sacábannos de paseo, sempre e cando ó longo da semana non houbera ningún castigo; ademais de ir á misa todos os días e rezar o rosario.
Aproveitabamos calquera cousa para romper a rutina: meternos nalgún coro (aínda que a voz non fora prodixiosa) e se tiñamos a sorte de facer algunha viaxe xa era algo máxico.

No ano 1973 as Franciscanas de Ourense e o colexio Menor, despois de moitos ensaios, fomos participar nun festival a Soria. Lembro que os mozos (entre eles Veloso, que aparece na foto) tiñan máis liberdade para saír que as mozas, aínda así paseino moi ben e voltei con moita tristura por atoparme de novo coa realidade.


Loli Casares Prieto.
Comentarios (0) - Categoría: A Nosa Historia Facémola Nós - Publicado o 02-03-2010 19:09
# Ligazón permanente a este artigo
A FAMILIA DE OLGA MARÍA

ESTES SON OS IRMANS E OS PAIS DO MEU PAI , FALTA UN PORQUE AINDA NON NACERA. ESTABAN CELEBRANDO A FESTA DO POBO QUE ERA CANDO SE XUNTABA TODA A FAMILIA E ESE DIA DEIXABAN DE TRABALLAR NO CAMPO E POÑIAN OS MELLORES TRAXES.

OLGA MARIA.
ESCOLA DE DACON
Comentarios (0) - Categoría: A Nosa Historia Facémola Nós - Publicado o 02-03-2010 18:08
# Ligazón permanente a este artigo
MAMÁ DE PEQUENA


ESTA É A FOTO DE MAMÁ. ERA PEQUENA E TIÑA UN PEINADO MOI SIMPÁTICO

COMO UNHA CUNCHA DE CARACOL


NICOLÁS CORRAL HIDALGO. 4 ANOS

ESCOLA DE DACÓN
Comentarios (0) - Categoría: A Nosa Historia Facémola Nós - Publicado o 02-03-2010 18:05
# Ligazón permanente a este artigo
OS TRES IRMÁNS
ESTES SON OS 3 IRMÁNS. O MEU PAI ESTÁ NO LADO ESQUERDO.

QUE PEQUENIÑO ERA O MEU PAI! ERA VERÁN E SEGURO QUE ÍAN

XOGAR.

BRAIS PÉREZ GONZÁLEZ. 5 ANOS

ESCOLA DE DACÓN
Comentarios (0) - Categoría: A Nosa Historia Facémola Nós - Publicado o 02-03-2010 17:59
# Ligazón permanente a este artigo
O MEU PAI DE PEQUENO

LUIS É O MEU PAI. AQUÍ ERA MOI PEQUENO, TIÑA MENOS

DUN ANO. ESTABA XOGANDO COA PELOTA.



ÁLEX BLANCO QUINTELA. 5 ANOS.

ESCOLA DE DACÓN
Comentarios (0) - Categoría: A Nosa Historia Facémola Nós - Publicado o 02-03-2010 17:52
# Ligazón permanente a este artigo
A FESTA DO SAN PEDRO
Esta foto represénta unha xuntanza da familia que celebrábase o día de San Pedro, festa patronal do pobo, na cal reuníanse a comer os familiares.

Nesta foto o meu familiar é a moza que está sentada diante de todo, ela era a miña bisavoa Benita a cal eu coñecín. Os outros membros da foto tamén me son familiares, xa que son os seus tíos e os seus pais, e dicir, os meu tataravós.

A miña bisavoa Benita tivo varios negocios: primeiro tivo un forno xunto co meu bisavó Alfredo e un café. Despois venderon o forno e puxo unha tenda, a típica tenda de pobo na cal había un pouco de todo, e seguiron tamén co café.

Anos, pero moitos anos máis tarde cando xa nacera a miña nai o café vendérono, pero ela ainda seguiu mantendo a tenda ata que se xubilou.


Esta foto data de 1933-1934.


María Álvarez 6º EP
Comentarios (0) - Categoría: A Nosa Historia Facémola Nós - Publicado o 02-03-2010 17:18
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal












O contido desta páxina precisa unha versión máis recente de Adobe Flash Player.


Obter Adobe Flash Player






Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0