Que un veciño faga unha copla meténdose con outro, e que ese outro teña a capacidade de responderlle ao momento con outra copla parecida pero intentando que sexa aínda mellor; que despois sigan sendo tan amigos e que con esa disputa verbal fagan rir a quen estea a escoitar, é unha verdadeira arte. Niso consiste a regueifa e os bos regueifeiros son capaces de pasar horas "loitando". Disto vai falar o "Alalá" desta noite.
Comezaron a facer regueifas nas xuntanzas veciñais cando se realizaban traballos comunitarios: nas fiadas, nas mallas ou nas carretadas, e despois fíxose nas festas, sobre todo nas vodas, en que se loitaba para acadar un anaco de pan de ovo, azucre e manteiga que se chamaba precisamente regueifa. Se noutrora era moi frecuente que en distintos lugares de Galicia se regueifase, hoxe apenas queda quen saiba facelo, e para atopar alguén o mellor é ir a Bergantiños, comarca que está considerada o berce desta arte, onde comezou a facerse como espectáculo aberto ao público e onde houbo maior afección.
Pero daqueles mestres da palabra que eran verdadeiros ídolos entre os seus veciños non quedan máis que catro que continúen regueifando: Fermín da Feira Nova, Guillermo da Rabadeira, Suso de Xornes e Antonio de Xornes. Con eles coñeceremos en que consiste a regueifa e ao mellor somos capaces de aprender algo da técnica destes combates dialécticos divertidos que, segundo eles mesmos din, están en perigo de extinción.
O que tes nas mans é Tradicción, a terceira entrega das músicas da Nova Galega de Danza, unha compañía que leva máis dunha década fusionando ao vivo a danza e a música de raíz galega, tradición e avangarda con vocación universal.
Tradicción é, igualmente, a derradeira entrega dunha triloxía que comezou en 2003 co espectáculo ALENTO e continuou en 2007 con ENGADO. Agora chega TRADICCIÓN, a consolidación dun proxecto que vén de recibir o Premio de Ciencias e Artes da Representación 2009 outorgado pola Fundación Premios da Crítica - Galicia. Este merecemento consolida a arriscada aposta realizada pola Nova Galega de Danza, nadando a contracorrente no panorama escénico e musical do país.
Este disco, pois, banda sonora creada por Pedro Lamas para ossete bailaríns que participan do presente espectáculo, ofrece unha achega da noso folclore e dos nosos costumes atravesada co
inspirado filtro duns músicos que, arestora, representan a avangarda da música tradicional galega e participan en diferentes formacións punteiras do país.
O camiño da Nova Galega de Danza (NGD), inédito en Galicia na súa mestura de tradición e danza contemporánea, segue producindo. O seu terceiro proxecto, Tradicción, presentado hai agora nove meses no Teatro Rosalía, sae en disco o vindeiro 16 de xuño. "Comercialmente, a vida dun espectáculo son dous anos e medio como moito, así que aínda estamos na xestación", di Pedro Lamas, compositor e director musical da Nova Galega.
En Tradicción "non hai trampa". "Toda a música que se escoita aquí é a que reproducimos en directo". Masterizado por Guillerme Fernández, o traballo -editado e distribuído por Falcatruada e Lonxa Cultural, tamén dispoñible nas tendas da Rede- responde ao concepto dos seis músicos e sete bailaríns da compañía: a banda sonora do espectáculo. O disco recolle 11 temas que queren achegarse á tradición "máis que nos espectáculos anteriores". Por unha parte, pezas recoñecibles desde Os Ancares a Bergantiños, coma o Alalá do Cebreiro.
Pero tamén composicións das que se recollen a pé feito. "Muiñeira de Sofán correspóndese co repertorio d'Os Queixas, un cuarteto de gaitas que aínda funciona na parroquia de Cerceda, onde puidemos contactar co gaiteiro Manuel Gende". O mesmo acontece co Pasodobre de Carelle, que lle aprenderon ao gaiteiro Manuel Lago, ou Moliñeira de Bazal. A extensión do disco - 61 minutos, e sen DVD- está condicionada polo uso escénico no espectáculo. "Non son temas axeitados para a radio", convén Lamas, "pero o obxectivo do disco non é concibir cortes para radiofórmula".
O de ir máis alá na apertura cara ao tradicional, despois de Alento (2003) e o multipremiado Engado (2007), non o ve coma un paso atrás. "Foi un reto", di Lamas, que xoga coa adicción -"gusto por ese material"- e a polisemia da tradición: "Pretendemos reformular os elementos que forman parte do noso patrimonio e darlles unha perspectiva diferente na coreografía, na música e na escenografía". Na idea de vencellar a tradición a algo recoñecible para todo o mundo, achéganse ao estándar "con respecto polo coñecemento do público, e coidándonos de que non sexa unha caricatura do orixinal". O traballo de NGD, neste sentido, segue sendo aportar visións diferentes para melodías xeralmente pensadas para gaita, redobre e voz. Na súa versión falamos dun conxunto instrumental de vibráfono (Juan Collazo), guitarra (Ricardo Rozas), acordeón (Suso Iglesias), voz (Xabier Díaz e Toño Domínguez), batería e percusións (Miguel Queixas) e o propio Lamas, con saxo soprano, gaita e percusión tradicional).
Desde o debú en 2001, cando os bailaríns Vicente Colomer e Jaime Pablo Díaz se xuntaron con Xosé Lois Romero -que hoxe dirixe a música de Ovay para Quique Peón, no Salón Teatro- e quedaron finalistas no IX Certamen de Danza Española y Flamenco, Nova Galega convertéronse nunha sorte de pioneiros sen referentes en Galicia. Outra cousa é vivir da música. Ademais de simultanear proxectos, o substento "máis constante" é a docencia.
A xira comeza agora por Sanxenxo e Zaragoza, a falta de confirmarse o cartel do Festival de Ortigueira. O que poida vir despois, e o futuro do Centro Coreográfico Galego, forma parte da mesma historia. "Se a danza xa sofre para achegarse socialmente á xente, todo o que sexa reducir esforzos debémolo lamentar todos".
O Festival Ortigueira aposta un ano máis pola promoción dos novos creadores da música de raíz. A través do Proxecto Runas'09 convoca aos grupos emerxentes ou non consolidados que buscan facerse un sitio no panorama folk.
Os tres grupos máis votados actuarán o xoves 9 de Xullo no escenario Estrella Galicia. Un xurado do Festival estará presente no público para seleccionar ao mellor grupo, que actuará na edición de 2010.
- Ghaita Depedra (Galiza)
- Qui Hi Ha? (Catalunya)
- Riobó (Galiza)
- Dealan (Catalunya)
- Tiruleque (Galiza)
- Lochlain (Valencia)
- Alalé (Irlanda)
- Pablo Seoane Grupo (Galiza)
Resumo da Asemble Aberta contra a censura e a marxinación da música galega
Sala Nasa (Compostela) 13-06-2009
Asistiron Grupos de Música, Centros Sociais, Asociacións Culturais, Empresas Culturais, Sindicatos, etc.
Estes foron os acordos de mínimos:
En primeiro lugar, o "Manifesto Básico pola Defensa da RTVG", foi asumido pola asamblea.
Escóllense os primeiros traballos e persoas responsables para cada um.
1.- Cordinar e canalizar a difusión do manifesto co obxectivo de acadar apoios en forma de sinaturas.
2.- Contactar con colectivos de músicos varios.
3.- Contactar cos centros sociais do país.
4.- Contactar con asociacións de profesionais relacionados coa industria musical.
5.- Buscar apoios sindicais.
6.- Falar con colectivos de mestres que usan a música galega como instrumento de formación e aprendizaxe na aula.
7.- Contactar con Clubtura.
8.- Contactar con persoas interesadas en colaborar nunha programación de radio por internet.
9.- Crear conta de correio.
O obxectivo é reunirse con representantes destes sectores o sábado 27 na Sala Nasa para darlle forma ás reivindicacións.
Quedaron no ar futuras accións para organizar no caso de valoralas necesarias.
- Recollida de sinaturas (en papel).
- Concertos.
- Solicitar reunións con responsables da CRTVG.
Resultados do XXII Concurso de Baile Tradicional Cantigas e Agarimos
Celebrado en Compostela este domingo 14 de xuño
CATEGORÍA A: nenos/as ata os 9 anos inclusive
1°Premio: ?O muiño da Retorta? do Centro cultural A Pontevella
2°Premio: Grupo ?A? da E.M. Tequexetéldere (A Estrada)
3°Premio: ?Donairiño? da A.C. Donaire
CATEGORÍA B: de 10 a 13 anos
1°Premio: ?Mar Adentro? da A.C. As ?Neves? de Buxantes
2°Premio: ?Garagao? da A.C. Xacarandaina
3°Premio: "Bailadores do Torreiro" da A.C. Donaire
CATEGORÍA C: de 14 a 17 anos
1°Premio: ?Xarío? da A.C. Xacarandaina
2°Premio: Grupo ?C? da E.M. Tequexetéldere
3°Premio: ?Os Muiños de Oliveira? da A.C. Os Muiños de Oliveira
CATEGORÍA D: de 18 anos en diante
1°Premio: ?A Pontevella? do Centro Cultural a Ponte Vella
2°Premio: Grupo de baile e música tradicional Tahúme
3°Premio: Grupo ?D? da E.M. Tequexetéldere
Terza feira 16 (Martes)
? Gravación do disco Aló Irmao! no Teatro Principal de Compostela ás 21:00
Corta feira 17 (Mércores)
? Guezos na Fábrica de Chocolate (Vigo)
? Xoán Curiel no pub Ultramarinos (Compostela)
? Gravación do disco Aló Irmao! no Teatro Principal de Compostela ás 21:00
Quinta feira 18 (Xoves)
? Pepe Vaamonde na Casa das Crechas (Compostela)
? Duplo Son no Castelo de Santa Cruz (A Coruña)
Sexta feira 19 (Venres)
? Snatch no Pub Chelsea (Cuntis)
? O Sonoro Maxín no Liceum (O Porriño)
? Luar na Lubre no Teatro Jofre de Ferrol
Sábado 20
? Ardentía e Os Carunchos en Vilacoba (Salvaterra do Miño)
? O Sonoro Maxín no Festival FAX (Ourense)
? Capitán Furilo na Nkapilla-Rock, A Capilla, Calo [Teo]
? III Festifolk de Mugardos: Quempallou, Muxarega, Estimaba que viñeras e Casa da Leiteira
? Festisahara (Salceda de Caselas): Som do Galpóm, Ruxe-Ruxe, Tonhito de Poi e Rasa Loba
? Festa do Muiño de Verducido (Taboadelo-Pontecaldelas): Pé de Boi, A Tuna Rastafari, The Turre´s Band,...
? Serán Noite da moura en Rebordechán (Crecente)
? Serán da Federación Veciñal de Vigo no Parque de Castrelos
? Foliada dos fachos na Peneda (O Viso-Redondela)
? Serán en Pazos de Reis (Tui)
? Romaría do Lecer de Xacarandaina (A Coruña)
Domingo 21
? Festa do Muiño de Verducido (Taboadelo-Pontecaldelas)
? Esquios nas Festas de Santales (A Estrada)
A Escola de Baile e Música Tradicional Rebulir en colaboración co Concello de Ramirás e o Centro de Cultura Popular Xaquín Lorenzo ?Xocas? da Deputación de Ourense, convoca o II Concurso de Fotografía Antiga.
Este bosquéxase como principais obxectivos: recuperar da memoria fotográfica de Ramirás e Comarca de Terras de Celanova, , fomentar a investigación, recolleita e indagación de tipo etnográfico entre os participantes, e servir de base para estudar as costumes, traxes, instrumentos, oficios, etc que eran tradicionais nesta zona.
A dito concurso poderán presentarse tanto colectivos como persoas a xeito particular. Premiarase a mellor colección de fotografías, aínda que tamén existen dous premios especiais, un para a fotografía máis antiga e outro para a mellor fotografía. O prazo de presentación de fotografías remata o día 31 de Agosto, podendo entregalas ata este momento na sede da Escola Rebulir ou ben no Concello de Ramirás. A entrega de premios realizarase no mes de Setembro coincidindo co acto de presentación do curso.
Na pasada edición do concurso foron recollidas máis dun centenar de fotografías que retrataban desde festas e cerimonias (bautizos, enterros, comuñóns, entroido...) até os momentos da vida de cotío e o traballo (a malla, a vendima, na sega, cociñando...) e por suposto moitos retratos . Con esta segunda edición continuamos o proxecto de elaborar un arquivo fotográfico, o que fará que estas imaxes non queden perdidas en arcas e baúis senón que sexan un referente para consultar a historia de Ramirás e os Concellos limítrofes.
Para máis información poden poñerse en contacto con nós a través do teléfono 639 90 80 05 ou ben no enderezo electrónico rebulir@hotmail.com.
Un saúdo.
En Ramirás, a 25 de Maio de 2009
Alexandre Sotelino Losada.
Director da EBMT Rebulir
Despois dunha tempada de descuberta da rede de gabinetes clandestinos e agochos con salas cibernéticas e xardinciños zen onde celebraba os seus aquelarres a Antiga Coalición (Ano IV, after Fraga e before Feijóo), a nova Xunta emprendeu unha nova fase de exploracións que deu lugar a outra xeira de insólitos achados: os fatídicos BB ou buracos bipartitos.
Non eran nin un nin dous. Galicia enteira era unha peneira. Sen ser advertidos nin sequera polos máis aleutos, durante a Antiga Coalición os galegos estabamos en terra perigosa e minada, desprazándonos sen sabelo por un país furado de arriba abaixo.. Segundo nos ilustra cada día o mando do OFG (Observatorio de Furados Galegos), estes buracos bipartitos teñen unha feitura especial que os asemella aos chamados buracos negros do Universo. Non é casual que un dos seus principais estudosos, o célebre científico Stephen Hawking, pasara por Galicia xusto pouco antes de producirse a caída da Antiga Coalición.
A descrición que fai Hawking de como se forma un buraco negro corresponde con absoluta precisión ao sucedido na recente historia política de Galicia. En primeiro lugar, prodúcese pola perda dunha xigante vermella (estrela de gran masa), coa progresiva extinción da súa enerxía. A continuación, e resumindo a Hawking, o antigo astro, e por mor da forza gravitatoria, deriva nunha masa de pequeno volume (a chamada anana branca) que é a que provoca, no seu colapso por auto atracción, o buraco negro. Como quen di, unha escuridade que mesmo apreixa a súa propia luz.
Mais unha cousa é que a caída dunha estrela electoral provoque un buraco negro ou dous na galaxia política e outra moi diferente é esta orxía de buracos. Cada día que pasa, o Observatorio de Furados infórmannos de achados de buracos supermasivos no hiperespazo galego. Na primeira versión, a que subliñan os informativos, como é lóxico, o Buraco do Día acada dimensións inmensurábeis.
-Este si que é un buraco, señores, e non o do rei Cintolo!
Mais ao día seguinte, o Gran Buraco desaparece. E aí é onde entra a segunda parte deste asunto astrofísico. Os chamados buracos brancos. Este tipo de buracos son aqueles que non existen aínda que puideran existir. Ou sexa, un buraco branco é unha hipótese de buraco. Esa é a marabillosa avantaxe da política de furados. Un día hai buraco e ao seguinte, non. E O Buraqueiro sempre pode dicir: "Os buracos non existen, mais habelos hainos".
Así que o novo Goberno segue felizmente hiperactivo. O que teñen os buracos é que poden converterse tamén nun vicio. Ademais de querer atopalos un pode levarse do entusiasmo de facer buracos. Tristes buracos. "Obscenos buracos", que dicía Jean-Paul Sartre. O máis grande buraco negro é o que os reaccionarios queren facer coa lingua galega.
Despois do esperpento do documental das Vacas tolas, reconvertidas pola TVG en extras de Clint Eastwood, un dos exemplos máis escandalosos é o que vén de suceder na Radio Galega con Xurxo Souto e o seu programa Aberto por reformas. Aproveitando o cambio político, prescíndese del e, ao tempo, baleirase de sentido un programa esencial, o único que se dedicaba en exclusiva a difundir a música emerxente galega.
Quen non quere a Xurxo Souto? Dende logo non pode non querelo quen o coñeza. Á parte de amizade, falo aquí do "querer" como sinónimo de "pór en valor". Souto foi o alma mater de Os Diplomáticos de Monte Alto e o maxín que fixo levedar o movemento bravú, ese vento de música moza, desacomplexada, rebuldeira, que se ergueu en aldeas, vilas e barrios urbanos, que rachou fronteiras e tópicos ao berro tan rosaliano de "ghaiteiro!". Souto foi tamén quen escribiu os mellores libros sobre ese tempo onde se relata a redescuberta xuvenil dos espazos vizosos da cultura popular. O campo da festa ás tabernas, do futbolín á selección galega. Fixo renacer mitos esquecidos como Pucho Boedo, Alexandro Fisterra ou Urbano Lugrís. Mostra da súa profesionalidade no eido da televisión foi o seu traballo na mellor época de Luar e documentais imprescindíbeis como o que relata a vida do líder de Os Tamara. Na prensa, as súas inesquecíbeis páxinas dominicais da cultura popular en La Opinión. Na radio, fixo d'A tropa da tralla (Radio Coruña) un dos referentes na historia radiofónica galega. E cando se incorporou á Radio Galega, hai catro anos, creou, entre outras cousas, un programa que era tamén o habitat máis agardado. Un lugar para a música máis nova. Algo que incribelmente non existía na radio pública que isto ten por mandato: "A programación debe de estar inspirada na promoción e difusión da cultura e lingua galega" (Artigo 16 da lei 9/1984 da RTVG).
Con Aberto por reformas, Xurxo Souto fixo un programa legal en todos os sentidos. Tamén no coloquial que lle dá a xente nova. Algo do que fiarse. Algo que paga a pena. Reconciliou a música e os músicos do país co medio que os tiña marxinados. Viñeron as eleccións, houbo o cambio político, e expulsaron a Xurxo. De cesante. Como fixeron con Curros noutro século, non por ser mal xornalista senón por ir ás ceibas. En vez de facerlle sitio, fixéronlle un buraco. Unha represalia contra un universo cultural. Un home expulsado por ter talento. Unha subtracción que nos fan. Mentres escribo este artigo, chegan noticias de que a Comisión Episcopal da Fe vai condenar a obra de Andrés Torres Queiruga, o noso máis grande teólogo xunto con Chao Rego. Neste flashback reaccionario, anda a Inquisición á caza de Prisciliano.
Hai en Galicia unha música emerxente extraordinaria. Unha auténtica enxurrada creativa. Agroma e fertiliza malia estas adversidades que veñen dos que máis deberían crear condicións para espallarse como voz da cultura e consolidar unha industria. Velaí temos, só por citar algúns, Lamatumbá, Som do Galpom (Qué disco Em terra de ninguém!), Zënzar (Que disco A tribu!), as coruñesas de Chámalle Xis ou Cho toco eu ou a rapeira viguesa Aid.
Disque hai un buraco por galego. Mais a xente moza, a que respira a liberdade, a que non acepta a nova "doma e castración", non acepta meterse nos buracos prefabricados. Ducias de grupos, asociacións culturais, e centos de artistas e músicos veñen de promover un Manifesto Básico pola Defensa da RTVG: Contra a censura e a marxinación da música galega. A páxina web Komunikando.net é un bo lugar de visita para informarse desta iniciativa e, ao tempo, pórse ao día cos abrollos máis novos da música feita en Galicia. Como na canción de Zënzar, que canta Bocixa: "Non falamos por falar / o noso pensamento non o van gobernar".
Sexta feira 12 (Venres)
? Baile Assalto na Gentalha do Pichel (Compostela)ás 21:30
? 2us en Betanzos
? Dandy Fever na Fundación de Melide
? Capitán Furilo no Blu-Bar de Ponteareas
? Serán no Vilar-Pontesampaio
Sábado 13
? Día da Muiñeira en Vigo
? Quique Peón e Cía presenta Ovay no Teatro Principal (Compostela) ás 21:00
? Banda Potemkin no Auriense (Ourense)
? Lume en Pobra de Brollón (Lugo)
? Guezos en Chantada
? Uxía no auditorio de Goián ás 22:00
? Capitán Furilo no Soho de Salvaterra
? Sacha na Horta no CSC de Vite (Compostela) ? Festival no Camiño (Ames): Som do Galpóm, Ataque Escampe e Samesugas ADIADO
? Festival Palavea Bravú (A Coruña): Duplo Son, Skarallaos e Ultraqáns
? I Festival de Música de Autor e Reivindicativa en Arbo: Luis Caruncho, Tino Baz, Xan López,...
? II Serán Ramón Cabanillas (Cambados)
? Serán na Carballeira dos Padros de Xesta - A Lama
? Serán no C.C.A.R. de Valadares, Vigo
? II Serán A beira do mar (Baiona)
Domingo 14
? XXII Concurso de Baile Tradicional Cantigas e Agarimos no Teatro Principal de Compostela
? XXIII Día da muiñeira en Arteixo
? Quique Peón e Cía presenta Ovay no Teatro Principal (Compostela) ás 18:00
? O Sonoro Maxín no Aturuxo (Bueu)
Sábado 13 de xuño
-II Serán Ramón Cabanillas (Cambados)
-Serán na Carballeira dos Padros de Xesta - A Lama
-Serán no C.C.A.R. de Valadares, Vigo
-II Serán A beira do mar (Baiona)
Sábado 20 de xuño
-Serán da Federación Veciñal de Vigo no Parque de Castrelos
-Foliada dos fachos na Peneda (O Viso-Redondela)
-Serán en Pazos de Reis (Tui)
-Romaría do Lecer de Xacarandaina (A Coruña)
Sábado 27 de xuño
- Ruada en Cerdedo( Pendente de confirmación)
Sábado 4 de xullo
-Serán no casino de Xesta - A Lama
-Serán no "Muiño da Regueira" na Balsa (Matamá-Vigo)
Sábado 11 de xullo
-III Serán na Ribeira do Rio Miño (Amorin- Tomiño)
-Foliada en Cela (Bueu) no Adro da Igrexa
Diante da eliminación da música galega do programa ABERTO POR REFORMAS , e en relación coa deformación e perversion dos seus contidos?
e por iso...
Entendemos que esta medida de eliminación da música en língua galega supón un paso máis na política de represión, empobrecemento e marxinación que os responsábeis políticos da Xunta de Galiza están a realizar contra a lingua e a cultura dos galegos e galegas.
Queremos denunciar, como xente preocupada pola nosa música e a nosa cultura, esta agresión dirixida ?cunha intención política e simbólica evidente- contra un dos veículos de comunicación do movimento de Rexurdimento Musical que as novas xerazóns do mundo da música estamos a protagonizar, impulsado por unha sociedade que sabe valorar a sua criatividade.
Queremos posicionarnos e defender de forma decidida, belixerante e irrenunciábel a presenza da música galega na nosa Radio Pública.
Queremos dirixirnos á xente sensível coa nosa cultura e coa nosa música, para sumarse a esta denuncia, a esta reivindicación lexítima: A MÚSICA GALEGA DE VOLTA Á RÁDIO GALEGA!
Pedimos que se restableza un programa diario que de conta dos traballos musicais editados en galego e que conte cos seus protagonistas e que a nova programación non elimine contidos culturais propios en todas as súas variantes: música, cine, libros e arte en xeral.
O concurso terá lugar, este domingo, no Teatro Principal de Santiago de Compostela. Será en única xornada, sendo ésta de mañá. Comezaráse a chamar ós grupos ás 10:30 para empezar ás 11:00. Prégase máxima puntualidade.
A venta de entradas farase na taquilla do teatro, que abrirá media hora antes de comezar o concurso. O prezo das entradas é de 3?, excepto os menores de tres anos, sempre que non ocupen butaca.
Recordamos que ningún participante poderá entrar en sala ataviado co traxe tradicional ou en roupa branca.
Sen máis, achegámosvos a orde de actuación, que é a seguinte:
CATEGORÍA A: nenos/as ata os 9 anos inclusive
? ?Donairiño? da A.C. Donaire
? ?O muiño da Retorta? do Centro cultural A Pontevella
? Grupo ?A? da E.M. Tequexetéldere
? Grupo ?A?dos Xeitosos de Trazo
? Grupo de baile e música tradicional Tahúme
CATEGORÍA B: nenos/as de 10 a 13 anos
? Grupo ?B? da E.M. Tequexetéldere
? ?Os fervelleasberzas? da A.C. Raigañas
? Grupo?B? dos Xeitosos de Trazo
? ?Garagao? da A.C. Xacarandaina
? ?Mar Adentro? da A.C. As ?Neves? de Buxantes
? "Bailadores do Torreiro" da A.C. Donaire.
? ?Zoqueiras? da A.X. ?Regueifa? de Val do Dubra
? ?O Rodicio? da A. C. Xacarandaina
CATEGORÍA C: nenos/as de 14 a 17 anos
? Grupo ?C? da E.M. Tequexetéldere
? ?Os Muiños de Oliveira? da A.C. Os Muiños de Oliveira
? ?Picote? da A.C. Donaire
? ?Xarío? da A.C. Xacarandaina
CATEGORÍA D: nenos/as de 18 anos en diante
? Grupo ?C? dos Xeitosos de Trazo
? ?Os Muíños de Oliveira? da A.C. Os Muíños de Oliveira
? ?A Pontevella? do Centro cultural a Pontevella
? ?Raigañas? da A.C. Raigañas
? ?Valarego? da A.C. Xacarandaina
? Grupo ?D? da E.M. Tequexetéldere
? ?Regueifa? da A.X. ?Regueifa? de Val do Dubra
? Grupo de baile e música tradicional Tahúme
O vindeiro sábado 13 de xuño ás 17 hs. presentaráse no Museo da Limia de Vilar de Santos o libro-cd ?Os sons da Limia: Música tradicional?, nova publicación da Difusora de Artes, Letras e Ideas para o Museo da Limia.
Consta dun cd de 70 minutos cunha selección de 38 gravacións de campo de música tradicional limiá (coplas de fiadeiro e de ronda, cantos de reis, romances de cego, temas instrumentais de gaita, acordeón, frauta) e interpretados polos portadores: Juan Ferreiro de Laroá, Hermelinda do Muíño, Laura Lorenzo Seguín, música de Vilar, orquesta Sinola, Delfín García de Trasmiras, Paco de Escornabois, Francisco de Cualedro, Dámaso de Carpazás, Delfín de Nocedo?
- Libro de 50 páxs. cunha parte introductoria sobre a música limiá a cargo de Pablo Carpintero e comentarios aos temas de Cástor Castro.
Promovido polo Proxecto Ronsel, Universidade de Vigo, Concello de Vilar de Santos, Museo da Limia, Consellerías de Innovación e Industria e Cultura e Deporte, e Xacobeo.
A Editorial Dos Acordes invítavos á presentación do seu novo libro
Promovido pola Asociación Toque Pechado, Dirección Xeral de Creación e Difusión Cultural da Consellería de Cultura e Deporte da Xunta de Galicia, Deputación de Ourense e polos Concellos de Verín, Riós e Monterrei, coa colaboración de Radio Galega
Venres 12 de xuño ás 20:15 h., no Salón de Actos da Casa de Cultura de Verín
Relatorio-presentación do libro O Quinteto Monterrey de José Posada: nos xardíns da Tropical, de Oscar Ibáñez e editado por Dos Acordes, e visualización do programa Alalá nº 91 da TVG titulado Rodolfo Posada e o Quinteto Monterrey de José Posada.
Sábado 13 de xuño ás 22:30 h., na praza José García Barbón de Verín
Concerto-recreación do "Quinteto Monterrey".
Desde a Sociedade Recreativa San Xoán de Calo estamos a organizar o I Certame de pandereteiras adultas previsto para o próximo día 14 de xuño ás 18 horas nesa mesma localidade coruñesa.
O obxectivo do dito certame é facer visible o traballo que, durante todo un ano, se desempeña nestes grupos de pandereteiras "maiores".
Non imos detrás da calidade artística, senón que con esta iniciativa procuramos dignificar e ofrecer unha oportunidade ás e aos que tanta ilusión poñen nos ensaios, as e os alumnos.
Os grupos que actuarán son os seguintes:
- O Tear de Llerena (de Pontevedra)
- As Fiadeiras de Neaño (Cabana de Bergantiños)
- Alborada do Eixo (Santiago de Compostela)
- Relúa (A Coruña)
- Ademais da presencia de Riscadela da S.R. de Calo
A Asociación Xuvenil Xiradela de Arteixo, convoca o XXIII Día da Muiñeira que terá lugar o próximo día 14 de xuño, ás 18:00 h. na Avda. do Balneario.
BASES DO XXIII DÍA DA MUIÑEIRA
1.Poderán participar no mesmo todos aqueles Centros, Grupos Folclóricos, Asociacións Xuvenís, etc., que o desexen.
2.Cada Centro, Asociación, etc. poderá inscribir o número de grupos que o desexe.
3.Os grupos deben presentarse con traxe tradicional ou unha uniformidade.
4.A Muiñeira a bailar será a ?Muiñeira do Sr. Macías? (tradicional) adaptada en catro puntos e cinco voltas.
Bailarase catro veces con breves descansos.
5.O prazo de inscripción remata o 7 de Xuño. As follas debidamente cumplimentadas deberán enviarse a:
Correo ordinario: Asociación Xuvenil ?Xiradela?,
Polígono de Sabón, 5.
15142 Arteixo.
Correo electrónico: xiradela@yahoo.es
6.Os grupos inscritos deberán concentrarse a carón da Piscina Municipal (zona escolar), ás 17:00h.
7.Haberá un agasallo para cada Asociación e merenda para tódolos participantes.
Tlfnos. de contacto:981641125 (Xiradela),
675527543( Raquel)
Lanzamento para o 16 de xuño: a terceira entrega das músicas da Nova Galega de Danza
Xa queda menos para coñecer a terceira e derradeira entrega das músicas da Nova Galega de Danza. Coma o novo espectáculo da compañía, TRADICCIÓN, a banda sonora creada por Pedro Lamas achéganos unha parte do noso folclore e dos nosos costumes atravesada co inspirado filtro de músicos como Jacobo de Miguel, Xabier Díaz, Suso Iglesias, Toño Domínguez, Ricardo Rozas, Juan Collazo ou Miguel Queixas, que colaboran tanto no espectáculo ao vivo coma na gravación do disco.
A música da montaxe de TRADICCIÓN, que vén de recibir o Premio de Ciencias e Artes da Representación 2009 outorgado pola Fundación Premios da Crítica Galicia, sairá á luz o martes 16 de xuño.
Principiou a súa andaina musical tocando o violín no grupo Na Lúa e agora toca calquera instrumento de corda que lle poñan diante, tal como vén amosando na súa carreira en solitario, da que agora realiza a súa terceira incursión discográfica con ?Sólidos galicianos?, editado por Pai Música. Nesta obra volve cantar en varias pezas e a novidade máis importante é a incorporación da voz de María Solleiro
Pancho Álvarez vai realizando paseniñamente a súa carreira como solista mentres continúa a ser un dos compoñentes da banda de Carlos Núñez. Principiou co grupo Na Lúa e agora vén de sacar ao mercado Sólidos galicianos, título que fai referencia a unhas moedas acuñadas na época do antigo reino de Galicia, a súa terceira achega discográfica en solitario.
?Segue vostede a tocar canto instrumento de corda lle poñan por diante e agora incorpora ao seu repertorio a viola de gamba. Quería dar un novo paso na riqueza tímbrica da súa obra?
?Teño que botar man do que podo e o que me gusta. A viola de gamba resulta abraiante pola súa polivalencia, tanto serve de baixo como de instrumento melódico. Quero que a miña música soe galega e aínda que teño claro que a gaita é o instrumento máis representativo, a miña teima é que se recoñeza unha esencia propia tocando ata unha viola de gamba.
?O disco ten pezas instrumentais e cantadas e nas propostas con voz existen dúas vías moi diferenciadas entre as que canta vostede e as interpretadas por María Solleiro
?Non quería botar man de letras tradicionais nin complicadas e María, sabendo diso, escribiu cousas que me gustaron pero non para cantar eu e animeina a interpretar ela mesma as cancións. Tiña un pouco de medo de botala á area artística e que recibise paus, mais confío nela como cantante e creo que o resultado é máis que aceptable. Pola miña banda eu non me considero cantante senón unha persoa á que lle gustan os cantares de cego e neses rexistros é onde me movo, con letras picaronas que levan ao sorriso, como no caso do Novo parrafeo.
?E nas pezas instrumentais quizais tamén haxa dous vieiros abertos, as que soan máis ambiciosas e esas sinxelas, como A balcoeira ou A rebolos. Cre que, ás veces, esa sinxeleza pode chegar máis ao corazón do público?
?Estou convencido de que as cousas sinxelas boas son as realmente boas. Pretendín dar unha certa unidade nos temas instrumentais e quizais os que levan zanfona soen un pouco máis duros. Tentei fuxir de harmonías, que poden crear certas distancias, e agora afástome dese tipo de arranxos.
?Aínda que exista o pouso tradicional, case todas as composicións son de autor, polo que vostede pon moito seu no disco.
?Resulta máis arriscado pero cómpre ter valentía e ofrecer novas tendenzas. O disco ía ser máis tradicional pero logo de falalo coa discográfica dímoslle un toque máis aberto. Voume sentir mellor canto máis achegado estea á tradición e o mellor afago que podo ter é se alguén dubida se un tema é propio ou vén da música tradicional.Por certo, quero agradecer a confianza que tivo en min o selo Pai Música, unha xente que, xunto a Falcatruada, está a facer un labor importante nuns tempos que non son os mellores para sacar novas obras ao mercado.
?Canto hai neste álbum do Pancho de Na Lúa, do que toca con Carlos Núñez ou do que pasou polo grupo Tres?
?Levo a época de Na Lúa con orgullo porque creo que foi un grupo importante no folk galego. Sempre tivemos a teima de facer confluír o pop e o rock co tradicional sen que se notase a fusión de estilos e para iso é necesario un coñecemento pleno do terreo onde tocas. A asimilacion da música tradicional dáme unha maior liberdade creativa. Nestes anos vexo que á música que antes rexeitaba son quen de lle atopar cousas positivas.
?Considera o seu mestre a Florencio, o cego dos Vilares. Canto do seu xeito de tocar incorporou ao seu estilo actual?
?Na época de Na Lúa estaba perdido e precisaba unha referencia e cando o descobrín vin a luz. Pretendo darlle un pouco de continuidade ao espírito da súa obra, xa que o xeito de tocar non é exactamente o mesmo.
?Xa que fai mención ás moedas de ouro no título do disco, cal é o auténtico tesouro do folk galego?
?Pois realmente a propia música. Con esta obra quixen reivindicar, por medio da voz de María Solleiro, a esas persoas anónimas que son vitais para a perdurabilidade da nosa música e que son quen de transmitila con forza. Existe moita xente descoñecida cargada dunha enerxía que provén dos nosos devanceiros e iso é algo que non se debe perder.
O gaiteiro Carlos Núñez narra para La Voz as semellanzas que atopa entre a fala do interior do país tropical e o galego
Se damos unha volta polo Museo da Lingua Portuguesa de São Paulo atoparemos un vídeo no que Caetano Veloso nos di que o portugués do Brasil é a mellor lingua do mundo para cantar. ¿Lembrades cando na escola nos contaban aquilo de que o rei Alfonso X o Sabio, mentres utilizaba o castelán para as leis, escribía as cantigas en galego?
Alí sorpréndenos unha xigantesca árbore xenealóxica das linguas na que aparece o nacemento do portugués, fillo do latín vulgar coma o francés, o castelán, o catalán e o provenzal. E atención: nin rastro do galego...
Afortunadamente, tras o noso desencanto, na «sala interactiva» deste museo, xenialmente concibida polo meu amigo o erudito e artista José Miguel Wisnik, descubrimos como os meniños e os estudantes xogan e cantan a ritmo de rap o Ondas do mar de Vigo do noso Martín Códax, facendo unha ponte co Rúas do meu São Paulo do seu Mario de Andrade. Había tempo que eu intuía que a utilización do RAP ( rhythm and poetry ) permitiría a reinterpretación dunha canción que levaba esperando máis de cen anos: a Alborada de Rosalía de Castro. Naquel museo comprendín que ninguén mellor que os brasileiros para facer con mestría esa «poesía ritmada».
Calquera galego ao aterrar no Brasil ten a sensación de chegar a outro planeta, cunha paisaxe tropical e humana moi diferente. É a lingua a primeira en abrazar ao novo visitante... En poucas horas, esqueceremos que o que falan non é galego, senón un portugués sorprendentemente próximo ao galego. Tamén no museo achamos que a explicación disto parece ser que o portugués do Brasil ficou aferrado a unha versión arcaica da lingua, conservando variantes hoxe rexionais en Portugal. Se cadra, xusto como moitos portugueses perciben hoxe o galego.
Polo que ata agora me explicaron, aínda non están estudadas as posibles conexións entre o portugués do Brasil e o galego, porque oficialmente son dúas linguas diferentes. Pero tamén hai lingüistas que consideran que realmente son tres linguas: portugués do Brasil, portugués europeo e galego. E hainos que consideran que son só unha, malia que na actualidade haxa diferenzas importantes, especialmente na escrita.
Outra maneira que teñen de chamarlle a este suposto arcaísmo brasileiro é medievalismo. Esta idea está moi espallada no Brasil. Alí gustan de pensar que nalgúns recantos no mítico Sertão segue viva a Idade Media europea ou ibérica.
É sorprendente como aínda hoxe no Nordeste -a primeira rexión do Brasil en ser colonizada- seguen vivos moitos costumes medievalizantes: os romances, a literatura de cordel coma a dos nosos cegos nas romarías, os improvisadores e repentistas como os das nosas regueifas.
Modernistas e xeración Nós
Esta herdanza tivo tamén o seu reflexo na alta cultura , sobre todo a partir dos modernistas nos anos 20. Eles foron os grandes creadores do imaxinario brasileiro tal e como hoxe o coñecemos, baseado na misciginaçao -a mestura de indíxenas, africanos e europeos-. Interesáronse moito polo folclore e a música. E tamén estudaron esta parte medievalizante do Brasil. Como vimos no museo, os seus grandes poetas como Mario de Andrade e Manuel Bandeira, mesmo escribiron á maneira dun Meendinho ou Martín Códax, como fixeron aquí os neotrovadoristas.
Como nos comentou o antropólogo António Medeiros, «modernista adora arcaísmo». El salientou as semellanzas entre o Manifesto modernista no Brasil do 1922 e o galego de Nós, do 20. Un membro daquela xeración, Guilherme de Almeida, visitou Galicia no ano 33 e chegou a publicar un artigo na revista Nós , titulado Galliza, pátria da Canção . Non debemos esquecer que as cantigas galego-portuguesas eran poesía mais tamén música, e un brasileiro non ía pasar iso por alto... O seu cicerone en Galicia foi Valentín Paz Andrade.
E chegamos á tese dun dos nosos pioneiros, Paz Andrade: no Brasil consérvase moito da vella Gallaecia, que estaría aínda ben presente na cultura dos portugueses cando estes desembarcan no Brasil. Posteriormente, o galaico diluiríase en Portugal coa influencia de Lisboa, do sur, e na costa do Brasil, mais ficaría vivo no interior.
Paz Andrade estudou a galecidade, moi especialmente na obra do para moitos máis importante escritor brasileiro do século XX: o mineiro João Guimarães Rosa, quizais pouco coñecido fóra do Brasil por non tratar na súa obra a cultura do carnaval, praia e samba, senón a dese descoñecido interior. Minas Gerais é un estado máis grande que España. Culturalmente, mesmo na paisaxe, é do máis próximo a Galicia que achei alí. Os mineiros son parecidos a nós mesmo nos tópicos: son desconfiados, responden a unha pregunta con outra pregunta, son conservadores e calados, misteriosos?
No seu impresionante rastrexo, Paz Andrade atopou palabras e expresións tan galegas como: lusco-fusco, aquí e acolá, sol-se-por, arco da vella, demo, lobisomen, orballo, corozas, queixume, vagalume... E costumes como os toques das campás ou sinos, as alfombras de flores no Corpus, o carro de bois, a coca, as penlas, as fogueiras de San Xoán? Eu, que estiven alí, pódovos asegurar que todo isto é verídico. Incluso non puiden resistirme a gravar dúas cancións mineiras no disco de tan galegas como soaban.
O segredo de que a cultura de Minas sexa tan parecida á nosa é aparentemente sinxelo: cando no século XVIII se descubre a riqueza mineira no interior brasileiro os principais poboadores foron os miñotos, ou sexa, os galegos de Portugal. Lembremos que o Miño era o sur da Gallaecia histórica, que se parte en dúas, dando orixe a Portugal. O Miño, como Galicia, disfruta da revolución provocada polo millo chegado de América, a riqueza que se ve aínda nas construcións barrocas pero que provoca un exceso de poboación que ten que emigrar.
É curioso que este éxodo de miñotos a Minas está dalgún xeito na orixe da emigración galega ao Brasil. Os galegos emigran a Portugal desde sempre. Pero moi especialmente enchen este baleiro deixado polos miñotos e de aí pasarían ás cidades, Porto e Lisboa. Nelas escoitan as historias de riqueza dos brasileiros retornados e comezan a emigración galega a partir do XIX e XX que coñecemos.
Catro novos temas chegaron ao concurso. Algúns ben de verán, outros cun bocado de crítica. Lembrade que a sorte aínda non está botada.
Unha semana leva o A Polo Ghit rumbando, e xa ten uns 10 temas a concurso. O prazo de recepción remata o 29 de xullo, e isto é un aviso para as bandas do país, dádelle duro para compoñer, se non o tedes xa, o súper-tema deste verán. E para os lectores, xa podedes escoitar, baixar e votar tamén, polo tema que mais vos encha.
Vieiros máis a Radio Galega seguen a buscar a canción máis galega do verán.
Os temas acabadiños de chegar
Esta semana entraron a concurso catro novas bandas, con cadanseu tema. Un deles é o Lonxe da Praia, de Lolo Arincón, que pon a súa voz, acompañada da guitarra de Kona ke te fixo e de Semos peligrosos, neste tema de "cachondeo" e "buen rollito", segundo eles mesmos contan.
Outro, O Astronauta de Sínefres, unha banda de Escarabote (Boito, O Barbanza) que xa ten experiencia no A Polo Ghit -o ano pasado chegaron á final con Quente. E un máis, doutro repetidor, Paris Joel, que manda a concurso un tema ben do verán, O bañador.
O cuarto tema chegado esta semana, que fai que xa sexan unha decena os que entraron a concurso, é Me gusta el indie, de Gay Ye Ye. Trátase dunha canción contra a ditadura da música comercial e do indiepop, que o propio Gay Ye Ye viviu nas súas carnes propias cando percorreu os festivais do país o verán pasado, e acabou sumido nunha profunda depresión, ao ollar que a "artificial melancolía" deste tipo de música "colonizaba os mellores encontros musicais", desprazando a tralla "que enchía o estío de forza e ganas de gozar".
Se hai algo que caracteriza a oferta cultural da época estival son os festivais de verán. De feito, a presenza desdes eventos tense incrementado notablemente nos últimos anos. Pero, nesta ocasión, teñen un reto por diante: lograr saír ilesos da recesión económica que ameaza a súa propia supervivencia.
O primeiro obstáculo co que se enfrentan é o da financiación. E é que o sector ten que botar man da calculadora para que lle dean as contas. Deica Management e Nordesía son dúas productoras musicais que coñecen ben a situación e ambas coinciden ao afirmar que existe unha redución orzamentaria. ''Os concellos non poden manter o nivel de inversión de anteriores edicións'', comenta o coordinador de Deica, Xulio Vázquez.
Pola súa banda, o director xerente de Nordesía, Quique Costas, apunta que o recente cambio político en Galicia deixa cousas no aire, xa que ''supuxo un tempo de baleiro nun organismo que ten unha conexión directa co patrocinio de festivais como é o Xacobeo''.
Precisamente, esta cuestión afecta a un dos eventos con maior sona na comunidade, o Festival Internacional do Mundo Celta de Ortigueira, que se nutre de fondos de empresas galegas e de organismos públicos. Ao respecto, o encargado de prensa do evento, Chema Corral, asegura que están esperando unha resposta por parte do Xacobeo para pechar o orzamento do que disporán este ano.
Efectos na contratación
O que a organización si dá por feito é que terán un reaxuste á baixa sobre o importe que manexaron na pasada edición. Así, calculan que poderían pasar dos 700.000 euros de 2008 aos 600.000 este ano. Con todo, Corral insiste en que isto non afectará ás señas de identidade do festival, como son a gratuidade total dos servizos ou a calidade artística. ''O público non o vai notar de forma substancial'', engade confiado.
Outro dos efectos que está a ter a recesión na organización de festivais fai referencia á contratación. Neste sentido, Quique Costas apunta que, en comparación con anos anteriores, rexistran unha ''contracción no volume de negocio que pode andar en torno ao 20 por cento''. Mentres tanto, dende Deica, sinalan que perciben un menor volume de traballo que outros anos, ata cifrar nun 40 por cento a baixada do número de contratos.
Por outra banda, a crise tamén acentúa a renegociación á baixa dos cachés dos artistas. Nesta liña, Costas argumenta que na actualidade ''trabállase menos sobre a base do prezo pechado, que é o que era común antes''. Ademais, o coordinador de Deica considera que realmente ''iso pasa en momentos de bonanza e en momentos de crise''.
Con todo, puntualiza que traballan con artistas máis ou menos asentados e cun público estable, por iso non acusan moito deste problema. Xulio Vázquez asegura tamén que máis que baixar cachés, estalles custando nunha maior medida o feito de atopar concertos.
Partitura sen notas
Pero sen dúbida, a maior consecuencia á que temen os organizadores de festivais é a posibilidade de que o evento non chegue a celebrarse. E é que á crise súmase outra circunstancia, a da competencia. Nos últimos anos tense incrementado de xeito extraordinario a oferta deste tipo de acontecementos. A conxugación de ambas pode derivar na suspensión do evento.
Neste sentido, o coordinador de Deica non dubida en afirmar que case todos están en perigo: ''O 90 por cento dos festivais tiveron polo menos problemas para saír adiante''. Mentres, Corral confía en que o de Ortigueira, pola súa tradición, historia e un público fiel, non corra perigo.
Peregrinaxe musical
A celebración de festivais de verán é algo que caracteriza a toda a xeografía galega. Non hai límites territoriais e tampouco estilísticos. A música é do máis variada, dende o reggae ata o rock, pasando pola cásica ou o pop. Segundo datos do 'Anuario de Estatísticas 2007', elaborado polo Observatorio da Cultura Galega, na comunidade existen máis de 60 deste tipo de eventos.
Un dos eventos máis coñecidos é o Festival Internacional do Mundo Celta de Ortigueira, que cada ano reúne a unhas 100.000 persoas. Nesta ocasión, a trixésimo primeira edición celebrarase entre o 9 ao 12 de xullo. Sen cambiar de provincia, na Coruña tamén se enmarca outro destacado festival. Trátase do Foundation Reggae Festival, que contará coa actuación, entre outros, da banda portuguesa Kumpania Algazarra, o vindeiro 5 de setembro.
Asimesmo, Muros acolle, entre o 7 e o 8 de agosto, o VII Castelo Rock. A idea xurdiu en 2003, cando os hostaleiros decidiron tentar reactivar a zona de movida. Boikot, Machina e Gatillazo será algunhas das actuacións desta cita.
O Cultura Quente é unha das citas obrigadas de cada verán, co mellor do pop-rock nacional e internacional. Este ano, aínda non está pechado o cartel, pero, na pasada edición, actuaron bandas do calado de Deluxe ou Vetusta Morla. Outro clásico é o Festigal, dous días de actividades nos que gozar do mellor da denominada world music.
Variedade de menú
O primeiro fin de semana de agosto toca peregrinar ata o concello coruñés de Zas, onde se celebra a Festa da Carballeira, con máis de 25 anos de historia ás súas costas. Trátase dun dos festivais de música folk máis importantes de Galicia e, por suposto, un dos máis veteráns. Unha festa do máis actual, que non renuncia ao carácter enxebre das romerías.
O pasado ano naceu en Pontevedra outra das propostas máis innovadoras, Cantos na Maré. O Festival Internacional da Lusofonía é un proxecto cultural pioneiro e exclusivo no estado español, creado para trazar a través da lingua, da música, dos ritmos e dos sons un mapa común entre os territorios da lusofonía que comparten raíces. Veremos se este ano ten continuidade.
Do 25 de xuño ao 5 de xullo toca jazz en Vigo, da man do Imaxina Sons. Esta cita acada a súa quinta edición, ao asexo de novas propostas que amplíen a linguaxe e estilos desta modalidade musical. Mais do 7 ao 8 de agosto, a cidade olívica muda de rexistro para acoller o rock máis xenuino, da man de grupos como Hamlet, Amon Amarth ou Stravaganzza.
Mais non todo é música no atlas dos festivais. Deste xeito, temos como exemplo ao Mundoclown, no que varias compañías enchen de vida e humor as rúas de Vigo, con espectáculos para todas as idades. Outro exemplo é Reperkusión, celebrado en setembro en Allariz, cunha oferta variada, que combina música e circo. As opcións para elexir son interminables e o único requisito as ganas de troula, que para algo estamos no verán.
O grupo 'Azou' busca crear un fenómeno adolescente para a música en galego
Tres firmas pretenden que os rapaces galegos teñan o azou o ano que vén. Esa palabra "dicir na Mariña a quen non para quedo, a quen está todo o día movéndose", segundo os promotores dun conxunto musical de catro rapaces que cantarán en galego e que terán o respaldo dunha serie para televisión e de politonos, pantallas para teléfonos móbiles, mp3 e videoclips.
A empresa sarriá Ouvirmos uniuse as firmas Control Z e Ideas Agudas, fundada polo mariñán Xosé Miranda, para promover "un proxecto musical para rapaces de entre 13 e 20 anos, que nunca antes foi diana dun proxecto musical en galego", apunta Xosé Aldea, responsable de Ouvirmos.
Estes empresarios detectaron un baleiro en produtos culturais realizados en Galicia para mozos galegos tras o paso do furacán que representou o Xabarín e armaron esta iniciativa comezando por un deseño dun grupo e por un cásting.
A selección reuniu a un total de 150 candidatos en reunións celebradas en Santiago, A Coruña e Vigo. Dela saíron tres mozos e unha moza de entre 18 e 22 anos, "aos que se requiriu que soubesen cantar e bailar, ademais de dar ben en escena", apunta Aldea. O conxunto terá que demostrar eses coñecementos nos directos que dean por toda Galicia, pero na televisión terán catro trasuntos que protagonizarán unha serie de animación.
Tamén terán que facer de catro mozos que pertencen a tribos urbanas da Galicia do 2030, pois a estética será futurista. Como consecuencia de que cada un deles terá a súa estética, convivirán diversos estilos musicais, que serán de hip hop, pop electrónico ou de aires melódicos, pero dando a cada un o seu protagonismo nos diferentes temas.
Ouvirmos asumirá a parte musical do proxecto, para o que colabora Marcos Payno, quen preparará as bases gravadas sobre as que actuarán os catro mozos. Payno, con experiencia en bandas como Xenreira ou Galegoz, é tamén o compositor das cancións, que tratarán "temas actuais ou os problemas dos mozos cun toque de picardía".
Xosé Aldea anunciou que faremos "unha edición pequena de discos destinada a coleccionistas, porque o resto será todo en dixital".
Xosé Miranda, que ideaba camisetas para Rei Zintolo, ocupouse do deseño, que terá por escenario, en palabras de Aldea, "unha cidade cunha estética que estará inspirada nos barrios novos do sur de Santiago. Para entoncesa Galicia aparece como unha cidade única, resultado da unión das que xa existen agora".
Vivirán nunha sociedade non estruturada en clases nin clans, máis profesionalizada. Miranda tamén ideou o merchandising que acompañará ao grupo.
O traballo audiovisual con Azou! será xestionado pola compañía Control Z, unha empresa que fixo a súa primeira longametraxe no ano pasado.
O primeiro capítulo da serie conta cun story board, que tamén se usará para presentar o proxecto tanto na televisión como en internet. A estética dos personaxes que aparecerán nestas producións corresponderase coa dos integrantes de Azou!'.
Desde un emo a unha lolita
A estética dos catro personaxes que representarán os rapaces seleccionados responderá a outros tantas formas de vida. Unha das mozas será unha probadora de videoxogos (unha beta-tester), que vestirá con aspecto emo. A súa aparencia contrastará coas cores vivas que vai vestir a lolita, que mira o mundo cun cristal rosa.
A vestimenta alternativa será o dun voluntario que traballa cunha ONG. Azou! quedará completo cunha chinesa de aire hip hop. http.galiciae.com