|
|
|
II Festival de Música Tradicional de Cerdedo |
|
 |
|
|
|
Nao en Compostela |
|
 |
|
|
|
Treixadura en Padróns (Ponteareas) |
|
 |
|
|
|
Guadi Galego na Coruña |
|
 Con gallo do Día das Letras e co fin de promover a lectura en lingua galega, desde o Servizo de Normalización Lingüística do Concello da Coruña, organizamos o AgoraSón 2016, este ano conformado por un concerto de Guadi Galego, do disco ?Lúas de outono e agosto?, o sábado 14 de maio, no auditorio do Centro Ágora ás 21:00.
Os convites repartiranse (até esgotárense), ao coller libros en galego nas Bibliotecas Municipais da Coruña (agás na Biblioteca Infantil, por se tratar dunha actividade dirixida a público adulto) para os levar en préstamo. Comezaranse a repartir o luns 9 de maio, no horario de apertura de cada unha das bibliotecas. |
|
|
|
Sementeira e música (Orzáns -Salvaterra de Miño) |
|
 |
|
|
|
Festa Treze catorze (Salceda de Caselas) |
|
 |
|
|
|
Obradoiro de confección de enaguas (Vigo) |
|
 |
|
|
|
GalegoteRock (Pontevedra) |
|
 |
|
|
|
Virandeira Folk en Compostela |
|
 |
|
|
|
Serán en Compostela |
|
Seráns en Compostela
Xoves 12 de maio
A Nave de Vidán (Av. Mestra Victoria Míguez, 44, Compostela)
Quen vén tocar esa noite?
21h30 . Obradoiro de baile con Rebeca Tallón e Marcos Botana
22h30 . A Ponte Vella
23h15 . Cantigas e Agarimos
24h00 . O Ghusto do Boi
01h00 . Foliada aberta até que o corpo aguante
Entrada 3?
Máis información
seranscompostela @ gmai l .com
FACEBOOK: Seráns en Compostela
Como sempre foron... Serán! |
|
|
|
Fuliada na Vila (Compostela) |
|
 Em 1978 Dorothé Schubarth chegou a Galiza para conhecer a nossa música popular. O resultado foi o Cancioneiro Popular Galego que recompila música de mais de 38 zonas geográficas galegas. Umha dessas zonas foi Cerceda onde conheceu a Rosa e Adolfina que lhe oferecerom coplas, músicas e caldo.
A finais de 2015, o neto de Rosa graduava-se em Jazz no Conservatório Superior de Música da Corunha, homenageando a música da sua avoa que escoitou graças a recompilaçom que Dorothé fixo, e que a dia de hoje se está a digitalizar no Apoi (Arquivo do Patrimonio Oral da Identidade do Museo do Pobo).
O xoves 12 de maio às 19h30 no Museo do Pobo Galego a música de Rosa e Adolfina recolhida por Dorothé, volverá a soar a través do saxo de seu neto, Ricardo Marcos Casás Salgado, dum combo de Jazz e das vozes das Eudemónicas. |
|
|
|
V Memorial Antonio Fernández (Marín) |
|
 A Asociación Artístico Cultural ?Os Chaneiros?, coa colaboración do Concello de Marín ten o orgullo de poder volver a honrar a memoria, e destacar a figura do noso ben querido cofundador e compositor do propio Grupo de Gaitas, Don Antonio Fernández Rodríguez.
Coa meta de seguir perpetuando o Memorial e co fin de rememorar os maravillosos intres de anos pasados, xa se está a preparar o V Memorial Antonio Fernández, co fin de recordar o seu nome e ensalzar a súa obra, non só polos veciños de Marín, senón tamén en toda Galicia.
Como as pezas de Antonio Fernández estaban compostas na súa gran maioría para rapaces, por iso, o concurso de cuartetos de gaitas e percusión tradicional galega, que se celebrará o Sábado 23 de Xullo na Alameda Rosalía de Castro de Marín, Pontevedra, irá enfocado a estes pequenos artistas.
A data límite de presentación de solicitudes será o día 15 de Xullo
Categoría única: Entre 8 e 20 anos, ambos inclusive.
Premios:
Primeiro Premio: Trofeo e 200 ?
Segundo Premio: Trofeo e 100 ?
Terceiro Premio: Trofeo
*Os dez primeiros cuartetos serán gratificados con 40 ? en concepto de achega para os gastos de desprazamento.
Ademais, xunto co concurso celebrarase o Festival do Memorial, o día 10 de Xullo.
Mais información:
oschaneiros.blogspot.com.es |
|
|
|
Obradoiros monográficos de Cultura Tradicional (Narón) |
|
O Padroado de Cultura do Concello de Narón convoca catro cursiños monográficos de Cultura Tradicional que se desenvolverán os días 16 e 17 de maio.
Técnica de tamboril, baile tradicional agarrado, construcción de palletas e técnica de percusións de man.
O percusionista Miguel Anxo López impartirá técnica de tamboril, terá lugar o luns 16 de maio entre as 17.00 e as 21.00 horas e o martes día 17 de 10.00 a 14.00. O alumnado aprenderá técnicas para o tambor, o manexo de patróns rítmicos de música tradicional e tamén ideas para a construción de arranxos para grupos tradicionais.
O martes 17 de maio, entre as 11.00 e as 13.00 horas terá lugar o obradoiro de baile tradicional agarrado dirixido polo mestre de Baile tradicional Gustavo Couto. Coñecemento e execución de diferentes bailes agarrados espallados pola Comunidade galega, como as muiñeiras, os pasodobres ou as mazurcas, son algunhas das modalidades sobre as que se formará ao alumnado.
O cursiño de construción de palletas terá lugar os días 16 de maio, de 17.00 a 21.00 horas e o 17 de maio, de 10.00 a 14.00. @s participantes adquirirán coñecementos sobre os materiais necesarios para construír palletas e tamén o modo de elaboralas. O mestre será Jaime Pena, con ampla experiencia nesta temática.
As clases de técnica de percusións de man se desenvolverán os días 16 de maio, de 17.00 a 21.00 e o 17 maio, de 10.00 a 13.00-14.00 horas. O programa formativo destas sesións inclúe técnicas de pandeireta, pandeiro cadrado e pandeira, e abordarase tamén a relación entre as melodías tradicionais e os modos antigos.
Os cursiños teñen as prazas limitadas. O prazo de inscrición permanecerá aberto entre os días 2 e 12 de maio ?ambos incluídos- e deberá formalizarse no Pazo da Cultura, de luns a venres en horario de 9.00 a 14.00 e de 17.00 a 19.30, ou ben por transferencia bancaria, enviando un correo electrónico cos datos persoais e xustificante de ingreso ao correo: l.perez@naron.es.
O prezo de cada un dos cursos é de 25 euros para as matrículas ordinarias e 15 euros para @s alumnos das Escolas do Padroado da Cultura de Narón e da Asociación de Gaiteiros Galegos.
Mais información:
Telf.: 981 391 144
Mail: l.perez@naron.es.
www.gaiteirosgalegos.gal
|
|
|
|
Obradoiro de técnica vocal (Vigo) |
|
Organiza. AFC. O Fiadeiro
Sábado 21 de maio (16h-20h)
Obxectivos:
Aprender unha serie de recursos para correxir determinados erros de fonación e para optimizar e mellorar a nosa forma de cantar:
- Acadar dende o principio unha boa tonificación corporal, postura e respiración para poder proceder á fonación.
- Incorporar ao noso entrenamento os exercicios adecuados de quecemento da voz; vocalización ?
- Obter coñecementos organolóxicos sobre o noso instrumento para unha boa visualización do que ocorre mentres cantamos, tendo en conta o tipo de voz e de calidade que empreguemos.
- Consellos sobre o coidado do noso aparello fonador.
- Entender a importancia da desinhibición e expresividade á hora de cantar.
- Saber aplicar os diferentes tipos e calidades de voz segundo o repertorio e tesitura.
- Traballar a ornamentación a partir da relaxación bucofarínxea.
- Importacia da respiración e o apoio para unha boa proxección e afinación. Aprender e interiorizar exercicios para tal fin.
Contidos
- Tonicidade e postura corporal.
- A respiración e o apoio.
- Organoloxía.
- Vocalización e prequecemento. Preparándonos para cantar.
- Proxección e calidades de voz.
- Técnica e tesitura.
- Desinhibición e expresión.
- Ornamentación
- Exercicios vocais grupais.
Material que deberán levar os participantes
- Roupa cómoda
- Esterilla ou manta.
- Material de escritura
+ Info:
Ubicación: ACF O Fiadeiro
Duración: 4 horas
Data e horarios: Sábado 21 de maio (16h-20h)
Prezo: 37? (socios 32?)
Data límite de inscricións: 19 de maio
Inscricións e máis información: ambas vía email ou telefónica.
Vía email engadir nome e contacto telefónico.
ofiadeiro@ofiadeiro.com
629 585 355 / 986 253 585 |
|
|
|
Obradoiros e concerto en Madrid |
|
 |
|
|
|
Obradoiro de confección de traxes tradicionais (Muros) |
|
 |
|
|
|
Resultados do XVI concurso de baile tradicional Azaloira |
|
 Dende Fortín da Pomba queremos darlle as grazas a todos os grupos participantes, ao Concello de Silleda, a todos os comerciantes do noso pobo, ao xurado, aos rapaces e rapazas de Fortín, aos mais de 300 músicos e bailaríns que demostraron a calidade do noso folclore, e por suposto a toda a xente que nos acompañou nesta marabillosa tarde abarrotando unha vez mais o Auditorio Manuel Dopazo. De corazón MOITAS GRAZAS A TODOS!
Tamén queremos pedir desculpas polos erros que puideramos cometer. Este concurso, que cada ano vai a máis, está organizado con todo o cariño e cun gran esforzo para intentar sempre que os grupos e toda a xente se sinta como na casa.
Unha vez máis GRAZAS e desexamos vervos a todos e a todas na próxima edición de AZALOIRA!
Por suposto a nosa noraboa aos gañadores!!! Aínda que todos os rapaces e rapazas de todos os grupos son para nós xa gañadores! Seguide así.... BAILANDO
CATEGORÍA A:
1° premio: Os Xeitosos de Trazo
2° premio: A Ponte Vella
3° premio: Cantigas e Agarimos
CATEGORÍA B:
1° premio: A Ponte Vella
2° premio: Vai de Roda
3° premio: A Ponte Vella |
|
|
|
Resultados do XII Concurso de Baile Tradional Tequexetéldere |
|
 Resultados da XII Edición do Concurso de Baile Tradional Tequexetéldere.
Cerca de 30 agrupacións e arredor de 500 bailador*s e músicos amosaron o mellor do noso folclore.
Grazas a tod*s pola vosa participación e colaboración para facer que todo saíse da mellor maneira posible.
Aquí vos deixamos os resultados da xornada.
Categoría A
1º - "A Telleira" do CC A Ponte Vella de Teo
2º - A.C. Os Xeitosos de Trazo
3º - "A Barxela" do CC A Ponte Vella de Teo
Categoría B
1º - Grupo C da E.M. Cantigas e Agarimos
2º - Grupo A da AF Colexiada do Sar
3º - "Muiño da Retorta" do CC A Ponte Vella de Teo
Categoría C
1º - "Tras do Eo" do CC A Ponte Vella de Teo
2º - "9 Ferreñas" da AMBT Vai de Roda
3º - Grupo B do OCT Ultreia
Categoría D
1º - Grupo C da E.M. Cantigas e Agarimos
2º - "A Rabadela" da AC San Pedro de Carcacía
3º - AC Os Xeitosos de Trazo
A tod*s moitas grazas pola participación e parabéns aos gañador*s |
|
|
|
Comeza a semana |
|
Segunda feira 9 (Luns)
Terza feira 10 (Martes)
Corta feira 11 (Mércores)
? Foliada na Casa das Crechas (Compostela)
Quinta feira 12 (Xoves)
? Galegoterock (Pontevedra)
? Fuliada na Vila no Museo do Pobo Galego (Compostela) ás 19:30
? Virandeira Folk na Casa das Crechas (Compostela) ás 21:00
? Serán na Nave de Vidán (Compostela)
Sexta feira 13 (Venres)
? Galegoterock (Pontevedra)
Sábado 14
? Festa Treze Catorze (Salceda de Caselas)
? III Festival de música tradicional en Cerdedo
? Galegoterock (Pontevedra)
? Guadi Galego no Agorasons (A Coruña)
? Treixadura en Padróns (Ponteareas)
? Malandrómeda na Sala Malatesta (Compostela)
? Serán Os Maios en Tahume na Casa da Cultura de Olveira (Riveira)
? Serán do baile vello en Valadares (Vigo), ó caron do torreiro da igrexa
Domingo 15
? X Sementeira e Musica en Corzáns (Salvaterra de Miño)
? Zoelas na sala Garufa (A Coruña) |
|
|
|
Charla en Cangas do Morrazo |
|
 |
|
|
|
Folk na rúa (Compostela) |
|
Xoves 5 de maio
- 18:00 Ultreia (Praza de San Agustín).
- 18:30 Brincadeira (Praza do Toural).
- 19:00 Colexiata do Sar (Praza do Obradoiro).
- 19:30 Cantigas e Agarimos (Praza de Cervantes).
20:00 Actuación conxunta (Praza da Inmaculada). |
|
|
|
Os d´abaixo en Ferrol |
|
 |
|
|
|
Noite fechada en Ourense |
|
 |
|
|
|
IV Serán de Cumiar (Ponteareas) |
|
 |
|
|
|
II Serán en Camos (Nigrán) |
|
 |
|
|
|
Serán no Porriño |
|
 |
|
|
|
Noite de tasca en Santaia (Tordoia) |
|
 |
|
|
|
II Foliada de Cervo |
|
 |
|
|
|
Piedra Fest (Melide) |
|
 |
|
|
|
Tanxugueiras na Coruña |
|
 |
|
|
|
Presentación do disco de Sonia Lebedynski en Boiro |
|
 |
|
|
|
Ultraquáns en Ferrol |
|
 |
|
|
|
Heredeiros da Crus en Baiona |
|
 |
|
|
|
Familia Caamagno en Ferrol |
|
 |
|
|
|
Zurrumalla na Festa dos Maios (Vigo) |
|
 |
|
|
|
|
|
|