FERVENZA DE MÚSICAS. IV FOLIADA DE MÚSICA TRADICIONAL EN OUZANDE, AESTRADA
A partir das 21:30 da noite do 9 de setembro de 2011 no Campo da Festa de Ouzande, A Estrada.
Compartiremos festa cos grupos
Retrouso (Ouzande)
Os Xeitosos de Trazo
Gharatuzas (Santiago)
Reviravolta (O Pino)
Faíscas da Pontraga (Tordoia)
Haberá polbo e churrasco, servizo de bar, venda de camisolas do X aniversario da asociación, e toda a festa que queiras.
Campo cuberto.
A FERVENZA DE OUZANDE
www.carreiros.blogspot.com
(Achégase cartel da actividade)
--
Toda a información e as fotos das actividades no noso blog
Seguimos con forza no arranque da segunda tempada desta aventura radiofónica.
Tocará presentar un dos discos máis exitosos neste verán. Un trío formado por tres grandes músicos como son Quim Farinha, Pedro Pascual e Kim García que se chama... TALABARTE.
Ademáis, comezamos coa sección "Arruando". Ata Ourense chegou Javier Garaloces para falar con CÁSTOR CASTRO, o noso mestre de cerimonias para este recuncho. Non vos perdades ademáis das interesantes anécdotas que nos contou, algún corte que seguro que vos gustará, algún aínda non saíu nunca á luz.
Podedes escoitalo no 103.4 da FM (A Coruña) ou en cuacfm.org
XA ESTAMOS DE VOLTA NO FACEBOOK PARA INAUGURAR NOVA TEMPADA:
PROGRAMACIÓN SÁBADO 10:
O Recuncho Da Palleta (con Pablo Díaz) - Conversa, humor e música en directo con Cantata Vernácula - Entrevista a Saltanocribo (presentación do seu primeiro disco e sorteo de 5 exemplares do mesmo)
Os Chichisos organizamos por 4º ano ?CAMPÁS E CAMPANEIROS?, con elo queremos seguir dando a coñecer este PATRIMONIO SONORO ? LINGUAXE TRADICIONAL cunha demostración de todos os toques tradicionais que a través das campás se producen, tales como avisos de mortes, chamadas a misa, avisos de incendios, etc. e inventarialos.
Cada vez quedan menos campaneiros que sexan coñecedores dos diferentes toques ou sinais para comunicar os distintos acontecementos sociais, sendo sustituídos por aparellos electrónicos que desenrolan a labor de tanxer as campás, ao mesmo tempo que os cidadáns tampouco identificamos o que se transmite a través desta LINGUAXE TRADICIONAL.
Primeiro Encontro Intercultural do Concello de Rois
OBRADOIRO DE PESDELÁN + Festival Intercultural + Degustación Gastronómica
Venres 9 de setembro de 2011 ás 19:30h
Campo da Festa de Urdilde, Rois (A Coruña)
Pesdelán é un proxeto de música para baile. Levan vendidas máis de 3000 copias do seu primeiro disco Na punta do pé, en tan so en 5 meses.
Pretenden cambiar o concepto de público espectador polo de público participante
Terbutalina, a esperanza negra da música muradá, presenta o seu novo traballo Broncodilatador.
Despois do seu disco de presentación "Live in Catoira"(2011), sacan un EP chamado Que-de-leite! que recolle tres temas do LP Broncodilatador, que será posto a navegar o próximo 8 de setembro en formato dixital para libre descarga nas plataformas Bandcamp, O Toxo rabudo e Komunikando.
Os 15 temas do Broncodilatador son unha mostra do variado da súa aposta, unha proposta que levan amosando desde a súa formación nos concertos que teñen ofrecido o longo da xeografía galega, nos que mesturan velocidade, diversión e empanada.
DasKapital refuga o estado de cousas. Opón ruído negro á dominación consentida e contra o pop consensual ofrece un discurso en chamas, ferido.
Programme, Bobby Seale, Einstürzende Neubauten, Heiner Müller, Stereolab, Atari Teenage Riot, Os Resentidos, Walter Benjamin, Nine Inch Nails, Lois Pereiro,
presentes!
A situación é delicada. O son dos disturbios produce disturbios.
DasKapital naceu en maio de 2010 nun concerto de homenaxe a Radio Océano. Cun funcionamento descentralizado, aberto pero militante, Marcos Paino encárgase dos sintetizadores, O Leo da voz, Tomas Ageitos das percusións e o son en directo, Doutor Chou e David Ageitos introducen as guitarras e Daniel Salgado o Adat e o kaoscilator.
DasKapital edita en xullo de 2011 o seu primeiro disco, Ruído Negro, e chama a decidir se queremos facer parte do problema ou queremos facer parte da solución.
Socialismo ou barbarie.
DasKapital son:
Daniel Salgado: Adat e Kaossilator
O Leo: Voz
Marcos Paino: Sintetizadores
Tomás Ageitos: percusións e son en directo
Doutor Chou: Guitarra
Davide Ageitos: Guitarra
Coa colaboración especial de: Manu Paino (trompeta), Alex Salgueiro (sintetizadores), Gonzalo Vilas (acordeón).
Ruido Negro foi ideado, gravado e mesturado por DasKapital no Palacio de Inverno (Santiago de Compotela) e estudios Amil (A Coruña) e masterizado por Bonjan nos estudios Bonjan (A Coruña) entre abril e maio de 2011.
Deseño gráfico: Xosé Carlos Hidalgo
Producido por DasKapital
Traduccións ao ingles: Patricia Janeiro
Kastomä - Importame Merda é o cuarto traballo discográfico dos de Ordes. Gravado na primavera de 2011 en Océano Estudio de Nigrán por Javier Abreu (Sugarless, Boikot, Motores, Disidencia, etc). A liña dos novos doce temas son a Sota, Cabalo e Rei do cancioneiro de antros donde se nutren os protagonistas dos contos inventados en base de Rock.
Son historias que nacen na taberna e continúan unha noite tras outra con distorsión e contundencia ata o mencer.
Novas cancións de Kastomä que abren unha porta para irse embora voando lonxe dos malos rollos, coa maleta baleira pousada na vella estación. Agardando un tren que circula a toda máquina polas vias enferruxadas da noite de cada quen.
Un traballo xestionado e producido por Kastomä de xeito totalmente independente como levan facendo dende que comezaron alá polo ano 2000.
Bourando e tocando dende 2002, Deseqilibrio Mental edita o seu primeiro traballo "Con Q sin U" (Lobicán Records,2011), doce pezas gravadas nos estudios Pousada Son durante 2009 e 2010.
O grupo parte do rock/ metal en galego para tratar nos seus temas diversas cousas que acontecen a miúdo na sociedade actual, realizando unha protesta e intentando chegar á xente coa súa música. A grabación conta coa colaboración de músicos de bandas punteiras do rock galego coma Ruxe-Ruxe, Astarot...
O disco que acaba de sacar á luz Berros do Castro, Eirexado s/n, leva o nome dun lugar da parroquia de Naraío; dun lugar do municipio de San Sadurniño no que se dan a man a tradición e a historia, á vez que a lenda. E é, esta gravación nova, un dos proxectos máis queridos polo gaiteiro e lutier Antón Varela, un músico estreitamente vinculado tanto a Berros do Castro como a unha segunda formación, Raparigos, que tamén colabora neste proxecto. Un proxecto que permite xa non só rescatar do esquecemento -a frase, por tópica e repetida, non deixa neste caso de reflectir o que é certo-, senón sobre todo darlle un aire novo á música tradicional de Ferrolterra.
Subliñan os promotores do proxecto que o disco vén ser o froito dunha «recompilación de melodías que formaban parte do repertorio de diferentes formacións da música popular». Pero engaden que, ao mesmo tempo, e «ademais das melodías antigas que interpreta o grupo», tamén se inclúen no disco «dous cortes sonoros gravados a dous músicos que deixaron unha fonda pegada na música popular da comarca». Concretamente, de Dionisio Rodríguez, «afamado acordeonista da parroquia de Doso», na súa época «solicitado para ambientar innumerables bailes e roldas», e do ferrolán Manuel López Vergara, «un dous gaiteiros máis representativos e activos da comarca, tanto na súa faceta de intérprete como de mestre de gaiteiros».
Gaitas do obradoiro de Lago
Na gravación de varias das pezas que Berros do Castro gravou neste disco utilizáronse gaitas antigas, procedentes do obradoiro que rexentaron, en Lago, Valdoviño, os lendarios luthiers Manuel e Enrique. Dous artesáns cuxo apelido coincidía, por certo, co nome da súa parroquia, e de cuxo Taller de Lago saíron gaitas que, no século pasado, soaron tanto en Galicia como en boa parte dos países nos que había emigrantes galegos.
Os integrantes de Berros do Castro lembran, ademais, que Eirexado s/n vén ser, á súa vez, a «plasmación sonora» dunha imaxe, unha melodía... un recordo, proxecto que naceu do desexo de «recuperar, preservar e transmitir diferentes aspectos da música popular de Ferrolterra». Unha iniciativa, esta última, da que xurdiron «ferramentas para poñer en valor ese patrimonio como unha exposición itinerante de imaxes antigas de formacións tradicionais».
Primeiro traballo dun grupo de músicos con experiencia abondo no folk. Aposta pola fusión e variedade de estilos nun disco autoproducido no que interpretan temas recollidos da tradición que conviven con composicións propias.
Saltanocribo é un adxectivo. O seu significado mais aproximado é outra palabra curiosa é simpática do noso idioma: fervellasverzas. Hai quen a escribe separada e hai quen a escribe toda xunta. Saltanocribo, o grupo de música, son dos que a escriben seguida e así titularon tamén o seu primeiro CD despois dun percorrido exitoso nos últimos dous anos polos escenarios de Galicia.
Este primeiro CD que sae ó mercado neste mesmo mes de agsoto é un compendio xeneroso de 16 cancións nas que resalta tanto a variedade de ritmos como a de instrumentos: acordeón, clarinete, frauta traveseira, gaita, guitarra, percusión variada, violín, voz...
A súa posta en escena, como puideron comprobar os asistentes tanto do famoso Festival de Pardiñas como os da pasada edición do Festival Achegarte celebrado na Coruña, vai do festivo ó proximo presentando unha oferta de calidade musical e risco moi atractiva e divertida nas partes que o precisan. A súa vez a sensibilidade no tratamento de temas como O Pindo fai remoer, repasar e devecer mentalmente do adn tradicional que todos levamos mais ou menos dentro e que sacamos fora cada vez que se xuntan músicos tan xeitosos coma estes para animarnos as vidas.
Os compoñentes de saltanocribo son (da súa propia web www.saltanocribo.net):
Jose Manuel, ?Barbeiro?: é o acordeonista do grupo e chega a el tras o seu paso pola formación musical Eoas (Sarria, Lugo). É de Sarria, onde vive e vela pola nosa seguridade como axente de seguros.
Luís: é orixinario de Sarria, aínda que vive en Lugo e exerce coma enxeñeiro. Dende Xarín, gaiteiros do Incio chega a Saltanocribo como o clarinetista e gaiteiro do grupo.
Suso: orixinario da Pobra do Brollón e habitante insigne das terras de Lemos. Tras o seu paso por Xarín, gaiteiros do Incio, do cal é co-fundador, forma parte do grupo facéndose cargo de frautas e gaitas.
Braulio: é orixinario de Coruña, aínda que agora está afincado en Monforte. Por eses lares exerce a medicina, dentro do grupo muda o vademecum polas cordas das súas guitarras. Chega ao grupo tras pasar por Xarín.
Ismael: como os máis nosos músicos vive e ten as súas orixes na comarca de Sarria. Tras o seu paso coma percusionista, por grupos como Eoas, Xanzá e Xarín, gaiteiros do Incio, expresa a súa sabedoría no grupo por medio das diferentes percusións.
Rebeca: é orixinaria de Baralla e vive en Santiago de Compostela, onde esculca nas profundidades da bioloxía. Dende a formación Xarín, gaiteiros do Incio chega e achega a esta formación musical a súa arte como percusionista.
Pablo Camarero: é o violinista do grupo. Está afincado en Santiago de Compostela onde exerce como profesor, malia a ter as súas orixes na Pobra do Brollón. Chega ao grupo tras o seu paso por diversas formacións musicais.
Carolina Vázquez Castro: ten as súa orixes en Foz, aínda que agora reside en Lugo onde ensina como profesora de música de primaria. Ela presta a súa voz ao grupo e chega a esta formación musical tras o seu paso por Xarín, gaiteiros do Incio.
LOBALÚ ofrece un espectáculo íntimo e sinxelo onde o ingrediente esencial é a sensibilidade dos compoñentes e a do público, co que se trata de trazar unha ponte que facilite a comunicación e o goce.
O repertorio abrangue distintos estilos, enchendo as composicións de grande sonoridade: jazz, música brasileira, pop ou folk, e sempre buscando a liberdade a partir da improvisación, traballando no terreo do acústico.
A banda nace no 2004 a partires da asociación de Najla Shami e Héctor Lorenzo Piñeiro despois do festival de verán FEITO A MAN en Santiago de Compostela. A partir dese momento a formación toma un carácter aberto traballando con moitos colaboradores. Xa no 2009 establécese unha nova banda a partir do comezo gravación do primeiro disco "Haikus" en Abrigueiro Estudios que verá a luz na primaveira do 2011, unha produción que se foi construíndo a partir do traballo de numerosos músicos e amigos:
NAJLA SHAMI: Voz
HÉCTOR LORENZO PIÑEIRO: Guitarra Rítmica
ÁLVARO VIEITO: Guitarra Solista
MICHEL GONZÁLEZ: Guitarra Solista
GUILLERME FERNÁNDEZ: Guitarra Solista
SERGIO TANNUS: Guitarra Solista, Cavaquinho, Mandolina
QUIM FARINHA: Violín, Viola
PEDRO PASCUAL: Acordeón
ALFONSO CALVO: Contrabaixo
ROI ADRIO: Percusión
ÁNGEL SANLUIS TEJADO: Percusión
MIGUEL QUEIXAS: Batería
ARTURO VAQUERO e JAHEL PIÑEIRO: Dende Abrigueiro Estudios.
Producido por Arturo Vaquero e gravado en rigoroso directo nos estudios Abrigueiro, neste traballo Esquíos soan mellor que nunca e presentan o seu disco máis rápido, máis bailón e mais punki, conservando o seu toque garaxeiro e facendo incursións guerrilleiras noutros estilos coma por exemplo o country.
Doce temas propios, un deles coa colaboración vocal de Xavinho (Raiba), con títulos coma ?Son parvo?, ?Bukowski?(adicada ao escritor), ?Psicose no 2012? ou ?Xunta-te?, contendo letras divertidas e mais ácidas que nunca.
"Feita en Riobó? é o segundo traballo discográfico de A Requinta de Xián. O título merece pouca explicación para os ulláns pois Riobó é o berce da requinta.
No obradoiro dos García de Riobó, situado na Estrada (Terra de Tabeirós- Pontevedra) e con case tres séculos de tradición, pensouse e materializouse a idea da requinta, unha frauta traveseira deseñada para acompañar as gaitas tumbais e que segue os patróns clásicos franceses, pero con peculiaridades que pensamos permiten dicir que supoñen un desenvolvemento propio deste obradoiro e non unha copia literal dunha frauta francesa de finais do XIX, como outros teñen pretendido.
Se no seu primeiro traballo discográfico quixeron amosar a riqueza das frautas traveseiras (frautas, requintas, pínfanos e frautas de cana) que aparecen na Ulla, neste segundo queren facer fincapé nos diferentes tipos de agrupacións musicais que os tocaron, rememorando tanto a súa historia coma o seu son. É por iso que nas gravacións acharedes pezas tradicionais da Ulla interpretadas cos diferentes tipos de formacións que foron quen de documentar.
Aberto o prazo de preinscripción ata o 9 de setembro
Entramos nos últimos días para que podas preinscribirte nas nove especialidades instrumentais que impartimos na e-Trad: Zanfona, Gaita, Percusión Tradicional, Canto Popular, Requinta, Arpa Céltica, Violín Folk, Acordeón Diatónico e Corda Pulsada.
Dispoñemos de instrumentos e de aulas de ensaio para que podas iniciarte aínda que non contes con instrumento propio durante o primeiro ano.
ITINERARIO BÁSICO: 1-2 horas semanais
Edade mínima requerida: 9 anos.
Duración: 3 anos.
Necesidade de coñecementos previos: non
ITINERARIO PROFESIONAL: 5 horas semanais.
Edade mínima requerida: 15 anos.
Duración: 6 cursos en 2 ciclos de 3 anos.
Data final preinscripción: 9 de setembro.
Preinscripción na oficiña: de 11 a 14 horas.
Preinscripción on-line: www. etrad.org
Dispós de toda a información sobre itinerarios, plans de estudios, aulas abertas e programa de e-learning descargando o pdf
Corta feira 7 (Mércores)
? Luar na Lubre en Caión (Laracha)
? Quempallou en Tomiño
Quinta feira 8 (Xoves)
? Os Carunchos en Tomiño
Sexta feira 9 (Venres)
? Pesdelan en Rois
? Pepe Vaamonde Grupo na Fonsagrada
? IV Foliada de música tradicional (Ouzande-A Estrada)
Sábado 10
? Guadi Galego, Xabier Díaz e Guillerme Fernández no Roi Xordo (Allariz)
? Tiruleque en Lalín
? Leña Verde en Forcarei
? Som do Galpóm na sala Labranza (Bueu)
? Festival Rock In Rian (Rianxo): Pito de Pikasso, Medomedá, Deseqilibrio Mental,...
? Festival Arrechégate ao fento (Bembrive-Vigo): A Compañía do ruido, The Turre´s Band, Trahtucada, Muyayo Rif,...
? Foliada Cántigas na rúa ás 19:00 no campo da Leña da Coruña
? Serán das Tarambainas (Cabral - Vigo)
Domingo 11
? Moxenas Musical Galego no Auditorio do Centro Cívico de Teis (Vigo)
Sexta feira 2 (Venres)
? Festas da rúa de abaixo (Compostela): Orquestra Os Modernos, Habelas Hainas e Tanto nos Ten
? Media ducia e Fol de Veneno en Ponteceso no bar A Eira ás 23:00
? Circio en Cangas do Morrazo ás 22:30
? Kastomá no pub Gatos (Melide)
? Raiba na sala Moby Dick de Sada
? Roi Casal en Rianxo na Praza Castelao ás 22:30
? Guezos e Pulpiño Viascón en Dodro
Sábado 3
? VII Encontro Folclórico de Poulo (Ordes) ás 17:00
? Encontro Folclórico de Uxes (Arteixo) ás 18:00
? XV Festival Folclórico Baiña en Baiona ás 22:00
? Son d´aldea en Santiago de Alba (Palas de Rei) con Buxaina e A Quenlla
? Os Carunchos na Casa de Arriba (Vigo) ás 18:00
? María do Ceo en Celanova
? A Roda en Vilalba
? A Requinta da Laxeira en Poulo (Ordes)
? Xosé Manuel Budiño en Negreira ás 23:00
? Roberto Somoza en Rianxo
? O Son das mamoas (Candeán-Vigo): Recambios Tucho, Kogito, Skakeo, Bastards on Parade,...
? Festival da Poesía do Condado de Salvaterra de Miño (Pontevedra): Ultraqans, Marful, Os Cuchufellos,...
? V Serán dos Callos na Praza do Concello de Salceda de Caselas
? Serán no Rosal na Praza do Calvario