A tarde do sábado 1 de outubro, celebraremos una Xornada de Portas Abertas en Xacarandaina.
A asociación convida a todos interesados a achegarse ao noso local, na rúa Historiador Vedía, detrás da rúa J. Florez, para coñecer as diferentes actividades que desenvolvemos ao longo do curso.
Os obradoiros sucederánse ao longo da tarde dende as 16 h. son completamente gratuítos e están enfocados tanto a rapaces, como adultos. Terán unha hora de duración e estarán impartidos por os mestres de Xacarandaina: pintura, guitarra, baile moderno(menores de 16 anos), gaita, pandeireta e baile tradicional.
Si algunha vez pensaches en achegarte a calquera de estas actividades, pero non te atrevías a dar o paso, proba cunha clase gratuíta. Si xa asistes a clases na asociación, e queres porbar una actividade diferente, ou dexesas convidar a un amigo ou familiar para que se anime, esta é a ocasión.
Para participar é preciso inscribirse previamente (ata o venres 30 de setembro), as persoas interesadas poden facelo chamando ao tfno. 981 277 315, por e-mail en info@xacarandaina.com, ou pasando pola asociación, o horario no mes de setembro é de luns a venres de 10:30 a 12:30 e de 18 a 21h.
MATRICULA CURSO 2011-2012
Continua aberto o prazo de matrícula para as actividades do curso 2011-2012 en Xacarandaina. Existen actividades para todas as idades dende os 3 anos. As actividades abranguen non só o eido do folclore (baile tradicional, gaita, percusión tradicional, canto e pandeireta, acordeón), tamén artes plásticas (pintura e debuxo), guitarra, encaixe de bolillos, ludoteca, pilates, bailes de salón, baile moderno ?
Os grupos están organizados por idades e diferentes niveis de aprendizaxe, e existe unha ampla gama de horarios para facilitar a asistencia: 61 clases en total, 28 profesores especializados en cada una das materias, e una traxectoria de 30 anos de traballo pola nosa cultura na nosa cidade.
Horario de inscrición: de luns a venres 10:30 a 12:30 e de 18:00 a 21:00, e sábados de 10:30 a 13:30.
O Concello de Salceda de Caselas organiza o I Curso de música e baile tradicional galego.
sábado 1 e o domingo 2 de outubro
Contaremos con catro especialidades: - Curso de gaita impartido por Iván Costa Blanco
- Curso de percusión impartido por Marcos Pérez Saburido
- Curso de canto e pandeireta impartido por Xabier Díaz
- Curso de baile tradicional impartido por Miguel Sotelo
Os cursos terán unha duración de 12 horas repartidas entre o sábado 1 e o domingo 2 de outubro, cos seguintes horarios:
Mañá de 10:00 a 13:30 con unha pausa de media hora
Tarde de 16:30 a 20:00 con unha pausa de media hora
As prazas son limitadas. Cada alumno so pode inscribirse nunha modalidade. O prezo do curso son 35 ?.
Podedes informarvos de todo o que queirades saber na Concellería de Cultura do Concello de Salceda (986349003), na Casa da Cultura Alfonso Daniel Rodríguez Castelao (986340543) ou por correo electrónico en cultura@salcedadecaselas.es
A Asociación de Gaiteiros Galegos está a organizar o V Congreso de Ensinantes de Música Tradicional Galega, que se levará a cabo no Auditorio de Galicia, en Santiago de Compostela, durante os días 7, 8 e 9 de Outubro de 2011.
Toda persoa que queira expoñer algún tema relacionado co ensino da música tradicional poderá escribir unha comunicación e presentala no Congreso.
As normas para a presentación de comunicacións serán as seguintes:
- O prazo de presentación dos resumos das comunicacións será do 12 ao 28 de Setembro de 2011. O contido deberá ser enviado co seguinte formato: letra ?Times New Roman?, tamaño 12, interliñado sinxelo. O contido deberá incluírse nunha páxina como máximo (1 cara). Ademais deberán indicarse os datos persoais do autor/es que presenten a comunicación.
- Os autores das comunicacións seleccionadas poderán redactar o traballo in extenso ata o 3 de Outubro. Data límite para que todas poidan ser incluídas na documentación oficial do Congreso.
- A duración das comunicacións non deberá ser superior a 15 minutos de exposición.
- O envío das comunicacións deberá realizarse por correo electrónico a secretaria@gaiteirosgalegos.com ou por correo ordinario á Lugar de Quintan 3, C. P 36121 Viascón ? Cotobade (Pontevedra).
En breve informarese do programa e do prazo de inscrición.
O grupo Canle Dadá foi o gañador do 44º Concurso de Gaitas de Ponteareas celebrado este domingo no auditorio Reveriano Soutullo. O cuarteto triunfador, orixinario de Vilagarcía de Arousa, está composto polos gaiteiros Pedro Álvarez e Ánxela Vidal, o tamborileiro Cristian Silva e o bombeiro Rafael Crespo. Como gañadores do primeiro premio correspóndenlles 1.800 euros, un diploma e medallas conmemorativas patrocinadas pola Deputación de Pontevedra.
En segundo lugar quedou o grupo Os Chancros, procedentes de Vigo, e gañadores de 1.200 euros patrocinados pola empresa Aquagest. En terceiro lugar situouse o grupo Senlleiro Soar, da comarca do Condado, e gañadores de 900 euros financiados polos empresarios e irmáns Rodríguez Sobral. O cuarto premio de 600 euros e patrocinado polo Concello de Ponteareas recaeu no grupo vigués Cuadrofenia.
Nesta edición tamén houbo un quinto premio dotado cun lote de material musical doado pola empresa "Zinye Distribucións Musicais", e que lle correspondeu o grupo Picuiña, procedente de Marín.
Nesta ocasión, o concurso foi dedicado ao percusionista natural de Areas e falecido en 1978 Manuel Leándrez Otero, a quen como recoñecemento entregóuselle un diploma a título póstumo.
Sara Vidal deixa LUAR NA LUBRE por motivos persoais. Atentos ás noticias. En breve faremos dous concertos, de despèdida de Sara e de presentación da nova vocalista, galega d'A Coruña.
Moitas grazas Sara!!! E moi boa sorte nas túas nova andainas.
O grupo Luar na Lubre anunciou hoxe a decisión do seu vocalista, Sara Vidal, de abandonar a banda galega «por motivos persoais», logo de sete anos, catro discos e máis de douscentos concertos.
A banda, que recentemente celebrou o seu vixésimo quinto aniversario, agradece o traballo realizado por Vidal, que chegou ao grupo co difícil papel de substituír á anterior vocalista, Rosa Cedrón.
Na súa nota, o grupo destaca que nos vinte e cinco anos da banda xa pasaron tres vocalistas, que fixeron unha achega «moi valiosa e positiva» para o grupo.
A orixe portuguesa de Sara Vidal, recorda Luar na Lubre, serviu ademais para reforzar a importante relación que o grupo sempre mantivo con este país.
A substituta será presentada proximamente nunha conferencia de prensa, aínda que o grupo anuncia que compartirá escenario con Vidal en senllos concertos no Teatro Rosalía de Castro da Coruña, (11 de outubro) e no Auditorio Pilar Bardem de Rivas -Vaciamadrid (14 de outubro).
Luar na Lubre non ofrece máis pistas sobre a nova vocalista e asegura que a súa voz «vai sorprender» e suporá «un reto» para o grupo.
Segunda feira 26 (Luns)
? Marta Quintana na e-trad (Vigo) ás 20:00
Terza feira 27 (Martes)
? Emilio Rúa na Casa das Crechas (Compostela) ás 22:30
Corta feira 28 (Mércores)
Quinta feira 29 (Xoves)
Sexta feira 30 (Venres)
? Mamá Cabra en Coristanco ás 17:00
? Vaamonde, Lamas & Romero coa Banda Municipal de Pontevedra no Pazo da Cultura de Pontevedra ás 22:00
? Susana Seivane na Pontes
? Xosé Manuel Budiño no auditorio de Tui
? Foliada no Lar (As Pontes):Damas e Galáns de Ferrol e No Cómbaro
Sábado 1
? Pesdelán na Ramallosa (Teo)
? Som do Galpóm na sala Grecos (Sada)
? I Serán da Festa da Mazá de San Esteban de Negros (Redondela)
? Serán da Colleita, en Parderrubias (Salceda de Caselas)
? I Serán Tahume no Pavillón polideportivo de Sirves (Olveira-Riveira-A Coruña)
Domingo 2
? III Xornadas de Cultura Popular Galega (San Sadurniño)
? Som do Galpóm na Regueifa (Ponteareas)
Sexta feira 23 (Venres)
? Raiba na sala Auriense de Ourense
? The Homens nas Pontes ás 21:00 no Cine Alovi
? Terbutalina na sala Imperfecto (O Grove)
? Mamá Cabra en Boiro
? Festivalo (Manselle-Dodro): Ataque Escampe, Labregos no Tempo dos Sputniks, A Banda da Balbina, Intercoles e Medomedá
Sábado 24
? Festival das Tarambainas ás 18.30h no auditorio do centro cívico de Teis: Lembranzas da Ria, Lagharteiras, Retrouso e Tarambainas
? I Festival de Cantareiras no Longoiro (Meiras-Valdoviño) ás 18:00: Grupo de Cantareiras do Fogar de Maiores do Val, As Fiandeiras de Neaño, Pandereteiras Raices Combinadas de Limiñoa, Roupavella e Cantareiras Mestura Meirás
? Moxenas Musical Galego no Auditorio Municipal de Cangas do Morrazo ás 21:00
? Capitán Furilo no Aturuxo (Bueu)
? Terbutalina na praia de Carrofeito (Pedrafigueira, Carnota)
? Trapallada no Pub D?Antón (Laracha) ás 22:30
? Festival Kontrashte Fest (As Pontes): Arenga, Muxarega, Desequilibrio Mental,...
? Cuchufellos, Pé de boi e Riobó en Trabanca (Vilagarcía de Arousa) ás 22:30
? Serán Furancheiro de Picoña (Salceda de Caselas)
Domingo 25
? XLIV Concurso de Gaitas de Ponteareas ás 11:30 no Auditorio
? Obradoiros e Mostra de canto e baile tradicional (Monforte de Lemos)
? PeldeNoz ás 20:30 no Museo do Mar (Vigo)
24 de setembro
- Serán Furancheiro de Picoña (Salceda de Caselas)
1 outubro
- I Serán da Festa da Mazá de San Esteban de Negros (Redondela)
- I Serán Tahume no Pavillón polideportivo de Sirves (Olveira-Riveira-A Coruña)
- Serán da Colleita, en Parderrubias (Salceda de Caselas) no Torreiro da Igrexa
15 outubro
- II Serán de Randufe (Achas-A Cañiza)
22 outubro
- Serán de Barcela (Arbo)
31 outubro
- Seran do Samaín (Redondela) na Alameda
O Serán furancheiro de Picoña naceu coa idea de promocionar turísticamente este lugar de Salceda, descoñecido para moitos/as, e ó mesmo tempo facilitar a saida de excedentes do viño que colleitan númerosas persoas.
Esta formula tamén ten un compoñente cultural e social , xa que se pretende que haxa o maior número de grupos musicais polas adegas e camiños da parroquia o que favorecen as relacións persoasi e sociais entre veciños/as e visitantes. Por outra banda, nestes momentos de crise, entendemos que os furanchos poden ser un paliativo para aquelas persoas que o están pasando mal económicamente.
Un dos grupos dos que máis gosto deixan os escenarios, a nova emigración tamén afecta aos músicos galegos...
Sorte rapaces!!!!
----------------------------------------------
O bolo das Pontes vai ser o último que deamos nunha boa temporada. Xocas marcha un tempo para a emigración, así que o resto dos Homens pasaremos á clandestinidade e aproveitaremos para facer outras cousas, escribir cancións novas, engomar, sobrevivir, contribuír á revolución e reflexionar sobre a pesca da troita en América.
Gracias por todo
O grupo compostelán The Homens levará o seu repertorio de pop extremo o venres 23 a As Pontes (Cine Alovi, 21.00h., 3 euros). Para The Homens este será o último concerto antes dunha parada nas súas actividades de duración aínda por determinar.
Nunha data tan especial, Xocas (batería), Roi (baixo e voz), Martin Wu (guitarra e voz) e Cristovo (teclas, pandeiretas e enxeñería eléctrica) farán en As Pontes un concerto que comezará coas reinterpretacións acústicas das súas cancións feitas para a xira ?Detrás da canción? (2010-2011), para despois cargarse de electricidade e rematar co seu repertorio de pop enérxico e bailable.
A entrada ao concerto custa 3 euros, e pode mercarse na taquilla do Auditorio Municipal Cine Alovi o xoves 22 de 12.00 a 13.30 horas e o venres de 12.00 a 13.30 e a partir das 19.30 horas ata o comezo do concerto.
O grupo compostelán leva seis anos tentando cadrar a ecuación que combina melodía, enerxía e actitude, o gusto polo pop británico de todas as décadas e a enerxía do punk americano dos oitenta, engadíndolle psicodelia e experimentación. O seu último disco, Cuarta potencia (2009), continuación do seu celebrado Tres, é melodía a volume atronador, é inocencia pop e nihilismo negro, e mostra á banda máis preocupada polas melodías e polas letras e, á vez, máis ruidosa que nunca. Producido de novo por Santi García (Nueva Vulcano, Charades, The Unfinished Sympathy?), o disco contén doce cancións nas que The Homens envorcan todo o vivido e aprendido en un lustro de xira sen fin.
O concurso de gaitas de Ponteareas celebra a súa edición número 44
A cita máis antiga co folclore galego, o concurso de gaitas de Ponteareas, chega este ano á súa edición número 44. O alcalde, Salvador González Solla, e o edil de Cultura, Andrés Sampedro, presentaron onte o evento, que se celebrará o próximo 25 de setembro no auditorio Reveriano Soutullo.
O rexedor lembrou que «o concurso de gaitas de Ponteareas constitúe a cita máis importante de Galicia coa música tradicional, e como tal, dende ou Concello fanse os esforzos precisos para seguilo mantendo como tal». Nesta edición poderán participar todos os grupos tanto de Galicia como dos centros para galegos que existen polas demais comunidades de España ou mesmo no estranxeiro. O único requisito é que os instrumentos deben ser tradicionais e non poden ter ningún tipo de modificación ou variación. Os interesados deben anotarse antes do día 17 de setembro e o número máximo de participantes será de quince grupos.
«O concurso de gaitas non só contribúe a preservar, manter e espallar a música popular de Galicia na súa máis pura esencia, como é a de grupos formados por dúas gaitas, un bombo e un tamboril senón que fai que vos grupos participantes, tal e como especifican as bases, vistan o traxe tradicional completo e, nese sentido, tamén buscan e investigan sobre vestimentas tradicionais», apunta Andrés Sampedro.
Para que todos os veciños se implíquen nas celebracións, todos os participantes realizarán uns pasarúas o mesmo día do concurso desde a casa consistorial até o auditorio. O desfile, no que interpretarán pezas galegas, comezará ás 10.15 horas do domingo. Os grupos poderán tocar dúas pezas de raíz melódica en oito minutos e por participar recibirán 200 euros.
O primeiro premio de 1.800 euros estará financiado pola Deputación de Pontevedra; o segundo de 1.200 euros correrá a cargo de Aquagest; o terceiro premio de 900 euros financiarao a fundación Irmáns Rodríguez Sobral; o cuarto premio de 600 euros achegarao o Concello de Ponteareas; e un quinto premio, consistente en material musical, será doado por Bannatyne Pipe Bags. Ademais, todos os participantes recibirán 200 euros por, sendo quince o número máximo de grupos.
Máis información no Departamento municipal de Cultura (986661675).
PROGRAMA: XXIII XORNADAS DE VERÁN DE GALIZA NOVA ? BERGANTIÑOS 2011
Un ano máis xa están aquí as Xornadas de Verán de Galiza Nova. Nesta edición terán lugar na Comarca de Bergantiños durante os días 23, 24 e 25 de setembro.
Con esta actividade, que cada ano reúne a centos de mozas e mozos chegados desde todos os puntos do país, desde a nosa organización queremos contribuír ao coñecemento e descoberta da realidade histórica, cultural e política de Galiza.
Polo prezo de 20 ?, que inclúe os desprazamentos, manutención e aloxamento, poderás desfrutar connosco de tres días de convivio con roteiros históricos e naturais, actos culturais, lecer, deporte e festa! Para anotarte só tes que enviar os teus datos (nome, apelidos e teléfono de contacto), ata o 21 de setembro, ao nacional@galizanova.org ou chamar ao 981-569-086. Agardámoste!
Venres, 23 de setembro
17.15 Saída de buses dende Compostela (Alameda de Santiago, en fronte gasolineira)
18.30 Benvida no Concello de Carballo. Evencio Ferrero (alcalde de Carballo); Silvana Castro (concelleira de Mocidade); Vítor Recarei (responsábel comarcal do BNG); Pablo Vázquez (responsábel comarcal de Galiza Nova), Iria Aboi (Secretaria Xeral de Galiza Nova).
19.30 Roteiro explicativo sobre Alfredo Brañas (Xan Fraga, historiador)
20.30 Acto público sobre a reforma da Constitución Española. Evencio Ferrero (alcalde de Carballo); Iria Aboi (secretaria xeral de Galiza Nova); Guillerme Vázquez (portavoz nacional do BNG)
22.00 Cea
23.00 Saída nocturna por Carballo. Festa LK na Taberna Café O Patacón
Sábado, 24 de setembro
09.30 Almorzo
10.30 Roteiro pondaliano en Ponteceso (dende Ponteceso a Valarés pasando pola casa natal do autor, o Monte Branco?)
12.30 Acto conmemorativo do 125 nacemento de Castelao con Xoán Carlos Garrido (profesor e historiador) Casa dos Veciños do Couto.
14.30 Xantar ao aire libre na carballeira e a praia de Valarés
16.00 Esparexemento e actividade deportiva na Praia do Pendón (Cabana de Bergantiños)
-. Kaiak
-. Roteiro dos Muíños, con remate no Dolmen de Dombate
-. Deportes varios: fútbol sala, baloncesto, volei-praia?
-. Esparexemento na praia
18.30 Visita ao espazo natural da lagoa de Traba. Explicación do enclave natural e da historia dos Condes de Traba.
20.00 Cea na área recreativa anexa á praia de Soesto (Laxe)
22.30 Saída nocturna pola Laracha. Festa no Pub D?Antón co grupo Trapallada.
Domingo 25 de setembro
10.00 Almorzo
11.00 Visita á vila oleira de Buño (Museo do Forno do Forte e talleres tradicionais de olería)
13.00 Acto sobre os/as represaliados/as galegos/as de 1936 e a simboloxía franquista na Laracha.
14.30 Xantar no espazo natural de Verdes (Coristanco)
16.00 Saída dos buses cara Compostela
Os peores presaxios cumpríronse. A asociación cultural María Castaña advertiu hai un ano de que a súa continuidade estaba en perigo e onte anunciou que pecha o seu grupo de música e as súas aulas de formación. O colectivo pon así fin a 18 anos de actividade, un período no que se converteu nunha referencia do folclore galego.
Unhas 20 persoas e moito traballo etnográfico
A maiores, o arquivo audiovisual da asociación, que suma unhas mil horas de material etnográfico, podería irse a Santiago de Compostela, ao Museo do Pobo Galego. María Castaña só manterá o labor de investigación e difusión da cultura galega, aínda que non sabe en que condicións.
O descenso de actuacións que afecta a todos os grupos desde o inicio da crise fai que María Castaña non poida facer fronte aos gastos de funcionamento do local que ocupa na Rúa Chantada practicamente desde os seus comezos, en réxime de aluguer. O colectivo tampouco atopou apoio das institucións lucenses, asegura o seu presidente, Isidoro Rodríguez, a pesar da multitude de xestións realizadas con todas as administracións, especialmente no último ano, afirma.
«María Castaña sempre viviu das actuacións. Os alumnos non eran unha fonte de ingresos porque pagaban xusto para os profesores. O problema é que pasamos de facer máis de medio cento de actuacións ao ano a unhas vinte, e moitas sen cobrar, senón por compromisos que tiñamos con outras asociacións», explica o que foi un dos fundadores do colectivo e o seu presidente desde entón.
Rodríguez explica que o acceso ás subvencións é difícil, xa que as administracións obrigan a realizar un investimento moito maior da axuda que dan, sinala. «As únicas asociacións que se manteñen son as que teñen local propio. Nós chegamos a ter promesas concretas de políticos, algunhas directas e outras indirectas, de que nos ían deixar un local. O curso pasado empezamos porque había un compromiso, pero non se materializou e, aínda que parece incrible, tanto ou Concello como a Deputación e a Xunta dinnos que non teñen locais», explica o presidente de María Castaña.
A asociación tivo, en cambio, ofertas para trasladarse a outros concellos, pero rexeitounas porque non considerou adecuado obrigar aos seus alumnos a viaxar. Si é posible que acaben fóra da provincia os fondos do seu arquivo audiovisual. Rodríguez estima que hai, como mínimo, unhas mil horas de gravacións froito do traballo de recollida de material etnográfico que el mesmo iniciou hai trinta anos e ao que se incorporaron outras persoas cando se constituíu María Castaña.
Rodríguez explica que as institucións provinciais non ofrecen á asociación garantías de que van cumprir as condicións postas para a cesión do arquivo, que son a clasificación e dixitalización de todo o material e a súa posta a disposición do público. «Ten unha primeira catalogación, pero urxe dixitalizado porque corre risco de perderse. Neste momento estamos en conversas co Museo do Pobo Galego», explica, coa experanza de que María Castaña non desapareza do todo.
O vindeiro 1 de outubro comeza o curso 2011-2012 na Escola de baile e música tradicionais LEMBRANZAS DA RÍA.
Ofértanse clases de baile tradicional, canto e pandeireta, gaita e percusión, para tódalas idades a partir de 4-5 anos.
Haberá unha reunión informativa de apertura de curso o día:
- xoves 22 de setembro, para alumnos que xa formaron parte da Escola no curso anterior
- venres 23 de setembro, para alumnos de nova inscrición
Ambas reunións terán lugar ás 19:30h. no Local de Ensaio de Cimadevila (antiga escola infantil de Cimadevila, San Pedro - Cangas do Morrazo). [ver mapa no seguinte enlace]
Para máis información podedes consultar a nosa web www.lembranzasdaria.com , escribirnos a contacto@lembranzasdaria.com ou chamar aos teléfonos 670706147 ou 605094203.
Comezan as clases de baile, pandereita e canto tradicionais:
PANDEIRETA E CANTO TRADICIONAL
Profesor: Xermán Muíños
Matrícula de inicio: 10? (só para novas inscricións)
Prezo: 12 ? ao mes
Casa da Escola de Couso
Horario: venres 21:30-22:30
Valórase a posibilidade de establecer dous grupos (iniciación e avanzado)
Comezo: 30 de setembro 2011
Remate: 29 de xuño 2012
BAILE TRADICIONAL
Profesor: Carlos Xosé Vidal
Matrícula de inicio: 10? (só para novas inscricións)
Prezo: 12 ? ao mes
Escola nova de Couso
Horario: sábados 19:30-20:30
Comezo: 1 de outubro 2011
Remate: 30 de xuño 2012
Podedes facer calquer consulta aqui mesmo, ou a través de:
Email: aoft@hotmail.com
Tfn: 654173524
As actividades son:
Canto e pandeireta (Patricia López).
Gaita, percusión e combo instrumental (Gonzalo Abelairas e Alejandro Miguélez).
Achegas ao Folklore cos máis cativos* ( Roi Losada, esta actividade está pendente).
Cada alumno tería dereito a actividade dunha hora semanal en grupo e unha máis de combo instrumental.
Se houbese investigadores dispostos a armarse de paciencia, dos pazos e casas grandes sairía á luz un patrimonio musical inimaxinable.
Era bastante normal que as familias que os habitaban fai máis dun século tocasen algún instrumento, e adoitaban organizarse, aquí e alá, recitais vespertinos para os coñecidos. Suponse que as partituras, en moitos casos, permanecen arrumbadas en calquera arcón apolillado, pero ninguén se decide a desempoalas. De momento, só dous profesores, Isabel Rei e José Luís do Pico, ela de guitarra no Conservatorio Profesional de Santiago, el de música tradicional en Rianxo, penetráronse nunha destes casaróns solariegas. E descubriron o que neste momento se considera o máis grande xacemento de música descoñecida, culta e popular, que existe en Galicia: ao redor de 600 composicións, o 90% delas inéditas.
Marcial Valladares transcribía o que cantaban os seus veciños nas festas
Na Casa Grande de Vilancosta (Berres, A Estrada), nun terreo que cae en pendente, como ben indica o seu nome, viviu no século XIX e ata o ano da súa morte, 1903, cos seus pais e irmáns, o intelectual Marcial Valladares. O cabeza de familia, José Valladares, era un home severo e dominante, que probablemente educou con rixidez aos sete fillos (dos 10 que tivo coa súa muller, Concepción Núñez) que alcanzaron a idade adulta. José era unha autoridade militar e política, sobreviviu ás feridas da batalla de San Marcial, contra os franceses, e a fazaña patriótica custoulle ao seu primeiro, e pacífico, fillo varón tan bélico nome.
A pesar de todo, o pai do escritor ao que se lle dedicou o oitavo Día dás Letras Galegas, en 1970, conservaba baixo a pel dura unha certa sensibilidade e dotes artísticos. Preocupouse por que todos os seus vástagos aprendesen solfexo e tocasen algún instrumento. Eles (Marcial e Sergio), quizais en Santiago e algunha outra cidade con algún mestre. Elas (Jacoba, Avelina, Luisa, Segunda e Isabel), en casa. Co tempo, as protagonistas das tardes sonoras de Vilancosta chegaron a ser as dúas irmás máis pequenas, que eran as que mellor tocaban o piano.
O primeiro dos dous investigadores que entrou na casa, con outro profesor, Ramón Pinheiro Almuinha, foi Do Pico. Abríronlles as portas os Ferreirós, parentes que herdaron a casa de Vilancosta despois de que os Valladares morresen sen apenas descendencia. "Atravesar aquel limiar foi como retroceder de golpe cen anos", recrea Isabel Rei. O contido conservábase practicamente intacto. Todo no seu sitio, case disposto como seguramente lles gustaba telo a Marcial (1821-1903) e sobre todo á súa irmá poeta, a recia Avelina (1825-1902), que habitaron a casa grande xuntos e solteiros ata o final. No salón estaba o pianoforte (un piano de mesa adquirido pola familia nos anos en que destinaron ao pai a Zamora) e nun dos caixóns que incorpora o moble deste instrumento permanecía, desmontada, unha frauta francesa de ébano coas iniciais de Sergio.
O violín e a guitarra que tamén tocaban os irmáns si que xa non estaban. Xunto á frauta, nos caixóns, apareceron os métodos musicais e as partituras, case todas transcritas a man sobre papeis pautados soltos, algunha moi importante comida polos ratos, pero ordenadas en cartafois de varias cores. Unha pequeñísima parte son composicións impresas, adquiridas algunhas en Zamora, ás veces de orixe italiana ou francés.
O ano pasado, Do Pico Orjais e Rei Sanmartim, defensores sen concesións da grafía portuguesa, publicaron nun libro (Ayes de mi país, editorial Dous Acordes) o único grupo de composicións que Marcial Valladares chegou a encadernar para regalarselo ás súas irmás en 1865, con 29 pezas diferentes, 26 harmonizadas para piano, e 20 páxinas de letras. O autor de Maxina ou a filla espúrea incluía entre elas algunhas das melodías que afacía recoller dos seus veciños, nas romarías ou cada vez que estes visitaban aos señores de Vilancosta. Cando o escritor dicía "o meu país", non se refería a Galicia, senón ao "país da Ulla", onde rastrexaba as músicas, recorda Isabel Rei.
A guitarrista xa deu varios concertos, un deles en Brasil, de pezas rescatadas en Vilancosta que incorporou ao seu repertorio. O último, o 15 de agosto, na Casa dá Matanza, a de Rosalía, acompañada á voz por Ugia Pedreira. Estaban presentes varias autoridades políticas, unha clase para a que a profesora do conservatorio non afai tocar. A investigación vai tirando sen axuda institucional ningunha. Nin sequera o Concello da Estrada ten interese no filón musical que esconde unha casa do termo municipal.
Agora, procedentes de Vilancosta, Do Pico prepara a edición de 40 muiñeiras que ninguén coñece, e Rei proxecta, en "cuestión de meses", transcribir as pezas para guitarra. Son unhas 80, e publicadas "cubrirían o baleiro" que existe para este instrumento na música galega. Para o resto do material (obras e exercicios de todo tipo, para voz, piano, violín, guitarra e frauta, ata unha ópera italiana, rigodones, valses, contradanzas, alboradas, panxoliñas ou mazurcas), terá que buscar tempo de debaixo das pedras durante máis dun ano.
Budiño con Kepa Junquera, Uxía, Berrogüetto, Treixadura, Dios ke te Crew, Os Cempés ou a Lamatumbá actuarán nas festas
Máis de 15 grupos galegos de primeiro nivel converterán o San Froilán no maior Festival de música galega deste ano en Galiza. O tenente alcalde e responsable de Cultura, o nacionalista Antón Bao, destacou esta mañá en rolda de prensa que isto supón un cambio importante na concepción das festas con respecto aos anos anteriores ao ?devolverlle ao San Froilán o seu carácter de escaparate da música galega e dos músicos galegos?.
Bao dixo que con este protagonismo dos grupos galegos nas festas deste ano preténdese dende o Concello ?axudar á valoración dos grupos galegos dentro do propio país, porque en moitas ocasións teñen máis recoñecemento fóra que na propia Galiza?. Na selección de grupos que virán ao San Froilán e que tocarán nos distintos escenarios do día 4 ao 12 de outubro ?hai tanto grupos consagrados como novas apostas?, detallou Bao. Moitos deles virán a Lugo a presentar novo disco. Haberá ademais grupos de todos os xéneros e estilos tocando pola rúa todos os días das festas.
Entre os grupos galegos que acudirán este ano ao San Froilán están Budiño e Kepa Junkera, que estarán o día 5, día de San Froilán, na praza de Santa María, para presentar novo disco; Berrogüetto, que tamén presentará novo disco na Horta do Seminario o venres 7; Lamatumbá, que estará na Horta do Seminario o Domingo das Mozas e Treixadura, que estará ese mesmo día 9 na praza de Santa María; ou o grupo de rap Diós ke te Crew, que pechará as festas o día 12 no escenario da Horta do Seminario. A música de autor estará representada por Uxía, que presentará o día 12 o seu novo disco Meu canto na praza de Santa María, o histórico cantautor de Voces Ceibes Miro Casabella, ou o cantautor Tino Baz.
Antón Bao informou ademais que encadrados dentro do programa haberá tres días adicados a distintos estilos de música galega, como o Sanfroidance, que se celebrará o día 10 na Horta do Seminario con DJ?s e grupos de hip-hop; a XII Mostra de Música Tradicional, organizado pola Asociación de Gaiteiros Galegos, que será o Domingo das mozas; e o festival Música de noso, organizado pola Asociación Cultura do País o día 4 no escenario de Campo Castelo cos grupos Cabraret, Labregos do tempo dos Sputniks e Medomedá.
?DÉIXANOS UN OCO PARA O CONCERTO DA XUNTA?
O tenente alcalde tamén afirmou que espera recibir contestación da Xunta de Galiza á oferta feita pola Concellaría de Cultura para que colabore co San Froilán cun concerto en Lugo durante as festas. ?Temos un oco no programa reservado para a Xunta?, dixo Antón Bao, que asegurou que espera que o propio presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, e o conselleiro de Cultura, Roberto Varela, que virán a Lugo o luns a ver o solar onde se vai construír o auditorio lle confirmen esta actuación para incluíla no programa. ?Confiamos en que o luns o señor Feijóo nos diga o nome dese grupo para incluílo tamén no programa, porque seguramente o señor Feijóo veña a Lugo durante o San Froilán a comer o polbo e gustaríanos que colaborara nas festas cun concerto?.
Programa Provisional do San Froilán
Martes 4
Festival do noso (A.C. Cultura do País)
- Medomedá, Labregos no tempo dos Sputniks, Cabranet
Praza do Campo Castelo
Mercores 5
- Xose Manuel Budiño con Kepa Junkera
Praza de Santa María
- Luz Casal e Davide Salvado
Pazo dos deportes de Lugo
Xoves 6
- Os Cempés
Praza de Santa María
Venres 7
- Berrogüetto
Praza da Horta do Seminario
Domingo 9
- Lamatumbá
Praza da Horta do Seminario
- Treixadura
Praza de Santa María
XII Mostra de Música Tradicional (AGG)
- TNT e Tino Vaz
Praza de Santa María
Mércores 12
- Dios Ke Te Crew
Praza da Horta do Seminario
- Uxía
Praza de Santa María
- Miro Casabella
Praza do Campo Castelo
Todo empezou fai xa 25 anos. Nese momento, José Manuel Gil Fernández contaba tan só 16 primaveras cando decidiu ingresar na Escola de Artes e Oficios de Vigo, no Obradoiro de Instrumentos Musicais Populares Galegos. Sempre o tivo claro. Queríase dedicar á fabricación de instrumentos. Esa era a súa obsesión. O seu soño. Un soño que se cumpriu logo de 5 anos de formación a cargo do mestre Antón Curral.
José Manuel abriu o seu primeiro e humilde obradoiro por aquel entón, que nada tiña que ver co que é hoxe o Obradoiro Gil. E é que o negocio non parou de crecer, sobre todo grazas ao prestixio que lle achegou a estas gaitas unha xeración de artistas moi boa que compartiron banda, Xarabal, co artesán. Carlos Núñez, Budiño ou Mercés Peón son algúns deses músicos de primeiro nivel que axudaron a que as gaitas ponteareás sexan coñecidas ata na esfera internacional.
O negocio foi crecendo e evolucionando en cando a maquinaria, materiais e técnicas. Afonso Gil Rodríguez tamén se quixo sumar ao carro, tras recibir unha cátedra acelerada do seu irmán, para constituír o que actualmente é o obradoiro.
Estes dous irmáns non só fabrican gaitas. Non son partidarios de "quedar no tradicional". Continuamente experimentan e buscan novas formas de realizar esta arte artesanal. Prefiren innovar. Deste xeito, José Manuel confesa que desde fai algún tempo están incorporando ás palletas e pallones das súas gaitas un novo material sintético: o polímero técnico.
E é que facer gaitas é unha arte que os irmáns Gil pon en práctica con gran calidade, polo que hoxe en día teñen unha lista de espera de case un ano e encargos de toda a xeografía mundial: de España, de diferentes puntos de Europa e América e, ata, de países como China ou Xapón. Todo iso aínda a pesar do momento de incerteza económica e crise que vive a sociedade actual. Todo iso a pesar de que unha gaita é un artigo de luxo. A máis sinxela supón un investimento de 1.200 euros. Un prezo que se corresponde co custoso que é un proceso de produción en que se traballa cun material tan delicado como é a madeira.
Pero o esforzo e a dedicación dun traballo ben feito teñen a súa recompensa. O negocio dos Gil foi ampliando os seus horizontes. A aposta por unha maquinaria óptima, ademais do coidado individualizado de cada instrumento, é unha das principais bazas coas que contan estes irmáns, xa que priorizan, ante todo, a calidade. Así, o imperio gaiteiro ponteareán continúa a súa expansión e o mundo enteiro continúa tiñéndose coas notas das súas marabillas artesanais
Mini e Mero, músicos, poetas, mestres e investigadores do patrimonio cultural galego, foron galardoados co premio Ramón Piñeiro-Facer País na súa décima edición. Xosé Luís Rivas Cruz, MINI, e Baldomero Iglesias Dobarrio, MERO, actuais compoñentes do grupo A QUENLLA, formaron parte tamén de FUXAN OS VENTOS.
O xurado, integrado por representantes de 18 asociacións culturais da comarca de Sarria (Lugo) analizou e considerou 29 propostas. O premio foi instituído en 2002 pola Asociación Cultural ?Val de Láncara? para recoñecer o labor senlleiro de persoas e entidades a prol de Galicia. O acto de entrega terá lugar en Láncara (Lugo) o vindeiro 15 de outubro.
Os 18 membros do xurado, representantes doutras tantas asociacións culturais da comarca de Sarria, avaliaron o constante labor dos premiados, Mini e Mero, ?a prol da creación e recreación do cancioneiro galego e de diferentes manifestacións do noso patrimonio inmaterial, participando de modo individual ou con diferentes grupos no proceso de dignificación e recuperación das máis diversas facetas da expresión musical, incoporando ao seu repertorio creacións de poetas clásicos e modernos xunto con obras propias que gozan de xeral aceptación?.
Recoñeceron asemade ?o compromiso profesional de Mini e Mero como educadores a prol da galeguización do ensino e dunha escola creadora e non alleante no medio rural? e salientaron ?a constante e desinteresada colaboración que os premiados prestan a colectivos culturais tanto de Galicia como da diáspora, levando a mensaxe de loita e solidariedade coas xustas reivindicacións do noso pobo?. Subliñaron por último ?a súa activa participación nas actividades de recuperación da memoria histórica?.
Nesta décima edición a candidatura de Mini e Mero competiu con outras 28, propostas polas distintas asociacións que colaboran con ?Val de Láncara? na organización e concesión do Premio Ramón Piñeiro-Facer País.
En anteriores edicións, os premiados foron Isaac Díaz Pardo, Luís Tosar, Milladoiro,
Xosé Manuel Beiras, Xosé Neira Vilas, A Nosa Terra, Avelino Pousa Antelo e Luz Pozo Garza . O ano pasado o galardon foi para a Real Academía Galega.
O premio Ramón Piñeiro-Facer País é unha iniciativa que xurdiu na Asociación Cultural ?Val de Láncara?, na honra dun dos seus veciños mais ilustres, o galeguista Ramón Piñeiro nacido na aldea de Armea, do concello de Láncara. Ó longo dos anos foi sumando a colaboración doutras asociacións culturais da comarca de Sarria, que deste xeito recoñecen o labor senlleiro de persoas e entidades que destacaran polo seu labor de promoción, defensa e vertebración de Galicia en calquera manifestacion cultural, económica ou de creación, sempre que esa tarefa se alongase no tempo.
Coa Asociación cultural ?Val de Láncara? colaboran tamén nesta iniciativa a Área de Cultura da Deputación de Lugo, o Concello de Láncara, o Centro Unesco de Sarria, a Caixa Rural Galega e a Escola Superior de Deseño Ramón Falcón de Lugo, entre outros.
O fallo do X Premio Ramón Piñeiro-Facer País deuse a coñecer no curso dun acto informativo celebrado hoxe no Consello da Cultura Galega, en Santiago de Compsotela, e no que participaron: Xurxo Rodriguez Lozano (C.P.I. Ramón Piñeiro), Carlos S. López Sierra (Secretario da A. Cultural Val de Láncara), Manuel Fernández Arrojo, directivo da asociación convocante, e Jesús Vila Tourón, do Centro Unesco de Sarria.
Xosé Luís Rivas e Baldomero Iglesias, coñecidos popularmente como Mini e Mero, levan máis de trinta anos difundindo o noso acervo cultural a través da música. Mini e Mero representan a coherencia e a honestidade daquelas persoas que non claudican ante as modas e que non están dispostas a edulcorar a súa mensaxe en función dos tempos. Os dous músicos, mestres de profesión, avalían nas seguintes liñas a súa traxectoria, caracterizada por un compromiso inquebrantábel co país e coa súa xente, desde os seus comezos en ?Fuxan os ventos? até ?A Quenlla?.
Mero e Mini Antón Álvarez: Como foron os vosos comezos na música?
Mini: Nos anos setenta. Éramos un grupo de mozos de aldeas da Terra Cha e do extrarradio de Lugo que estábamos encadrados nas actividades do Frente de Juventudes e que nos reuníamos para cantar en coros. A nosa evolución ideolóxica foi lenta, pausada, mais sempre tivemos os pés na terra. Cando algúns de nós regresamos da mili xa volvemos radicalizados, porque as circunstancias nos levaron a preguntarnos que pasaba na vida, como o feito de facer unha carreira en español e logo darse de conta de que nos contaron unhas películas que non eran certas, ou ter acceso a libros prohibidos ou a descubrir os poetas do exilio. Entón, todo isto conformou en nós un galeguismo que naceu non desde un punto de vista teórico, senón desde un coñecemento práctico. Accedemos á teoría despois de palpar os problemas da xente.
Nós non participamos nas loitas estudantís porque en Lugo daquela non as había. Non corremos diante da policía. En cambio, accedemos ao activismo político desde abaixo. Fuxan os ventos participou no activismo político pero tendo moi claro o campo de actuación: o rural. Porque este é un lugar onde non hai conciencia de clase, nin de idioma, nin de nada. Pretendíamos a través da música popular mobilizar ese sector.
Chega a calar unha fama acerca de nós que non era certa, unha fama de radicais agraristas. Nós eramos un grupo de rapazotes de 20 e 25 anos que estábamos vendo o mundo e buscando a liberdade que non tíñamos. E sobre todo, críamos inxenuamente que se podía facer a revolución.
Antón Álvarez: Entón, cales son as diferenzas máis destacábeis entre vós e outros grupos da época que xermolaban en ambientes universitarios e urbanos?
Mini: Na universidade a análise faise desde un punto de vista teórico e panfletario; nós desde un punto de vista máis real. Non utilizamos música de Bob Dylan, senón xotas, muiñeiras e romances, porque o noso público é do rural. Porque entendemos que non só hai que falar en lingua galega senón tamén na linguaxe musical galega. Hai que conxugar as dúas cousas. Un poema de Cabanillas pódese musicar cunha muiñeira. Entón a xente enténdete e admítete.
Antón Álvarez: Como estaba o panorama musical galego antes da vosa chegada? Cales eran as vosas motivacións?
Mero: Había grupos que se expresaban a través da música pero non tanto por medio da palabra. A palabra era e segue sendo perigosa. Desde o momento que exerces de cantor cerras, inmediatamente, centos de portas. Un grupo musical galego pode cantar en calquera sitio do mundo. Un grupo que cante en galego está limitado non só á xeografía galega, senón tamén a certos puntos da nosa xeografía. Segue a haber capitais e vilas nas que estás mal visto, que te repudian e, até certo punto, te exclúen das súas festas e programacións. Falo de concellos, institucións e caixas de aforros que ?son moi dignas e colaboran moito coa cultura galega?. Os mesmos medios de comunicación tamén exercen de censores.
Mini: Se ti teorizas non es perigoso até certo punto. Ora ben, se teorizas exercendo, iso xa é máis fodido. Podo cantar cancións superrevolucionarias nun medio burgués e non pasa nada. Agora, eu colaboro cun determinado grupo de base e xa te convertes en perigoso se pos a palabra. Fuxan os ventos era un grupo cuncha, que se pechaba en si mesmo, para aguantar as hostias e o xabón, porque recibimos proposicións deshonestas, ademais de moitas hostias.
O grupo era sospeitoso de ser de todo: para uns éramos comunistas; para outros falanxistas. Outros dicían que éramos do Opus Dei. Nós tiñamos moi claro que facer: cantar co noso país. Estábamos até os ovos que nos dixesen o que tiñamos que facer.
De nós sospeita até o nacionalismo. Por que? Porque non nos afiliamos, non nos abandeiramos. E por que? Porque se nos afiliábamos perdíamos o campo e tíñamos que axudar a abrir camiño, pero cada un utilizando a súa táctica. Anos despois o nacionalismo recoñecería que o que fixemos estaba ben feito. Nós puidemos ser o grupo da ANPG ou da UPG, porque ideoloxicamente estabamos aí. O que pasa é que queríamos liberdade para poder facer que o país fose normal.
Hai sectores que nos miraban e aínda nos miran con desconfianza, que nos acusaban de ?españolistas? e ?amarelos?. En cambio, se nos chamaban das Encrobas íamos e, ás veces, deixábamos diñeiro, como para caixas de resistencia de empresas en folga. Pero isto non o sabe nin Deus! Nós íamos tocar a calquera sitio con tal de que nos deixasen a liberdade de cantar o que nos dese a gana. Aínda seguimos así.
A Fuxan non se menciona nin nas historias da música. A nós gárdasenos unha xenreira tremenda, porque demos hostias a destro e sinistro. Nós dicíamos o que pensábamos. E iso é delito. Isto transcendeu a A Quenlla.
Antón Álvarez: A música, por tanto, pode servir como unha ferramenta eficaz para a transformación social, a axitación e a politización?
Mini: A canción e a música son alimento e inxectan forza. Algún antigo preso político chegou a dicirme que el e outros presos se alimentaban coa nosa música cando estaban no cárcere. Por outra banda, nós accedemos á poesía, ao nacionalismo e á cultura galega por medio da canción. Encontrámonos con Manuel María, Celso Emilio ou con Uxío Novoneyra.
Antón Álvarez: Por que destes por rematado o voso ciclo en ?Fuxan os ventos??
Mini: Por todo o anterior. Imos ver, do 74 ao 80 as cousas están bastante claras: había que conseguir a revolución. A partir do 80 entran os partidos políticos, a democracia, a Autonomía e todo isto se confunde. Entón, a política queda para os políticos e nós témonos que dedicar a namorar (risos).
Mero: Hai quen di que daquela (a comezos dos oitenta) as cousas xa se podían conseguir no Parlamento. Pola contra, a nós aquilo serviunos para radicalizarnos nas nosas posturas. Era un trampa ou semellaba selo. E así foi.
A pretensión de Fuxan era volver aos textos de combate, pero modificaron esta inercia. Entón produciuse a ruptura. Fuxan estaba acabado como proxecto pois pretendían que lles cantásemos ás flores.
Mini: Ese era un camiño, pero de artista, para acadar niveis altos de popularidade, de diñeiro, de contratos. Renunciamos a iso. E o país estaba como estaba.
Mero: A partir de entón se empobreceu a palabra. Hai seca de cantores pois só coa música non transgrides nada. Fuxan sae contra a Autonomía, cunha canción chamada Cantiga para unha antroidada. Fuxan estaba tirando do carro coas súas cancións. Nós non estábamos na elite, estábamos en todas as capas sociais. Iso era o perigoso.
Mini: Tes que saber dicirlle a veciña do lado quen foi Castelao, cal é o problema da terra, a emigración. Por exemplo, a canción Muller non é analítica pero chega ao corazón e nela se recoñece a xente.
Antón Álvarez: Como avaliades a música galega do momento?
Mini: Está o problema da posmodernidade. Todo se rexe por modas, por movementos estéticos e somos conscientes de que a nosa está pasada. Pero a palabra é libre e non pasa de tempo, como os poemas de Pablo Neruda, que están vixentes hoxe e o estarán no século XXIII.
Hoxe a música móvese moito máis pola estética, pola forma, pola aparencia, polo vestido. Nós estamos moi conformes nos sitios onde estamos cantando.
Mero: A teoría das modas e de romper co anterior para crear o caos e provocar a atención non é algo novo. O que non pode facer ninguén é chegar a desfacer e deteriorar a música tradicional en beneficio propio para facer un traballo temporal para vender discos.
A nosa cultura é moi seria e poderosísima e ninguén pode cuspir sobre ela para poder facer un traballo ocasional para sacar beneficios crematísticos. Non é cuestión de mestizar, senón de identificar, recuperar e devolver. As mesturas teñen que ser de maneira espontánea e non forzadas desde fóra.
Mini: O noso é un país sen público, un país de músicos, actores de teatro e cineastas sen público. Por que nas radios de Galiza non se programa música galega? Por que os poetas só saen na televisión de madrugada cando o pobo traballador está durmindo? Por que os xornais non nos falan de cultura? Porque hai intereses. A grande desgraza dos artistas galegos é que somos artistas sen público.
Terza feira 20 (Martes)
? Pablo Carpintero no Tercio de Fóra en Vigo, ás 21:00
Corta feira 21 (Mércores)
Quinta feira 22 (Xoves)
Sexta feira 23 (Venres)
? Raiba na sala Auriense de Ourense
? The Homens nas Pontes
? Mamá Cabra en Boiro
Sábado 24
? Festival das Tarambainas ás 18.30h no auditorio do centro cívico de Teis:Lembranzas da Ria, Lagharteiras, Retrouso e Tarambainas
? Moxenas Musical Galego no Auditorio Municipal de Cangas do Morrazo
? Capitán Furilo no Aturuxo (Bueu)
? Serán Furancheiro de Picoña (Salceda de Caselas)
Domingo 25
? XLIV Concurso de Gaitas de Ponteareas
Sexta feira 16 (Venres)
? Exposición etnográfica e musical no Auditorio Municipal de Cangas do Morrazo ás 20:30: O Fiadeiro, Concha de Luneda, Carlos do Viso,...
? Pablo Carpintero ás 21:00 en Allariz
? Festa da Queimada en Carnota ás 22:30: Cantigas e Agarimos, Tanto nos Ten,...
? Festival Meigas Fora (Ordes): Terbutalina, Familia Caamagno, Fe de ratas,...
? Noite de Foliada en Moreira (A Estrada): A Requinta da Laxeira, Retrouso, Xuntanza dos Regatos, O Arco da Merza, Os Ke Hai, ...
? Serán no adro da igrexa de Cabral (Vigo) e A Roda
Sábado 17
? Manifestación en Compostela polos Servizos Públicos ás 18:00
? II Cancerto solidario ás 21:00 na Gentalha do Pichel (Compostela): Charanga Folhas Novas, Pandereteiras Bouba, Davide Salvado
? Xacarandaina na rúa, dende as 18:30 até as 21:30 na zona Obelisco (A Coruña)
? Festival Folclórico Romaría (O Burgo-Culleredo)
? Pablo Carpintero na casa da Cultura de Arzúa ás 21:30
? Kastomá no Badulake (Ordes)
? Cristina Pato en Vilalba
? Dios Ke te Crew no Festival Reperkusión (Allariz)
? Xosé Manuel Budiño no teatro Jofre (Ferrol) ás 20:30
? Festival Asaghieiras (Carnota): Terbutalina, Deseqilibrio Mental, Os Miudos, Filloas on the stone,...
? Serán na alameda de Beade (Vigo)
Domingo 18
? II Andaina pola protección do Galiñeiro
? A Roda na Pobra do Caramiñal
? Noitarega e Banda da Balbina en Pedrafita do Cebreiro
? Skarallaos, Chotokoeu, Duplo Son no Festival Reperkusión (Allariz)