Froxán acolle en agosto a II Festa da Revolta para reivindicar o Parque natural do Courel
Fonte do Milagro, SOS Courel e Redenasa organizan o evento, que terá lugar o 10 e 11 de agosto
O Courel volverá, este 11 de agosto, a erguer a voz para reclamar respecto e dignidade, por boca da súa veciñanza e de moitas persoas amantes deste espazo único do país, que se suman á reivindicación do Parque natural. A II Festa da Revolta decorrerá en Froxán e no programa figuran unha manchea de actos, desde roteiros combinados con intervencións artísticas, até concertos, proxeccións de documentais, faladoiros e mesmo emisións de radio en directo.
A organización fan un chamamento a toda a cidadanía da Galiza para formar parte desta festa da Revolta: "Queremos convidar a todos e todas as cidadás a unha xornada festiva de loita que terá lugar o vindeiro 11 de agosto en Froxán, con diversas actividades artísticas e ecolóxicas, onde diversos e diversas artistas do país pasarán revista en clave cómica retranqueira á situación en que se atopa a Serra perante a cobiza e a comenencia duns poucos e a complicidade doutros tantos. Trátase tamén de crear un nó de atención cultural fóra dos circuítos habituais, modificar o mapa de festivais, optar por un traballo de colaboración entre a veciñanza e axentes culturais. Pois xa que o poder político, baixo calquera das súas aparencias, non parece aprestarse a servir ao ben común e cumprir coas súas obrigas como garante do noso patrimonio natural e cultural, só aos cidadáns e cidadás nos cómpre erguer defensas e loitar pola súa preservación coas armas que nos son dadas: o humor e a intelixencia"
Un avanzo do programa, aínda provisional, está dispoñíbel aquí.
Todo comezou nun galiñeiro de Poi (Ribeira) en 1992. 20 anos e moitas anécdotas despois, volven os máis jrandes, volven Heredeiros da Crus. O regreso máis agardado ten data e escenario, o 3 de marzo de 2012 nun multitudinario concerto no que máis de 3000 persoas fixeron do mito unha auténtica lenda.
Quixeron "josar" con Tonhito de Poi, Tuchiño, Fran Velo e Javi Maneiro, a formación orixinal dos Heredeiros acompañada por sección de metais, coros e o característico atrezzo dos "máis jrandes", millo e sulfatadora incluída.
O DVD do 20 Aniversario inclúe o concerto de Ordes completo, ademais de contidos extra nos que participaron os propios seguidores da banda ribeirense.
Este traballo foi encargado pola Fundación Blas da Ponte de Outeiro coa idea de difundir parte da música tradicional e poesía da Terra Chá.
Contén Poemas orixinais de Manuel María, ? Camiños de luz e sombra? e Folla Bricia, poesía galega completa de Xose Ramón Crecente Vega. Tamén acude ás fontes do Cancionero Musical de Galicia Casto Sampedro y Folgar, ao Cancioneiro Popular de Galicia D. Schubarth, A. Santamarina e ao arquivo do Patrimonio oral da identidade ( A.P.O.I.).
Participan neste traballo discográfico.
Nuria De León: Voz e Low whistle.
Baldomero Iglesias (Mero): Voz e guitarra.
Xosé Luis Rivas (Mini): Voz e Zanfona.
Vadim Yukhnevich: Baián, voz e rhodes.
Loli Nogueira: Voz.
Ana Abeledo: Clarinete.
Tania Campón: Violín.
Pablo Varela: Gaita , tamboril e bombo.
Andrei Volodin: Guitarra clásica.
Gonzalo Goás: Bouzouki.
Fran Rodríguez: Guitarra eléctrica.
Pablo Pérez Sanmamed: Contrabaixo.
Antonio Vázquez: Bartería, darbouka e demáis percusión.
Jesús Pazos: Batería
Según certifica Media Control GFK International para Promusicae o disco Mar Maior, de Luar Na Lubre, leva xa 9 semanas consecutivas presente na listaxe dos 100 discos máis vendidos do Estado Español
Media Control GfK International publica cada semana a clasificación dos cien discos más vendidos no Estado Español (incluíndo discos estranxeiros). Mar Maior, o novo traballo discográfico de Luar Na Lubre que saíu á venda o 5 de xuño do presente ano, entrou nesta lista o 13 de Xuño, no posto 31, e nela continúa a día de hoxe, como único disco de música folk.
Neste novo traballo de Luar Na Lubre a música medieval ten un importante protagonismo, maiormente a galaico portuguesa, aínda que tamén están presentes as músicas tradicionais galegas e atlánticas así como as composicións propias que axudan a elaborar unha banda sonora inspirada no ?Leabhar Ghabhala Eireann? ou ?Libro das invasións de Irlanda? transcrito por monxes irlandeses e recollido da tradición oral no século XII, sendo un libro de referencia da súa historia e que coincide coa época de máximo esplendor da lírica galaico-portuguesa. Unha ligazón atlántica apaixonante que percorrerá os vellos lazos de unión de Galicia coa verde Irlanda e con outras culturas do noso entorno inmediato, grazas de novo á música.
O disco conta coas colaboracións de Roi Casal, Nani García, Maria Xosé Silvar "Ses", Carmen Rey, Verónica Ferreiro, Ángeles Dorrio, Quinteto Cimarrón, Miguel Queixas, Rubén Montes, Miguel Cabana, Daniel Canosa, Alfonso Deus, Pablo Raso, Roberto García, Sergio Fernández e Sergio Delgado.
Ademáis, Isidro Cea encargouse da fotografía e os deseños do libreto foron elaborados por Estefanía Domínguez Cagigao, artista plástica, quen fora tamén a encargada do deseño do album anterior.
Música tradicional en movemento. Dun tempo, dun país. Monte Galiñeiro. Símbolo laico; serra da fraternidade. Melodías doutrora e novas creacións que ocupan máis de media memoria. Irmandiñas e irmandiños en formación: gaitas, vento, percusión, acordeón. Voces do Galiñeiro para oficio da estirpe: ourizantes lasqueando xido o aghuzar o argina lasquean a zanco de tisco. Javi Costas compoñendo no garaxe. Música do XXI que vén de lonxe e cheira a sempre. La Polar, Habana, 1938, Daniel Castelao e Luís Soto, cen mil ouvintes nun mitin para rematar coa guerra, a metade negros. Despois o baile, alí mesmo ou na Tropical, como no Uruguai ou na Arxentina; a gaita de barquín de Los Miñoranos con redobrante e bombo; na comarca, os de Donas, terribles; os de Camos, leóns; Verderoles, Miúdos, Os Airiños. Música de baile para vencer a nostalxia. Coma hoxe, tempos difíciles, tamén de emigración. Os nosos Irmandiños, non; eles eiquí darnos festa, correr a morriña, superar o fracaso, gañar o futuro. Música tradicional en movemento. Viva Vincios!
As cancións das tabernas, esas que os maiores cantaban cando se reunían xerando por si soas un ambiente festivo, pódense escoitar neste CD da cuarta edición do certame Canción dos Nosos Barrios. Boleros, habaneiras, tangos e sobre todo temas populares galegos soarán e farán a máis dun recordar os seus tempos mozos.
O festival, que naceu sen moita repercusión e co afán de non deixar caer no esquecemento as cancións dos barrios de Vigo, converteuse nunha cita obrigada para amantes e curiosos deste estilo musical.
Participan un total de dezanove grupos, formados por entre tres e vinte membros. Alegría, simpatía e ata marcha caracterizaban tanto a grupos como a espectadores.
O Pablo Seoane Grupo acaba de sacar un novo EP titulado "Sin tron nin son!" autoeditado que podes pedir desde este enlace, podes descarregar os arquivos de música na web de Gutier Álvarez, mestre da Escola Livre da MPG e violinista da banda.
Un disco de 5 temas que recollen o espírito cos que a banda leva facendo a súa música nos últimos dous anos, un folk animado cun repertorio moderno cheo de ritmos híbridos de mazurcas, fados, valses e xotas e muinñeiras. Á fronte un gaiteiro experimentado, Pablo Seoane, arroupado por moi bos músicos que condimentan cun mollo fresco e saboroso con acordeón, baixo, percusións, violino Strohl, sanfona e trompeta.
Fernando Abreu e Pablo Carrera presentan Dous
Con nome de 2us, Fernando Abreu e Pablo Carrera presentan Dous, un traballo no que fusionan a música popular con sons tan afastados como os africanos, os orientais ou o jazz. Partindo da base de guitarra e clarinete, o traballo segue na liña do seu anterior disco Son só sons e inclúe batería, contrabaixo e percusións nalgúns dos seus 11 temas. Editado baixo selo Nakra, o disco foi gravado e mesturado polo propio Carrera nos estudios Tooma, Pinkroom e Ancestral entre xaneiro de 2011 e maio de 2012.
O músico está a traballar arreo no seu novo traballo, que levará por nome As Arpas de Breogán. Rodrigo Romaní prepara o novo disco no seu estudio de gravación en Noia, onde leva máis de dous anos investigando na sonoridade destas novas cancións. As arpas son o eixo das novas composicións, unha proposta nova e diferente na música galega.
As Arpas de Breogán sairá á rúa contra o inverno deste ano, da man de Fol Música, apenas unhas semanas antes do 35º aniversario da publicación con Antón Seoane do disco Milladoiro, (Zafiro/Novola, 1978), xerme do que posteriormente, co engadido dos membros de Faíscas do Xiabre, se convertiría no grupo máis influínte do folc galego.
Mini e Mero, homenaxeados no día da Galiza Mártir 2012 polo seu labor de investigación, apoio e difusión da recuperación da memoria histórica.
A Fundación ?Alexandre Bóveda? acordou conceder a Xosé Luís Rivas Cruz (Mini) e a Baldomero Francisco Iglesias Dobarrio (Mero) a concesión do VI Premio Día da Galiza Mártir polo seu labor de divulgación da nosa memoria histórica silenciada.
Neles únese a preocupación por investigar e coñecer o acontecido, coa necesidade de socializar estes feitos.
Na súa longa traxectoria no campo da música teñen abordado esta temática nas súas composicións, tanto ambos os dous como a través da súa participación en Fuxan os Ventos ou A Quenlla.
Algunhas pezas súas como por exemplo Romance de Cego á Caída de Manuel Ponte, Comandante Moreno, As cunetas son hoxe referencias fundamentais para dar conta do acontecido. Mais quizais o seu traballo máis explícito sobre a recuperación da memoria histórica sexa ?Silencios na Memoria?.
Mais a sobre todo, a Fundación ?Alexandre Bóveda?, quixo recoñecer a súa presenza coa súa actuación nas homenaxes a vítimas da represión franquista.
Son innumerábeis os actos que contaron coa súa intervención, acudindo de xeito desinteresado a toda clase de actos coas que as asociacións lembraban vítimas da represión. Homenaxes a Moncho Reboiras, en San Simón, no Congreso da Guerrilla e moitos outros contaron coa súa arte para dignificalos e apoialos. Se ben, eles mesmos teñen desenvolvido labor directa de recuperación da nosa historia como é o caso de do traballo levado a cabo por Mini a respecto das vítimas da represión en Boimorto.
O premio ?Día da Galiza Mártir?, que botou a andar o 2006 con motivo da declaración institucional da Xunta do ?Ano da Memoria?, pretende lembrar aos lembran, homenaxear aos que homenaxean e, en definitiva, recoñecer as persoas e colectivos que contribuíron a que non se esquezan ás vítimas e aos feitos que tiveron lugar. Recibiron este galardón Mariví Villaverde, Teresa Alvajar, Dionisio Pereira, as mocidades do 36 (Díaz Pardo, Avelino Pousa, Fernández del Riego e Xaime Illa Couto), Xusto G. Beramendi, e a asociación ?Sempre con Vós? de Pontevedra na persoa do seu presidente Xosé Álvarez. Todos eles, porque investigaron, simplemente sufriron a represión e viviron para contalo, porque difundiron a través das súas actividades ou publicacións, fixeron posíbel que hoxe saibamos máis sobre estes feitos que tratan de acochar conxuntamente coas vítimas que as sufriron.
O acto de recoñecemento e entrega levarase a cabo no xantar do propio día da Galiza Mártir, o 17 de agosto, en Pontevedra, e todos aqueles que estean interesados en participar poden facelo poñéndose en contacto coa Fundación Alexandre Bóveda para facer a reserva a través da seguinte ligazón
Dambara, Kérkennai, Quempallou, Budiño e o espectáculo «Danzas as beiras do Ulla», protagonista da cita celta
Lorient non descansou nos últimos anos para ofrecer un repaso extenso de todo o que a música celta ofrece polo mundo. Este ano, a edición que se pechará mañá está dedicada a Acadia, unha das zonas francófonas do Canadá. Pero esa celebración da música no Atlántico norte non impide a presenza de cinco grupos galegos programados este ano na cidade francesa.
Cinco agrupacións galegas participan nesta edición. A banda de gaitas Dambara, Kérkennai, Quempallou, o espectáculo As Beiras do Ulla e Xosé Manuel Budiño. As dúas primeiras actuaron a pasada fin de semana, Quempallou e As Beiras actúan hoxe e Budiño actuará mañá.
Kérkennai ofreceu dos concertos na pasada fin de semana cun repertorio con especial atención ao seu máis recente traballo, Xirovago. O mesmo sábado tamén actuou a agrupación burelense Dambara.
Para Quempallou a presenza en Lorient significa tamén unha das citas de promoción do seu novo disco, Vellas Novas. O grupo actúa esta noite en Lorient, pero o venres estará de volta para actuar no Brincadeira de Cambre e o sábado no festival portugués de Ponte da Barca. Para completar a presenza galega, mañá actuará Xosé Manuel Budiño, un veterano do festival.
Ademais das bandas, estivo presente en Lorient un espectáculo realizado por dúas agrupacións folclóricas que teñen como nexo o río Ulla. Precisamente esa ligazón é a que argumenta Danza ás beiras do Ulla, un conxunto de pezas bailadas e tocadas por as agrupacións Tequexetéldere, de A Estrada, e por A Ponte Vella de Teo. A combinación destas dúas agrupación permitiu poñer en marcha un espectáculo con cerca de sesenta persoas entre danzantes, músicos e pandereteiras.
Para que preocuparse do tempo se o que está en xogo é a asistencia a un festival como o de Pardiñas. Se se fixan na foto de á beira, tomada na noite do sábado, verán que outras moitas persoas comparten ese criterio. Tras unhas horas nas que a choiva acompañou os primeiros compases da xornada, a noite serviu para que unha multitude gozase de concertos variados, de Kepa Junquera a Quempallou pasando por Coetus & Eliseu Parra. A sensación dominante desde o principio foi que se trataba dunha das edicións máis concorridas.
O domingo foi o día dedicado a un cartel non menos variado, posto que Beltaine, Chotokoeu ou Zurrumalla animaron desde o escenario. Onte, xornada case de balance, foi un día no que Alfonso Blanco , cabeza visible do festival e da asociación Xermolos, sentíase satisfeito da celebración e das sensacións percibidas: unha das súas alegrías era que presentas que acoden desde hai tempo comentáronlle que o festival era «unha necesidade». Sumámonos á expresión e desexamos, por exemplo, «mil Pardiñas máis».
A asociación cultural Xermolos, organizadora do Festival de Pardiñas, recoñeceu que o evento que acolle a localidade lucense de Guitiriz, provocou unha ''fochanca económica''. O orzamento de 100.000 euros "foi moi alto e os ingresos menores porque non é suficiente coa venda de camisetas", indicou Afonso Blanco, coordinador da asociación. É por iso, que prevén acabar de pagar as actuacións e demais gastos nun prazo de tres "ou catro meses". "Pero isto xa estaba pactado cos grupos", apostilou Afonso Blanco.
"O positivo é que saben que pagamos, sempre o fixemos, e esa é a nosa garantía", subliñou Blanco, para engadir que "incluso o grupo vasco Kepa Junkera fixo recortes debido á crise".
Xermolos editará libros e artigos relacionados con aspectos ou persoas da edición deste ano, cuxos beneficios de venda destinaranse tamén ao pago das actuacións.
Non hai quen pare esta XXIX Festa da Carballeira de Zas. A festa folk por excelencia superou un día que facia presaxiar o peor. Ao longo de todo o día, dende a Coruña ata Fisterra a chuvia amenazante facía que moitos siareiros se pensasen o de enlamarse a golpe de folk. Pero a partir das 20:00h da tarde o ceo abriuse, deixou ver o seu azul para ir recibindo a todos os incondicionais desta festa.
I é que por algo ten 29 anos. Porque hai fieis que xa pode caer o ceo enriba para non acodir. A xente tardou en ir chegando á impresionante paraxe da Carballeira de Velar, que cada ano ve crecer máis e máis pequenos carballos. Se ben cando Maghua sacaron as pandeiretas aínda a entrada era mediada, xa para o comezo de Os Cempés a festa acollía unha cifra de asistentes ben alta. Se cadra non tanta coma outros anos, pero preto das 5.000 persoas xa as había.
Os Cempes resoaron na Carballeira de Velar
E soaron os Cempés e o fixeron con forza. Como aseguraba Lupe Nieto, esta banda sabe adaptarse, e para vir á Carballeira hai que facelo con forza e viveza. Manolo co bombo fixo bailar e cantar a toda a Carballeira o ?Sara, Sariña? e o público agredeceuno converténdoo nun verdadeiro himno. Ademais, puideron disfrutar dunha colaboración especial, como foi a da brava soneirá Iria Ameixeiras.
De viaxe por Euskadi e Portugal
E xa nolo contaba tamén Lupe, que os grupos vascos e portugueses teñen un feeling especial ca xente da Carballeira. E este ano cumplíronse os pronósticos. Da Quadrilha xa non cómpre sinalar nada, pois é unha das bandas míticas da Carballeira e cada vez que veñen a lían. Esta xa era a 4ª vez e os seus temas xa son lendas por aquí. A súa troula, tradición e paixón fixeron bailar e chorar por igual.
Dos que cómpre vacer mención son dos vascos Xarnegue, que sorprederon a todos coa súa proposta divertida e festexeira. Estes, coma Korrontxi o ano pasado, gañáronse repetir!.
E se de festa se trata, esta non parou ata case as 7:00h da mañá. E os culpables foron uns galegos tremendamente marchosos. Os Ulträqäns sacaron o seu speedfolki á escena para facer que todo o que quedara na Carballeira (moita moita xente, que zona de acampada a pesar do tempo estaba ateigada) non parase de bailar ao son dos violíns.
Quedan pois 363 días para o 30º aniversario da Festa da Carballeira de Zas, e de seguro que a organización xa está a elo!! Parabéns e Eiiiiii Carballeiraaaaaa!!!
Segunda feira 6 (Luns)
? Treixadura na Rúa (Valdeorras) na praza da estación
? VIII Festival Folk & Rock nas Portelas (Lubián-Zamora): Ruxe-Ruxe e Susana Seivane
Terza feira 7 (Martes)
Corta feira 8 (Mércores)
? Susana Seivane na praza de María Pita (A Coruña)
? Doa na Casa das Crechas (Compostela) ás 20:00
? Talabarte en Vigo na praza da Constitución ás 23:00
Quinta feira 9 (Xoves)
? Sés na adega Martín Códax (Cambados) ás 20:30
? Sobre Rodas no Corte Inglés de Vigo ás 19:30
? Amancio Prada no claustro de Celanova
? Susana Seivane en Baiona
? Doa nos xardíns de Méndez Nuñez (A Coruña) ás 20:00
? ACadaCanto en Vigo na praza da Constitución ás 23:00
Sexta feira 10 (Venres)
? Cántigas da Terra na praza de María Pita (A Coruña) ás 21:00
? Novo Cruceiro Rock (Vila de Cruces): Ruxe Ruxe, Deseqilibrio Mental, Familia Caamagno, Invivo
Sábado 11
? ACadaCanto no claustro de Tui ás 21:00
? Susana Seivane e Os Irmandiños de Vincios na alameda de Gondomar ás 22:30
? Sés nos xardíns de Méndez Nuñez (A Coruña) ás 20:00
? María do Ceo en Vigo na praza da Constitución ás 23:00
Domingo 12
? Sés en Viveiro na Praza Maior ás 22:30
Sexta feira 3 (Venres)
? Tino Baz en Salceda de Caselas no C.C. Entenza ás 22:00
? Quempallou no Camping "A Gaivota", na Praia de Barreiros (A Mariña) ás 23:00
? Riobó en Arnoia ás 01:30
? Noitarega e Os Trasnos da gaita en Gondomar ás 22:30 na alameda
? Os Resentidos e Siniestro Total no parque de Castrelos (Vigo) ás 23:00
? Terbutalina e Familia Caamagno na XXVII Festa da Praia do Ezaro
? XVI Lugnasad (Bretoña): Sacha na Horta, Tiruleque e Eulian
? Festival Son Rias Baixas (Bueu): Heredeiros da Crus, A Tarantela rabuda,...
? III Festival folk Salvaterra do Miño: B.G. Pontenova, Fonteliño e Coanhadeira
? Festival Castelo Rock (Muros): Ruxe-Ruxe, Medomedá, Skarallaos, Trashtucada
Sábado 4
? Habelas Hainas en Arnoia ás 01:30
? Xose Manuel Budiño en Ribeira
? Coro Tradicional Cantares do Brión e Os Terribles de Donas en Gondomar ás 22:30 na alameda
? Odaiko na praza da Quintana (Compostela)
? Tino Baz no Var con Uve (Moaña) ás 22:30
? Festival Castelo Rock (Muros): Dios Ke Te Crew, Bodega Bodega, Sonotones, Sozios a la fuerza
? XXIX Festa da Carballeira de Zas: Os Cempés, A Quadrilha, Xarnege, Ultraqans, Maghúa,...
? Festival de Pardiñas (Guitiriz): Bloquinho de Xermolos, Milesios, Coetus, Eliseo Parra, Kepa Junquera, Quempallou e Cuchufellos
? XIII Festival Folk Fornelos de Montes: Ardentía, Algaravía e Banda de Gaitas de Fornelos de Montes
? Repichocón en Cariño
? IX Folk no Río (O Corgo)
Domingo 5
? XV Filandón (O Caurel)
? A Roda en Arnoia ás 22:30
? Festival de Pardiñas (Guitiriz): Tamborada, Zurrumalla, Beltaine e Chotokoeu
O día 4 de agosto a partir das 20:00 h Cariño soará a música tradicional.
Comezaremos cun desfile polo pobo que rematará na Plaza Roja, alí disfrutaremos dos concertos das bandas de gaitas e do grupo Coanhadeira.
As Bandas participantes neste tercer Repichocón serán:
Banda de Gaitas San Xiao do Trebo (Cariño)
Grupo de Baile Troula do Ortegal (San Adrián)
Banda de gaitas de Ladrido
Grupo de baile Buxainas (Cedeira)
Banda de gaitas El Penedón de Castropol (Asturias)
Banda de gaitas Brisas da Croa (Ladrido)
CONCERTO DE COANHADEIRA
Ó rematar faremos unha Gran Queimada!!!!!
TRAEDE OS VOSOS INSTRUMENTOS QUE HABERÁ FOLIADA ATA QUE O CORPO AGUANTE!!!!!!!!!!!!!!
12:00h. Feira de Artesanía.
V Malla Popular.
Actuación: Arrincadeira de Lugo.
De seguido: Xantares Campestres.
15:30h. Pasarrúas: Arrincadeira de Lugo.
18:00h. Actuacións Folclóricas:
- A.C. Amigos da Pandeireta (Monforte)
- Remesmus de Teixeiro (Curtis)
- Grupo Cultural o Feitizo (Foz)
- A.C. A Legua Dereita (O Corgo)
Pardiñas prepárase para recibir a unhas 25.000 persoas no seu festival
A trixésima terceira edición do festival de Pardiñas, que se celebra en Guitiriz do 4 ao 5 de agosto, espera congregar este ano a máis de 25.000 persoas, segundo as previsións dos membros de Xermolos, a asociación cultural que organiza o certame.
O programa desta cita artística e musical foi presentado oficialmente onte na sede da Xunta en Lugo. Alfonso Branco Torrado, coordinador do colectivo organizador, apelaba «ao bo cartel para conseguir bater marcas de asistencia».
Un ano máis, a Asociación de Gaiteiros Galegos (AGG) estará no Festival de Pardiñas organizando a que será a "XIX Mostra de Instrumentos de Música Tradicional".
Este evento, constitúe unha das mostras de luthería máis antigas da península ibérica, e congrega cada ano a numerosos artesáns do país para mostrar o seu traballo ao público. Durante as xornadas do 4 e 5 de Agosto, a XIX mostra de Instrumentos de Música Tradicional contará con numerosas actividades.
Sabado día 4
17.00h ? Apertura da Mostra
17.30h ? Pregón a cargo de Xosé Quintas Canella
18.00h ? Demostración práctica de construcción de palletas - Jaime Pena
19.00h ? Actuación de ?Brisas de Tomiño?
20.15h - Obradoiro de Treboada - Oli Xiraldez.
20.45h a 21.30 h ? Escenario libre para músicos espontáneos
Domingo día 5
11.30h ? Apertura da Mostra.
12.30h ? Presentación de Son do Fol e sinatura de exemplares - Xaime Estévez
17.00h ? Demostración práctica de construcción de palletas ? Jaime Pena
18.00h ? Obradoiro de Baile tradicional ? Miguel Souto
19.00h ? Actuación do Grupo Leirabuxo
20.00 a 21.30h - Escenario libre para músicos espontáneos.
A Feira e Festa dá Música e dá Arte, que este primeiro fin de semana de agosto sacode un pequeno barrio de Guitiriz, cumpre 33 anos como un dos festivais máis queridos de Galicia. Suficiente historia como para que o fundador e alma máter, o cura Alfonso Branco, haxa decidido revisitarla en forma de libro. Sen data prevista de edición, aclara. Empecei na trixésima convocatoria e levo unhas 80 páxinas, ganduxando recordos ano a ano. O título e o final están abertos: Trinta festivais máis os que queden até imprimir a obra.
Parece claro que o libro será un punto e seguido, vista a vitalidade da cita. Este ano, por primeira vez, hai aperitivo de rock esta noite de pago coa navarros Barricada como reclamo. O cartel principal, o de mañá sábado, brilla co vasco Kepa Junquera e o valisoletano Eliseo Parra, dúas iconas da música de raíz. Na vertente máis festiva, os galegos Quempallou e Cuchufellos. É o clásico cóctel de consagrados e emerxentes que funciona á perfección desde o primeiro festival. A filosofía que inspirou a súa creación segue intacta: Grupos que provoquen a participación. Queremos que a xente cante e baile, apunta Branco.
Ao escribir a biografía de Pardiñas, este cura activista e combativo nacido en Ponteceso, en plena Costa da Morte, escribe a súa propia. Chegou a Guitiriz en 1976, con 26 anos e estudos universitarios en Salamanca, a tempo para participar no bulicio da Transición. Daquel magma social brotou a asociación cultural Xermolos, promovida por el e integrada nos seus inicios por unha vintena de mozos. En 1980 deciden aproveitar o Santo Domingo de Pardiñas para tentar concienciar á xente de que era posible outro tipo de festa. Con música tradicional, exposición de artesáns e artistas, feira do libro... Os nomes daquel primeiro cartel xa son Historia: Saraibas, Xoán Loura, María Manuela.
A filosofía segue intacta: ?Grupos que provoquen a participación?
Durante 14 anos, a Feira e Festa dá Música e dá Arte ocupou os sábados e a festa do barrio no seu sentido clásico, con misa e orquestras, mantívose en domingo. Na edición décimo quinta, ano 1994, o festival copa xa todo o fin de semana. A simbiose callou e mantense a día de hoxe: as familias seguen acudindo ao campo, o domingo é día de merendas e non falta a misa con concerto de coral. O que en orixe concibise o indiano Domingo Cabarcos, que construíu no cincuenta o edificio do balneario e a igrexa e deulle unha festa propia ao barrio, mutara sen expulsar aos veciños.
A comparación con Ortigueira é inevitable. Pero Branco aclárao: As ideas tomeinas de Europa, traballaba no verán no estranxeiro e mesmo vivín nunha comuna hippie en Bruxelas. A diferenza de Ortigueira, di, eles quixeron abrir o festival a todas as artes. E en música valoramos tamén aos cantautores. Nunca aspiramos a facer algo masivo, puntualiza, aínda que a realidade máis ben corríxeo: en 2011, Pardiñas recibiu a máis de 20.000 asistentes. O seu radio de atracción desborda con moito a propia comarca de Terra Cha.
En 2011, máis de 20.000 persoas pasaron polo certame
O cura fundador lembra que no oitenta, a medida que crecía o público foráneo e aparecían os campistas, na xente xurdiu o medo ao alleo, chamáballes a atención ver aos hippies cos seus cans. Pero, á marxe do inevitable lixo e desfeitas puntuais hai centos de tendas en varios quilómetros á redonda, a festa nunca rexistrou accidentes serios. E os mozos do lugar pronto se apuntaron ao hippismo dos visitantes. Os días do festival, toda a mocidade de Guitiriz dorme en tenda de campaña. Algúns fan mesmo cabanas de dous pisos, conta Alfonso.
No apartado artístico, a progresión foi igual de irresistible. O máis selecto do folk galego ha pasado polo menos unha vez por Pardiñas. A partir de 1988, empezaron a chegar grupos internacionais: Wolfstone, Tanahill Weavers? Aínda que, máis que o desfile de estrelas da música, Alfonso prefire destacar que en 1994 incorporaron ?a primeira feira de instrumentos tradicionais do Estado español?, un punto de encontro para investigadores e músicos que se converteu no espazo máis visitado do festival. En 2009, Pardiñas foi declarada Festa de Interese Turístico Galego.
A maquinaria festiva xa está lista para o fin de semana. A organización monta dous bares e 150 voluntarios resolverán a loxística. Tanta enerxía desatada ben merece un libro. O de Alfonso contará tamén con textos de Manuel María, un asiduo en vida, e do apóstolo bravú, Xurxo Souto. En Pardiñas, a festa continúa.
Músicos ao Vivo súmase ás protestas contra o IVE do 21% para entradas ós espectáculos.
Vimos de recoller unha multitude de protestas contra a desproporcionada subida do IVE que o goberno central ven de impoñer. A Asociación de Promotores Musicales de España, a Sociedade General de Autores de España, a Coordinadora de Organizaciones del Espectáculo, e un longuísimo etcétera composto por actores e actrices, xentes do audiovisual e o cinema, Directores de Museos, Galeristas, críticos especializados, xornalistas culturais? en fin, practicamente o sector en pleno coincide en que a subida do 8% ó 21% do IVE responde cando menos a un absoluto descoñecemento da realidade cultural do Estado Español.
Nas últimas dúas décadas practicouse neste pais unha política de mercadeo ca cultura. Foi práctica común utilizar os espectáculos culturais de toda índole como presente e regalo dos gobernantes ós seus súbditos, entregada de xeito intencionado, e como non, de forma gratuíta. O público acostumouse a que o que sucede enriba do escenario é gratis, e esta realidade contribuíu aínda máis ó menosprezo e falta de valoración dunha profesión como a nosa. Son agora estes mesmos xestores culturais públicos os que pretenden que o artista viva fundamentalmente dos ingresos que proveñen das billeteiras dos teatros, auditorios e salas de concertos, ignorando unha vez máis todo intento de progresividade e pedagoxía cos públicos e actores culturais.
Con este panorama, facer unha subida de case o triplo do IVE para as entradas dos espectáculos parece máis unha estratexia política de castigar, silenciar e mutilar un sector historicamente crítico e incómodo, que unha verdadeira política cultural de axuste económico. Músicos ao Vivo, como non podía ser doutro xeito, súmase ás protestas contra esta medida.