MÓLLATE COA LINGUA


Cantas cousas podes facer coa túa lingua? Seguro que máis das que pensas.
Móllate coa lingua é o blog do Equipo de Normalización e Dinamización Lingüísticas do CPI Terras de Maside (Maside, Ourense).

Quen somos?
mollatecoalingua@gmail.com
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

Miña irmá e mais eu

Cando miro esta foto (entre outras) sempre me lembro de Demetria, unha señora que vivía no meu pobo de Teimende e que lle gustaba moito o teatro.
Cando chegaba o primeiro domingo do mes de maio, dentro da igrexa e despois da misa representábamos obras de teatro e poesías dedicadas á Virxe. Ese día aparecía dentro da igrexa (por certo, moi pequena ) un escenario feito con mesas.
Lembro, tamén, ir á súa casa non sei cantos días á semana para memorizar e ensaiar as obras e poesías.
Que felices éramos ese día sentíndonos protagonistas e todo o mundo dándonos os parabéns.
Agora, dende a distancia, doume conta do enorme agradecemento que lle debemos a esta persoa, que dun xeito altruísta dedicaba aos nenos e nenas do pobo.
Loli Casares
Comentarios (0) - Categoría: A Nosa Historia Facémola Nós - Publicado o 19-03-2012 01:18
# Ligazón permanente a este artigo
OS MEUS AVÓS

SON OS MEUS AVÓS. OS DOMINGOS POLA TARDE XUNTÁBANSE AS PARELLAS DE NOIVOS E PASEABAN.
SHEILA, 4 ANOS. E.E.I. DE DACÓN
Comentarios (0) - Categoría: A Nosa Historia Facémola Nós - Publicado o 19-03-2012 01:17
# Ligazón permanente a este artigo
CORRECAMINOS


ASÍ LLE CHAMABAN AO AVÓ DE SANTI PORQUE DIN QUE CORRÍA MOITO, PERO ADEMAIS GUSTÁBALLE FACER ESTOS ?EQUILIBRIOS? TAN DIFÍCILES.

JOEL, 4 ANOS. E.E.I. DE DACÓN
Comentarios (0) - Categoría: A Nosa Historia Facémola Nós - Publicado o 19-03-2012 01:15
# Ligazón permanente a este artigo
NO ESTRANXEIRO

UN MOMENTO DE DESCANSO DESPOIS DE TRABALLAR. ESTABAN NO ESTRANXEIRO E TIÑAN QUE TRABALLAR MOITO.

HUGO, 3 ANOS. E.E.I. DE DACÓN
Comentarios (0) - Categoría: A Nosa Historia Facémola Nós - Publicado o 19-03-2012 01:14
# Ligazón permanente a este artigo
Festas do Lago

Nesta foto está a familia da miña avoa e o meu avó nas festas do algo, que se celebran o 10 e o 11 de agosto.
A familia adoitaba reunirse pola mañá para preparar a comida. Despois de comer, os homes reuníanse para xogar a partida ás cartas e as mulleres para falar.
Pola noite voltaban a reunirse para cera polbo á feira no campo da festa. Despois ían ver a orquestra e a bailar.

Álex, 4º ESO
Comentarios (0) - Categoría: A Nosa Historia Facémola Nós - Publicado o 19-03-2012 00:46
# Ligazón permanente a este artigo
O bisavó Benito e a bisavoa Rosa

O meu bisavó Benito e a bisavoa Rosa están en Venezuela.
Traballaban servindo nunha casa de xente rica.
A bisavoa Rosa agora vive coa miña avoa Lita e xa é moi vella.
Eva Rivera Rodríguez, 1º Primaria
Comentarios (0) - Categoría: A Nosa Historia Facémola Nós - Publicado o 19-03-2012 00:39
# Ligazón permanente a este artigo
A avoa Aurora







A miña avoa Aurora está tendo conta da mamá porque era pequena e podía caer.
A mamá non sabía andar.
Nicolás Corral Hidalgo 1º Primaria
Comentarios (0) - Categoría: A Nosa Historia Facémola Nós - Publicado o 19-03-2012 00:36
# Ligazón permanente a este artigo
O avó da mamá








Este é o avó da mamá. Chamábase Benito.
A nena é a mamá e vivía con el porque o seu papá e a súa mamá estaban traballando en Suíza.

Yago Fernández López, 1º Primaria
Comentarios (0) - Categoría: A Nosa Historia Facémola Nós - Publicado o 19-03-2012 00:32
# Ligazón permanente a este artigo
Subidos no Moreno




Esta foto foi feita no ano 1965 no Carballiño. O da esquerda é o meu tío Benibno cando tiña 17 anos. O da dereita, un amigo.

Estaban subidos no noso cabalo, Moreno.
Foi nun entroido.
Yolanda, 2º ESO
Comentarios (0) - Categoría: A Nosa Historia Facémola Nós - Publicado o 19-03-2012 00:27
# Ligazón permanente a este artigo
Nen@s no parque

@s desta foto son prim@s de pequen@s. Estaban no parque en Bos Aires. Chámanse Jorgito, Graciela, fernando e Alejandro.
A foto foi feita en outubro do 1966 polo pai de Graciela.

Yolanda, 2º ESO
Comentarios (1) - Categoría: A Nosa Historia Facémola Nós - Publicado o 19-03-2012 00:24
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal












O contido desta páxina precisa unha versión máis recente de Adobe Flash Player.


Obter Adobe Flash Player






Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0