Home, un novo espectáculo onde as novas tecnoloxias e as videocreacións están mesturadas coas músicas e bailes de raigame galega.
Este espectáculo audiovisual en directo será representado na zona portuaría de Vilagarcía de Arousa o 06/07/08 a partir dás 22:30 h.
Xosé Manuel Budiño, o músico e deseñador de home, é un creador incansable, innovador por convición e soñador de melodías imposibles dende unha vila mariñeira onde o vento convértese en música calma.
Inspírase nos sabores da música tradicional, pero sempre coa intención de crear un proxecto no que a nosa tradición se corvirta en futuro.
Conta con músicos e bailaríns que saen da tradición coma Davide Salvado e os artistas convidados Francisco Feijoo ?Chisco? e Carlos Castro, artistas que veñen do futuro coma Miguel Seoane , Nacho Muñoz e as videocreacións en directo de Isaac Cordal, e repercutindo todo está o exotismo de Paulo Silva.
Finalidade do espectáculo
É un espectáculo ecléptico, unha mostra do pasado, do presente e do futuro, representativo dunha cultura viva.
Conflúen aquí varias circunstancias que converten ao evento en singular, como fonte de creación de ideas e tamén coma potencialidade no ámbito artístico. Música, baile e videocreacións en directo que elevan ao evento a un espectáculo de vangarda das novas creacións.
Equipo de Son e Iluminación
Xosé Manuel Budiño
Gaita, frautas, programacións e voz
Músicos
- Miguel Seoane ? guitarras e programacións
- Davide Salvado ? voz, percusións e danza
- Nacho Muñoz ? teclados e samplers
- Paulo Silva ? percusións
Artístas convidados
Carlos Castro.(Doa, Fía na Roca?)
Percusións
Francisco Feijoo ?Chisco?.(O Fiadeiro,Son de Seu?)
Danza e percusións tradicionais
II carreira popular do Corgo (Corrubedo) en defensa da costa e contra a barbarie acuícola
O vindeiro domingo 6 de xuño terá lugar a segunda edición da carreira popular deportivo-festeira do Corgo. Con este acto, preténdese reivindicar a protección deste espazo senlleiro da costa galega, moi próximo a Corrubedo, ameazado por unha macrogranxa acuícola. Precisamente nesta localización a consellaría de Pesca, coa aquiescencia de Medio Ambiente, pretende autorizar a meirande piscifatoría de rodaballo proxectada no nefasto Plano Acuícola -a da Laxe Brava- con 308.000 m2. Acode a Corrubedo e participa en defensa da nosa costa e do noso mar!
DATA: Domingo 6 de Xullo ás 10,30
LUGAR DE ENCONTRO: Local da Asociación de Veciños
ANOTARSE: Ata o día 3 de Xullo chamando ós teléfonos: 986-453034 e 649-376094
Visita guiada ó cauce do río Fondón na que contaremos cunha especialista en fauna e flora. Teremos a oportunidade ademáis de ver un muíño en funcionamento.
Non desaproveites esta ocasión !
O xantar será por medio de Catering (*) ou libre, a escoller por vós.
(*) PREZO DO CATERING: 18 EUROS
Noite Punk-Rock em Pontedeume o próximo venres 4 de Xullo, ás 22:00hs.
na Sala Coliseo, donde terá lugar o concerto de Skacha, unha das bandas mais importantes do panorama punk-rock galego que estarán acompañados de ArengA, unha promesa do rock feito na Galiza, con influencias de bandas coma os propios Skacha, Boikot ou La Polla.
Tamén estarán KASKArrIA PUNK!!, un grupos con auténtica actitude punk.
O Colectivo Chilindrín, asociación xuvenil e cultural organizadora do festival Arreaocabo'08, infórma que este ano o festival será o Sábado 5 de Xullo en Celeiro, Viveiro.
A partir das 20:00hs. dará comezo o concerto con a entrada de balde acargo de:
-Def Con Dos
-Koma
-Skacha
-Skama la rede
-Rain is Art
-Anger Second
O Proxecto Runas´08 pecha o seu cartel. A dirección do Festival Ortigueira anunciou hoxe os nomes das sete bandas noveis finalistas do concurso, que debutarán no escenario de tarde do certame, o reservado a pular aos novos creadores da música de raíz.
Sog, Coanhadeira, Pradairo e Ophiusa serán os protagonistas da sesión de concertos do sábado, a partir das 17 h.
O domingo, á mesma hora, prográmanse as actuacións de Blima, Divertimento Folk e Xúa.
O cartel é o resultado dos votos dun xurado de críticos musicais dos medios de comunicación e das votación on line (a opinión dos internatutas contou como un voto máis do xurado).
Os asistentes aos concertos decidirán co seu voto cal é a mellor banda das sete propostas. A elixida saltará directamente ao Escenario Estrella Galicia 2009.
2 e 3 de agosto
Manecas Costa, Les Trompettes du Mozambique e Zënzar no Festival Pardiñas
O Festival de Pardiñas xa ten pechado o cartel. Este ano, a cita co folk máis antiga do país reunirá en Guitiriz a artistas consagrados dentro da música de raíz como é o caso de Manecas Costa ou Les Trompettes du Mozambique. Completan o cartel Zënzar, Mare Nostrum, Tiruleque e Sherpah. En paralelo ao apartado musical celebrarase do 2 ao 3 de agosto a XV Mostra de Instrumentos de Música Tradicional, que anualmente organiza a Asociación de Gaiteiros Galegos.
Despois de reunir máis de 25.000 persoas o pasado ano, o Festival de Pardiñas aposta por unha combinación de world music e de rock para volver bater marcas de asistencia na súa XXIX edición. Manecas Costa, Zënzar, Les Trompettes du Mozambique ou Sheparh son algunhas das bazas para acadalo.
A cita dará comezo o venres 1 de agosto coa representación de Pan a cargo da compañía Volta e dálle, e da inauguración das diversas mostras de pintura, escultura, fotografía e cerámica na Escola das Artes. Xa o sábado permanecerá aberta durante todo o día a XV Mostra de Instrumentos de Música Tradicional, organizada pola Asociación de Gaiteiros Galegos, na que participan artesáns de diversos puntos do país.
Dentro do apartado musical, o sábado actuarán a banda galega Zënzar, os cataláns Sherpah e o músico de Guinea Bissau, Manecas Costa. O domingo 3 subirán ao escenario o grupo Tiruleque, Mare Nostrum e os bretóns Les Trompettes du Mozambique.
O director xeral de Xuventude, Rubén Cela, e o vicepresidente primeiro da Deputación de Lugo, Xosé Antón Bao, asinaron este mércores un protocolo de colaboración para protexer, difundir e transmitir a música tradicional galega. A través deste acordo, porán en marcha a Escola de Música Tradicional, que estará dirixida pola Asociación de Gaiteiros Galegos, nas instalacións do centro residencial xuvenil Lug.
Ambas as institucións consideran prioritaria a promoción do estudo da música tradicional galega entre os mozos e, por iso, ademais de abrir a escola organizaranse diversas actividades relacionadas co folclore galego.
A escola está orientada á mocidade lucense para garantir o seu desenvolvemento integral, potenciando as actividades culturais da mocidade como un complemento á súa formación, máis aló dos programas educativos. Bao destacou que a escola servirá de centro ?de estudo e análise desta parte fundamental do noso patrimonio inmaterial?.
á presentación acudiron, ademais de Cela e Bao, a delegada provincial de Vicepresidencia en Lugo, Branca Rodríguez Pazos, e o secretario da Asociación de Gaiteiros Galegos, Xaneco Tubío.
Unha boa nova dun amigo de Malmequer e dun gran grupo asturiano.
Tuenda presenta hoxe o seu segundo traballo discográfico, chámase "Tuenda 2" e vai ser presentado este xoves no teatro Filarmónica de Uviéu as 21 horas.
É un traballo co xeito do primeiro, son-che 14 temas, un deles en galego recollido na montaña de Ibias e tamén na zona dos Ancares.
Frauta voz e bouzouki reelaborando a nosa tradición.
Un saúdo moi grande dende Galiza a Ambás, gran amigo e coñecedor da música tradicional galega.
Xuventude pon en marcha a segunda edición do concurso musical Nsaio no Camiño
O director xeral de Xuventude, Rubén Cela, e o xerente da S. A. de Xestión do Plan Xacobeo, Ignacio Eguibar, presentaron hoxe na Praza doi Toural a II edición de Nsaio no Camiño, reclacando que os grupos e solistas interesados teñen ata o vindeiro día 15 para presentar as súas maquetas.
A Dirección Xeral de Xuventude, en colaboración coa Sociedade Anónima de Xestión do Plan Xacobeo, pon en marcha de novo este ano o concurso musical Nsaio no Camiño, unha iniciativa para dar a coñecer a grupos musicais noveis de Galiza. O premio que acadará o artista ou grupo gañador será o poder desenvolver unha carreira musical profesional. Na presentación do certame estivo esta mañá, na Praza do Toural, o director xeral de Xuventude e Solidariedade, Rubén Cela, o xerente da S. A. de Xestión do Plan Xacobeo, Ignacio Eguibar. Así mesmo, durante a presentación actuou en directo o grupo "Son do Galpon". O director xeral de Xuventude salientou que esta iniciativa é un proxecto interdisciplinar e interdepartamental. "Interdisciplinar porque abrangue moitos máis programas que os locais de ensaio físicos, incluíndose unha rede virtual a través de www.nsaio.org, cursos de formación en produción e gravación, promoción e concertos, e tamén certames e concursos musicais, coma este que presentamos hoxe", explicou Rubén Cela. E Nsaio no Camiño é tamén netamente interdepartamental porque nel colaboran directamente a Consellaría de Innovación e Industria, a través do Plan de Xestión do Xacobeo, a Consellería de Cultura e a Vicepresidencia.
Pola súa banda, o xerente da S.A. de Xestión do Plan Xacobeo destacou que este concurso de maquetas musicais representa claramente "o espírito que o Xacobeo quere imprimir en todas as súas accións, como é a difusión da cultura galega e a súa difusión a través dos camiños culturais por excelencia como son os diferentes camiños de Santiago". Así, neste certame realizarase un concerto correspondente a cada unha das semifinais por categorías en diferentes vilas e cidades enclavadas nos diferentes camiños xacobeos, "a música, o Camiño e a cultura unidos nun só programa."
Programa
Xuventude e Xacobeo volven pór en marcha este ano a iniciativa tras o grande éxito o ano pasado, na súa primeira edición. Daquela presentáronse máis de cen maquetas á fase de selección e un elevado número de persoas asistiron aos seis concertos que se organizaron durante o mes de xullo. Unha importante acollida que situou ao concurso Nsaio no Camiño nun dos concursos musicais de maior envergadura de toda a península. O grupo ou artista gañador de Nsaio no Camiño obterá como premio a gravación dun traballo discográfico nun dos mellores estudos de gravación de España, e así mesmo, asinará un contrato cunha discográfica de nivel estatal e tamén un contrato de management. Este traballo discográfico será distribuído e promocionado en España por unha das entidades musicais máis importantes da península.
Bases
Poden participar no concurso todos aqueles grupos ou solistas que non posúan ningún disco editado (fóra dos autoeditados) e ningunha relación contractual con axencias discográficas. A media de idade das formacións debe de estar comprendida entre os 16 e os 35 anos e un 60%, como mínimo, dos seus integrantes deben de ser residentes en Galiza.
As bandas ou solistas interesados, que cumpran os requisitos, deben presentar as súas maquetas antes do vindeiro día 15 de xullo. As maquetas ou CDs deben constar polo menos de tres temas, dos cales un deles polo menos debe de estar en galego. Os interesados en participar neste concurso poden facelo nalgunha das cinco modalidades existentes: pop, rock, folk, mestizaxe e novas tendencias.
Das maquetas presentadas, na fase de selección, o xurado escollerá quince, tres por cada modalidade. Estes 15 grupos ou solistas serán os que participen na fase de concertos que se desenvolverán no mes de agosto por toda Galiza, en vilas galegas polas que discorren os distintos Camiños de Santiago. O mellor grupo ou artista de cada modalidade actuará logo no gran concerto final, do cal sairá o gañador absoluto do certame Nsaio no Camiño 2008. Nestes concertos polo Camiño, ademais dos concursantes, actuarán grupos consagrados dentro do panorama musical español.
Con este certame, así como co impulso da Rede Galega de Locais de Ensaio, a Vicepresidencia, a través da Dirección Xeral de Xuventude, segue apostando pola difusión da música dos grupos galegos e por darlles unha oportunidade ás bandas e aos artistas musicais do país.
Para consultar as bases de Nsaio no Camiño 2008, as persoas interesadas poden consultar a páxina web www.nsaio.org.
SOAS é unha combinacion íntima, máxica e de luxo proposta por dous dos grandes nomes da música galega: Rosa Cedrón e Cristina Pato.
Rosa Cedrón, quen ven de colaborar con Mike Oldfield e Cristina Pato quen tamén ven de colaborar con Yo-Yo Ma e a Chicago Symphony entre outros, son sen ningunha dúbida as artistas galegas con máis proxección internacional.
A imponente voz de Rosa Cedrón, quen deixou Luar na Lubre para levar a cabo a suas propias inquietudes e publicar o seu disco ?Entre dous mares? únese agora co alter ego pianístico de Cristina Pato, quen en 2006 lanzou o seu primeiro disco como pianista ?From Russia To Brazil, Spanish and Latin American songs for Voice and Piano? coa mezzo canadiana Patrice Jegou.
SOAS é unha xira conxunta na que as duas divas da música galega farán un repaso por tema propios e alleos, e no que a introspección e a intimidade farán as delicias dos melómanos.
Os pequenos festivais reclaman a súa importancia no panorama do directo tradicional
Chega a época dos festivais. Por todos os recantos dos país, case a diario e especialmente nas fins de semana hai algunha oportunidade de gozar de música en directo. Hip-hop, folk, pop, rock... E díficil facer a elección. Para nos orientar un pouco no maremagnum de festivais e concertos, preguntámoslle a algúns dos máis recoñecidos críticos musicais do país, que nos elaboran cadansúa carta na que atopamos moitas propostas que foxen do máis habitual. Para comezar, Henrique Macías recoméndanos citas de raíz.
Responsable do web Malmequer, un dos núcleos fundamentais para se informar sobre música de raíz no noso país, Henrique Macías aposta na súa axenda polos festivais centrados neste estilo, aínda que non rexeita eventos que se caracterizan pola mestura de ritmos. Destaca a mención de varias pequenas citas nas que o achegamento co público e programas selectos priman sobre as grandes promocións.
Mostra das Culturas, Boiro.
?A Mostra das Culturas paréceme que ten un cartel moi ecléctico e interesante?. Banda Bassotti, Obrint Pas, Supersandwich, Nao ou Bonovo compoñen un programa que se completa con actuacións, obradoiros, degustacións e debates na Carpa da Diversidade.
Do 4 ao 9 de xullo en Boiro Web do evento
Festigal, Compostela.
?A nivel de mesturar estilos o Festigal tamén é moi interesante?. Unha cita xa consolidada no Campus Sur Compostelán. Postos de venda, proxeccións, conferencias e, por suposto música. Nao, Caravan Palace, Lamatumbá, The International Noise Conpiracy, Quempallou, Pablo Milanés ou Berrogüetto son parte do cartel deste ano.
Compostela, 24 e 25 de xullo. Web do evento
Festival da Carballeira de Zas e Festival de Pardiñas.
?De clásicos sempre quedo con Zas e Pardiñas a nivel de música folk?. Aínda se ter pechado o programa desta edición, estas dúas citas confírmanse ano a ano coma fundamentais para os amantes da música de raíz.
Será ao longo do verán en Zas e en Pardiñas, Guitiriz, o 2 de agosto. Web do Festival de Zas
Festival de Ortigueira.
?Este ano o Festival de Ortigueira ten un cartel moi bo, pero dáme algúns reparos pola evolución do festival. O xeito en que se está a vivir na zona de acampada, coas carpas de música electrónica, bota para atrás a moita xente?. The Dubliners, Xochilmica, Eliseo Parra, Malvela, Moving Hearts ou Vartinnä son algúns exemplos dese interesante cartel.
Será en Ortigueira do 10 ao 13 de xullo Web do evento
Festa Folc de Vilariño, Cangas.
?Un que sempre desfruto moito é o festival da praia de Vilariño en Hío. Sempre hai un ambiente moi bo?. Serra-lhe Ai, Xosé Manuel Budiño, O Sonoro Maxín e o conxunto Lembranzas da Ría animarán o ambiente neste encontro, no que tamén haberá unha mexilloada popular.
Será na praia de Vilariño, Hío, o 16 de agosto. Web do evento
As nosas músicas, Couso.
?Non sei se fará este ano, pero o festival de Couso ten tamén un ambiente estupendo?.
Será, de ser, en Couso, A Estrada, ao longo do verán. Web do evento
Non é cousa nosa. Os promotores da campaña, amigos da música tradicional, preséntanse baixo o nome de Malmequer, son vigueses e os coñecemos a través de chuza. Pero o certo é que identificámonos coa súa percepción do festival. Do que foi e do que deixou de ser de uns anos para aquí.
Nós opinamos que a deriva tomada polo o festival foi planeada premeditadamente. Fai oito anos se menosprezou un evento cultural con identidade propia porque o seu xénero musical tiña o estigma de minoritario. O festival orixinal non convocaba as multitudes polas que o novo promotor, o recentemente estreado goberno do ex alcalde Campo, querían concitar atención mediática. Así invadiron o piñeiral as carpas dance e se emprendeu unha campaña para modificar a imaxe do evento eliminando os seus aspectos particulares e adoptando iso que se chama ?estilo fusión?, mestizaxe, ou como queira chamarse, co obxectivo de ampliar o espectro de visitantes. Aqueles aspectos que orixinalmente lle conferían identidade quedaron reducidos a anécdota (faldas escocesas na publicidade de Estrella de Galicia, unha moderada presenza de gaitas no deslucido desfile...). Quedámonos co hippismo de atrezzo; a cambio, o Festival de Ortigueira perdeu o Celta (quizais as reminiscencias galeguistas do termo feriron algunha susceptibilidade).
Acadouse o obxectivo, sen reservas: A ofensiva publicitaria, que custaba mais que o propio festival, convocou aqueles dous primeiros anos unha verdadeira marea de xente que aventaba un memorable ?botellonazo?. A publicidade de Estrella, reinando sempre a súa imaxe corporativa sobre a do evento patrocinado, non podía ser mais elocuente: elenco de tribos urbanas unidas polo elemento común dun vaso de cervexa. O resultado nolo retrata Malquemer: ?...atraídos por ser gratis e por poder pasar un fin de semana de drogas, alcol e música dance, xentes que non se achegan a Ortigueira a ver nin un só concerto, enchen a zona de acampada...E non só é iso: agora o sábado do festival, ata se achegan rapaces saídos da ruta do bacalao, que nin sequera están acampados?.
O expresivo cartelón da ponte do FEVE ( Ortigueira para ti) ofertaba o pobo e o seu festival aos visitantes estivais: Como en tantos lugares, o turismo converteuse no obxectivo da organización, e o único beneficio que nos cabería esperar aos residentes. Deixou así de ser un festival para os cidadáns de Ortigueira que non temos un bar, igual que o Xacobeo non é para os santiagueses que non teñen un chiringuito de souvenirs. Pero ao tempo que se achegaba xente allea ao festival, á música non electrónica, e a Ortigueira mesmo, se afastaban os incondicionais do mais reputado acontecemento de folk en Galicia. O número de visitantes descendeu progresivamente nos últimos anos. E gracias, porque evidentemente aquelas multitudes non estaban calculadas para as perfectas dimensións da nosa vila, que obrigada a embutilas, acababa sempre coas consabidas flatulencias (con perdón).
O feito é que o factor cuantitativo xa non pode xustificar ( si é que algunha vez o fixo) a perda de calidade derivada da indefinición e desa falta de caracter que Malquemer denomina ?a maxia? e que caracterizaba antaño esta celebración do folk. A liña emprendida estes anos atrás vense pois de revelar como un fracaso a todos os niveis.
Nós apostamos como estes amigos vigueses afeccionados ao folk por unha volta ao espírito orixinal desta festa, por unha concepción mais modesta si cabe da convocatoria (a efectos de número) pero con calidade e singularidade, que o distinga de tantos outros botellóns estivais, que renuncie á masificación e potencie o goce respectuoso dun entorno privilexiado pero fráxil, que cada ano sufre unha nova e brutal agresión promovida pola mesma administración que se encarga do seu coidado.
Henrique Peón Mosteiro é o director de Xacarandaina dende 1982. Un ano no que, por certo, tamén naceu Milladoiro. Vinteseis anos á fronte dun dos mellores grupos de danza tradicional de Galicia fan pensar nun home xa curtido e de mediana idade, pero resulta que non, que ten só 44, un chaval, coma quen di. «É que empecei moi novo, con 18 anos», xustifícase. Tamén presenta un moi bo aspecto físico, algo que, dirá máis adiante (ademais de ser obvio), é crucial no baile.
Peón e máis todo o seu equipo chegaron a Corcubión, dentro do programa Vai de Camiño do Xacobeo. Alí presentaron o espectáculo Prestixio, estreado fai dous anos, baseado, como se ve polo nome, no famoso barco, e inspirado no patrimonio artístico da Costa da Morte, comarca que se dignifica en toda a representación.
Prestixio é froito dun intenso traballo de campo e investigación etnográfica. -Xa levan moito tempo con espectáculo. ¿Quedaralle outro tanto?
-Non, este verán rematamos. Debemos levar unhas trinta funcións xa, por Galicia e por fóra dela.
-¿Gústalle á xente?
-Si, moito. E máis tócalle a fibra, que iso é o que se pretende. Sénteste identificado co que estás vendo e emociona.
-O «Prestige» xa queda lonxe. ¿Iso non é unha eiva para darlle forza á función?
-Non, non inflúe nada. Prestixio é unha reivindicación clara da nosa arte inmaterial, do da Costa da Morte, pero en xeral do de Galiza. Os bailes, a música, as cancións, as tradicións, ata os traxes. Todo iso que chamamos patrimonio inmaterial.
-Do que cada vez se fala máis.
-E para o que non hai cartos. Haino (tampouco moito) para o patrimonio material, para arranxar igrexas, catedrais, pero para aquí, nada. E hai moito que recuperar. Artisticamente, é marabilloso, vale a pena coidalo, mimalo, é o cerne da cultura para seguir adiante: quen é, onde está, que se pode crear ou non.
-Non se lle deu moita importancia.
-Non se sabía, ou non se sabe o valor destas cousas, e non se lle dá. Eu poño o caso dunha igrexa vella, que se restaura e pónselle un foco para iluminala. Con isto é igual, imos polas aldeas, facemos recolleitas de cancións, de bailes, que son auténticas xoias, e poñémoslle un foco no escenario.
-Tense dito que a Costa da Morte, en particular Bergantiños, é un gran pozo de riqueza de cancións e bailes. ¿Que opina?
-Que é certo. É unha comarca cun patrimonio moi rico e orixinal, a diferenza doutros lugares de Galicia. Bailes distintos, traxes diferentes. Mesmo unha percusión moi particular que a achega a algúns lugares do norte de África. O xeito de interpretar, a maneira de bailar, todo aquí é moi especial. E, en conxunto, serve para entender a súa xeografía, a súa vida.
-¿Podería delimitar todo iso xeograficamente?
-Non, é moi difícil. En xeral, Bergantiños moito, tamén Soneira, Fisterra, Tordoia. É algo, é unha riqueza, que aínda non se coñece moito.
-¿E que se pode facer?
-Eu teño falado con algún político diso, para crear un museo. E penso que Carballo é un bo lugar para ter un museo dedicado á arte inmaterial. Sería algo único, poñería en valor toda a comarca. Creo que sería una boa idea.
-¿Como se explica esta especificidade da Costa da Morte?
-Non sei. Tal vez pola situación xeográfica, que sobre todo influíu para que se conservase. O illamento, o mar, a falta de comunicacións, a ausencia de grandes núcleos urbanos... Todo influíu. E así temos aí tantos bailes e cantigas tan antigas, incluso do século XIII.
-A súa relación artística coa Costa da Morte é evidente, non só por «Prestixio», senón por espectáculos ou obras anteriores, como «Ribeirana», pero creo que a persoal tamén o é.
-Si, moito. Teño amigos en moitos lugares desta terra, son 24 anos dando clase por esta comarca. Con Castro-Meda de Zas, porque estiven dende o principio, en Carballo, con outros grupos. Baste dicir que por aí fun a moitísimas vodas dos amigos que teño. Gústame a xente e máis a zona. E declárome un namorado de Bergantiños. Son de Oza dos Ríos, crieime na Coruña, a miña comarca é Betanzos e As Mariñas, pero para min Bergantiños ten algo especial.
-Xacarandaina é unha agrupación que, xa só polo nome, impón. ¿Non impón tamén ser o seu responsable?
-Hai unha responsabilidade grande, son moitos anos. O difícil non é chegar a un sitio, é manterse aí. Nestes anos, uns van, outros veñen, é un grupo amateur , e hai que manter o nivel.
-Se cadra grupos como SonDeSeu, na música, levan o mesmo camiño.
-Pero na música é máis doado. A danza require un gran esforzo psíquico e físico. O baile de Xacarandaina é duro, ten forza. A preparación física ten que ser boa. É máis cansado, máis sacrificado. Das artes, a máis sacrificada é o baile.
-Agora que fala de esforzos, ¿que opina dos posibles danos que se poden producir na gorxa, sobre todo na das cantareiras, se se canta moito e con moita forza?
-Pois que hai que estudar. Hai técnicas para estirar as cordas vogais, os músculos. Igual que preparamos o corpo para bailar, tamén hai que facelo para cantar. Hai unhas técnicas, hai que traballalas. E tamén hai xente que vale máis para unha cousa que para outra: se eu son barítono, non me vou poñer de tenor. Se forzo, sairame un nódulo. ¿Que pasa? Que non hai unha escola de folclore que che poida ensinar isto, non hai onde facerse profesor, e precísase un coñecemento como calquera outro. Ou saber que non por cantar sete escalas por en riba vas cantar mellor. As lesións soen deberse ao descoñecemento. Hai que prepararse. As cordas vogais hai que quentalas.
Os expertos destacan a riqueza, única en Galicia, da música, o baile ou as regueifas de Bergantiños
Carballo, e en xeral a comarca de Bergantiños, posúe un patrimonio inmaterial que está considerado dos máis ricos e fecundos de Galiza, segundo os especialistas. Un deles, o director de Xacarandaina, Henrique Peón, leva case tres décadas investigando en todo o país, pero sobre todo na zona, razón pola que defende que Carballo sería un lugar idóneo para acoller o primeiro museo de arte inmaterial de Galiza, onde mostrar ao público os bailes, as cancións, as regueifas ou os traxes que naceron ou polo menos perviviron na zona durante séculos. A idea lanzouna o pasado domingo nas páxinas de La Voz, e o alcalde carballés, Evencio Ferrero, recolleu a luva.
Ferrero sinalou onte que se trata de algo factible, cuxos custos haberá que avaliar, ademais de valorar todas as posibilidades de levala a cabo. De feito, engadiu que a idea non lle colle por sorpresa, e que ata xa a tratara, de xeito seica informal, con responsables da Consellería de Cultura. Cre que, dado o potencial de Bergantiños neste tema, a idea ha de terse en conta.
Peón abundou onte máis neste tema. Explicou que en Galiza non existen salas que reúnan o conxunto de elementos da tradición oral dun territorio, polo que, de levarse a cabo en Carballo, sería algo pioneiro.
Non entanto, si existen museos que poden tomarse como referencia, por exemplo en Bruxelas, nas que os visitantes acceden a cabinas nas que poden ver ou escoitar determinados instrumentos, unha idea que podería aplicarse ao caso. Daría saída a un vasto patrimonio e, ademais, contribuiría a evitar que se siga perdendo.
Existe, ademais, o aspecto didáctico: «Todos os que en Galiza se adican á música tradicional pasaron por Bergantiños», explica, para furgar nas súas raíces. Son moitos os grupos de certa fama que inclúen temas da zona nos seus discos, «pero eses colleron as pezas do traballo dos investigadores, non foron eles directamente. Peón Mosteiro cita algúns exemplos de singularidade, «como o baile de divertimento máis antigo de Galiza, a Ribeirana» , como moi abundante e practicamente específico desta comarca, pero tamén determinados maneos (xotas), máis habituais nas proximidades da costa, ou as punteadas (determinas muiñeiras) moi concretas e de gran valor cultural.
«Impacto»
Botando a vista atrás, Peón lembra o «impacto» que lle causou, fai xa case 30 anos, acampar en Baldaio, desprazarse ata Baldaio e atoparse cun grupo de pandereteiras e cantareiras interpretando pezas dun modo «que non se vía por aí adiante». Este músico, bailarín e coreógrafo cre que estas prácticas sobreviviron mellor na Costa da Morte que noutras zonas.
Raúl Galego García, veterano e premiado gaiteiro de Agolada-Pontevedra, profesor de música, conferenciante, autor de numerosas gravacións e bo coñecedor da música e as cancións de Bergantiños (foi premiado por Argazo e San Cristovo dedicoulle un Día do Gaiteiro), coincide en que esta comarca atesoura unha riqueza de gran valor cultural, aínda que lamenta que non se soubo realizar unha transición entre o que era común fai décadas (as xuntanzas e encontros populares eran comúns) e o que se conserva na actualidade. «Non houbo transmisión desa maneira de entender a tradición, o que queda é a exhibición».
Unha das causas, apunta, «é que antes a xente non lle daba importancia». Por todo iso, considera que a idea de crear un museo do patrimonio inmaterial é adecuada. Peón, doutra banda, brinda todo o seu apoio se finalmente leva a cabo.