|
|
|
Serán no Castelo de Fontán (Sada) |
|
 |
|
|
|
Foliada no Lar (As Pontes) |
|
 Tralo descanso estival, unha nova xeira de foliadas darán comezo de novo a partires do venres, ás 22:00, na habitual cafetería Lar. O sexteto Os Feroces da Galgueira serán os encargados de organizar esta primeira foliada na que terán como invitados ós extraordinarios e sobresaíntes cuartetos tradicionais Xente Nova, de Ferrol, e Medo Quiñón, de Burela. Asímismo participarán desta foliada as Pandereteiras da A.X. Entre Lusco e Fusco, de Vilalba, que farán o seu debut oficial coma tales.
O cuarteto XENTE NOVA, composto por integrantes da Banda de Gaitas Agarimo (Ferrol), nace no ano 2003 para asistir ao concurso de gaitas de Ponteareas. Desde entón xúntanse para tocar ocasionalmente en romarías ou para participar en diferentes concursos, resultando gañadores nos anos 2007 e 2008 do campionato celebrado en Cabeza de Manzaneda, dentro da Liga Galega de Bandas de Gaitas.
Máis recentemente, este mesmo domingo 23 de setembro, acadaron o 5º posto na XLV edición do Concurso de Cuartetos de Ponteareas. A súa formación actual é: Pablo Argüeso e Alberto Falcón ás gaitas, Jorge García ao tamboril e Adrián García ao bombo.
As PANDERETEIRAS da Asociación Xuvenil ENTRE LUSCO E FUSCO levan menos dun ano ensaiando coplas e letras tradicionais para acompañar coas súas pandeiretas. Ata ese momento a súa actividades ceñíase a acompañar ós gaiteiros, resto de percusionistas e bailadores da súa asociación. Esta foliada apadriñará o debut como cantareiras de estas pandereteiras da Terra Chá.
O cuarteto MEDIO QUIÑÓN nace fai dous anos a partir do desaparecido grupo Sal da Felga. Curiosamente aínda que o grupo é un cuarteto está formado por cinco músicos, tendo sempre a un compañeiro como comodín para imprevistos na percusión.
O grupo está formado polos irmáns Xabi e Andrés Pérez Quiroga nas gaitas, David Mon no tamboril e Xelo Seijas no bombo. Óscar Villarquide é o quinto membro do grupo, e comodín do mesmo, tocando calquera das percusións. A parte de esta instrumentación Medio Quiñón pode tocar tamén con frautas de pico, fagote e clarinete.
|
|
|
|
Voltan os bailes de baixo na Gentalha do pichel (Compostela) |
|
 |
|
|
|
Foliada Intertasca en Caión |
|
 |
|
|
|
II Certame interprovincial da canción de taberna (Moaña) |
|
 Como homenaxe ao recentemente falecido Fito Domínguez, fundador da banda A Roda, o Var con Uve (rúa Soage Hermida 115, Abelendo, Moaña) vai adicarlle o seu II Certame interprovincial da canción de taberna, pois A Roda ?representa en si mesmo ó espiritu da canción popular e de taberna. As súas cancións pertencen, como quizais as de ningún outro grupo, a milleiros de persoas que as repiten cada vez que hai unha celebración ou un encontro de amigos ao redor dunha mesa?.
O venres 28 ás 22:30hs, a música estará a cargo do Orfeón mariñeiro do Berbés (Vigo) e os Cantadores tradicionais (Moaña).
|
|
|
|
IV Xornadas de Cultura Popular Galega (San Sadurniño) |
|
IV Xornadas de Cultura Popular Galega
Data: sábado 29 de setembro
Lugar: casa da Cultura do Concello de San Sadurniño
En outubro de 2009, a A.F.C. Berros do Castro organiza as ?I XORNADAS DE CULTURA POPULAR GALEGA co obxectivo principal de promocionar, dinamizar e por en valor a cultura popular galega.
Seguindo a estructura das anteriores edicións, as xornadas do 2012 divídense en 3 bloques culturais.
O primeiro bloque é de natureza expositiva, e nel se inclúe unha mostra de instrumentos antigos de percusión tradicional.
O segundo dos bloques ten carácter didáctico, ao incorporar un obradoiro sobre recursos interpretativos para percusionistas de música tradicional galega.
No terceiro dos bloques inclúense as actuacións dos afamados músicos Xose Lois Romero e Suso Vaamonde, do grupo pontes ?Os Feroces da Galgueira? e do grupo de cantareiros ?Maghúa? da Coruña.
A.F.C. Berros do Castro
Eirexado, s/n, Naraío 15.576 San Sadurniño
https://www.facebook.com/berrosdocastro berrosdocastro@gmail.com
Tfnos. 669 795 418 626 140 798 |
|
|
|
Festa furancheira (Picoña-Salceda de Caselas) |
|
 |
|
|
|
Folión de fachas de agucios de San Martiño de Vilelos |
|
A Asociación de veciños de San Martiño de Vilelos organiza o folión de fachas de agucios na parroquia de San Martiño de Vilelos no concello de O Saviñao.
Nestes últimos anos traballamos na recuperación desta tradición que se leva celebrando dende tempos inmemoriais. O noso obxectivo esta a ser implicar á xente nova para que non se chegue a perder a tradición. Como cada ano, ademais dos actos habituais acompañaremos o noso folión con outras actividades coma concertos a cargo de dous grupos folk:
- Zurrumalla
- A banda da Balbina
Esta cita celebrarase o día 28 de setembro a partir das 22:00 h. O principal reclamo da festa, a procesión das fachas a cima do Castro da Besta, comezará ás 00:00h. Á volta do percorrido acenderanse ás fachas máis longas que arderán ó tempo que se desenvolverán ditos concertos.
Nestes días estamos a traballar na recollida dos agucios para elaborar as fachas. Neste proceso están tamén a participar os mais xoves de Vilelos co fin de que vaian tomando contacto coa tradición.
|
|
|
|
Festival de Carral |
|
 |
|
|
|
I Festival de música tradicional e solidario (Cabana) |
|
 |
|
|
|
I Festival de Folclore Mar de Vigo |
|
 |
|
|
|
Susana Seivan e Doa nunha Gala Solidaria na Coruña |
|
 |
|
|
|
Festi-Valo (Manselle) |
|
 |
|
|
|
Festival das Brétemas (Ponteareas) |
|
 |
|
|
|
Obradoiro de peiteado tradicional (Ourense) |
|
 |
|
|
|
Presentación dos cursos de Rebuluir (Ramirás) |
|
 |
|
|
|
Clases en Ouzande (A Estrada) |
|
 |
|
|
|
Clses de pandeireta en Compostela |
|
 |
|
|
|
Cursos no Fiadeiro (Vigo) |
|
Boas a todos, un ano mais O Fiadeiro comeza un novo curso cheo de actividades para tódalas edades dende 3 anos en diante.
Durante todo este mes de setembro estaremos coas inscricións dos cursos así que se estás interesado en algún curso en particular non dubides en anotarte ou preguntarnos.
Mais información en www.ofiadeiro.com
Nos teléfonos 629 585 355 / 986 253 585
Ou na nosa asociación en horario de oficina de luns a venres de 17.00 a 21.00 e os xoves tamén de 10.30 a 13.30.
Estamos na R/ Xesús Fernández Nº3 Baixo (zona Calvario) |
|
|
|
Matrícula aberta na Escola Livre da MPG (Compostela) |
|
 |
|
|
|
Obradoiro de afinación de gaita (Lugo) |
|
 |
|
|
|
Resultados do concurso de gaitas de Ponteareas |
|
 Laghareu de Cotobade gaña o concurso de gaitas de Ponteareas
O certame celebrado no auditorio municipal contou con 15 grupos participantes e o Concello repartiu 4.500 euros en premios
A agrupación folclórica de Laghareu , de Cotobade, fíxose co primeiro premio do concurso de gaitas celebrado esta mañá en Ponteareas. O evento cumpriu a súa edición número 45 e constitúe a cita máis antiga do folclore galego.
En segundo lugar quedaron clasificados A Folla da Hedra, de Ponteareas, terceiro Fonte Suairas da Coruña e o cuarto clasificado foi Os Esparramáns de Vigo.
O alcalde, Salvador González Solla e a tenente alcalde Belén Villar foron os encargados de entregar 4.500 euros en premios aos galardoados. O certame foi un éxito de participación cun total de 15 grupos, o máximo establecido nas bases.
O auditorio Reveriano Soutullo quedou pequeno para acoller o espectáculo, xa que o mal tempo non restou asistencia do público.
La Voz de Galicia |
|
|
|
XXI Premios IAR |
|
 ¡DE NOVO CHEGOU O PREMIO IAR!, E XA VAN 21 ANOS!
Poñémonos en contacto con vos para informarvos de que o vindeiro 17 de Novembro do 2012 ás 19:00 h. terá lugar no Centro Sociocultural Ágora o Festival Folclórico no que será entregado o PREMIO ?IAR? DE FOLCLORE GALEGO correspondente a súa XXI edición.
Queremos animarvos a coñecer o Premio IAR de Folclore Galego, que levamos realizando dende hai 21 anos. Agora ben, se tes algún tipo de vinculación co folclore galego, ¡ANÍMATE! ou ¡ANIMA!, propoñendo a túa candidatura ou a terceiras persoas para ser galardoado, como foron no seu momento os que referenciamos no Anexo.
Unha vez máis, insistimos especialmente en que calquera persoa, grupo ou asociación que realice unha labor de potenciación, traballo, coñecemento, e demais pola nosa cultura pode optar a este Premio. É a nosa mais sinxela maneira de recoñecemento.
Axuntamos as bases que rexerán a XXI EDICIÓN DO PREMIO ?IAR? DE FOLCLORE GALEGO no caso de estar interesados en participar no mesmo, ou ben propor candidaturas, o prazo atópase aberto ate o 7 de Novembro.
As candidaturas deberán remitilas a :
XURADO PREMIO ?IAR? DE FOLCLORE GALEGO
R /CERCA, 30 BAIXO, 15009-A CORUÑA
iargrupo@hotmail.com
O fallo do xurado e a entrega do Premio terá lugar durante o FESTIVAL.
BASES PREMIO ?IAR? DO FOLCLORE GALEGO
O Premio ?IAR? de Folclore Galego nace no ano 1992, coa vontade de dar un recoñecemento público non crematístico, e coa finalidade de premiar cada ano a persoa física ou xurídica, grupo, asociación, entidade ou institución, á que se lle teña recoñecido o seu labor neste campo, durante a súa traxectoria, ou a que máis destacara durante o ano anterior no seu traballo polo folclore deste país.
Con posterioridade, acordouse valorar o desenvolvemento dunha traxectoria prolongada de traballo no folclore galego e no somentes ao labor no último ano.
As bases polas que se rexeu dende o inicio ata o día de hoxe a concesión anual do Premio ?IAR? son as seguintes:
1. Poderá concorrer á obtención do Premio ?IAR? toda persoa física ou xurídica, agrupación, asociación, entidade ou institución radicada en calquera parte do mundo, adicada á potenciación e fomento do folclore galego, nos eidos da investigación, música, baile, canto e vestiario; pódense outorgar incluso a título póstumo, segundo a valoración do xurado.
2. As candidaturas poderán presentarse diretamente ou a través de terceiras persoas que poidan propoñelas.
1. O prazo de presentación de candidaturas para o Premio ?IAR? está aberto ate o 7 de Novembro, valorando nesta vixésima edición o labor realizado ata finais do ano 2011, en calquera das facetas relacionadas co folclore galego.
2. As candidaturas deberán ir acompañadas dun ?currículo? da/o candidata/o e unha memoria dos traballos realizados ata o ano anterior.
3. As candidaturas deberán remitirse por correo ordinario ao Grupo de Bailes Populares ?IAR?, sito na Rúa da Cerca 30-baixo, 15009 A Coruña, ou ao correo electronico iargrupo@hotmail.com , a atención do Xurado Premio ?IAR?
4. O Premio ?IAR? será outorgado por un xurado composto por tres destacadas personalidades do mundo folclórico galego, nomeadas pola Directiva do Grupo de Bailes Populares ?IAR?, e a/o Presidenta/e do Grupo de Bailes Populares ?IAR?, que actuará como Secretaria/o, con voz e sen voto. Ningún membro do xurado poderá ter relación direta con ningunha das candidaturas presentadas.
5. Non poderá presentarse o/a gañador/a dalgún Premio ?IAR? anterior.
6. O xurado poderá declarar deserto o Premio, se non atopa méritos dabondo nas candidaturas presentadas.
7. O Premio ?IAR? 2012 fallarase antes da celebración da XXI edición do Festival de Premio ?IAR? de Folclore Galego, que terá lugar no Teatro Rosalía Castro, o vindeiro 17 de Novembro de 2012.
Asdo.: O Presidente da Sección de Folclore
Da A.VV. Castrillón-Urbanización Soto ?IAR?
Servando López González |
|
|
|
Chega a fin de semana |
|
Sexta feira 21 (Venres)
? Projecto Mourente no Barriga Verde (Lalín)
? Habelas Hainas no Artabria (Ferrol)
? Festa folk en Alcabre (Vigo): Grialia, Abóbriga, As Lagharteiras,...
? Foliada na Cova Céltica (A Coruña)
Sábado 22
? Masterclass de Anxo Lorenzo en Paramos (Tui)
? Curso de Laura Cortese en Xustáns (Pontecaldelas)
? Xornada Campás e campaneiros (Boqueixón-A Coruña)
? III Mostra Trazantes (Cotobade-Tenorio)
? Luar na Lubre no "Festival de la Luz", Boimorto
? Astarot no Salason (Cangas do Morrazo)
? III Festival da Cultuta proletaria (Cangas do Morrazo): Seara, o neto de Manuel,...
? Festival Asaghieiras Master (Lariño): Terbutalina, Marxe Esquerda, Kastomá,...
? Festival As Penizas Folk (Paramos-Tui): Pelepau, Anxo Lorenzo Band
? I Foliada de Esteiro (Muros)
? Serán das Tarambainas (Cabral - Vigo)
Domingo 23
? Masterclass de Anxo Lorenzo en Paramos (Tui)
? Curso de Laura Cortese en Xustáns (Pontecaldelas)
? IV Homenaxe Persoeiros da Terra (Teo) ás 18:00
? Nova Galega de Danza no "Festival de la Luz", Boimorto |
|
|
|
Seguen os Seráns |
|
22 de setembro
- I Foliada de Esteiro (Muros)
- Serán das Tarambainas (Cabral - Vigo)
5 de outubro
- Serán de Carcacía
6 de outubro
- Serán da Colleita en Parderrubias (Salceda de Caselas) no Torreiro da Igrexa
13 de outubro
- I Serán San Roque (Corcubión)
20 de outubro
- Serán de Barcela (Arbo)
27 de outubro
- III serán da colleita (Randufe, Achas-A Cañiza) no campo de futbol de Randufe. |
|
|
|
VII Serán das Tarambainas (Cabral (Vigo) |
|
Querid@s amig@s:
Un ano máis as Tarambainas estamos traballando na organización do que será xa o noso VII serán, a cita será o vindeiro sábado 22 de setembro a partir das 21.30h, na AAVV A Feira de Cabral, igual que o ano pasado, é moi fácil de atopar, e na estrada que baixa dende o aeroporto ata o Mercado de Cabral, a que está pegada á ITV, e a asociación está ó pé da carretera chegando abaixo ó mercado non ten perda e estará sinalizado.
Esperámosvos a todos con moitas ganas de troula... ¡¡¡NON FALTEDES!!!
Ademáis, as nenas están organizando xogos populares para nen@s no mesmo lugar a partir das 19.30h, así que xa sabedes festa para tódalas idades!!!
|
|
|
|
I Foliada de Esteiro (Muros) |
|
 |
|
|
|
Festa folk en Alcabre (Vigo) |
|
 |
|
|
|
Foliadas galegas en Alcalá de Henares (Madrid) |
|
FOLIADAs EN MADRID o 22 DE SETEMBRO a partir das 22:00 na "posada del diablo" Alcalá de Henares.
Esta idea nace dun grupo de amigos vencellados á música e o baile tradicional galego en Madrid, para poder pasar unha noite entre toda-las xentes que están ligadas a este mundillo é así difundir un anaco da nosa cultura por estas terras.
Xa estamos na 3º Foliada e ata o de agora foron moi exitosas. De feito xa se falou de nós http://www.interperiodismodigital.org/profiles/blogs/foliada-gallega-en-la-posada-del-diablo-alcal-de-henares.
Agora emprendemos unha nova tempada, na que cantos máis asistentes mellor!!
Terá lugar o próximo día 22, sábado a partir das 22:00 na "posado del diablo"( Av. Madrid 2) Alcalá de Henares, un lugar con historia, xa que este aparece no Quixote.
Esperámos a vosa axistencia!!
|
|
|
|
Festival As PenizasFolk (Paramos-Tui) |
|
O monte das Penizas, en Paramos (Tui), un auténtico miradoiro do Miño, é o lugar elixido para o I Festival Aspenizasfolk que se celebrará mañá sábado, desde as 11.30 horas, e incluirá un concerto a cargo de Anxo Lorenzo Band, que presentará o seu novo disco, a partir das 20.00 horas.
Aspenizasfolk, que nace con vocación de continuidade, contará, en caso de choiva, cunha carpa de 800 metros cadrados. O programa comezará ás 11.30 horas coas actuacións do grupo folk A Nosa Xente de Paramos, treboada Baixo Miño de Tomiño e o grupo folk Na Revolta da Guarda. A partir das 20.00 horas presentaranse ante o público o grupo de gaitas S. Tiago de Cardielos (Portugal), Pelepau de Vigo, J. Manuel Caballero e Cía e Anxo Lorenzo Band, coa colaboración da Banda de Gaitas San Xoán de Paramos.
Master class de gaita
O sábado e o domingo próximos terá lugar no Centro Cultural Laxes de Paramos, de 10.00 a 13.00 horas, unha Master Class de perfeccionamento da técnica de gaita para un máximo de cincuenta alumnos. Estará impartida por Anxo Lorenzo. |
|
|
|
Asaghieiras Master Festival de Lariño |
|
 |
|
|
|
Astarot volve a casa (Cangas do Morrazo) |
|
Un heavy metal cangués que persiste no tempo
O grupo Astarot volve ao escenario local
Aínda que os comezos da década dos 80 non eran os mellores para tocar heavy metal nunha vila como Cangas, o grupo local de Astarot conseguiu saír adiante e presenta este sábado, no concerto de fin de xira, o seu sétimo disco.
Tiña tan só 17 anos cando o cangués Carlos Gandón decidiu formar un grupo de heavy metal. Pouco despois xa nacera o primeiro tema propio coñecido como "Raíña Solitaria", así como o nome da banda: Astarot. Pero foi máis tarde cando arrincou a formación histórica do grupo, no que aínda permanecen Wes (voz), Carlos Rodal (baixo), Tony (teclado e voces), Jose (batería) e o propio Gandón. Os seus primeiros dous discos foron integramente en castelán, o que fixo que Astarot traspasase as fronteiras de Galicia pero no terceiro ("Apuesta y gana") comezaron a apostar polo galego. Seguíronlle así tres grandes obras: "Astarot e The Refrescos", "O sentir dunha terra" e "Longa noite de pedra".
Despois de catro anos sen actuar en Cangas, as raíces da súa alma, Astarot volven a casa este sábado a partir do dez da noite. "Vai ser a cana", asegura Carlos Gandón. "A xente non facía máis que preguntarnos cando actuariamos na casa, porque sempre estabamos actuando fóra, e aquí estamos, cheos de novas sorpresas e con moitas gañas".
O concerto terá lugar no SalaSon e será especial, non só por esas novidades que promete o guitarrista senón que tamén é o final dunha xira que atrapou a moitos novos seguidores. "Foi unha pasada. Normalmente sempre tocamos ao final e a xente quedaba só para mirarnos", comenta Carlos ao respecto, xa que a banda coincidiu en varias actuacións con cantantes como David Civera, O Soño de Morfeo, entre outros moitos.
Tamén será algo diferente porque hai máis de 20 anos que Gandón, Wes, Carlos Rodal, Tony e Jose non tocan nunha sala pechada. "Non é ou noso escenario favorito porque ao ter un aforamento limitado cabe a posibilidade de que haxa xente que quede fóra", lamenta o guitarrista. Aínda que, polo outro lado, agradece poder actuar en casa. As entradas saíron á venda o venres en despacho de billetes e a tan só catro días xa se atopan case todas vendidas.
Xa en tempos pasados, nos concertos polos arredores, lograban reunir a moito público. Ao comezo, nos anos 80, a oferta musical escaseaba e había unha gran demanda de actuacións. Pero tras o paso dos anos este grupo cangués de heavy metal e de rock deixou claro que a súa música non só era demandada pola falta de oferta, senón que co seu estilo propio conseguiron cativar a un gran público.
Sorpresas gardadas
Con todo, a maior sorpresa da noite non será unicamente a súa aparición sobre un escenario cangués, senón que, con motivo do seu trixésimo aniversario, que se celebrará o ano que vén, Astarot anuncia a gravación do seu novo disco. Aínda non saben como se chamase, pero o guitarrista asegura que "unha vez que finalicemos con todos vos concertos, comeza a época de meterse en cheo co novo traballo".
O grupo conta con que salga á rúa o mes de febreiro do ano próximo. Comporase de entre 12 e 15 cancións inéditas e de creación propia, "aparte dunha gran sorpresa que por agora non imos anunciar". Todo un misterio ao redor do traballo dun dos grupos máis veteranos do mundo heavy.
www.farodevigo.es |
|
|
|
III Mostra Trazantes (Cotobade-Tenorio) |
|
 |
|
|
|
IV Homenaxe Persoeiros da Terra (Teo) |
|
Dende a Asociación Cultural A Regionalista, en colaboración co Concellode Teo, organizan a IV Edición do ciclo Persoeiros da Terra. O evento terá lugar o vindeiro 23 de setembro ás 18.00 h. no local social da Ramallosa ?auditorio tras da Casa consistorial- onde se levará a cabo a presentación do libro-cd ?Vámola alboreando. Músicas de Teo? que recompila diversos temas interpretados orixinalmente por varios informantes do municipio teense.
Para tal ocasión contarán coa intervención dos seus protagonistas (trasmisores) que interpretartan en directo o que son as músicas de Teo.
www.gaiteirosgalegos.com |
|
|
|
III Festival da cultura proletaria (Cangas do Morrazo) |
|
 |
|
|
|
|
|
|