"Sempre adiante" o documental de Jairo Iglesias sobre os 20 anos de vida do grupo de rock Ruxe-ruxe estrease o sábado 13 de xuño no teatro Principal de Compostela
Despois de ano e pico compartindo vida e música co director Jairo Iglesias por fin chega o momento de disfrutar de ?SEMPRE ADIANTE? o documental que xira entorno á nosa existencia musical.
Foron meses de moito traballo e moita vida e sempre coa cámara de Jairo prendida ó noso carón. Dende a presentación do ?Némesis? ata a presentación do ?Un mundo perfecto? e polo medio moitos concertos, moitos ensaios, moitas conversas e a gravación do disco.
Nós xa estamos desexando ver todo o traballo de Jairo despois de horas de gravación e de montaxe e agora xa sabemos o día da estrea. Sábado 13 de xuño no Teatro Principal en Compostela.
Para asistir terás que ter unha invitación do grupo pois non se poñeran entradas á venda ? e se queres unha invitación escribe a ruxeruxe@ruxeruxe.com e reservámosche a túa invita (ata fin de existencias) :).
?SEMPRE ADIANTE? ? UN ANACO DE VIDA VIVIDO E CAPTURADO POR JAIRO IGLESIAS.
Localizacións xeográficas de recollidas de campo de varias fontes.
Arquivos de Luis Prego, do APOI (Museo do Pobo Galego), Cancioneiro Popular Galego, AELG, Alan Lomax,...
E chegamos á 3ª edición da Foliada da Santa Palleta, organizada polo colectivo de grupos de música tradicional de As Pontes, coa colaboración do Grupo de Empresa Endesa e o Concello de As Pontes.
Como ven sendo habitual, a celebración da Santa Palleta celebrarase no recinto exterior do Lar, en As Pontes. Todos os grupos interesados en participar poden facelo inscribíndose mandando un email a santapalleta@gmail.com indicando o nome do grupo e datos de contacto.
Programa:
18:00 Ruta barítima polas rúas de As Pontes acompañando á Santa Palleta.
20:00 Obradoiro de Baile Tradicional impartido por Gamelas Anduriñas, de Ortigueira. Inscripción gratuita enviando un email a santapalleta@gmail.com
21:30 Inicio foliada de Foliada da Santa Palleta
23:30 Procesión da Santa Palleta
00:00 Pregón a cargo de Alfonso Tellado (Alfonso Alfonso)
Despois das actuacións dos grupos previamente apuntados, haberá Foliada libre.
Seráns en Compostela
Venres 12 de xuño
A Nave de Vidán (Av. Mestra Victoria Míguez, 44, Compostela)
O último do curso! Convidados excepcionais!
Quen vén tocar esa noite? 21h00 . Obradoiro con José Codesido e tocadoras da zona de Avión!
22h30 . Os Campantes da Baña
23h15 . Cantigas e Agarimos
24h00 . Faíscas da Pontraga
01h00 . Foliada aberta até que o corpo aguante
Entrada 3?
Máis información
seranscompostela@gmail.com
FACEBOOK: Seráns en Compostela
Como sempre foron... Serán!
12 de xuño, Sala Capitol (Santiago DC), volven The Homens.
Tres anos despois do seu último concerto, alá en Cardiff, polas terras galesas. O grupo picheiro retorna para dar unha única actuación e estarán acompañados de The Lost Omelette Makers.
O grupo compostelán The Homens dará o día 12 de xuño na Sala Capitol de Santiago de Compostela un único concerto, o primeiro desde a súa marcha dos escenarios hai catro anos. A banda estará acompañada polo grupo de Porto do Son The Lost Omelette Makers.
As entradas (a 8 euros a anticipada e 10 na billeteira) poden comprarse xa nos establecementos composteláns Miranda - Cultura para levar e A Reixa Tenda.
Esta é a primeira reunión de The Homens desde que en 2011 decidiran suspender por tempo indefinido a súa carreira. Para a ocasión, o grupo repasará cancións dos dous EPs (#1, do 2005; e #2, do 2006) e dos dous discos longos (Tres, do 2007 e Cuarta potencia, do 2009) que publicaron. Soarán tamén temas das súas contribucións a discos colectivos e de homenaxe.
O público pode axudar á banda a escoller o repertorio elixindo as súas cancións favoritas a través dun formulario online ao que se accede a través deste enlace:
https://docs.google.com/forms/d/1tRu_lWL-UETLu8GEV0O-j2emZugt
M7URtTTROPgcsf4/viewform
12 de xuño de 2015 - 21.00 h.
Sala Capitol - Santiago DC
Anticipada: 8? / Billeteira: 10?
Venda de entradas en Miranda - Cultura para levar e A Reixa Tenda
facebook.com/thehomens
thehomens.bandcamp.com
thehomens@gmail.com
Segunda feira 8 (Luns)
? Treixadura na Praza Maior de Ponteareas ás 22:30
Terza feira 9 (Martes)
Corta feira 10 (Mércores)
? Narf & Uxía no Salón Teatro de Compostela ás 21:00
Quinta feira 11 (Xoves)
? Roberto Sobrado e Os Resentidos no Salon Teatro de Compostela
? Coanhadeira no Forum Metropolitano (A Coruña) ás 20:00
Sexta feira 12 (Venres)
? Festival folk de Oca (A estrada): ACadaCanto, Ce Orquesta Pantasma, Regato de Matamulleres, A Requinta da Laxeira e A Banda da Balbina
? Festival Millo Verde (Redondela): Maskarpone, ...
? The Homens na Sala Capitol (Compostela)
? Serán na Nave de Vidán (Compostela)
Sábado 13
? Festival Millo Verde (Redondela): Sacha na horta, Sete Cuncas, ...
? Xabier Díaz no Pazo de Faramello (Rois)
? IX Foliada Airiños da Lagoa en Baiona
? VIII Ruada de Catoira no Edificio Felipe Arangude
? Festa da Noite da Moura en Rebordechán (Crecente)
? III Foliada da Santa Palleta (As Pontes)
Domingo 14
? Xuntanza Folc na Insua (Ponte Caldelas): Os Carunchos, Tanto Nos Ten,...
? Orquestra Os Modernos no Polideportivo Municipal de Paradela ás 19:00
O prazo de inscrición para o XXXV Concurso de Baile Tradicional Xacarandaina remata este sábado día 6 de xuño.
O XXXV CONCURSO DE BAILE TRADICIONAL XACARANDAINA terá lugar o día 21 de xuño no auditorio do Centro Sociocultural Ágora en horario de mañá. Ao igual que nos últimos anos haberá tres categorías divididas segundo a idade dos compoñentes.
Achegamos as bases e a folla de inscrición.
O prazo de inscrición xa está aberto e as vías para facelo son:
- A través da nosa páxina web: www.xacarandaina.gal
- Por correo ordinario, enviando debidamente cumprimentada a folla de inscrición, á dirección postal do local social: A.C. Xacarandaina, rúa Historiador Vedía nº 3, soto 1º, 15004 A Coruña.
- Por correo electrónico, enviando debidamente cumprimentada a folla de inscrición adxunta, á dirección de e-mail: info@xacarandaina.com.
O prazo de inscrición remata o sábado 6 de xuño.
Para calquera dúbida ou consulta podedes contactar coa A.C. Xacarandaina por teléfono ou correo electrónico:
A A.C. XACARANDAINA ORGANIZA A XV ROMARÍA DO LECER
Con motivo da XV Foliada e Romaría do Lecer que todos os anos ven organizando a Asociación Cultural Xacarandaina que, no marco do Anfiteatro do Parque de Sta. Margarida, se celebrará na Coruña os vindeiros sábado e domingo días 6 e 7 de xuño, a Asociación Cultural Xacarandaina aproveita a ocasión para convidar ao seu medio de comunicación.
O sábado día 6 de xuño realizarase, como anticipo á ROMARÍA, unha festa coa que se pretende recuperar outra tradición galega moi popular: a FOLIADA, festa nocturna de carácter tradicional na que a xente se reunían para cantar, bailar e divertirse. Como todos estes anos contamos coa presenza de grupos folclóricos de toda Galicia acompañando no escenario ao Grupo de Música Tradicional Xacarandaina interpretando pezas do noso repertorio tradicional para que poidan bailar nenas e nenos, mozos e maiores, xente de todas as idades que participan de forma moi activa na festa.
Será ás 19:00 h. cando comece a FOLIADA INFANTIL onde participarán nenas e nenos de distintas agrupacións. Como novidade deste ano, realizarase un obradoiro de baile para todo o público asistente e, finalmente, bailarase unha muiñeira de conxunto. Tras o obradoiro, comezará a FOLIADA DE ADULTOS, ás 21:00 h. No caso de estar interesados en participar na mesma deberanse anotar a través do correo electrónico da Asociación: info@xacarandaina.com.
Este evento inclúese na celebración da ROMARÍA DO LECER do domingo 7 de xuño, que acada xa a súa décimo quinta edición. Durante todo o día intentaremos recrear unha verdadeira Romaría! O programa inclúe a actuación das alumnas e alumnos da asociación onde amosarán o aprendido durante o curso enriba do escenario; intercalaranse actuacións de grupos de baile tradicional, pandereteiras e pandereteiros, cuartetos de gaitas, acordeón, guitarra...
Para as máis pequenas e pequenos contaremos con inchables e xogos populares, onde varios monitores ensinarán a xogar aos máis novos, diversión garantida! E, para ofrecer a posibilidade ao público de gozar durante todo o día desta Romaría, contarase con bochinche, pulpeira, churrasco?
A Asociación Xacarandaina celebra desde o ano 2001, no mes de xuño, esta Romaría coa que pretende recuperar o ?sabor? de festa e lecer das antigas romarías galegas. Desde Xacarandaina animamos a toda a xente da cidade e arredores a participar neste día, como un día de homenaxe participativo ao folclore e cultura galegas, axudando deste xeito a que todas as coruñesas e coruñeses nos sintamos máis orgullosos das nosas tradicións, sen deixar que se extingan.