Malmequer


Pandereiteir@s e festeir@s da beira atlántica da Galiza


Malmequer
malmequer.vigo@gmail.com
 GAVETAS
 OS SERÁNS (Sección de consulta)
 FOTOS PARA A HISTORIA
 LIGAZÓNS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Fesltival Briganfolk en Betanzos

Axenda do Festival

Día 11 de xuño:

11:00.- Desfile de todos os grupos por Betanzos.
13:00.- Inauguración do recinto do Festival en O Carregal. Contará con zona de alimentación e bebidas, postos de artesanías e bloques de entretemento a cargo dos grupos invitados.
18:00.- Presentación de todos os grupos invitados.
22:00.- Concerto a cargo de Roncarela (Folk-Rock), Talu Teranga (Folk-Fusion) e Xosé Manuel Budiño.

Día 12 de xuño:

12:00.- Apertura do recinto coas devanditas tendas de artesanía e obradoiros.
17:00.- Continúa a presentación dos grupos invitados.
20:00.- Concerto a cargo de dávos troula (Folk), Berros do castro (Folk) e Susana Seivane.

Os grupos convidados son os seguintes:

Os Brigantinos, Os Azougados de Churio, Danzas Gremiais Xóvenes do Pobo, Grupo de Danza Azougue, As Garelas, Patuleiriñas de Aranga, Banda de Gaites Vila de Xixón (Asturies), Banda de Gaitas Castro Bergidum (León), Grupo de Danzas O Castro de Columbrianos (León), Aldaba (Salamanca), Paca Briceño (Cádiz), Banda de gaites de Corvera (Asturies) e o Ballet Folclórico de Chiapas (México).

Ademais do anterior, haberá unha zona de acampada para os/as máis valentes, un sorteo de 300 euros previa compra de papeleta.
Comentarios (0) - Categoría: Festivais - Publicado o 06-06-2011 22:16
# Ligazón permanente a este artigo
V Festival Alternativo Millo Verde
O venres 10 e o sábado 11 de xuño celebrarase en Redondela a V edición do Festival Alternativo Millo Verde, organizado pola Asociación Millo Verde e realizado grazas ao apoio do comercio local da vila.

Nun importante esforzo de achegar o festival a tódolos públicos, organizáronse actividades de día para nenos e maiores, que se englobarán dentro dunha Jam Graffiti, deste xeito todos os artistas de rúa estarán representados dende Djs, rapeiros e grafiteiros ata espectáculos de rúa de novo circo e maxia. Tamén se ofertarán obradoiros totalmente gratuítos para os máis cativos.

En canto a concertos, o venres abrirán dúas bandas de Redondela, Marxe Eskerda gañador do concurso de maquetas, e o electro-indi de Belöp , que precederán aos holandeses Pedro Delgado?s espectaculares no estilo bluegrass. Por últimos a música do mundo estará representada polos portugueses Terrakota.

O sábado continuarase coa aposta de mesturar grupos galegos con bandas estatais e internacionais, deste xeito escoitaremos o punk rock galego de Kastomä, a fusión de flamenco electro rock dos madrileños Fuel Fandango, o folk galego da Banda Balbina, a Keko Yoma que traen especialmente de chile o seu peculiar estilo de rock fusión, e como último, para cerrar o festival, a abríante música trance de Olive tree Dance.

Información sobre todas as actividades e bandas en milloverde.blogaliza.org

Organiza Asociación Millo Verde
Comentarios (0) - Categoría: Festivais - Publicado o 06-06-2011 22:04
# Ligazón permanente a este artigo
15 anos combatendo a Espanha e ao Capital
A Assembleia da Mocidade Independentista faz este ano 2011 quinze anos desde a sua primeira Assembleia Nacional. Imos celebra-lo, e apresentamos a nossa programoçom para este dia festivo, mais também reivindicativo. A data escolhida é este sábado, dia onze de junho, na cidade de Vigo.

Programaçom:

14.00: Jantar de confraternizaçom
Celebrara-se no L.S. Faísca, Rua Toledo nº 9, Calvário.

17.00: Projeçom do documentário: "A nossa luita é imparável. Quinze anos de Mocidade Independentista"
Video-documentário que resume quinze anos da militância da AMI. Intervençons de antigas militantes e videos e imagens de mobilizaçons sucederam-se ao longo de case umha hora.

18.30: Quinze anos da militância, quinze anos de resistência.
Intervençom das organizaçons convidadas
Intervençom de várias ex-militantes. Falaram antigas militantes da organizaçom, divididas em funçom a época na que militaram (1993-1996/ 1996-2001/ 2001-2005/ 2005-2010)

19.30: Video homenagem a Martinho

20.00: Intervençom política dumha repressentante da AMI

21.00: Petiscos e sorteio de cadros de cartazes históricos da AMI.
Seram no bar irmandinhos, sito na Rua Irmandinhos.

22.30: Concerto: Marxe Esquerda e Skárnio.
Celebraram-se na Sala inferno, sita na Rua Colón, nº 37.

A venta de entradas para o concerto estam disponhíveis em:
Compostela: A Gentalha do Pichel, Pub Avante, Bar As duas
Vigo: C.S. Revolta, Bar Irmandinhos.
Lugo: C.S. Mádia Leva
Ourense: C.S. o Pintxe
Ponte-Vedra: C.S. a Revira
Corunha: bar Faluya.
Estaram também a venda o dia do concerto.


Quinze anos combatendo a Espanha e ao Capital!

Resistir, combater, vencer!
Comentarios (0) - Categoría: Festivais - Publicado o 06-06-2011 22:03
# Ligazón permanente a este artigo
DUF, 1ª festa para o diálogo intercultural
06/06/2011
O xoves 9 e venres 10 de xuño terá lugar DUF, que naceu como un festival temático ao redor dos pandeiros de man, reformula a súa filosofía para continuar unha liña que comezara hai dous anos: a interación social e participación intercultural a través da música. DUF, leva celebrándose desde o 2004 en Pontevedra e viaxa este ano á súa nova sede: Coruña.

A experiencia que supoñen sete anos de actividade na cidade de Pontevedra dota a DUF da madurez necesaria para reformular os seus obxectivos e abrirse a novas liñas de traballo. Conservando o espírito de interación social e cultural a través da música popular que envolveu a anterior etapa, DUF Coruña pretende orientarse cara proxectos de desenvolvemento a longo prazo con especial fincapé na participación da poboación inmigrante, obxectivos artísticos e pedagóxico-sociais, maior atención á infancia e muller, e cunha marcada promoción das artes como fenómeno transcultural.

O Centro Ágora, como centro cívico situado nunha zona de alta densidade de poboación inmigrante, supón un lugar idóneo para realización de proxectos de desenvolvemento local e de barrio a través das artes. Ademáis, polas súas prestacións técnicas, ampla dotación de aulas e espazos para traballo, biblioteca e auditorio, Ágora ten a capacidade de proxectar a súa actividade cara toda a cidade e ser un referente a nivel Galiza e internacional.

PROGRAMA

XOVES, 9 XUÑO

DUF Foro Hora: 19:30. Centro Ágora
?A Música como fenómeno transcultural? Diálogos, concerto-exprés e proxeción de audiovisuais
Conduce: Marcos Lorenzo. Economista e antropólogo
Interveñen: +
+ Héctor M. Pose (Doutor en Psicopedagoxía. Universidade da Coruña)
+ Ghaleb Jaber Martínez (Director do AMAL, Festival Internacional de Cine Euro Árabe)
+ Josep Fornés e Enric Miró (Director e Xefe de Exposicións do Museu Etnològic de Barcelona)
+ Concerto exprés a cargo de Beppe Branca (Italia)

VENRES, 10 XUÑO

DUF Escola Hora: 10:00
Obradoiros para escolares Co CEIP do María Barbeito con:
+MC García "A cultura Hip Hop"
+Galu Teranga "A música no Senegal"

DUF Rúa Hora: 17:30 - 20.30 h - Praza das Conchiñas
+Hora: 17:30 ?Disco Delivery? de Dj Capuzzi y la Señorita X (Arxentina)
+Hora: 18: 30 Obradoiro de batuke Trópico de Grelos (Santiago)
+Hora: 19:30 Convivio musical Senegal-Galiza con Galu Teranga (Senegal) e Pandereteiros Maghúa (Coruña)

DUF Noite Hora: 20:30 . Centro Ágora
+ Concerto de Fred Martins e Ugia Pedreira: (Brasil-Galiza) concerto presentación de Acrobata

Ligazóns
DUF'11, 1ª festa para o diálogo intercultural
Comentarios (0) - Categoría: Concursos e Xornadas - Publicado o 06-06-2011 21:56
# Ligazón permanente a este artigo
O filme Doentes no Festival Internacional de Cine de Moscova
Gustavo Balza, director do filme baseado no libro de Vidal Bolaño, asistirá ó certame


A longametraxe Doentes, dirixida por Gustavo Balza, e baseada na obra teatral homónima de Roberto Vidal Bolaño, foi seleccionada para a 33ª edición do Festival Internacional de Cine de Moscova. O evento celebrarase do 23 de xuño ó 2 de xullo de 2011, e a el acudirá o director, acompañado dalgún dos produtores e actores .

Protagonizada por Antonio Durán Morris e Xosé Manuel Olveira Pico, o filme conta no elenco con María Vázquez, Ernesto Chao, Rosa Álvarez, Farruco Castromán, Luisa Merelas, Gonzalo Uriarte, Laura Ponte, Víctor Mosqueira, Olalla Salgado, Xan Cejudo, Evaristo Calvo, Tatán, Rodrigo Roel, Julio Cela, Artur Trillo, Xosé Barato, Xosé Bonome, Manolo Cortés, Toni Salgado, Zé Paredes, Salvador del Río e Miguel Borines.

Producida por Antón Reixa (Filmanova) e Farruco Castromán (ZircoZine), a película chega á terceira semana en cines, contando a historia de Valeriano (Pico) e Cañete (Morris), nos anos 50, tras ser desaloxados do Hospital Real de Santiago para transformalo nun parador.

Galicia Hoxe
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 06-06-2011 21:44
# Ligazón permanente a este artigo
V Foliada en Baiña (Baiona)
Comentarios (0) - Categoría: Seráns e Foliadas - Publicado o 06-06-2011 21:33
# Ligazón permanente a este artigo
Foliada no Sixto (Vilagarcía de Arousa)
Comentarios (0) - Categoría: Seráns e Foliadas - Publicado o 06-06-2011 21:33
# Ligazón permanente a este artigo
Proxecto Runas 2011 - Festival de Ortigueira
Ulträqäns, Stolen Notes e Riveira abrirán o Festival Ortigueira 2011 como finalistas do concurso de grupos folk emerxentes.


Xa se coñecen as tres bandas que inaugurarán, no marco do Proxecto Runas, de promoción de grupos noveis, o Festival do Mundo Celta 2011. As formacións seleccionadas, que competirán en directo por formar parte da programación do próximo ano, son: Ulträqäns, Stolen Notes e Riveira (clasificados nesta orde). Por primeira vez, chega á final unha banda do outro lado do Atlántico.

A elección, segundo estaba previsto, foi responsabilidade compartida entre os internautas e un xurado especializado, integrado polo líder de Luar na Lubre, Bieito Romero; Manuel Garrido Rodríguez, músico e profesor de gaita; o crítico de Mondosonoro, Nonito Pereira Rey e o axente musical, Marcos Valles. A comunidade de visitantes da web oficial, que rexistrou 26.105 votos, foi o quinto membro deste particular tribunal.
Os finalistas- Ulträqäns (Galicia, 2007), Riveira (Chile, 2005) e Stolen Notes (Andalucía, 2007)- representan distintas formas de entender o folk, aínda que apostan todos eles por propostas de fusión; fusión de instrumentos tradicionais e modernos e mestura de sons tradicionais e novos estilos.

Riveira, o primeiro grupo de fóra da Península Ibérica que entra na final do Concurso Runas, será o encargado de inaugurar a sesión de concertos. A banda, un dos máximos expoñentes da música celta en Chile, debuta en Ortigueira coa súa particular revisión da música tradicional celta galega e irlandesa, recollida no seu álbum, "Una mágica frontera".

Seguirá o cuarteto andaluz, Stolen Notes, coa súa proposta baseada en arranxos dunha coidadosa selección de melodías tradicionais irlandesas e doutros países do Arco Atlántico, ademais de composicións propias. Trátase dun proxecto concibido para os directos como, sen dúbida, o é o dos coruñeses, Ulträqäns, banda de punk folk, que reúne a ex compoñentes de grupos como Os Diplomáticos ou Ruxe ruxe, que presentan o seu primeiro traballo editado, unha clara aposta por "música frenética para a festa" con influencias de músicas de raíz europeas e do folk rock.

Estas tres bandas folk emerxentes abrirán o XXVII Festival internacional do Mundo Celta, que se celebra do 7 ao 10 de xullo, organizado polo Concello de Ortigueira. A mellor delas converterase no primeira formación confirmada do cartel do ano 2012 e embolsarase 4.000 euros.

Comentarios (0) - Categoría: Festivais - Publicado o 06-06-2011 21:19
# Ligazón permanente a este artigo
Pasamento dun grande luthier
OBITUARIO DE PABLO CID
Pasamento dun grande luthier

01/06/2011
O boísimo luthier, carismática persoa e mellor amigo, Pablo Cid, faleceu o 30 de maio de 2011. Novo e afamado artesán de Senande (Antas de Ulla) estivo vencellado ao proxecto folque desde o Conservatorio de Música Tradicional e Folque de Lalín coma alumno de sanfona con Óscar Fernández e feito instrumentos de moita calidade no seu obradoiro. O funeral e enterro terá lugar o día da Ascensión, día 2 de xuño, ás 18.00 horas na Igrexa Parroquial de Senande (Antas de Ulla).

Desde aCentral Folque, queremos expresar o noso recoñecemento e mágoa pola morte dun grande amigo.

Central Folque
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 03-06-2011 18:36
# Ligazón permanente a este artigo
Chega a fin de semana
Sexta feira 3 (Venres)
? Masterclass con Budiño (Illa de San Simón) de 17h a 21h
? Leilía na Praza do Toural (Compostela) ás 23:00
? 3º Aniversario Noites de Tasca de Ordes
? Pito de Pikasso no Badulake (Ordes)
? Sondeseu no Teatro Rosalia de Castro (A Coruña)
? Guadi Galego, Xabier Díaz, Guillerme Fernández no Liceum ( O Porriño)
? Foliada Venrespirar (Ourense) no pub Ollo Ledo

Sábado 4
? Masterclass con Budiño (Illa de San Simón) de 10h a 14h e de 17h a 21h
? XII Encontros de Música Tradicional (Carboeiro-Silleda)
? VII Gala Esta noite hai unha fía de Oficios e Labores, no Teatro Nova Caixa Galicia (Vigo) ás 20:00
? II Foliada `Canta nos bares´ (Celanova)
? Moenda no muíño da Pedrosa (Benbrive - Vigo) ás 16:00
? Visita-Concurso á exposiçom de Ruth Matilda Anderson na Fundación Caixa Galicia (R/ do Vilar, Santiago) ás 17:00
? II Tarde de Fiadeiro en Vide (As Neves) ás 17:00
? Esquíos no Pub Decadas (A Estrada) ás 23:00 + K-Raxe
? IV Serán á beira do mar (Baiona)
? I Serán Traspés na alameda de Sardoma (Vigo) ás 22:00
? I Foliada de Leiro, no Salgueiral (Leiro)


Domingo 5
? II Festival Infantil `O Berce de Donaire´ no Fórum Metropolitano(A Coruña)ás 17:30
? Sondeseu, no Centro Social E Recreativo de Beade (Vigo) ás 21:00
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 03-06-2011 18:36
# Ligazón permanente a este artigo
O Fiadeiro escenifica cantos e bailes de oficios tradicionais
Nas súas viaxes por Galicia tras as pegadas da cultura tradicional, os membros da asociación cultural O Fiadeiro, fundada en Vigo en 1996, axiña se decataron de que practicamente todos os oficios tiñan, como pouco, cadanseu canto. Mesmo deron con danzas vencelladas a labores como a Jota de Moscoso (Pazos de Borbén), ligada aos pedreiros. En Vila de Cruces levaron unha das súas meirandes sorpresas, cando unha veciña interpretou para eles un canto de capadores que é, en si mesmo, un alegato en clave irónica e con moito sentido do humor contra o intrusismo laboral de persoas alleas ao gremio, xentes descoñecedoras da profesión que deixaban en mal lugar aos auténticos expertos e facían sufrir ao animal.

É unha homenaxe aos transmisores deste patrimonio e ten afán didáctico


Daquel achado, nos directores das seccións de baile (Miguel Souto), pandeireta (Javier Feijóo, Chisco) e música (Rafael Crespo) prendeu a idea de crearen un espectáculo tecendo traballos e pezas musicais e de danza. Empezaron a perfilalo no verán de 2009 e mañá sábado por fin chegará o día de representalo diante do público no Teatro Novacaixagalicia de Vigo (20.00 horas). Ao longo de dúas horas, medio cento de persoas, vestidas con fidelidade á época e ao contexto pola xastra Begoña Martínez, farán revivir mineiros de Santiago, apañadoras de castañas dos Ancares, fiandeiras de Santa Comba, labregos de Mondariz, ovelleiros do Cebreiro, redeiras de Muxía e mariñeiros de Rianxo. Escenificarán 13 números que tamén porán a proba a versatilidade dos prestixiosos corpos artísticos desta escola. "Na reserva quedaron os vendimadores, os arrieiros e os cantos de seitura, tamén moi interesantes, pero a duración da montaxe sería excesiva", comenta Souto, coordinador da obra De oficios e labores, o sétimo espectáculo de gran formato producido pola asociación cultural.

Un canto de berce recollido en Quintela de Leirado e a recreación dun serán de Santiago de Oliveira (Ponteareas) serán as pezas encargadas de abrir e de pechar, respectivamente, unha función que, alén de amosar o talento dos integrantes d'O Fiadeiro, ten dous obxectivos: servir de homenaxe ás persoas transmisoras deste patrimonio inmaterial, vivo na tradición oral ao longo de xeracións, e unha marcada perspectiva didáctica. "Moitos destes labores están perdidos e hai xente nova que os descoñece por completo".

El Pais
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 03-06-2011 18:36
# Ligazón permanente a este artigo
II Festival Infantil `O Berce de Donaire´ (A Coruña)
A asociación cultural Donaire de A Coruña organiza, o 5 de Xuño, as 17:30 h no Forum Metropolitano da mesma cidade, o II Festival Infantil "O Berce de Donaire", tras o gran éxito da súa primeira edición.
Este ano a temática terá como protagonistas aos nosos maiores entre eles os avós e as avoas.


Os grupos participantes, ademais da escola da A.C Donaire, serán:
- A.C Lembranzas da Ría (Cangas do Morrazo)
- ANPA Sarela do CEIP Raiña Fabiola (Compostela)


As entradas poden ser mercadas en Servinova ou o mesmo día do festival na taquilla do Forum Metropolitano prezos 3? e 2? (entrada reducida, parados, carne xové e +65)

Vémonos alí!

http://www.blogoteca.com/donaire

info@acdonaire.com
Comentarios (0) - Categoría: Concursos e Xornadas - Publicado o 03-06-2011 17:56
# Ligazón permanente a este artigo
XII Encontros de Música Tradicional (Carboeiro)
XII ENCONTROS DE MÚSICA TRADICIONAL
4 DE XUÑO DE 2010 NO MOSTEIRO DE CARBOEIRO (SILLEDA)


13.00. SESIÓN VERMÚ a cargo dos grupos da bisbarra
?Subasta das andas e PROCESIÓN DA SANTA FERREÑA (acompañada polos cabezudos de VIRAVOLTA)
?13h-Representación teatral de ?O Soño de Prisciliano? por xentes do Portugaliza

-APERTURA DAS EXPOSICIÓNS:
? "PREBE PROBE" Xabier Blanco (Moaña), Diego da Molinera(Lalín), Museo Etnográfico Casa do Patrón (Doade), CETMO (Soutelo de Montes), Museo da Marioneta, Casa do Títere (Lalín) e Museo do Pobo Galego(Compostela)

-FEIRA DE ARTESANÍA:
coiro, prata, abalorios, cerámica, bisutería..

- XANTAR POPULAR (empanada, carne ao caldeiro, queixo con marmelo, pan, viño/auga, café e ghotas -12?)

DURANTE A TARDE:
? XOGOS TRADICIONAIS PARA CATIVOS/AS E MAIORES con Xandobela, Itaca e Luchi & Quintá
? "come comida E colle o que comas" con Celsiño F. Sanmartín
? VISITA GUIADA AO MOSTEIRO con Tesouros Novos
? REPRESENTACIÓN DIDÁCTICA DA MOSTRA DE INSTRUMENTOS POBRES con Xavier Blanco

E ao que se vaia facendo noite?
FOLIADA ATA QUE O CORPO AGhUANTE!


ACAMPADA Á BEIRA DO RÍO DEZA
TELF INFO: 658 62 82 39

VIVA A XUVENTUDE E A XENTE VELLA QUE NON MORRA!!
Comentarios (0) - Categoría: Seráns e Foliadas - Publicado o 03-06-2011 17:01
# Ligazón permanente a este artigo
VII Gala Esta Noite Hai Unha Fía de Oficios e Labores
Espectáculo de baile e música tradicional

Sábado 4 de xuño
Hora comezo: 20.00

Lugar: Centro Cultural Novacaixagalicia Teatro - Vigo

Podedes mercar as entradas chamando os seguintes teléfonos: 986 110 500 ou 902 504 500.

Tamén na web www.servinova.com



Prezo butaca e primeiro anfiteatro: 12.00 euros

Prezo segundo anfiteatro: 9.00 euros

Prezo terceiro anfiteatro: 6.00 euros

Calquera dúbida xa sabedes onde estamos
Comentarios (1) - Categoría: Novas - Publicado o 03-06-2011 16:57
# Ligazón permanente a este artigo
I FOLIADA DE LEIRO
O Vindeiro Sábado 4 de xuño @s amig@s da Asociación Taparraná, organizan o que será a I Foliada de Leiro, presentannos o seguinte programa:

19:30 Xogos Populares
20:30 Curso Iniciación ao Baile Tradicional
E a partir das 21:00 comenza a "FESTA".......lume!

Haberá Bolos Preñados de balde para todos os asistentes, chocolata e bizcoito.
Non faltara o bo viño do Ribeiro, licor cafe e outras bebidas espérituosas....
Contarase con zona de acampada (se alguen se quere quedar)

Achegádevos ata Leiro que a festa promete !!

Para máis información podedes contactar en taparrana@live.com
Comentarios (1) - Categoría: Alalá / No bico un cantar - Publicado o 03-06-2011 16:55
# Ligazón permanente a este artigo
I Serán Traspés (Sardoma-Vigo)
Xa queda menos para o noso I Serán, que terá lugar o día 4 de xuño na alameda de Sárdoma (Vigo), ó lado da igrexa.

Dará comezo as 22.00h. coa intervención dos nosos grupos de pandereteiras, pandereteiros e charanga.

Para participar só vos tedes que anotar nada máis chegar.

Agardamos que veñades para facer unha boa troula con chocolatada incluida
¡Animádevos!
Comentarios (3) - Categoría: Seráns e Foliadas - Publicado o 03-06-2011 16:54
# Ligazón permanente a este artigo
IV Serán á beira do mar (Baiona)
Comentarios (0) - Categoría: Seráns e Foliadas - Publicado o 03-06-2011 16:53
# Ligazón permanente a este artigo
Presentación do disco de Esquíos na Estrada
Comentarios (0) - Categoría: Discos - Publicado o 03-06-2011 16:52
# Ligazón permanente a este artigo
II Tarde de Fiadeiro en Vide- As Neves
Comentarios (0) - Categoría: Seráns e Foliadas - Publicado o 03-06-2011 16:50
# Ligazón permanente a este artigo
VISITA-CONCURSO À EXPOSIÇOM DE RUTH MATILDA ANDERSON
Vem conhecê-la connosco e participa no nosso divertido concurso, haverá um premigo para @ ganhad@r.

Gentalha do Pichel
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 03-06-2011 16:49
# Ligazón permanente a este artigo
Moenda no muíño da Pedrosa (Benbrive - Vigo)
Ola!, queremos convidarvos a moenda que teremos o próximo 4 de Xuño a partires das 16.00 H,
no muíño da Pedrosa e así como a tódalas actividades relacionadas co millo que desenrolaremos na contorna do propio muíño.

Esperamos que acudades .
Un saúdo .
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 03-06-2011 16:48
# Ligazón permanente a este artigo
II Foliada `Canta nos bares´ (Celanova)
Comentarios (0) - Categoría: Seráns e Foliadas - Publicado o 03-06-2011 16:45
# Ligazón permanente a este artigo
3º Aniversario Noites de Tasca de Ordes
Comentarios (0) - Categoría: Seráns e Foliadas - Publicado o 03-06-2011 16:43
# Ligazón permanente a este artigo
Leilía en Compostela


Venres 3 de xuño de 2011 ás 23:00h,
Praza do Toural, Santiago de Compostela


A finais do 89 decidimos dar a coñecer a música tradicional de Galicia, ao son de pandeiretas e voces.
21 anos e catro discos despois Leiliìa quere dar as grazas a todas as mulleres que fixeron e fan realidade a creacioìn, a conservacioìn e a transmisioìn da tradicioìn oral galega.

Coa inestimable colaboración do músico e arranxista compostelán Xoán Porto, propoñemos neste concerto, unha concepción musical acorde a unha nova realidade. No que apenas tres instrumentos: guitarra, acordeón e contrabaixo, abrigan á perfección a beleza do canto tradicional e os versos de varias das mellores poetisas galegas da actualidade.

Este concerto será unha viaxe no tempo no que estaremos acompañadas por tres músicos de recoñecido prestixio do panorama galego:
Xoán Porto (guitarra e gaita), Vadzim Yukhnevich (acordeón), Xacobe Martínez (contrabaixo).

O grupo adiantará temas do que será o seu quinto traballo discográfico.

O novo disco, que sairá ao mercado este ano, ofrecera "unha visión renovada e actual da música tradicional galega"

Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 03-06-2011 16:38
# Ligazón permanente a este artigo
Masterclass con Budiño (Illa de San Simón)

A gaita en escena, técnicas e posibilidades
con Xosé Manuel Budiño.


○ Datas: xuño
║ ○ venres 3. de 17h a 21h
║ ○ sábado 4. de 10h a 14h e de 17h a 21h
○ Lugar: Fundación Illa de San Simón
○ Prezo: 50 euros
○ Prazas: 15 alumnos (seleccionados polos profesores entre os currículos recibidos)


?Historia, os gaiteiros do século XX.
?Gaitas Europeas, breve achegamento.
?Introdución á construción da gaita.
?Técnicas de respiración.
?Gravación en estudo.
?Microfonía de concerto.
?Os samplers, introdución á Master Gaita.
?Iniciación cos secuenciadores software (Protools).
?Repertorio de composición: de Paralaia a Volta.

Máis información:
www.masterclassdemusicatradicional.info
Comentarios (0) - Categoría: Cursos - Publicado o 03-06-2011 16:32
# Ligazón permanente a este artigo
Folk in trio do 3 de xuño
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 02-06-2011 20:36
# Ligazón permanente a este artigo
VII Gala Esta Noite Hai Unha Fía de Oficios e Labores
Espectáculo de baile e música tradicional

Sábado 4 de xuño
Hora comezo: 20.00

Lugar: Centro Cultural Novacaixagalicia Teatro - Vigo

Podedes mercar as entradas chamando os seguintes teléfonos: 986 110 500 ou 902 504 500.

Tamén na web www.servinova.com



Prezo butaca e primeiro anfiteatro: 12.00 euros

Prezo segundo anfiteatro: 9.00 euros

Prezo terceiro anfiteatro: 6.00 euros

Calquera dúbida xa sabedes onde estamos
Comentarios (0) - Categoría: Festivais - Publicado o 02-06-2011 20:32
# Ligazón permanente a este artigo
VISITA-CONCURSO À EXPOSIÇOM DE RUTH MATILDA ANDERSON
Vem conhecê-la connosco e participa no nosso divertido concurso, haverá um premigo para @ ganhad@r.

Gentalha do Pichel
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 02-06-2011 20:26
# Ligazón permanente a este artigo
II Tarde de Fiadeiro en Vide- As Neves
Comentarios (0) - Categoría: Seráns e Foliadas - Publicado o 02-06-2011 14:34
# Ligazón permanente a este artigo
Presentación do novo disco de Riobó
Concerto de presentación de Riobó no Auditorio do Centro Cultural Novacaixagalicia en Vigo

Será o vindeiro mércores 8 de Xuño a partires das 20:30, no Auditorio do Centro Cultural Novacaixagalicia, cando Riobó presente por primeira vez, e na súa cidade, o seu novo traballo discográfico. Un traballo que baixo un mesmo título nomea a un grupo, un disco, e a unha das mellores violinistas folk do momento, Begoña Riobó. Un ?mapa da xeografía das emocións?, como ben di o escritor galego Francisco Castro, que se caracteriza polo virtuosismo dos seus músicos á hora de arranxar e interpretar melodías da tradición galega, sendo fieis ás súas formas e orixe.
Begoña Riobó é, actualmente, a violinista con maior proxección no panorama musical galego. Cunha destacada traxectoria artística, na que formou parte das bandas de Carlos Núñez, Susana Seivane, Anxo Lorenzo ou Sondeseu, presétase como a primeira violinista folk galega en liderar o seu propio proxecto.
Acompañando a Begoña, en ?Riobó? atópanse catro recoñecidos músicos cunha sólida traxectoria, habituais nos principais proxectos musicais de Galicia. Son Fernando Barroso (Guitarra), Marcos Campos (gaita, acordeón e frautas), Xosé Liz (bouzouki), e Fernando Pérez (Frautas e requinta).

Entradas xa á venda en Servinova



Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 02-06-2011 14:26
# Ligazón permanente a este artigo
Presentación do disco de Esquíos na Estrada
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 02-06-2011 14:23
# Ligazón permanente a este artigo
Meu Canto, retrato da integración de Uxía ó mundo da lingua portuguesa
Uxía Senlle grava un disco por primeira vez en Brasil, paralelamente á xira Travesía da Saudade

A gravación de Meu Canto coincide cun momento moi significativo na carreira de Uxía Senlle, os seus 25 anos de carreira. E, no seu punto de vista, nada mellor para celebrar estas vodas de prata que gravar un disco fóra de Galicia, abrindo novas perspectivas na súa carreira nun país tan ecléctico musicalmente como é Brasil. Uxía confesa que foi o seu disco gravado de forma máis relaxada, sobre todo pola acollida que recibiu no país sudamericano. Puido contar coa colaboración constante de Sergio Tannus, talentoso instrumentista brasileiro que vive dende hai uns anos en Galicia, e que ademais estivo con ela en toda a xira ?Travesía da Saudade?, que pasou por diversas cidades brasileiras. Outros prestixiosos músicos brasileiros participaron na gravación do novo traballo, como Lenine e Socorro Lira, ademais de ser producido por Jaime Alem.

Falando dos trazos diferenciadores que se poderían atopar en Meu canto, Uxía resalta a naturalidade que aportan a voz e a guitarra en solitario, sendo o seu obxectivo volver á esencia do canto máis primario. Tamén o feito de estar gravado no Brasil inflúe no produto final, nun repertorio que non foi premeditado, senón que xurdiu ?como unha bonita maneira de celebrar os meus vintecinco anos musicais?. Así, en Meu canto, poderase atopar un traballo máis íntimo e minimalista que os seus anteriores, no que a voz é absoluta protagonista.

Ademais, como estivo en rexións moi distintas do Brasil, foi posible para Uxía facer unha inmersión no amplo espectro musical daquel país, coñecendo a cultura musical caipira do interior do estado de São Paulo, que é moi distinta da estética musical de Río de Janeiro, así como a que se atopa no nordeste de Brasil, que na súa visión se achega máis ó estilo ibérico (Uxía tamén estivo en Salvador de Bahía e João Pessoa, capital de Paraíba). Houbo igualmente interesantes encontros con artistas de grande prestixio e legado na música nordestina brasileira, como o cantautor pernambucano Geraldo Azevedo e os célebres irmáns baianos Caetano Veloso e María Bethânia, auténticas lendas vivas, que incluso se amosaron abertos á posibilidade de vir a Galicia no futuro, para realizar futuros intercambios musicais.

A gravación dun disco en chan brasileiro é unha consecuencia natural nunha carreira que, sobre todo na última década, estivo claramente adicada a agregar a música galega ó universo sonoro lusófono. O seu liderazgo dentro do importante festival pontevedrés Cantos na Maré reflicte a crenza de que, apesar da falta de apoio financeiro que se notou sobre todo na súa oitava edición no último ano, trátase dun acontecemento cultural ?que ten alma, e que por esta razón sobrevive a calqueira contratempo, no que se xunta productores culturais de todos estos lugares para vivir novas experiencias?.

Acostumada tamén a realizar parcerías con artistas do noso país veciño, Uxía revelounos que visualiza un momento de transición na música de Portugal, que pouco a pouco intenta escapar da forte dominación exercida polo fado lisboeta sobre os demais xéneros musicais alí existentes, xa que ?apesar de ser un país pequeno, é un país moi rico musicalmente, con xéneros moi diferentes de norte a sur, como os cantos polifónicos do sur de Portugal, os homes de Alentejo, as mulleres de Minho, o rock portugués e incluso a renovación exercida por Deolinda e Homens da Luta, cronistas que contan o que pasa no Portugal de hoxe en día, con letras cargadas de parodias e crítica social?.

Uxía Senlle evita declaracións que poidan manifestar radicalismos, pero acredita que achegarse á realidade creativa lusófona é importante para Galicia, no senso de que ?a unión fai a forza? e é necesario loitar para preservar a identidade dunha cultura galega que aínda é aplastada polos medios de comunicación, maioritariamente en castelán, dando continuidade a unha postura de resistencia que xa amosou ó longo da historia que é capaz de aguantar presións e intentos de diminuír o seu valor, liberdade e, sobre todo, orgullo.


www.facultadecomunicacion.org
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 02-06-2011 14:23
# Ligazón permanente a este artigo
I FOLIADA DE LEIRO
O Vindeiro Sábado 4 de xuño @s amig@s da Asociación Taparraná, organizan o que será a I Foliada de Leiro, presentannos o seguinte programa:

19:30 Xogos Populares
20:30 Curso Iniciación ao Baile Tradicional
E a partir das 21:00 comenza a "FESTA".......lume!

Haberá Bolos Preñados de balde para todos os asistentes, chocolata e bizcoito.
Non faltara o bo viño do Ribeiro, licor cafe e outras bebidas espérituosas....
Contarase con zona de acampada (se alguen se quere quedar)

Achegádevos ata Leiro que a festa promete !!

Para máis información podedes contactar en taparrana@live.com
Comentarios (0) - Categoría: Seráns e Foliadas - Publicado o 02-06-2011 09:19
# Ligazón permanente a este artigo
Leilía en Compostela

Venres 3 de xuño de 2011 ás 23:00h,
Praza do Toural, Santiago de Compostela


A finais do 89 decidimos dar a conÞecer a muìsica tradicional de Galicia, ao son de pandeiretas e voces.
21 anos e catro discos despois Leiliìa quere dar as grazas a todas as mulleres que fixeron e fan realidade a creacioìn, a conservacioìn e a transmisioìn da tradicioìn oral galega.

Coa inestimable colaboración do músico e arranxista compostelán Xoán Porto, propoñemos neste concerto, unha concepción musical acorde a unha nova realidade. No que apenas tres instrumentos: guitarra, acordeón e contrabaixo, abrigan á perfección a beleza do canto tradicional e os versos de varias das mellores poetisas galegas da actualidade.

Este concerto será unha viaxe no tempo no que estaremos acompañadas por tres músicos de recoñecido prestixio do panorama galego:
Xoán Porto (guitarra e gaita), Vadzim Yukhnevich (acordeón), Xacobe Martínez (contrabaixo).

O grupo adiantará temas do que será o seu quinto traballo discográfico.

O novo disco, que sairá ao mercado este ano, ofrecera "unha visión renovada e actual da música tradicional galega"
Comentarios (1) - Categoría: Novas - Publicado o 01-06-2011 13:59
# Ligazón permanente a este artigo
Volven Dios Ke Te Crew
Dios Ke Te Crew, a formación que converteu o galego nunha das linguas internacionais do hip hop, lanza o seu novo disco, ?Humanose?, e como adianto penduraron da súa web un tema no que colaboran Leo i Arremecághona e a vocalista Loli Nogueira. O tema pódese descargar xa de xeito gratuíto.

Logo de saír á luz o LP Xénese(2006), e lograr unha moi boa acollida por parte do público, Dios Ke Te Crew convértese nun referente da escena HipHop. Avalados pola crítica dende os seus inicios, conseguen sorprender a un público de diferentes tendencias musicas, factor que os propulsaría por toda a xeografía do país.

Despois dun ano sen realizar actuacións, no que estiveron encerrados no seu estudio (Rapapoulo, en Ordes), Dios Ke Te Crew anuncia o lanzamento do seu novo e esperado traballo discográfico. Baixo o título de Humanose, este álbum estará dispoñible en todas as tendas na segunda quincena do mes de xuño, composto por trece cortes inconfundibles e coa colaboración de diferentes artistas do eido musical.

Ademais, o traballo de de- seño e ilustración do disco corre a cargo de Liqen e Sekone, dúas importantes figuras do ámbito da arte urbana. Como adianto do traballo, DKTC acaba de publicar unha das cancións que se inclúen no disco, Dáme ighual, que conta coa participación de o Leo i Arremecághona e da vocalista Loli Nogueira. O tema xa se pode descargar gratuitamente na súa páxina web oficial: www.diosketecrew.com

A formación, considerados na actualidade como un dos grupos musicais máis influentes de Galicia, volverá pisar forte nos escenarios para presentar un traballo que xa está chamado a ser un dos discos do ano.

www.galiciahoxe.com
Comentarios (1) - Categoría: Novas - Publicado o 01-06-2011 13:44
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal
free web counter

contador de malmequeriáns dende o 1 de marzo 2007








Galiza

Malmequer


Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0