O Festigal consolídase coa súa oitava edición, que terá lugar os días 24 e 25 de Xullo, coincidindo co Día da Patria Galega e tamén festivo local na capital, Santiago de Compostela.
Está concebido como un escaparate cultural, onde a cultura galega e a internacional (tradicionalmente cunha especial atención aos países da lusofonía), manteñen un frutífero diálogo. Vai máis alá dun simple festival de música, xa que conta con charlas, mesas redondas e presentacións de libros -galería das ideas-, actuacións de maxia, tendas de artesanía, de libros, estreos audiovisuais...
O programa musical aposta polos autores e grupos internacionais, así como polos grupos galegos.
En base aos anos anteriores, está previsto que pasen 20.000 persoas ao longo dos dous días que dura o Festigal. Na organización participarán 200 persoas, contando os voluntarios. O Festigal contará con 40 postos de artesanía e tendas, 6 exposicións e 15 postos de xantar e bares.
O recinto, que ocupará un total de 20.000 metros cadrados, contará con zona de acampamento, na que se instalarán, en torno a 160 tendas. Para a promoción do Festigal 2009, editaranse 20.000 programas, 15.000 cartaces e 50.000 folletos.
11:00h Apertura do espazo
· Mostra de Instrumentos Tradicionais
· Mostra de Traxes Tradicionais
· Posto informativo e de venda da AGG
· Mostra de Xoguetes Tradicionais Galegos
13:00h Actuación de Os Miñotos na zona do xantar (1 hora)
15:00h Actuación de Os Miñotos na zona do xantar (2 horas)
16:00h: OBRADOIRO DE TREBOADA
17:00-18:00h OBRADOIROS
· Obradoiro de enredos musicais
· Construción de Xoguetes Sonoros
19:00-20:00h Actuación de Os Miñotos no espazo da AGG
20:00h CONCERTO PARTICIPATIVO
· Grupo de Zanfonas da Tradescola de Lugo
21:30h Peche do Espazo da Cultura Tradicional.
SÁBADO 25 DE XULLO
15:00h Actuación de Armadanzas na zona do xantar (2 horas)
15.:00h Apertura
· Mostra de Instrumentos Tradicionais
· Mostra de Traxes Tradicionais
· Posto informativo e de venda da AGG
· Mostra de Xoguetes Tradicionais Galegos
16:00h: OBRADOIRO DE TREBOADA
17:00-18:30h OBRADOIROS
· Obradoiro de enredos musicais
· Construción de Instrumentos Vexetais
18:30-20:00h OBRADOIRO
Iniciación ao baile tradicional
20:00h ACTUACIÓN
Grupo de Baile Tradicional Infantil Armadanzas
21:30h: Peche do Espazo da Cultura Tradicional
Exhibición de Loita Galega polo Club "A Cambadela" de A Estrada o 25 de xullo, ás 18 horas
A Asemblea Comarcal de Galiza Nova de Vigo celebrará un acto no Casco Vello de Vigo para conmemorar o Día da Patria Galega.
Este acto quere servir para, ao tempo que homenaxeamos o insigne político, escritor e patriota A. Daniel R. Castelao (aos 25 anos da infame traída dos seus restos mortais a Compostela).
É por isto que celebraremos un acto público que terá lugar o próximo xoves, 23 de xullo, ás 20:00h na "Praza da Constitución", no casco vello de Vigo, na que serán lidos treitos do Sempre en Galiza e contaremos con música tradicional para amenizar o acto.
Na cidade da Coruña despois da alocución política terá lugar unha serie de actuacións musicais, entre as cales poderemos ver, entre outros grupos, os Sivaritas.
Despois de lanzar en 2005 o seu sorprendente 'Galician Chimpanzee', o grupo Galegoz inicia unha xira de concertos para presentar o seu último traballo, Viñeron da Galiza interior, o máis electrónico e conceptual da súa traxectoria.
O proxecto GalegoZ, ou o que é o mesmo, a unión musical de Denís Mutante, Pulpiño Viascón, Marcos Payno, Manuel Payno, Alex Salgueiro, Tomás Ruído, Matías Olazábal e Chou, nace a finais de 2005 como un experimento para formar un grupo virtual que fusionara diferentes disciplinas: música electrónica, teatro e vídeo. Un par de meses máis tarde, animados pola boa acollida do single Galician Chimpanzee, constituíronse como banda e materializaron o disco Galician chimpanzee, un traballo de manufactura caseira editado pola discográfica galega Ouvirmos.
A súa proposta pasa por bases electrónicas mesturadas con reggae, funk e soul e salpicadas por letras combativas, irreverentes e a veces incluso surrealistas. ?Música marxista-electricista?, como lles gusta dicir, ateigada de samplers, loops, percusións, guitarras, ventos e voces, apoiados por vídeo e performance. Unha ciber-verbena electrónica con melodías sinxelas, ventos contundentes, estética circense, actitude punk e tres voces dándolle guerra ó poder e as inxustizas sociais, fuxindo de dogmatismos e sen perder nunca o bo humor.
Espectáculo que xunta artistas de Galiza e Cuba nunha proposta escénica de música instrumental, canción e danza con artistas profesionais galegos e cubanos. Un percorrido por composicións históricas de autores emigrados á illa dende finais do século XIX e novas creacións dos propios músicos da ensemble.
A Descarga ao Vivo foi concebido e deseñado por aCentral Folque como un dos espectáculos escénicos máis importantes da Feria Internacional de La Habana 2008. Xurdiu da investigación do historiador e profesor de aCentral Folque, Ramom Pinheiro, sobre a música dos galegos en Cuba. O combo presentouse no Teatro Mella de Cuba en febreiro do 2008 nun concerto promovido polo Instituto Superior de Arte de Cuba e a Consellería de Cultura da Xunta de Galicia.
Descarga ao vivo é un espectáculo musical que xunta artistas de Galiza e Cuba redescubrindo a enorme riqueza que atesoura este patrimonio musical compartido. Deseñado e producido por aCentral Folque -Centro Galego de Música Popular, é unha proposta escénica de música instrumental, canción e danza con artistas profesionais galegos e cubanos. Un percorrido por composicións históricas de autores emigrados á illa dende finais do século XIX e novas creacións dos propios músicos da ensemble.
O profesor de aCentral Folque, Ramón Pinheiro, desprazouse no 2007 durante un período de catro meses a Cuba. Alí realizou un traballo de investigación sobre os vínculos musicais compartidos, moi notábeis tendo en conta que os galegos foron o principal pobo inmigrante na historia contemporánea cubana. Froito desa investigación é o libro "A la Habana quiero ir. Los gallegos en la música de Cuba" recentemente publicado.
A xira do combo cubano-galego actuará en Galiza a finais de xullo.
Datas
23 xullo. Teatro Rosalía de Castro. Coruña
25 xullo. Campus sur. Santiago de Compostela
30 xullo. Teatro Caixanova. Vigo
Elenco artístico
* Alejandro Vargas- Piano e teclados
* Raciel Jiménez- Batería
* Ernesto Vega- Saxo e Clarinete
* Adonis Rios- Percusións
* José M. Díaz- Contrabaixo e baixo eléctrico
* Pedro Pascual- Acordeón diatónico e bouzouki
* Marcos Teira- Guitarra flamenca
* Edelmiro Fdez- Gaita
* Óscar Fdez- Sanfona
* Quim Farinha- Violino
* Gutier Álvarez- Violino
* Xabier Díaz- Voz e percusión
* Ugia Pedreira- Voz
* Guadi Galego- Voz
TVG repón hoxe a viaxe do equipo de Alalá a Mar del Plata, onde coñeceu a Dolores Castiñeira, unha muller fóra de serie.
Ten 78 anos, leva na Arxentina desde o ano 49 e ten unha memoria prodixiosa, pois lembra que eran as tres da tarde aquel día de maio que embarcou para Arxentina e lembra ducias de cancións da súa infancia en Galicia. Toca a pandeireta coa mesma simpatía coa que fala e conta tantas cousas interesantes que un non se cansa de escoitala.
A viaxe pola humanidade de Dolores tamén vai acompañada pola viaxe á cidade turística máis importante da Arxentina, que lle encanta a Dolores e que está feliz e satisfeita de todo o que viviu, aínda que non hai un só día que non lle acorde Galicia. E como exemplo do seu afán de superación e do seu amor pola terra basta saber que alí, na Arxentina, despois de ter criados os fillos e xa con netos, fixo o seu primeiro curso de galego, porque quería saber escribir ben na súa lingua e porque, como lle dicía seu avó, nunca hai que deixar de aprender.
Segue a eliminación dos programas con contidos adicados aos grupos de música galegos.
Despois de oito meses en antena con 27 programas emitidos, ?Banda Curta?, o programa de música en directo que se viña emitindo todos os sábados na TVG, non terá continuidade despois do verán. Así o fixo saber hoxe o director do programa, Alfonso Pato, por medio dun comunicado.
Músicos como Iván Ferreiro, Coque Malla, Silvia Superstar, Dr. Explosion, Lamatumbá, Christina Ronsenvinge, The Homens, Josele Santiago, Def con Dos, David Fonseca, Ruxe-Ruxe, Ectoplasma, Sugar Mountain, Som do Galpom, Cornelius, Moon Cresta e ata 45 bandas pasaron en directo pola discoteca LP45 de Ordes onde se gravava o programa.
Banda Curta era o único formato dedicado en exclusiva á música pop e rock da televisión pública galega.
Una ano máis Galiza Nova organiza recollendo a tradición iniciada coas Arengas da Mocidade, antes do Festigal, a homenaxe a Rosalía de Castro e Daniel Rodríguez Castelao.
O acto que terá lugar o 24 de xullo, ás 17:30 h no Panteón de Galegos Ilustres en San Domingos de Bonaval, desta volta cobra unha especial relevancia ao cumprirse o 25 aniversario da traída dos restos de Castelao e máis polos continuos ataques do Goberno da Xunta a nosa lingua, a cuxa defensa dedicaron a súa vida estas dúas figuras. Vai a ler máis para visualizar a programación completa.
Para lembralos no acto leranse fragmentos das súa obra por parte de Anxo Angueira (profesor de lingua e literatura e escritor) Paula Carballeira (actriz) Carlos Blanco (actor) Guadi Galego (artista e profesora da Central Folque). Así mesmo tamén actuará o músico Miro Casabella e intervirán Iria Aboi Secretaria Xeral de Galiza Nova e de Guillerme Vázquez, Portavoz Nacional do BNG. Para rematar cantaremos o himno nacional acompañados de Iván Area e Pablo Carpintero.
· Xurxo Souto. Artista, músico (Os Diplomáticos de Monte Alto, Os Tres Trebóns), escritor e xornalista. Foi director de programas da Radio Galega na pasada lexislatura, na que dirixiu e presentou o programa Aberto por Reformas.
· Alberto García. Xestor cultural, especializado en políticas xuvenís (Leña Verde, Boiro). Coordinou a rede NSAIO, creada na pasada lexislatura pola D.X.Xuventude.
· Nuria Perez. Profesional da producion, management e programacion musical.Foi membro da xunta directiva de AGEM (Asoc.Galega de Empresas Musicais). Na actualidade traballa coa Central Folque e coa Sala Nasa, na programcion e producion musical.
· Modera: Xavier Campos. Xestor cultural. Foi técnico de cultura de Ribadeo e xefe de gabinete do IGAEM. Coordinou a política musical da Consellaría de Cultura na pasada lexislatura.
Terza feira 21 (Martes)
? Ophiusa en Padrón na Praza de Macías
Corta feira 22 (Mércores)
Quinta feira 23 (Xoves)
? Sondeseu na Praza Maior de Ourense ás 23:00
? Brath na Praza Maior de Carballiño
? Festa da Dorna (Ribeira): Chotokoeu e Recambios Tucho
? Susana Seivane na Fnac da Coruña
? Descarga ao Vivo (Cuba-Galiza) no Teatro Rosalía de Castro (A Coruña)
Sexta feira 24 (Venres)
? Sargadelos Fusión: Leo e Arremecaghona, Snatch, Bytheface e Mallory en Sargadelos (Lugo)
? Os Terribles de Donas en Gondomar
? Ruote e a banda de gaitas Malante na Castro da Cidá (Borneiro-Cabana de Bergantiños)
? Fía na Roca no Campo das Redes de Panxón - Nigrán
? Brath no porto da Guarda
? Festa da Fraga (As Pontes): Luar na Lubre, Bonovo, Muxarega, ...
? IV encontro de folk do cabo da vila en Muxia: A.C Punta da Buitra, Coanhadeira, Tiruleque e Chotokoeu
? Festival día da Patria (Compostela) en Belvis: Arenga, Kogito, KOP, Dios Ke Te Crew...
? Festigal (Compostela): Chamalle xis, Os John Deeres, Som do galpom, Dj Click Live
? Café Concerto do Festigal: Ataque Escampe, Nao,...
Sábado 25
? II Certame de Gaiteiros Solistas e II Certame de Baile Tradicional de Parellas en Santiaguiño do Monte (Padrón)
? A Quenlla en Sargadelos (Lugo)
? Festigal (Compostela): Descarga ao vivo, Katembe Project, Os Tres Trebóns e amighos, A Grande treboada
? Café Concerto do Festigal: Mª Xose López, Lobalú, Roberto Sobrado, O Leo i Arremecághona!
? Gaiteiros de Lisboa e Pepe Vaamonde Grupo na Praza da Quintana (Compostela)
? Freixa Rock (Ponteareas): Skandalo GZ,...
? The Homens, Andrés Suárez e Combo Dinamo en Neda (A Coruña)
? Festival Son Celta (Porto do Son): Som do Galpóm, Galegoz, ...
? Santiaguiño folc (Padrón): Mercedes Peón, Quempallou e Arreixeira
? Romaría Galega en Tordoia: O Cego do Viso, Bouba Pandereteiras e Tombalobos Orquestra
? Mutenrohi en Baiona
? Brath na Praza do Seixo de Tomiño
? Kogito no chiringo de Calo (Figueiró-Tomiño)
? Susana Seivane en Bueu
? Berroguetto en Ponte da Barca (Portugal)
Domingo 26
? Pandereteiras de Xacarandaina e o Centro Coreográfico Galego ás 19:30 nos Xardíns de Méndez Núñez da Coruña
? Tanto nos Ten (TNT) en Corvillón (Cambados)
? Kerkennai na Praza da Quintana (Compostela)
? Cristina Pato e Mutenrohi en Padrón
? Malvela en Meaño ás 18:30 nos muiños de Couso en Simes
22.00 h. Xornadas de Folclore Galego, coa intervención de:
- Brincadeira (Santiago),
- Cantigas e Agarimos (Santiago),
- A Ponte Vella (Teo)
- Tahume (Ribeira)
Praza da Quintana
00.00 h. Música no Toural. Pablo Seoane grupo
Domingo 19
22.00 h. Xornadas de Folclore Galego, coa intervención de:
- Colexiata de Sar (Santiago),
- Volta do Agro (Lugo),
- Fiadeiro (Vigo)
- Tequexetéldere (A Estrada).
Praza da Quintana
00.00 h. Música no Toural. Ultreia (música tradicional)
Sábado 25
20.30 h. Presentación da carpacabaré
Pregón inaugural a cargo de Nelson Quinteiro e a compañía Femme Fatale e a Banda St. James Street Band
Carpa da Alameda
23.00 h. Compostela Festival: Gaiteiros de Lisboa e Pepe Vaamonde Grupo
Praza da Quintana
Entrada libre
Domingo 26
XXXI Día do Traxe
11.30 h. Concentración de persoas ataviadas con traxes tradicionais galegos.
Na Alameda
12.15 h. Desfile polas rúas da zona monumental ata a Praza do Obradoiro
16.00 h. Concentración de participantes no certame de traxes
San Domingos de Bonaval
19.30 h. Desfile de traxes tradicionais desde Bonaval ata a Quintana
20.00 h. Exhibición e concurso de traxes na Quintana. A continuación entrega de premios.
23.00 h. Kerkennai en concerto (música folc)
Praza da Quintana
Entrada libre
Sexta feira 17 (Venres)
? Circuito de Cantos de Taberna polo Ferrol Vello
? Roi Casal no Castelo de San Antón (A Coruña) ás 23:00
? Brath ás 22:30 en Salceda de Caselas
? Pèsdelán na praza de Macias en Padrón ás 22:30.
? Skarmento na sala 600 de Melide
? Festa do BNG en Soutomaior na Carballeira do Peirao de Arcade: Leo e Arremecághona, Putísima croqueta bang bang,...
? Teixeiro Rock: O Sonoro Maxín, Ith e Los Suaves
? Festival Vai de Camiño (A Coruña): GalegoZ, Taru e Os Paxaros Coiro, Os Tres Trebóns e Siniestro Total.
? Festival Revenidas (Vilaxoán): Kogito, La kinky Beat, Skarface, Manu adeus
? Festival Folc Vila de Covas (Viveiro): Tarabelos, Coanhadeira e Linho do Cuco
? Festival Folk de raiz (Callobre - A Estrada): Treixadura, Eilea (xenebra, suiza), Os ke hai, Pé de boi e Regueiferos " Os Gordechos"
? Festival da Terra e da Lingua (Narón): Retobato, Arenga, Skacha, ...
? Festival Sons da Lameira (Matamá-Vigo) MatamáFolc: Tiruleque, Crema de gaita, Tanto Nos Ten
Sábado 18
? VI Concurso de música tradicional 'Ricardo Portela, o gaiteiro de Viascón'.
? Xornadas de Folclore Galego na Praza da Quintana (Compostela): Brincadeira (Santiago), Cantigas e Agarimos (Santiago), A Ponte Vella (Teo) e Tahume (Ribeira)
? Pablo Seoane grupo na Praza do Toural (Compostela)
? Linho do Cuco na inauguración do C.S Tarabela (Lalín)
? Nova Galega de Danza en Sanxenxo
? Berroguetto no Grove
? Crema de Gaita na Casa da Torre (Redondela)
? Susana Seivane en Ponteareas na Praza Maior
? Coanhadeira e Tanto Nos Ten (TNT) en Xove (Viveiro) na V Foliada da Mariña
? Os Carunchos, Tarambainas e Arela na II Festa do Viño da Casa en Saxamonde (Redondela)
? Sem Resposta en Celeiro
? Dios ke Te Crew e Skacha nas Festas de Marín
? I Festival Trevinca Folk (A Veiga): Luar na Lubre
? Festival Vai de Camiño (A Coruña): John Deeres, Chamalle Xís!, Elanor, Spinning Jenny e Igloo.
? Festival da Chaira (A Pastoriza): O Sonoro Maxín, A Vaga Banda, Chotokoeu...
? Festival Arreacabo (Celeiro-Viveiro): Lamatumbá, Boikot, Betagarri, Sem Resposta, ...
? I Nordestazo Rock. Malpica: Os Tres Trebóns, Ultraquans, ...
? Festival Revenidas (Vilaxoán): Quempallou, Cuchufellos, O Taberneiro lamentable,...
? Festival da Terra e da Lingua (Narón): Kogito, Les Mornes, Trapallada,...
? Festival Sons da Lameira (Matamá-Vigo) Malaherba Rock: Skarnio, Puta Miseria, Aphonnic, Rojo Dos
? Festival Sons do Vento (Melón-Ourense): Banda de gaitas Amigos do mosteiro, Bastards on parade, La Collá Propinde, Pepe Vaamonde grupo, Verdasca, Pandereteiras de Randufe, Pandereteiras "As charaviscas", Grupo de baile "Retrouso"
? Festa do BNG en Gondomar na Praza do Centro de Saude: Xaiva e Aires de Santes ? Serán de Chan do Vilar (Vilaboa - Figueirido) Adiado
Domingo 19
? Xornadas de Folclore Galego na Praza da Quintana (Compostela): Colexiata de Sar (Santiago), Volta do Agro (Lugo), Fiadeiro (Vigo) e Tequexetéldere (A Estrada).
? Ultreia na Praza do Toural (Compostela)
? Balakandra nas escalinatas da Domus (A Coruña) ás 22:00
? Festa Folk no río Chamoso (O Corgo): Gaiteiros Xarín e Cristina Pato.
? Festival folk de Narón: Leilía Tradicional e Susana Seivane
? Romaría Solidaria no Parque de Santa Margarida (A Coruña): Donaire, Dorna, Frouma, Maghúa, Os Viqueiras de Ordes,...
? Festa do BNG en Ares: Xabier Díaz, Guillerme Fernández e Os dous de sempre.
16-17 xullo: Festival Folk de raiz (Callobre - A Estrada)
- Os Carunchos, Regato de matamulleres, A requinta da laxeira e Folk de veneno
- Treixadura, Eilea (xenebra, suiza), Os ke hai, Pé de boi e Regueiferos " Os Gordechos"
17 xullo: Teixeiro Rock
- O Sonoro Maxín, Ith e Los Suaves
17 xullo Revenidas (Vilaxoán)
- Kogito, La kinky Beat, Skarface, Manu adeus
- Quempallou, Cuchufellos, O Taberneiro lamentable,...
17 xullo: Festival Folc Vila de Covas (Viveiro)
- Tarabelos, Coanhadeira, Linho do Cuco
17 xullo: Festival da Coruña)
-Siniestro Total, Galegoz, Os Tres Trebóns, Taru e os Paxaros Coiro
17-18 xullo: Festival Sons da Lameira (Matamá-Vigo) MatamáFolc: Tiruleque, Crema de gaita, Tanto Nos Ten Malaherba Rock: Skarnio, Puta Miseria, Aphonnic, Rojo Dos
17-18 xullo: Festival da Terra e da Lingua (Narón)
- Retobato, Arenga, Skacha, ...
- Kogito, Les Moreaus, Trapallada,...
18 xullo: Festival da Chaira (A Pastoriza)
-O Sonoro Maxín, A Vaga Banda, Chotokoeu, Caivanca.
18 de Xullo: I Nordestazo Rock. Malpica.
- Os Tres Trebóns, Ultraquans, Sonotones, Los Justicieros.
18 xullo: VI Festa Folk no Río Chamoso (O Corgo)
- Gaiteiros Xarín e Cristina Pato
18 xullo: I Festival Trevinca Folk (A Veiga)
- Luar na Lubre
18 xullo: Festival Sons do Vento (Melón-Ourense)
-Banda de gaitas Amigos do mosteiro, Bastards on parade, La Collá Propinde, Pepe Vaamonde grupo, Verdasca, Pandereteiras de Randufe, Pandereteiras "As charaviscas", Grupo de baile "Retrouso"
19 xullo: Festival folk de Narón
-Leilía Tradicional e Susana Seivane.
23 xullo: Festa da Dorna (Ribeira)
- Chotokoeu,...
24 xullo: Festa da Fraga (As Pontes)
- Luar na Lubre, Bonovo, Leña Verde, Muxarega...
24 xullo: IV encontro de folk do cabo da vila en Muxia:
- A.C Punta da Buitra, Coanhadeira, Tiruleque e Chotokoeu
24 xullo: Víspera do día da Patria (Compostela)
- Dois Ke te Crew, Kogito, KOP, ...
24 -25 xullo: Festigal (Compostela)
- Chamalle xis, Os John Deeres, Som do galpom, Dj Click Live
- Descarga ao vivo, Katembe Project, Os Tres Trebóns e amighos, a grande treboada
25 xullo: Festival Son Celta (Porto do Son)
- Som do Galpóm, Galegoz, ...
31 xullo: II Noite Musical de Baños de Molgas (Ourense).
- A Requinta da Laxeira, Vichelocrego e Banda Potemkin
31 de xullo e 1 de agosto: Festival Intercéltico (Moaña)
- Gwendal, Milladoiro, Oscar Ibañez & Tribo,...
31 de xullo e 1 de agosto: II Festival Antrospinos (Taragoña-Rianxo)
- Quempallou, Os Tres Trebóns, Canijos sin Fronteras e Súper Sandwich
- Machina, Yoplay, The Homens e The Majestics
Agosto
1 agosto: Festival de Zas
- Capercaillie, Tejedor, Sonoro Maxín, Mutenrohi, Ruote, ...
1-2 agosto: Festival de Pardiñas
- Muyayos de Raïz, La Belle Image Fanfare, Hedningarna, Banda Potemkin, Tanto Nos Ten (TNT)
- Bloquinho da Salgueira, Lúa de Fouce, Pepe Vaamonde Grupo e Pan de Capazo
1 agosto: Festixeve (Xeve-Pontevedra)
- A Tuna Rastafari, Kogito, Skarnio...
1 agosto: Peneda Rock (Monforte de Lemos)
-Ataque Escampe,...
5 agosto: Noite Folc de Teis (Vigo)
- Trioliro regueifeiros, Os Carunchos e Ardentía
7 agosto: Festival Folc de Arzua
- Berroguetto, Coanhadeira,...
7-8 agosto: Festival Brincadeira (Ordes)
- Dios Ke Te Crew, Bonye M, Kastomá,...
8 agosto: Festa da Prehistoria
- Skandalo GZ, A Tuna Rastafari,...
8 agosto: Festa Folc do Pino
- Regato de Matamulleres, Ardentia e Os Carunchos
8 agosto: Festival Folc do Salvador (Budiño-O Porriño)
- Avelaíña, Coanhadeira e Guezos.
14 agosto: Festival as Nosa Músicas (Couso-A Estrada)
- Tiruleque, Ardentía, A Magnifique Band dos homes sen medo, Turre´s Band, Pablo Seoane Grupo, ...
15 agosto: Festival Folc de Leirado (Salvaterra)
- Pradairo, Tiruleque e Clave de fol
21 agosto: Esmorga Folc (Bandeira)
-Pepe Vamonde Grupo, Os Carunchos,...
22 agosto: Guisamo Folc
-Gwendal,...
22 agosto: Festival Folc de Negreira
-Ardentía,...
22 agosto: Festival Irmandiño de Moeche
- Lamatumbá,...