20h00: Homenaxe ao Can de Cans. Pandereteiras de Cans
21h00: SERÁN DOS VECIÑOS coas actuacions das Pandereteiras de Cans.
VENRES 20 DE MAIO DE 2016
20h00: IVÁN FERREIRO.
00h30: DELAFÉ
SÁBADO 21 DE MAIO DE 2016
18h30: O Pequeno Camarada no Jaliñeiro Clásico
18h30: De Vacas no Cans Voulevar
19h30: NOVEDADES CARMINHA no Torreiro de Cans
21h30: Joao Tomba na Leira de Alicia-Espacio Mahou
22h30: Pinchada suave da música galega yeyé con Dj Shy Boy (Alfonso Espiño). DiscoChimpín na Leira de Alicia-Espazo-Mahou
21h00: Espectáculo ?Falar?, intervención de música e corpo de JANET NOVÁS e MERCEDES PEÓN no Jaliñeiro Arena:
22h00: Zurrumalla no Cans Voulevar
00h30: OS DIPLOMÁTICOS DE MONTE ALTO E INVITADOS. Especial 25 anos de ?Arroutada pangalaica?.no Torreiro de Cans
02h00: Disco chimpín con Dj Crebinsky no Torreiro de Cans
Neste concurso poderán participar grupos de asociacións sen ánimo de lucro
Constará dunha única modalidade: grupos de pandereteir@s.
Os grupos poderán ser femeninos, masculinos ou mixtos.
Cada participante non poderá concorrer en máis de dúas agrupacións.
É obrigatorio o uso do traxe tradicional galego.
A peza a interpretar deberá ser tradicional.
Cada participante terá un tempo límite de 5 minutos. O grupo que exceda dito tempo quedará descualificado.
A participación nesta convocatoria requerirá a aceptación das normas contidas nas presentes bases, así como as decisións do xurado designado, que serán inapelables.
A modalidade distribúese en tres categorías:
a. Categoría A: ata os 11 anos
b. Categoría B: de 12 a 16 anos
c. Categoría C: de 17 anos en adiante
As categorías determinaranse pola media de idade dos compoñentes, e ningún deles poderá superar o límite da categoría en máis de dous anos.
A organización resérvase a posibilidade de suprimir algunha categoría no caso de que non se alcance o mínimo esixido (mínimo 5 grupos por categoría).
PREMIOS
Categorías A e B:
1.º premio: trofeo e 300 ?
2.º premio: trofeo e 150 ?
3.º premio: trofeo
Accésit de vestiario en cada categoría: 50?
Categoría C:
1.º premio: trofeo e 1000 ?
2.º premio: trofeo e 500 ?
3.º premio: trofeo e 250 ?
Accésit de vestiario: 150 ?
INSCRICIÓN
O prazo de inscrición rematará o día 6 de maio. Para inscribirse débese enviar debidamente cumprimentada a folla de inscrición adxunta ao
correo electrónico .
Haberá un límite de agrupacións por categoría que serán rexistradas no concurso por rigorosa orde de inscrición.
A peza a interpretar terá que ser a mesma que figura na folla de inscrición.
O concurso terá lugar o 22 de maio no Auditorio do Teatro Afundación Vigo.
Desenvolverase ao longo de todo o día, mañá e tarde, incluíndo a entrega de premios correspondente.
A hora de presentación, a orde e as normas serán enviadas previamente ao concurso vía correo electrónico ou carta.
O horario do concurso estará condicionado polo número de participantes e será comunicado aos grupos xunto coa orde de actuación unha vez feito o programa.
Os horarios serán enviados, como mínimo, unha semana antes da celebración do certame.
12.30 h. Ofrenda floral
12.35 h. Himno de Galicia. Coral a Oliveira de Monte Branco.
12.40 h. Entrega dos premios ?Bos e Xenerosos?. ISABEL BLANCO, CARLOS NÚÑEZ, FINA CASALDERREY E XOSÉ LUÍS RABUÑAL.
Presenta. Patricia Blanco.
13.00 h. GUADI GALEGO
NA CASA DOS VECIÑOS
17.00 h. O CARRO. Corais de Cecebre, Cesullas, Corme e O Couto.
19.00 h. MINI E MERO
LUNS 16 DE MAIO
NA CASA DOS VECIÑOS
10.00-13.30 h. CONVIVENCIA ESCOLAR: CIENCIAS, LETRAS E ARTES. Alumnado do CEIP EDUARDO PONDAL. Convidad@s: DAVID BALLESTEROS, TAMARA LEMA, Mª XOSÉ POUSA, RICARDO PÉREZ. ODAIKO PERCUSIÓN
NA FUNDACIÓN EDUARDO PONDAL
18.00 h. Clase maxistral de DAVIDE SALVADO
20.00. Inauguración das exposicións de Vicki Rivadulla ?Ser outra cousa? (pintura) e ?Matria (escultura) ESCOITO CISNES:Recital poético aberto coordinado por Óscar de Souto.
NA TABERNA AGRA DE MARES
22.00 h. FOLIADA: O SON DO CASTRO, FARRAPOS E A OLIVEIRA. E Degustación gastronómica.
MARTES 17 DE MAIO
NA FUNDACIÓN EDUARDO PONDAL
11.00 h. III Premio de Poesía Infantil Eduardo Pondal. Convidad@s: CONCHA BLANCO, DIANA VARELA, XELUCHO ABELLA E MARÍA CANOSA.
NA TABERNA AGRA DE MARES
13.00 h. Sesión Vermú con TINO BAZ
NA CASA DOS VECIÑOS
17.00-19.00 h. Iº CERTAME DE TEATRO INFANTIL XOSÉ NEIRA VILAS. Para as Aulas municipais de teatro de MALPICA, PONTECESO, CABANA e LAXE. RECREO e Obradoiro de caricatura con XOSÉ VIZOSO
20:00 COMO QUEN DIS? Monólogo de QUICO CADAVAL Donativo: 3 euros.
MÉRCORES 18 DE MAIO
11.30 a 16.30 h. ?VAL NATIVO? ? ROTEIRO PONDALIANO. Casa de Pondal, Observatorio de Aves, Monte Branco e Valarés. Convidad@s: Cpi de Bembibre.
NA FUNDACIÓN EDUARDO PONDAL
17.00 a 20.00 h.CAFÉ DA MEMORIA: Obradoiro da memoria colectiva ?Os traballos das mulleres?. Coordina: Olalla Villaronga
NA FUNDACIÓN EDUARDO PONDAL
21.00 h. PETISCOS MUSICAIS CON BIEITO ROMERO e A MUNDIÑA: Silvia Facal e Rafa Varela. Entrada gratuíta. Aforo limitado.
XOVES 19 DE MAIO
NA FUNDACIÓN EDUARDO PONDAL
12.00 h. HOMENAXE A MANUEL MARÍA. Maio de 1983. Casa dos Veciños.Miguel Mato.Recital poético da mocidade Alumnado do IES de Ponteceso
NA CASA DOS VECIÑOS
17.00. ?Os vellos non deben de namorarse? de FANTOCHES BAJ
18.00. Salón de Baile cos GAITEIROS DO CENTRO COREOGRÁFICO GALEGO.Chocolates ?Mariño? e roscón de Brantuas.
NA FUNDACIÓN EDUARDO PONDAL
10.30-12.30 h. ?Festival dos soños?. Escolares de Malpica, Ponteceso, Cabana e Laxe. ?Todo me fala de ti? Espectáculo musical de UXÍA SENLLE e MAGÍN BLANCO.
17.00 h. CARAMONIÑA. Aldeas creativas. Obradoiro de Maios a cargo de OLI XIRÁLDEZ
CASA DOS VECIÑOS
23.00 h. Monólogos de CARLOS BLANCO.. Donativo: 3 euros.
SÁBADO 21 DE MAIO
Na ALDEA DO COUTO
10.00-14.00 h. Os Maios percorren a aldea con Oli Xiráldez
NA FUNDACIÓN EDUARDO PONDAL
10.30-12.00 h. IIIº Encontro de Aldeas Singulares Panel de experiencias
12.30-14.00 h. Buscando Ardebullo
NA FUNDACIÓN EDUARDO PONDAL
17.00-20.00 h. COVA CÉLTICA:Encontro de Rexubeir@s / Obradoiro de treboada con Oli Xiráldez.
ALDEA DO COUTO
20.00 h. As vésperas. Pasarrúas INLLAR e Treboada.
NA CASA DOS VECIÑOS
23.00 h. Concerto de SÉS. Donativo: 3 euros.
DOMINGO 22 DE MAIO
Mañá
Feira da artesanía
Mostra do libro galego
OS FONDAOS DO PÍFANO(bombeiros)
CE PANTASMA (home orquestra)
Sesión Vermú con CAXADE, os Festisabores e Vanessa Rivas (zanqueira)
Tarde
FESTIVAL DE MÚSICA TRADICIONAL, con Inllar, Malante e Adro.
Quique Peón Cía presenta este luns en Betanzos o espectáculo ?O Poder do Arcabuz?, un musical que recrea a Revolución Irmandiña que tivo lugar en Galicia na Baixa Idade Media. Trátase dun espectáculo que combina música e danza (tradicional e contemporánea) en gran formato, con case un cento de artistas no escenario: 33 bailaríns, 24 músicos e 40 persoas no coro.
A obra poderá verse o 16 de maio (21.30h) en Betanzos no pavillón municipal. Esta actuación forma parte da súa itinerancia do programa DAC_EstadíasColón da Deputación da Coruña. O espectáculo ?é unha proposta tradicional e vangardista ao mesmo tempo?, explica Peón, ?trátase dun espectáculo ambicioso, un proxecto apaixoante e arriscadísimo, con cen artistas en escena, froito dun empeño moi especial en poñer en valor as nosas músicas e as nosas danzas?.
A compañía Quique Peón Cía. e o Grupo de Música e Baile Tradicional ?Xacarandaina? xúntanse para facer unha das obras máis ambiciosas no mundo da danza galega. ?O Poder do Arcabuz? fusiona distintas artes escénicas enmarcadas nun contexto netamente contemporáneo e traído aos nosos días. A obra é a descrición surrealista dunha historia, creada para a ocasión, baseada na maior revolta do século XV en Europa: A Revolta Irmandiña.
Quique Peón -autor, director e coreógrafo do espectáculo- utiliza a historia dos Irmandiños e o arcabuz como metáfora do poder e dos cartos. Hai que lembrar que a Revolución Irmandiña foi a maior revolta europea do século XV, que foi derrotada finalmente polos nobres, que traían a primeira arma que usaba a pólvora: o arcabuz.
A danza e o baile tradicional galego serán o elemento principal do espectáculo, a linguaxe de cohesión de todo. Na obra amosaranse diferentes movementos e expresións de danzas, bailes, músicas, cantos e coreografías, moitas delas medievais (de espadas, de arcos, de paus, de cintas, de reis, de dongas e galáns...), empregando un amplísimo abano de movementos folclóricos que evolucionarán até os nosos días e que servirán para relatar o que se quere contar en cada momento.
Sen embargo, a danza contemporánea tamén estará presente na obra, non tanto na súa linguaxe como no seu concepto, pois é un estilo que foi creado para expresar os sentimentos e reexaminar os principios fundamentais da danza como medio de comunicación.
A música, dirixida por Pedro Lamas, será un eixo fundamental do espectáculo e fusionará a música tradicional e a culta, facéndo énfase na do medievo, creando bases contemporáneas e étnicas utilizando música instrumental, de percusión e vocal (solista e coral).
?O Poder do Arcabuz? é un espectáculo concibido como un musical de estrutura compostal de diferentes escenas que se irán sucedendo, unha tras outra, a modo de actos, ao estilo dos antigos ballets románticos.
O Concello de Bergondo convoca o I Certame de Gaitas homenaxe ao gaiteiro Pepe Temprano.
O I Certame de gaitas "homenaxe a Pepe Temprano" terá lugar no Centro Sociocultural A Senra (Bergondo) o día 17 de maio a partir das 18.00 horas. A interpretación no concurso constará de dúas pezas de libre elección que no seu conxunto non poderán exceder o tempo máximo de 8 minutos. As pezas poderán ser tradicionais galegas ou de autor, sempre vinculadas á música tradicional galega e idóneas aos instrumentos cos que se interpretan.
INSCRICIONS: Ata o 6 de maio de 2016 ás 14:00 horas
REQUISITOS:
Poderán tomar parte todos os grupos de música tradicional galega que o desexen, sempre e cando estean constituidos ao redor da figura do gaiteiro como principal eixe vertebrador.
Estas formaciones podrán estar integradas por un mínimo de 4 y un máximo de 15 componentes.
Estas formacións poderán estar integradas por un mínimo de 4 e un máximo de 15 compoñentes.
Serán permitidos todos aqueles instrumentos tradicionalmente empregados en diferentes conxuntos instrumentais nos que a gaita é protagonista, como clarinetes, saxofones, acordeóns, requintas, tambores, pandeiretas, bombo, caixa ou calquera outro instrumento vinculado á historia destas formacións.
Todos os cuartetos de gaita, quintetos, charangas ou músicas, requinteiros, coros de gaitas poderán concorrer neste certame.
Todos os instrumentos serán de formato e feitura tradicional quedando expresamente excluídas as percusións de alta tensión e as gaitas denominadas "marciais".
Os participantes vestirán obrigatoriamente co traxe tradicional galego.
REMUNERACIÓN:
Primeiro premio: 1.000 euros
Segundo premio: 300 euros
Terceiro premio: Mención e agasallo
PÁXINA WEB: www.bergondo.es
CONTACTO:
Concello de Bergondo
Estrada da Coruña, 12
5165 Bergondo (A Coruña)
Telf. 981 79 12 52
Segunda feira 16 (Luns)
? Davide Salvado no Festiletras (Ponteceso)
? O Poder do Arcabuz ás 21:30 no pavillón municipal de Betanzos
? Tino Baz no Carlete - Vilariño, O Hío (Cangas do Morrazo)
? Zoelas no Clavicémbalo (Lugo)
? SkandaloGZ na Casa Cultural de Arcos (Ponteareas)
? Terbutalina na Fábrica de Chocolate (Vigo)
? Nao e Rebeliom do inframundo no MasterClub (Vigo)
Terza feira 17 (Martes)
? Romaría Etnográfica Raigame de Vilanova dos Infantes (Celanova)
? Homenaxe a Pepe Temprano (Bergondo)
? Pablo Díaz no Ágora (A Coruña) ás 11:00 e ás 12:30
? Milladoiro no Teatro Rosalía de Castro (A Coruña)
? Os Resentidos e a Lira Big Band de Ribadavia no Pazo da cultura de Narón
? Poetarras, Noite Fechada e Bico da Balouta en Lalín
? VI Festival de Música tradicional (Silleda)
Corta feira 18 (Mércores)
? Bieito Romero no Festiletras (Ponteceso)
? Foliada na Casa das Crechas (Compostela)
Quinta feira 19 (Xoves)
? Festival Terra de lobos na Sala Capitol (Compostela)
? Roberto Sobrado Grupo na Casa das Crechas (Compostela) ás 21:00
? Zoelas na Nave de Vidán (Compostela)
? Talabarte no Festiletras (Ponteceso)
Sexta feira 20 (Venres)
? Concerto pola Oficialidade na Sala Inox (A Coruña)
? Superoito na sala El Pueblo (Ourense)
? Ardentía na Arca da Noe (Vilar de Santos)
? Foliada Venrespirar (Ourense)
Sábado 21
? IX Festival Berra em Galego en Benposta (Ourense)
? Festival Folk de Artistas Emerxentes Val da Maía no pazo da Peregrina (Ames)
? VII Xuntanza Folk Lires (Cee)
? Os Diplomáticos de Montealto e Zurrumalla en Cans (O Porriño)
? Caxade na sala Sonar (Compostela)
? Sés no Festiletras (Ponteceso)
? IX Serán de Nespereira (Pazos de Borbén) na Casa da Cultura
? Serán de Borreiros (Gondomar) no centro cultural
? IIª Ruada en Xende (A Lama)
? II Serán en Mandrás (Cea)
Domingo 22
? IV Concurso de Canto e Percusión Tradicional da A. C. Traspés no Auditorio do Teatro Afundación (Vigo)
? Caxade no Festiletras (Ponteceso)
Sexta feira 13 (Venres)
? Galegoterock (Pontevedra)
? Nao na sala Capitol (Compostela)
? Uxía e Narf no auditorio municipal de Vigo ás 21.00
? Grande Baile Assalto no ^Pichel (Compostela)
? Serán en Cea
Sábado 14
? Festa Treze Catorze (Salceda de Caselas)
? Galegoterock (Pontevedra)
? III Festival de Música Tradicional de Cerdedo ás 20:30
? Festa do dezassete (Compostela)
? Zanfoneiros/as da Tradescola ás 18:00 no auditorio de Chantada
? Leirabuxo e Os Melidaos en Aldabao (Boimorto)
? Guadi Galego no Agorasons (A Coruña) ás 21:00
? Treixadura en Padróns (Ponteareas)
? Malandrómeda na Sala Malatesta (Compostela)
? 1ª Foliada en Roupar (Xermade)
? III Serán Día das Letras Galegas (Manzaneda)
? Serán Os Maios en Tahume na Casa da Cultura de Olveira (Riveira)
? Serán do baile vello en Valadares (Vigo), ó caron do torreiro da igrexa
? XIV Serán do Muiño de Fausto (Coiro-Cangas do Morrazo)
Domingo 15
? X Sementeira e Musica en Corzáns (Salvaterra de Miño) con Quempallou
? Zoelas na sala Garufa (A Coruña)
Segundo Serán do Cole de Cea. Este venres, dende as 19h terá lugar a festa de música e baile tradicional organizada polo Cole de Cea. Contaremos coa participación de Gara Vanzo, Troula Group, Roberto "O Reberete", Maruxa e Farruca, Os Biruxes, As Faíscas e as Pandereiteiras de Maside.