Malmequer


Pandereiteir@s e festeir@s da beira atlántica da Galiza


Malmequer
malmequer.vigo@gmail.com
 GAVETAS
 OS SERÁNS (Sección de consulta)
 FOTOS PARA A HISTORIA
 LIGAZÓNS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Germán Díaz en Teo
Música nos Tilos 2012
Germán Díaz ?Método Cardiofónico?

venres 22 de xuño na Mediateca de Os Tilos (Concello de Teo) ás 22h30

Germán Díaz é un dos zanfonistas máis valorados de Europa. Este vallisoletano conta cuns
envidiable currículo en canto a cursos e talleres impartidos (e recibidos) relacionados con esteinstrumento do cal é, sen dúbida algunha, un referente na península Ibérica.
Namorado do folklore e incansable investigador, sempre nos sorprende con propostas novedosas
e únicas onde combina á perfección modernidade e tradición. Unha clara mostra é o ?Método
Cardiofónico? que presentará este venres 22 de xuño ás 22h30 no concerto que realizará na
Mediateca de Os Tilos (Concello de Teo).
Este novo espectáculo está baseado nos ritmos do latido do corazón que o doutor Iriarte grabou
nos anos cuarenta. A finalidade destas grabacións era facilitar aos seus alumnos o estudio das cardiopatías, por eso editou estes sons nun vinilo que recibía este mesmo nome de ?Método Cardiofónico?.
Neste concerto, Germán Díaz crea un universo sonoro único cos instrumentos mecánicos que usa
e que leen os cartóns perforados nos que escribe as melodías. Estes instrumentos mecánicos son o
playasax, a rolmónica cromática, o órgano de barbaria e a caixa de música, que se unen á
manivela da zanfona e á grabación de loops en directo para camiñar entre a improvisación e a
rixidez dos cartóns perforados.
O resultado: un concerto orixinal, máxico e indescriptible. Realmente un traballo exquisito,
pensado e coordinado dende o primeiro ata o último segundo.

Recordamos, a cita, este venres 22 de xuño na Mediateca de Os Tilos (Concello de Teo) ás 22h30

Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 22-06-2012 12:43
# Ligazón permanente a este artigo
VI Certame Internacional Coros de Ruada (Ourense)
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 22-06-2012 12:21
# Ligazón permanente a este artigo
II festival Rok in Marín
Comentarios (0) - Categoría: Festivais - Publicado o 22-06-2012 11:37
# Ligazón permanente a este artigo
Festival Psicotroita (Sigueiro)
Comentarios (0) - Categoría: Festivais - Publicado o 22-06-2012 11:31
# Ligazón permanente a este artigo
Festa dos fachos (A Peneda-O Viso-Redondela)
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 22-06-2012 11:29
# Ligazón permanente a este artigo
Lendas da Pena Molexa (Vilasuso - O Val - Narón)
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 22-06-2012 11:26
# Ligazón permanente a este artigo
Herbas e rituais do San Xoán (Pontevedra)
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 22-06-2012 11:26
# Ligazón permanente a este artigo
Casting para nova formación con Davide Salvado
Davide Salvado convoca un casting para escoller compoñentes para unha futura formación de percusión e voz.

Requisitos:
-Ser maior de 18 anos
-saber cantar e tocar percusión
-presentar 3 temas tocados e cantados (1 só cantado e 2 cantados e tocados)
-presentar curriculum artístico e foto a poder ser de corpo enteiro.
Valorarase a calidade musical, a interpretación e a presencia escénica.

Punto de encontro: Alameda de Pontecaldelas
Dia: 24 de xuño
Hora: 16.30

Máis Información: davidesalvado@gmail.com
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 22-06-2012 11:10
# Ligazón permanente a este artigo
Para escoitar
Achegamos os distintos programas relacionados co Folk que se emiten na Galiza para os que non poideron escoitalos en directo:


Lume na Palleira (16/06/2012)




Lume na Palleira (17/06/2012)



Comentarios (0) - Categoría: Programas de radio - Publicado o 22-06-2012 11:08
# Ligazón permanente a este artigo
Riobó en Bueu


Riobó celebra o Día Internacional da Música cun concerto no Bar Aturuxo de Bueu

Como cada ano por estas datas, a Asociación Estatal de Salas de Música en Directo, co patrocinio do INAEM do Ministerio de Cultura e Deporte, coordina a celebración do Día Internacional da Música con concertos en diversas salas de toda España.
Un dos grupos seleccionados para a ocasión é Riobó Unha xoven banda, que ofrecerá a súa proposta acústica baseada na música tradicional galega.

O concerto está programada para este Xoves 21 de Xuño, a partires das 21:30 h. no Aturuxo, en Bueu. A entrada é de balde.
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 21-06-2012 10:24
# Ligazón permanente a este artigo
XX Festival Mocidade coa lingua (Ferrol)
Comentarios (0) - Categoría: Festivais - Publicado o 21-06-2012 10:22
# Ligazón permanente a este artigo
Fin de curso na Tradescola (Lugo)
CELEBRACIÓN DO FIN DE CURSO NA TRADESCOLA

Este XOVES día 21 de Xuño a partir das 19.30 h., celebrarase no Centro Lug II (Lugo) o concerto de fin de curso da Tradescola, actividade que porá peche ao curso 11/12 e na que actuarán alumnos e profesores de dito centro. Deste xeito, a escola de música tradicional xestionada pola Asociación de Gaiteiros Galegos remata as clases que se impartiron durante este curso. Posteriormente, ás 21.30 h. realizarase unha cea-festa á que asistirá o alumnado, docentes e convidados.

A TRADESCOLA contou durante este curso con máis de 220 alumnos matriculados, o seu equipo docente está formado por 9 mestres encargados de impartir as aulas de zanfona, gaita, acordeón, baile tradicional, canto e pandeireta, técnica vocal, percusión, requinta, e linguaxe musical. Os mestres implicados son Bruno Villamor, Mª Carmen Saborido, Luis Correa ? O Caruncho?, Xerardo Quintela, Xabier Iglesias, Pedro David Lamas, Begoña Lorenzo, Xela Conde, e Xose Lois Romero Cajigal, todos eles son recoñecidos profesionais e contan cun dilatado curriculo, como músicos e como docentes, no eido da música tradicional galega.

RESERVA PRAZAS PARA O VINDEIRO CURSO

Informamos asimesmo que a Tradescola ven de abrir o periodo de reserva de prazas para o vindeiro curso 2012/2013, reserva que permanecerá aberta ata finais de xuño.

Para a reserva de prazas ou para obter máis información pódese dirixir á TRADESCOLA, situada no Complexo Residencial Xuvenil Lug II (Rúa Pintor Corredoira Nº 4 - LUGO), chamar ao teléfono 982229966 ou enviar un mail a tradescola@gaiteirosgalegos.com

www.gaiteirosgalegos.com
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 21-06-2012 10:19
# Ligazón permanente a este artigo
Aviso do XXXIII Concurso de Baile Tradicional Xacarandaina (A Coruña)

Por problemas na nosa paxina web enviamos o enlace no que se pode realizar a inscripción para o XXXIII Concurso de baile tradicional
https://www.dropbox.com/sh/6xeertrtws392w4/OVagc4CPHV
tamén podedes realizala a traves do e mail eletronico: info@xacarandaina.com


Lembrade que o plazo de inscrición remata o vindeiro 23 de xuño

Desculpade as molestias que poida ocasionar este problema

Saúdos
A C Xacarandaina
Comentarios (0) - Categoría: Concursos e Xornadas - Publicado o 21-06-2012 09:47
# Ligazón permanente a este artigo
Agustín Sánchez presenta hoxe disco en Fene
Novo concerto pola comarca da Ferrolterra, desta vez en Fene. A Escola de Música BellónMaceiras organiza este ano a ?I SEMANA CULTURAL? na que se organizan distintas actividades e concertos.

Hoxe, día 20, teredes a oportunidade de escoitar a ?Farrapos de ghaita? na Casa da Cultura de Fene as 19:30 horas.
Non volo perdades!!!
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 20-06-2012 10:01
# Ligazón permanente a este artigo
Ortigueira quere recuperar a esencia folk
O festival de Ortigueira quere recuperar a súa maxia dos primeiros anos. Cumpre 28 edicións cunha asentada fama internacional. E sen deixar de atraer a miles de persoas na pequena vila mariñeira, quere volver ao espírito e ambiente de folk céltico en estado puro, sen interferencias electrónicas das numerosas carpas de danceque pululaban os últimos anos no pinar da impresionante praia de Morouzos, onde se sitúa a zona de acampada libre.

O alcalde de Ortigueira, Rafael Girón, asegurou onte que perseguirá esas polémicas instalacións para recuperar a esencia dun festival que, pese á drástica reducción do seu orzamento (400.000 euros como hai unha década), seguirá sendo gratuito.

O cartel, do 12 ao 15 de xullo, estará encabezado polos galegos Crema de Gaita así como, por primeira vez, os escoceses Blazin' Fiddles, os irlandeses Electric Céilí e os galeses Jamie Smith?s Mabon. O violonista Rua Macmillan e a Escola de Gaitas de Ortigueira, que presentará a obra de Ernesto Campos adicada ao certame, tamén destacan na oferta dos 15 concertos en total que se sucederán este ano. "Nun momento no que todo costa máis, o festival manterase sen competencia como a alternativa máis económica do verán", asegurou o alcalde. Co renovado patrocinio de administracións públicas e empresas privadas, os axustes para aforrar cartos se concentran na frecuencia, máis reducida, nos buses gratuitos entre os principais puntos do certame. Terá como complemento á música unha exposición sobre a gaita e os oríxes da cita de Ortigueira, ademáis da tradicional feira de artesanía.

www.elpais.com
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 20-06-2012 09:47
# Ligazón permanente a este artigo
Luar na lubre
O último traballo de Luar na Lubre, Mar Maior, inicia o seu percurso cunha boas cifras de vendas. Na mesma semana do seu lanzamento, o pasado 5 de xuño, o disco acadaba situarse como o 31 disco máis vendido do Estado.

O álbum que supón a estrea de Paula Rey como vocalista do grupo, está editado por Warner Music e inspírase no coñecido Libro das invasións que fala sobre os mitos e a historia antiga de Irlanda. Música medieval mestúrase coa tradición galego portuguesa e composicións propias neste proxecto.

O grupo está a desenvolver unha xira de presentación que os levará en vindeiras datas por Girona, Barcelona, Segovia e Córdoba, entre outras localidades.


www.culturagalega.org
Comentarios (0) - Categoría: Discos - Publicado o 20-06-2012 09:43
# Ligazón permanente a este artigo
Primeiro disco de PeldeNoz
Temas da tradición galega pasados polo filtro de estilos coma jazz, swing, blues, soul, contemporánea, tango ou rock. Esta é a proposta que fai o dúo Peldenoz en jazz & trad, o seu primeiro disco autoeditado, que está a chegar estes días ás tendas e que se pode escoitar tamén na rede.

Alonso Caxade ao acordeón e Alberto Rodríguez ao contrabaixo abordan un total de nove temas entre os que se poden atopar clásicos como Carolina ou Tóupele, aínda que moi transformados.

www.culturagalega.org
Comentarios (0) - Categoría: Discos - Publicado o 20-06-2012 09:40
# Ligazón permanente a este artigo
Peldenoz, termodinámica e tradición
Consigna e economía política coinciden no caso de PELdeNOZ.

O primeiro disco do dúo leva estampado na portada o mesmo principio activo que organiza o seu laboratorio: jazz&trad. Non era sen tempo, a verdade. Hai xa sete anos que botou a andar o proxecto coa teima elemental da termodinámica por diante: ?A tradición non se crea nin se destrúe, transfórmase?, acuñan nun correo electrónico. O acordeonista Alonso Caxade (Orquestra Os Modernos, Cuarteto Caramuxo) e o contrabaixista Alberto Rodríguez (PédeBoi, Dios Ke Te Crew), xuntos tamén en CabRaret, traballan no jazz e o blues as melodías que van apañar primeiro no cancioneiro tradicional galego.


Hai polos menos tres elementos singulares en jazz&trad, unha autoedición de 500 copias en CD con licenza Creative Commons que xa se pode atopar na Rede (www.reverbnation.com/peldenoz) e algunhas tendas de discos. A primeira, unha infrecuente parella de baile: contrabaixo e acordeón ao seu, acompañados nalgúns dos cortes pola voz exenta de Xandre Outeiro (Projecto Trépia). A segunda, os arranxos: Caucarraucau no Mississippi, a Carolina a dous milímetros escasos da abstracción e así sucesivamente. A terceira, as fontes: case todas as pezas saen do Cancioneiro Popular Galego reunido pola suíza Dorothé Schubarth tras unha viaxe a Galicia en 1978.

?O seu tratamento denso pero tamén divulgativo, elegante e agarimoso, metódico e profundo, abriu un camiño no ámbito da etnomusicoloxía en Galicia que descoñeciamos e que nunca antes fora experimentado", argumenta Caxade en torno ao traballo de Schubarth, unha serie de gravacións e transcricións que se conservan nos fondos do Arquivo Sonoro de Galicia. ?A súa investigación pechou unha etapa?, continúa, ?supuxo a fin do romantismo musical e as recollidas de campo feitas por neófitos e abriu un camiño novo do que aínda no sabemos percorrido e meta".

Gravado nos estudios de Radio Galega, o debut de PELdeNOZ reúne 10 cancións. Abre a Carolina nunha apropiación instrumental e seguen Regüelhe, sobre unha muiñeira recollida en 1980 nese lugar da parroquia de Olveira, en Dumbría (A Coruña), e dúas pezas ligadas ao repertorio de Florencio López, o Cego dos Vilares: Leonor, un dos temas máis diáfanos e conmovedores do disco, e Vilares, un áspero canto de arrieiro. Uxía de Numide é unha canción de berce que o propio Caxade escoitou da boca dunha cativa de tres anos en Ordes, e Arrigar em Lobeira parte dun canto de apañar o liño que Schubarth aprendera de Xaquín Lorenzo Xocas e este, pola súa vez, recollera nos anos vinte. Pechan unha xota, O arroio; outra peza do Cego dos Vilares, Caucarraucau; e un canto de labor recollido por José Inzenga (1828-1891) en Ourense, Tróupele Tróupele.

Fragmentada ?cando non anestesiada polo pasado continuo da retromanía? certa capacidade de innovación na música popular contemporánea, a dialéctica entre o rock e o folk está hoxe devaluada, tamén en Galicia. A Caxade, ademais do acordeón, dánselle ben as metáforas: ?Habería que ir pasando do samba galego á bossanova, e iso require cociña de ferro e lume lento. Schubarth cartografou o samba, agora é cousa nosa chegar á bossanova?. A falta de exercicios de apropiación análogos aos de Nacho Vegas e Xel Pereda con Lucas 15 (2008) arredor da música tradicional asturiana, PELdeNOZ propón a súa química: o jazz&trad, ?onde trad é seguridade, calma, orientación e equilibrio, e jazz é liberdade, variación, improvisación, diversión e xogo".

Lonxe destas coordenadas, a bisagra do verán debería traer varios discos. Na lista de espera segue, inexplicablemente, o primeiro LP de Srasrsra, que Discoteca Océano prometera publicar hai xa varios meses. Inminente é a saída do novo de Diadermin no catálogo de Enanos Gigantes, selo que abandonaron Franc3s para publicar con Limbo Starr o seu segundo disco, xa gravado e previsto para o outono. O que segue a ferver é verkami.com, a plataforma de crowdfunding. Tras os pasos de Galician Bizarre II ou o colectivo Metamovida, que xa acadaron o seu financiamento, andan agora proxectos tan dispares como o dos vigueses Cró!, os dous tributos a Zeca Afonso (Terra da fraternidade) e Magín Blanco (Doutor Apertas) ou o ?disco díscolo? do dúo Os da Ría.

www.elpais.com
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 20-06-2012 09:35
# Ligazón permanente a este artigo
Entrevista aos Cempés
Os Cempés semella unha especie de grupo-lóstrego: de súpeto, aparece e desaparece, vaise e volve?É este un xeito de subsistir, debido ás circunstancias, ou trátase dun modelo escollido expresamente por Vdes.?
-Máis ben diriamos "grupo mutante", porque nestes vinte anos, dende o primeiro concerto en 1992, en Cedeira, mostramos catro formacións diferentes ?O descanso que fixemos foi anunciado con datas concretas, e cumprímolas. Explicamos que durante o 2007 fariamos unha xira de despedida, e o 22 de decembro dese ano demos o último concerto desa etapa. A formación folk-rock d´Os Cempés nese momento funcionaba perfectamente nos directos, pero despois de varios intentos de renovar o repertorio, decatámonos de que non atopabamos o camiño. O lóxico era parar e esperar a que se deran as circunstancias para retomar o proxecto con novas ideas. Tres anos e medio despois, chegaron as circunstancias e mais a inspiración.

-O caso é que un labor como Tentemozo parece requerir dun proceso de elaboración longo. O resultado final é o que Vdes. querían cando se puxeron a falar do "próximo disco" ou foi xurdindo pouco a pouco?
-O disco realizouse bastante rápido para o complexo que é! Mais o resultado da gravación é froito de reunións, de moitos anos de aprendizaxe e experiencia de todos os participantes. No verán de 2011 preparamos a nova formación con Pablo Dalama aos saxos e clarinete, Fernando Barroso co bouzouki e Ramón Dopico nas percusións. Preparamos un directo nun mes con varios temas novos que levariamos só a dous concertos: un en Fisterra e outro en Lugo. Completamos o repertorio para Tentemozo e definimos qué músicos e amigos queriamos que tocaran con nós. En outubro podiamos imaxinar o son do disco e programamos o proxecto no calendario. Resumindo moito, ensaios cos colaboradores en outubro, o comenzo da gravación sería o 2 de xaneiro de 2012 e a saída do disco finais de maio. Nós mesmos sorprendímonos do ben que foi fluindo todo, e cada peza que ía soando no estudio "A Ponte" de Tomás Ageitos reafirmounos en que iamos ben (sustos á parte, que sempre os hai).

-De entre todas as colaboracións, sobresae a dos mozos e mozas da Escola Livre da Música Popular. Cómo xurdiu a conexión entre Os Cempés e a Escola?
-Óscar Fernández imparte clases de zanfona nesa escola dende o ano 2001. Aproveitando esa circunstancia e vendo que precisabamos dun evento especial para este disco, que mellor que mostrar ao público que este tipo de música non pertence só ao pasado, acompañándonos dos novos intérpretes?Na Escola Livre da MPG, a Central Folque, que cumpre once anos de historia, cos alumnos, profesores e tamén con máis amigos músicos atopamos os timbres que queriamos incluír no disco, temas como "Pasodoble Lugo-Ferrol", "Mañá" ou "Pasodoble da Illa" non poderían ser gravados sen a súa axuda. Poderiamos ter feito un disco con artistas máis coñecidos, pero quixemos ter as novas fornadas de músicos connosco e tamén facelos visibles nuns momentos nos que, especialmente para eles, as oportunidades de facer un oco no mundo da música son ben complicadas.

-Máis aló das colaboración artísticas, tamén está o orixinal xeito de financiación do álbum. Como naceu a idea? Agardaban a resposta de tanta xente?
-Non queriamos que pasara o de sempre: acabas de facer un disco, xeras moitos gastos e estás a deber cartos a todo o mundo ata que empezas a ter concertos e adicas as ganancias, se as hai, a pagar débedas. Ao plantexar a idea, pareceunos que falabamos dunha lenda urbana, pero buscando pola rede batemos con que a finaciación colectiva, a través de pequenas achegas de moita xente -coa que te comprometes a entregar unha serie de recompensas en función da cantidade que poñen-, estase a usar dende hai tempo na edición de traballos de investigación en todo tipo de campos, na produción de curtas, videoclips, traballos discográficos, libros? Contactamos cunha web que se adica a coordinar este tipo de campañas, Verkami.com, que nos asesoraron en tódos os detalles e con calma, e despois dunha campaña previa de comunicación, onde explicamos o proxecto, lanzamos a convocatoria de micromecenado, tamen chamado "crowfunding". O resultado, incrible: 5500 euros, que foi o mínimo de cartos establecido para levar adiante o proxecto, xuntouse en catro dias. Nos corenta restantes, os mecenas, unhas setecentas corenta persoas, acabaron xuntando case o dobre do orzamentado nun comenzo. Ainda así, ao final fáltounos algo máis para pagar todos os gastos, en breve esperamos telo todo saldado. Cumprir os plazos de entrega das recompensas e facer un bo traballo, convértese con este apoio nunha responsabilidade (que xa o era) inmensa que nalgún momento nos chegou a asustar un pouco. Un acordo con BOA Music. e a través de Fol Música, fixo posible a edición do disco e a súa distribución nas mellores condicións. A lenda de que o público non paga entradas para os concertos e de que quere todo gratis é mentira. É certo que non hai tradición de cobrar entradas nos festivais de verán, o que é unha anomalía que nos pasará factura no futuro, pero se despertas a curiosidade do público e ofreces algo interesante, a xente participa activamente e pon a súa parte para pagar o custo dos proxectos.

-A inclusión de dous pasodobles reflicte que Vdes. entenden a música galega sen prexuízos...
-A música "galega" é como Deus: para segundo quen, resulta un concepto diferente, ou incluso, para a maioría dos humanos, non existe. Canto máis coñeces a música feita en Galicia ao longo do tempo, máis variedade atopas e máis te dás conta de que é (como todas) unha fusión de músicas á que hai que poñerlle unha etiqueta para chamarlle dalgún xeito.

-Hai varias pezas do disco que chaman a atención, pero pola súa curiosidade está o corte do rescate sonoro que realizan en "1904". Cóntennos, logo, a historia desta gravación antiga.
-En 1904, un estudio móbil da Compagnie Française du Gramophone desprazouse de Paris a Pontevedra para rexistrar en gramófono as pezas que interpretaba o coro Aires d´a Terra, dirixido polo gaiteiro, e tamén boticario, Perfecto Feijoo. Esta gravación foi reeditada pola discográfica Ouvirmos en 2004, no 100º aniversario do evento. A peza que leva por titulo no orixinal "Coplas de Cego" xa era coñecida como a referencia máis antiga do son da zanfona en Galicia entre os zanfonistas e amantes da música tradicional, en xeral. O certo é que a zanfona orixinal case non se escoita na gravación; quixemos facer unha reelaboración do tema desde un punto de vista actual, pero respectando ao máximo a melodía, que non é unha canción senón máis ben un recitado. A letra orixinal tampouco se entende ao 100% e incluímos só unha das coplas,; o resto delas, do mesmo estilo, coñecémolas grazas a Ramón Piñeiro (Chito) , o investigador vinculado á Escola Livre.

-Cumpren xa vinte anos de traxectoria. Pensaban chegar a esta "idade artística" cando comezaron?
-Nunca nos plantexamos canto tempo existirían Os Cempés, non temos ningunha obsesión por cumprir moitos anos como grupo. En todo caso, que os anos que esteamos en activo teñan razón de ser, que o público queira vir aos nosos concertos e ofrecer cousas novas.

www.farodevigo.es
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 20-06-2012 09:32
# Ligazón permanente a este artigo
O violín folk de Galicia volve por todo o alto


Tres dos máis prestixiosos eventos de violín folk do mundo: USA, Irlanda e Escocia demandan a presenza dos nosos violinistas.

Se o ano pasado faciámonos eco da gran noticia que supuña o feito de que os violinistas galegos fosen convidados a participar como profesores nun importante curso en California, este ano o que tan só hai uns meses era unha novidade parece estarse convertendo nunha tendencia. En California queren repetir a experiencia galega, nun congreso de Irlanda, ademais de actuar presentarán un relatorio sobre o violín en Galicia e en Escocia teñen prevista a súa participación como profesores do Blazín Beauly, o curso de fiddle de maior relevancia de Escocia.

ESTADOS UNIDOS
Este ano novamente o violín folk galego será protagonista dun dos máis prestixiosos cursos de verán de USA, o ?Sierra Fiddle Camp?, dirixido por Alasdair Fraser e que terá lugar en California, na zona de Sacramento. O pasado ano xa estivo dedicado a Galicia e fué tal o éxito conseguido polos nosos embaixadores que a organización decidiu que, por primeira vez na historia do SFC repetirían os mesmos profesores invitados: Alfonso Franco, Xose Liz e Javier Feijoó e Alfonso Merino; o tres primeiros, profesores da ETRAD de Vigo e Alfonso Merino , antíguo alumno deste centro e que é solicitado habitualmente por X.M.Budiño e Carlos Nuñez para formar parte das súas bandas.
Xunto cos nosos representantes, conforman o cadro de persoal de profesores dous violinistas de maior recoñecemento no mundo do fiddle en USA: Haneke Cassel e Laura Cortesse, con máis de seis álbums como solistas cada unha. Xunto a elas estará Natalie Hass, a referencia número uno do cello folk e compañeira artística de Alasdair Fraser. Ademais, esta edición contarán con Antii Yarvela, virtuoso do violín escandinavo.
Tras unha semana impartindo clases de instrumento encherán por segundo ano consecutivo de muiñeiras e xotas, o inmenso auditorio ao aire libre de Pen Valley ante a atenta mirada de miles de californianos que contemplarán ao catro músicos galegos, acompañados por unha inmensa orquestra composta polos case douscentos alumnos asistentes ao curso.

IRLANDA
A música galega interpretada co violín está a suscitar un interese a nivel internacional sen precedentes. Tras o concerto final de nosos ?fiddlers? en California, Franco e Merino dirixiranse directamente a Irlanda do Norte, onde lles espera un importante compromiso no máis importante congreso de violínistas tradicionais do mundo, o North Atlantic Fiddle Convention.
Esta edición de NAFCO terá lugar na cidade de Derry, en Irlanda do Norte. É a terceira ocasión en que este docente da ETRAD faise un oco no máis importante congreso de fiddlers do mundo, as dous anteriores tiveron lugar en Canadá no ano 2008 e en Escocia no 2010. No congreso realizado na Península do Labrador foi presentado á comunidade internacional o estilo dos cegos cantores tradicionais, sendo publicada aquel relatorio polo Elphinstone Institute no libro ?Crossing Over?. En Escocia, o tema a tratar foi o do rexurdimento dunha nova xeración de violinistas folk na Galicia do sXXI. Nesta edición do NAFCO a súa presentación será moito máis técnica, mostrando como é posible traducir perfectamente os distintos patróns rítmicos da percusión tradicional ao arco, conseguindo que o violín poida funcionar como un instrumento de percusión á vez que acompaña harmonicamente a melodía.
Ademais da ponencia-concerto na Universidade de Ulster, Alfonso Merino e Alfonso Franco actuarán no Teatro Waterside dentro dun importante evento chamado ?Fiddles of the World? e no que son presentados os distintos estilos de cada país. Nel participarán tamén Pierre Schryer (Canadá) , Caoimhín ORathallaigh (Irlanda) e Dan Trueman (USA) entre outros.

ESCOCIA
A seguinte cita terá lugar en Inverness, xunto ao lago Ness ao norte de Escocia. Alí ten lugar cada outono un curso de fiddle dirijido por Bruce McGregor, lider dos ?Blazin Fiddles? e no que imparten clases os mellores mestres de Escocia. Tras o seu paso por terras galegas, onde veu para impartir un curso convidado pola Asociación GALICIA FIDDLE, quedou tan impresionado coa forza, que segundo as súas palabras desprende a música galega interpretada polos nosos violínistas, que decidiu que na próxima edición de ?Blazín in Beauly? ten a intención de contar con profesores de Galicia.

GALICIA
Como non podía ser doutra maneira, había que organizar algo en Galicia. E así o fixeron estes inquietos músicos. O caso é que aproveitando o doce momento polo que atravesa o noso violín folk, estes músicos-docentes han decidido apostar polo que realmente é máis importante para consolidación definitiva do fiddle nas nosas terras: Os nenos
Asi, a segunda semana do mes de Xullo terá lugar a primeira edición dun curso de verán no que medio centenar de pequenos violinistas van descubrir durante unha semana un novo universo musical no que non hai necesidade de atrís nin partituras e onde sexa cal for o teu nivel técnico sempre van ter un papel importante dentro do conxunto.
O curso chamarase SAN SIMÓN FIDDLE e terá lugar na Illa de SanSimón, Redondela, a segunda semana de Xullo. Neste curso, organizado na súa totalidade con voluntarios, participarán tamén como profesores Anxo Pintos e Begoña Riobó tamén profesores da ETRAD de Vigo e violinistas folk de primeiro nivel.

Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 19-06-2012 12:08
# Ligazón permanente a este artigo
San Simón Fiddle (Curso de verán infantil e xuvenil de violín folk)
O SAN SIMÓN FIDDLE é un curso de música especialmente destinado a nenos e nenas, onde se combinan actividades musicais con outras de lecer e tempo libre.

O curso está destinado a aqueles alumnos que teñan como mínimo un ano de coñecemento do instrumento. Non obstante, coa intención de ofrecer a posibilidade de ter un primeiro achegamento ao violín tradicional, o SSFC abrirá un grupo destinado a principiantes no que non será imprescindible ter coñecemento algún do instrumento.

Estableceranse tres grupos no campamento, nivel Iniciación, elemental e medio.

Aqueles solicitantes con idades comprendidas entre os 8 e os 18 anos terán preferencia en caso de superarse o número de prazas máximo previsto. As prazas cubriranse por rigorosa orde de inscrición no momento en que a matrícula sexa formalizada, sendo anotados nunha lista provisional os solicitantes que malia superar os 18 anos estean interesados en participar no campamento.

http://sansimonfiddle.blogspot.com
Comentarios (1) - Categoría: Cursos - Publicado o 19-06-2012 12:01
# Ligazón permanente a este artigo
Comeza a semana
Segunda feira 18 (Luns)

Terza feira 19 (Martes)

Corta feira 20 (Mércores)
? Foliada no Bar Rúa (Rúa de San Pedro - Compostela)

Quinta feira 21 (Xoves)
? Riobó no Aturuxo (Bueu)
? Festival Mocidade coa Lingua (Ferrol): Ataque Escampe, Rapatios, Adobriga, Toxos Bravos

Sexta feira 22 (Venres)
? Nao na Sala Karma (Pontevedra)
? Astarot en Sarria
? Festival Psicotroita (Sigueiro): Familia Caaamagno, Rafa Morcego, Doctor Gringo,...

Sábado 23
? Pédeboi na Festa do Areal (Ribeira de Berres-A Estrada)
? Quempallou, Tanxedoras e Güintervan na Canteira de Paredes (Vilaboa) ás 22:30
? Ruxe Ruxe, La Kinky Beat e Hora Meiga na Praza do Correxidor (Ourense) ás 23.30
? Festival Psicotroita (Sigueiro): Kastomá, Terbutalina, Malandrómeda,...

Domingo 24
? Loaira no Baba Bar (A Coruña)
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 18-06-2012 17:05
# Ligazón permanente a este artigo
I Semana Cultural da Escola de música BellónMaceiras (Fene)
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 18-06-2012 09:52
# Ligazón permanente a este artigo
Serán do Viso (Redondela)
Comentarios (0) - Categoría: Seráns e Foliadas - Publicado o 15-06-2012 13:19
# Ligazón permanente a este artigo
I Serán da Capela (As Angustias-Xil-Meaño)


Asociación Cultural Penaguda de Dena (Meaño), en colaboración coa Taberna de Cancela, organiza este ano o seu primeiro serán.
Para esta ocasión o sitio elixido foi a acolledora praza da Capela das Angustias en Xil (Meaño) en pleno corazón do Salnés.


Animamos a toda a xente que queira achegarse a votarlle unhas pezas e uns bailes.
Os que toquen non teñen que inscribirse ou anotarse en ningún sitio, simplemente hai que comunicarllo á organización ó chegar e agardar a que acaben de tocar os que estean actuando.

O serán será a partir das 22:00 e ata que o corpo aguante.

Haberá chocolate quente e queimada de balde para os asistentes!!

Como Chegar:
Na AP9 toma a saída 119 para incorporarte á Autovía de Salnés/AG-41 en dirección Cambados/Sanxenxo/O Grove
Unha vez na Autovia do Salnes, toma a saída 15 Dena/Meaño
Unha vez na rotonda que hai na saída so tes que seguir este mapa do seguinte enlace, ata a Capela das Angustias:

http://goo.gl/maps/pAGk
Comentarios (0) - Categoría: Seráns e Foliadas - Publicado o 15-06-2012 13:16
# Ligazón permanente a este artigo
Serán en Vincios (Gondomar)
O Serán será no aparcadoiro do Centro Cultural de Vincios. Teremos unha carpa e esceario, luces e son.

Haberá de balde pinchos de chourizo e a media noite un chocolate acompañado de rosca.

Graciñas, un saúdo.
Comentarios (2) - Categoría: Seráns e Foliadas - Publicado o 15-06-2012 13:01
# Ligazón permanente a este artigo
I Serán ao Son das Ferreñas (Pobra do Caramiñal)

Venres 15 de Xuño do 2012.

21:30 horas


Serán tradicional galego para pasalo ben onde o que se pretende e cantar, bailar e tocar calquer instrumento. Pandereteiras, gaiteiros, bailaríns, todo o mundo que queira una noite de festa galega que acuda. Haberá tortillas, empanadas e churrasco, de balde, postos polo Liñar, só pagará cada un o que consuma. Animádevos.

Este Serán será o primeiro que se celebra na Pobra do Caramiñal.

www.gaiteirosgalegos.com
Comentarios (0) - Categoría: Seráns e Foliadas - Publicado o 15-06-2012 12:59
# Ligazón permanente a este artigo
Foliada en Couso (A Estrada)
Comentarios (0) - Categoría: Seráns e Foliadas - Publicado o 15-06-2012 12:59
# Ligazón permanente a este artigo
Noite da Moura (Rebordechán-Crecente)
Comentarios (0) - Categoría: Seráns e Foliadas - Publicado o 15-06-2012 12:57
# Ligazón permanente a este artigo
Guezos no Con do Moucho (Illa de Arousa)
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 15-06-2012 12:55
# Ligazón permanente a este artigo
Virandeira na Taberna Rianxeira (Matamá-Vigo)
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 15-06-2012 12:51
# Ligazón permanente a este artigo
Foliada e Romaría do lecer de Xacarandaina (A Coruña)
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 15-06-2012 12:49
# Ligazón permanente a este artigo
XXIV Festival Folclórico Infantil (Cacheiras -Teo)
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 15-06-2012 12:48
# Ligazón permanente a este artigo
I Xuntanza Veciñal (Culleredo)
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 15-06-2012 12:45
# Ligazón permanente a este artigo
VI Festifolk (Mugardos)
Comentarios (0) - Categoría: Festivais - Publicado o 15-06-2012 12:45
# Ligazón permanente a este artigo
[1] 2 [3] [4]
© by Abertal
free web counter

contador de malmequeriáns dende o 1 de marzo 2007








Galiza

Malmequer


Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0